Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Coordenadas: 42°53′55″N 08°33′55″O / 42.89861, -8.56528

Lugar - Monte Pedroso
Vista dende cerca do campus.

Galería de imaxes

Vista dende A Igrexa, San Xoán de Calo, Teo

Vista co monte Pedroso ó fondo dende A Igrexa, San Xoán de Calo, Teo.

Petroglifo

Petróglifo do Pedroso.

Petroglifo do monte Pedroso

Petróglifo do Pedroso.

Alameda de Santiago de Compostela

A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Castelo de Vigo

O Castelo de Vigo é unha construción defensiva sita nos Montes Penedo de Vigo, entre as parroquias de Sabugueira (Santiago de Compostela) e Vigo (Boqueixón). O estado actual é de ruínas, pero aínda é apreciable unha elevación artificial no cumio do Alto do Castelo, a 498 m de altitude.

Dende esta posición domínanse o val da Ulla e o Pico Sacro, onde había outro castelo, e garda visuais con outros picos: Pico Xesteiras, Monte Xiabre, Outeiro da Meda, Monte Muralla, Iroite, Monte Pindo, Monte Pedroso, Monte Xalo, Serra dos Ancares e Monte Farelo. Na actualidade goza tamén dunha visión privilexiada sobre o aeroporto da Lavacolla.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Convento de San Francisco do Val de Deus

San Francisco de Val de Deus é un convento franciscano fundado a comezos do século XIII en Santiago de Compostela, declarado monumento histórico artístico. Está situado no casco vello da cidade, no lugar coñecido como o Val de Deus.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Parque de Galeras

O Parque de Galeras, ou parque das Galeras, é un xardín urbano de Santiago de Compostela, que se estende ao redor das marxes do río Sarela.

Paseo da Ferradura

O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.

Río Sarela, río Sar

O río Sarela, tamén coñecido como río dos Sapos, é un afluente do río Sar pola súa banda dereita.

Nace nas abas do monte Pedroso, na parroquia da Peregrina (Santiago de Compostela), e discorre, ao longo duns 10 km, bordeando polo oeste a cidade de Santiago, polas parroquias de Vista Alegre, San Paio, e Vidán onde desemboca no río Sar no lugar da Ponte Vella .

Os seus afluentes son:

Pola banda esquerda: - o rego dos Vilares, que desemboca na Peregrina, e- o rego ou río Corgo ou Corvo, que desemboca no parque de Galeras.

Pola banda dereita:- o rego de Bar, que desemboca nas Casas do Rego (San Paio).

Este pequeno río cumpriu antano un papel fundamental no desenvolvemento da zona pola que transcorre, xa que grazas a el obtíñase auga para uso agrario, doméstico ou industrial; ademais, no curso do río houbo varios muíños e establecéronse algúns curtidoiros de coiro nas súas beiras.

Deste uso público como fonte de recursos, de espazos de traballo e de lecer, temos abondosas mostras en todo o seu percorrido. Tamén abasteceu de pesca á poboación e serviu para os xogos e o baño.Debido a todos estes usos que os composteláns fixeron del, o río sufriu moitas modificacións coa desviación das súas augas para levalas aos muíños, a construción de pontes e camiños a través do seu leito e a ocupación das beiras con muros de vivendas e outras estruturas.Así como o Sarela acompaña a cidade polo oeste, o Sar faino polo leste, de aí o dito: Entre o Sar e o Sarela, está Compostela.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.