Monte Faro

O monte Faro é, con 1187 metros, o pico máis alto da serra do Faro e un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC). O monte marca o límite de separación natural entre os concellos de Chantada e Rodeiro e dende el poden divisarse as catro provincias galegas.[1]

Coordenadas: 42°37′17″N 7°53′52″O / 42.621434, -7.8977630

Monte Faro
Monte Faro
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 2988 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo e Pontevedra
Concellos: Rodeiro, Chantada e Carballedo
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Flora e fauna

Flora

No espazo hai zonas con queirogais secos e vexetación de trebeiras e brañas como gramías de ciclo anual. Os prados están en solos calcáreos, de arxilas ou turbosos. Os bosques son polo xeral de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica.[1]

Fauna

As especies en risco presentes no espazo natural son o invertebrado Lucanus cervus, o anfibio Discoglossus galganoi, os réptiles Chioglossa lusitanica e Lacerta schreiberi, e os mamíferos Barbastella barbastellus, Lutra lutra, Myotis myotis, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros.[1]

Patrimonio

Etnografía

Romarías

Monte do Faro desde San Cristovo
Monte Faro visto desde San Cristovo.

Preto da cima nunha especie de chaira atópase o santuario da Nosa Señora do Faro. Hai dúas Romarías do Faro, a primeira celébrase o día 15 de agosto e, a segunda e principal, o 8 de setembro. Consérvanse dúas imaxes da Virxe do Faro, unha permanece sempre no santuario e a outra na igrexa de Requeixo. Segundo os veciños esta segunda virxe que ten o manto de Inmaculada de cor branco é "filla" da primeira. Esta sobe en procesión o día 7 a visitar a "nai" e o día 9 volve a baixar.

Ata o santuario achéganse veciños de toda a comarca movidos pola fe na Virxe de Faro. Os romeiros que se ofrecen soben de xeonllos por unha pendente chamada costa das cruces para pedirlle favores a Nosa Señora do Faro considerada unha das máis milagreiras[2]. Tamén a tradición leva os devotos a non marchar sen levar ou beber auga da fonte milagreira.

Galería de imaxes

Monte Faro 27XII2015 02

Ermida de Nosa Señora do Faro en Chantada.

Monte Faro 27XII2015 03

Altar fóra da ermida de Nosa Señora do Faro en Chantada.

Cruceiro no Monte Faro 7VIII2014

Cruceiro.

Monte Faro 7VIII2014 07

Parque eólico no Monte Faro.

Vista da comarca de Chantada dende o Monte Faro

Vista da comarca de Chantada desde o Monte Faro.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Monte Faro".
  2. Faro de Vigo, eds. (9 de setembro de 2010). "A costa da devoción".

Véxase tamén

Ligazóns externas

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Cíes

As Illas Cíes, chamadas no pasado Illas de Baiona forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza creado o 1 de xullo de 2002. Son tamén unha zona especial de conservación (ZEC) e, polas importantes colonias de aves mariñas, contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves da Rede Natura 2000.

Esmeriz, Chantada

Santa Mariña de Esmeriz é unha parroquia que se localiza na ladeira do monte Faro, no oeste do concello de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o INE en 2008 tiña 47 habitantes (26 homes e 21 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 64 habitantes. En 2017 tiña 26 habitantes, 11 mulleres e 15 homes, segundo o INE.

Faro

Un faro é unha construción dotada dun foco de luz para axudar á navegación marítima. Como topónimo pode referirse a:

Faro, parroquia do concello de Viveiro;

Faro, lugar de dita parroquia;

O Faro, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros;

O Faro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira;

O Faro, lugar da parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira;

O Faro, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois;

O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón.

Serra do Faro, cadea montañosa que separa a comarca do Deza da de Chantada;

Faro de Avión, monte da serra do Suído;

Monte Faro, monte da serra do Courel;

Faro de Domaio, monte da serra de Domaio.

Monte Faro, monte da serra do Faro;En Portugal

Faro, cidade da rexión do Algarve;

Distrito de Faro, con capital en dita rexión;

Faro do Alentejo, freguesía do concello de Cuba;No Brasil

Faro, cidade do Pará;

Galería de imaxes de Moaña

Galería de imaxes do concello de Moaña na provincia de Pontevedra.

Johan de Requeixo

Johan de Requeixo (Xohán de Requeixo, Xoán de Requeixo) foi un trobador galego de finais do século XIII. É autor de cinco cantigas de amigo, todas cantigas de romería, en torno ao santuario de monte Faro en Chantada.

No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.

Moalde, Silleda

San Mamede de Moalde é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 192 habitantes (102 mulleres e 90 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Moaña

Moaña é un concello da provincia de Pontevedra, situado na península que dá nome á comarca do Morrazo. O seu xentilicio é moañés. É un concello pequeno (35,1 km²) que no 2016 tiña unha poboación de 19 458 habitantes, cunha alta densidade de poboación (554,35 hab./km²).

Monte Faro de Domaio

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 636,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste.

O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións.

No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara o leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica.

Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal.

O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión.

No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde.

Mouzo, Carnés, Vimianzo

Mouzo é un lugar da parroquia de Carnés no concello coruñés de Vimianzo. Segundo o IGE tiña 100 habitantes no ano 2018 (50 homes e 50 mulleres).

É lindeiro co lugar de Cures, da parroquia de Cereixo, tamén do concello de Vimianzo. Entre os dous lugares comparten un monte comunal en man común que abrangue parte da aba oeste do monte Faro. Nese monte en man común sitúase parte dun parque eólico cuxos beneficios permiten soster un local veciñal entre os lugares de Cures e Mouzo.[Cómpre referencia]

Noalla, Sanxenxo

Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa, na práctica, unha poboación estable respecto ós últimos anos: en 2009 tiña 2.561 habitantes; en 2008, 2.533; e en 2000, 2.453.

Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó este coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa, distribuída en 17 entidades de poboación.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Requeixo, Chantada

Santiago de Requeixo é unha parroquia que se localiza no concello de Chantada. No ano 2011 tiña 166 habitantes km², segundo datos do INE e do IGE, dos que 84 eran homes e 82 eran mulleres.

Romaría

A palabra romaría ou romaxe vén de romeiro, os peregrinos con rumbo a Roma.

Trátase nas súas orixes dunha celebración católica que consiste nunha viaxe ou peregrinación a un santuario ou ermida, ben estea consagrada a unha Virxe ou un santo patrón do lugar, situada normalmente nunha paraxe campestre ou de montaña. Por extensión, na actualidade, o termo romaría emprégase decote co valor simplificado de festa.

Salceda de Caselas

Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salcedán» ou «caseleiro».

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.