Monte Medulio

O monte Medulio é o lugar da batalla dos galaicos, cántabros e astures no ano 22 a. C. contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes se suicidaron durante o sitio.

Historia

Paulo Orosio - Detalle
Paulo Orosio, representado nunha miniatura pertencente ó códice de Saint-Epure.

A súa situación xeográfica hoxe en día é aínda controvertida. Segundo algúns sitúase nas montañas do concello de Lena[1], outros sitúano no Picu Cervera, no Castro Meduales, en Belmonte de Miranda[2]. Aduciuse que fontes clásicas o sitúan preto do Bierzo[3], preto das minas romanas das Médulas, o cal explicaría a toponimia do lugar. Con todo, Paulo Orosio sitúabao cerca do Miño ("Minium flumine inminentem"), o que leva a Vicente Risco a descartar esta localización, que considera unha xustificación previa á teoría de Sarmiento relativa a que o antigo Miño era o Sil, o cal considera pouco probable en favor doutras posibles localizacións como o Monte Medelo, en Santa Cruz de Arrabaldo (sostido por Boán e que tamén conta co argumento da toponimia ao seu favor); Cabeza de Meda (na Baixa Limia, e sostido por Cortés, Cornide e Murguía), os montes Aloia (en Tui) ou Santa Trega, na Guarda (sostido por Schulten)[4].

Modernos estudos establecen unha hipótese que o situaría nun dos montes da Serra do Courel, o Monte Cido, cuxo topónimo podería provir da voz latina Occidio, (matanza, carnizaría), e no que se poden apreciar os restos dun foxo como o que, segundo os datos de que se dispón, se fixo para cercar o monte e no que se descubriron vestixios romanos como unha aguia imperial de bronce procedente dun estandarte.[5]. Segundo André Pena Graña o monte Medulio estaría na xuntanza dos ríos Miño e Sil, nos Peares[6].

Segundo cita o historiador romano Floro sobre a batalla:

Segundo o padre Sarmiento e Vicente Risco, uns inxeriron o veleno do teixo, mentres que outros se botaron ao lume dunha inmensa fogueira e outros se deron morte coas súas espadas. Ramón Cabanillas escribiría no seu poema "¡En pé!", pertencente ao seu poemario de 1917 "Dá terra asoballada":

"O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!"
(Ramón Cabanillas, "¡En pé!", 1917

Notas

  1. Menéndez Pidal (1897), Caunedo Tuñón e Quirós
  2. Testamento baixomedieval atopado na catedral de Oviedo
  3. Bellum Cantabricum et Asturicum
  4. Historia de Galicia, Vicente Risco, Obras completas, tomo IV, pag. 265, ISBN 84-453-1487-4
  5. Traballo que apunta a hipótesis da localización do Medulio no Courel
  6. André Pena Graña, 31:10
  7. A monarquía asturiana. Editorial prensa asturiana, páxina 23

Véxase tamén

Bibliografía

  • Schulten,Adolf (2000), Los Cántabros y Astures y su guerra con Roma., Santander.
  • Sanchez Albornoz, Claudio (2001), El Reino de Asturias. Origenes de la nación española., Oviedo.

Ligazóns externas

Andrés Álvarez

Andrés Álvarez Hernández, nado en Goián (Tomiño) en 1983, é un trompetista, director e compositor musical galego, cunha ampla traxectoria no panorama bandístico.

Asociación Cultural Cultura do País

Asociación Cultural Cultura do País, con base en Lugo, ten por obxecto a promoción da cultura propia de Galiza desde unha perspectiva autocentrada, desde a recuperación das tradicións populares até a posta en valor de feitos históricos, personaxes, celebracións e acontecementos da cultura galega, tendo coma principal bandeira a defensa da lingua galega coma elemento simbólico e crucial na conformación da cultura da Galiza.

Castro de Rei

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2016 tiña 5057 habitantes, e o seu xentilicio é «castrexo».

Castro de Santa Trega

O Castro de Santa Trega é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.

Club de Rugby Fendetestas

O Club de Rugby Fendetestas é un equipo galego de rugby da vila das Pontes, Provincia da Coruña, fundado en 1989, que compite na segunda división da liga galega. O equipo xoga os seus partidos como local no estadio Monte Medulio da capital pontesa.

Copa Galiza de Rugby 2004

A Copa Galiza de Rugby 2004 foi a 16ª edición da Copa Galiza da modalidade do rugby, que se disputou entre o 22 de novembro de 2003 (data do partido da Primeira Fase Previa) e o 29 de maio (día da final). Nesta edición enfrontáronse un total de 15 equipos de toda Galiza independentemente da liga na que competiran. O campión desta edición foi o Vigo R.C. "A", ao gañar na final ao C.R.A.T. "A" por 21 a 12.

Copa Xunta de Rugby 2016

A Copa Xunta de Rugby 2016 foi a vixésimo sétima edición do torneo de rugby por eliminatorias organizado pola Federación Galega de Rugby. A ausencia da maior parte dos equipos levou a que a organización consistise únicamente en semifinais e final, con catro clubs involucrados: Os Ingleses Rugby Club, o Pontevedra Rugby Club, o Club de Rugby Fendetestas e o Club de Rugby Lalín.

A final, disputada no Campo Municipal de Monte Porreiro o día das Letras Galegas, rematou cun resultado de 19 a 7 a prol dos Ingleses R.C. de Vilagarcía de Arousa, que gañaron este torneo por primeira vez na súa historia.

Década de -20

A década de 20 a.C. abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 29 a.C. e remata o 31 de decembro de 20 a.C..

Guerras cántabras

Coñécese como Guerras cántabras (29 a. C.-19 a. C.) aos enfrontamentos entre o Imperio romano e os distintos pobos ástures e cántabros que habitaban o territorio coñecido xa polos antigos romanos como Cantabri, ao norte na Península Ibérica.

Os enfrontamentos mantidos por Roma contra os diversos pobos do Norte hispano (cántabros e astures principalmente) representaban a culminación da longa conquista da Península Ibérica. A resonancia destas guerras excedeu á de gran parte das emprendidas polo Estado romano ao longo da súa historia. A razón diso non hai que buscala no ámbito estritamente militar, senón no alcance político que se lle concedeu á conquista do Norte peninsular, única operación dirixida persoalmente polo emperador César Augusto.

Así comeza Floro o seu relato para narrar os feitos acaecidos nunha contenda que fixo que o propio emperador romano César Augusto, abrise as portas do templo de Xano, en sinal de combate total, e desprazásese en persoa desde Roma ata terra de cántabros.

José Villa-amil y Castro

José Villaamil y Castro (ás veces Villa-amil), nado en Madrid o 12 de novembro de 1838 -aínda que segundo outros autores, naceu o 18- e finado ibídem o 27 de setembro de 1910, foi un arquiveiro, bibliotecario, anticuario e historiador galego, o primeiro investigador serio da prehistoria de Galiza.

Literatura galega dos Séculos Escuros

A creación literaria en lingua galega foi practicamente nula durante os séculos XVI, XVII e XVIII, razón pola que estes se denominan Séculos Escuros.

Monte Aloia

O monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978 e como zona especial de conservación (ZEC). Está situado no concello pontevedrés de Tui e ten unha extensión de 746 hectáreas. A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.

O Pereiro de Aguiar

O Pereiro de Aguiar é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes (5.326 en 2003).

Taboexa, As Neves

Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Teixo

O teixo (Taxus baccata L.) é unha árbore conífera do xénero Taxus, que correntemente acada entre 12 a 15 metros de altura, da familia das taxáceas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que se presta ben para entalladura. Ten partes tóxicas: o latín taxus vén do grego taxon, que significa 'frecha envelenada'. É unha especie moi escasa e ameazada no territorio galego.

Xogos florais da Coruña

Os xogos florais da Coruña tiveron lugar o 2 de xullo de 1861 no Teatro Principal (hoxe Teatro Rosalía de Castro) da Coruña, organizados por Juana de Vega (condesa de Espoz e Mina) e Benito Vicetto seguindo o exemplo dos Jocs Florals que se celebraran en Cataluña en 1859 a imitación dos occitanos. Foron os primeiros xogos florais celebrados na Galiza contemporánea.

Álbum de la Caridad

O Álbum de la Caridad é un volume publicado en 1862 no que se recollen, xunto con outros textos, as composicións poéticas presentadas nos Xogos Florais da Coruña do 1861. A escolma, con poemas en galego e castelán, realizouna o poeta Antonio María de la Iglesia e a edición custeouna José Pascual López Cortón. Un consistorio de sete mantedores e cen adxuntos fixeron realidade este certame, organizado en diversas categorías segundo as temáticas propostas. O Álbum comeza cunha dedicatoria de López Cortón á Asociación de Beneficiarios da Coruña; a seguir enuméranse os mantedores e adxuntos, as actas do certame, as bases e descrición dos xogos, o discurso do presidente do Consistorio, a memoria do secretario, as composicións premiadas e un discurso de José Villa-amil y Castro. Como remate do volume, o Mosaico poético dos poetas contemporáneos galegos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.