Monte Louro, Louro, Muros

Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do lugar de importancia comunitaria Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.[1][2][3]

MonteLouro
Monte Louro coa Lagoa das Xerfas, a praia de Area Maior e o pinar de Ancoradoiro. Ao fondo, a ría de Muros e Noia. Esta paisaxe foi asolada por un incendio forestal en agosto de 2005

Monte Louro na literatura popular

  • O Cristo de Finisterre/ ten unha pistola d'ouro/ pra matar aos do Son/ por riba de Monte Louro [4].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [5].
  • Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa [6][7].

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Monte Louro, Louro, Muros
LouroBarbanza.jpeg

Louro e Monte Louro emerxendo da borraxeira, vistos desde o Barbanza

Faro de Monte Louro, Louro, Muros

Faro de Monte Louro

Monte Louro e praia de Area Maior

Monte Louro e a praia de Area Maior

Monte Louro e lagoa das Xarfas, Muros, A Coruña, Galiza

Panorámica de Monte Louro e lagoa das Xarfas

Cerca de la Laguna de Louro (Muros, A Coruña, Galicia, España) 03

Monte Louro.

Camino hacia el Monte Louro (Muros, A Coruña, Galicia, España) 11
Camiño cara o Monte Louro.

Lugares e parroquias

Parroquias de Muros

Notas

  1. "Monte e lagoa de Louro, código ZEC ES1110012. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 12 de xullo de 2017.
  2. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  3. "Inventario de LIGs: 119001. Monte Louro, laguna y marismas.". Inventario de patrimonio geolóxico de España. Instituto Geológico y Minero de España. 1983-12-31. Consultado o 2017-07-13.
  4. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: d-ouro, Montelouro.
  5. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.
  6. Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,
  7. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.

Véxase tamén

Bibliografía

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Outros artigos

Galería de imaxes de Monte Louro, Louro, Muros

Monte Louro é un lugar da parroquia de Louro e que está situado o monte Louro

Galería de imaxes de Muros

Galería de imaxes do concello de Muros na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de faros de Galicia

Galería de imaxes de faros de Galicia.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.