Montaña

Unha montaña[1] é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.

A superficie do planeta Terra é nun 24% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial.

Becharof National Wildlife Refuge,Alaska
Montaña en Alasca.

Montañas máis altas

As cinco montañas máis altas de cada continente son as seguintes:

África

Mount Kilimanjaro 2007
O monte Kilimanjaro dende o aire en xullo de 2007.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas
1 Kilimanjaro 5 895 Flag of Tanzania.svg Tanzania 3°04′33″S 37°21′12″L / -3.07583, -37.35333 o seu punto culminante é o volcán Kibo.
2 Monte Kenya 5 199 Kenya Kenya 0°09′22″S 37°19′05″L / -0.15611, -37.31806
3 Mawenzi 5 149 Flag of Tanzania.svg Tanzania pertence ao macizo do Kilimanjaro.
4 Ruwenzori 5 109 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg R. D. do Congo e
Flag of Uganda.svg Uganda
0°23′00″N 29°52′00″L / 0.38333, -29.86667
5 Ras Dashan 4 623 Flag of Ethiopia.svg Etiopía 13°14′12″N 38°22′21″L / 13.23667, -38.37250

América do Norte

Denali Mt McKinley
O monte McKinley visto dende o norte.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas
1 Denali/monte McKinley 6 194 Flag of the United States.svg Estados Unidos de América 63°43′10″N 151°00′26″O / 63.71944, -151.00722
2 Monte Logan 5 956 Flag of Canada.svg Canadá 60°32′02″N 140°24′10″O / 60.53389, -140.40278
3 Pico de Orizaba 5 675 Flag of Mexico.svg México 19°01′08″N 97°16′12″O / 19.01889, -97.27000
4 Monte Sant Elias 5 489 Flag of the United States.svg Estados Unidos de América e Flag of Canada.svg Canadá 60°17′36″N 140°55′46″O / 60.29333, -140.92944
5 Popocatépetl 5 410 Flag of Mexico.svg México 19°01′23″N 98°37′19″O / 19.02306, -98.62194

América do Sur

Monte Aconcagua
O Aconcagua visto dende a entrada do parque.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Comentarios
1 Aconcagua 6 962 Flag of Argentina.svg Arxentina 32°39′15″S 70°00′41″O / -32.65417, -70.01139
2 Ojos del Salado 6 891 Flag of Chile.svg Chile 27°06′35″S 68°32′32″O / -27.10972, -68.54222 É o volcán máis alto do mundo.
3 Monte Pissis 6 774 Flag of Argentina.svg Arxentina 27°45′14″S 68°47′53″O / -27.75389, -68.79806
4 Huascarán 6 768 Flag of Peru.svg Perú 9°07′17″S 77°36′32″O / -9.12139, -77.60889
5 Cerro Bonete 6 759 Flag of Argentina.svg Arxentina 28°01′08″S 68°45′22″O / -28.01889, -68.75611

Antártida

Vinson Massif from space
Macizo Vinson visto dende o espazo.

A Antártida é unha zona internacional, sen soberanía directa de ningún estado.

Orde Cume Altitude (m) Coordenadas Notas
1 Monte Vinson 4 897 78°31′31″S 85°32′02″O / -78.52528, -85.53389
2 Monte Tyree 4 852 78°24′00″S 85°55′00″O / -78.40000, -85.91667
3 Monte Kirkpatrick 4 528 84°20′00″S 166°25′00″L / -84.33333, -166.41667
4 Monte Markham 4 350 82°51′00″S 161°21′00″L / -82.85000, -161.35000
5 Domo Argus 4 030

Asia

IMG 2124 Everest
Cara norte do Everest, o cume máis alto do mundo.
Orde Cume Altitude (m) Cordilleira Localización Coordenadas Notas
1 Everest 8 848 [2] Himalaia Nepal Nepal e
Flag of Tibet.svg Tíbet
27°59′17″N 86°55′31″L / 27.98806, -86.92528 Montaña máis alta do mundo repecto ao nivel do mar.
2 K2 8 611 Karakoram Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China e
Flag of Pakistan.svg Paquistán
35°52′52.86″N 76°30′48.43″L / 35.8813500, -76.5134528
3 Kanchenjunga 8 598 Himalaia Nepal Nepal e
Flag of India.svg India
27°42′09″N 88°08′54″L / 27.70250, -88.14833
4 Lhotse 8 516 Himalaia Nepal Nepal e
Flag of Tibet.svg Tíbet
27°58′00″N 86°56′00″L / 27.96667, -86.93333
5 Makalu 8 485 Himalaia Nepal Nepal e
Flag of Tibet.svg Tíbet
27°53′03″N 87°05′20″L / 27.88417, -87.08889

Europa

Elbrus2
O Elbrus. Foto realizada a 4 200 metros de altura.

No caso de Europa, esta táboa varía en función dos límites que se lle dean ao continente. Xeralmente, o norte do Cáucaso inclúese en Europa.

Orde Cume Altitude (m) Cordilleira Localización Coordenadas Notas
1 Monte Elbrus 5 642 Cáucaso Flag of Russia.svg Rusia 43°21′18″N 42°26′21″L / 43.35500, -42.43917
2 Dykh-Tau 5 203 Cáucaso Flag of Russia.svg Rusia 43°03′10″N 43°07′54″L / 43.05278, -43.13167
3 Shkhara 5 058 Cáucaso Flag of Georgia.svg Xeorxia e
Flag of Russia.svg Rusia
42°59′58″N 43°06′42″L / 42.99944, -43.11167
4 Monte Kazbek 5 047 Cáucaso Flag of Georgia.svg Xeorxia 42°41′48″N 44°31′07″L / 42.69667, -44.51861
5 Mont Blanc 4 810 Alpes Francia Francia e
Italia Italia
45°49′57″N 6°51′51″L / 45.83250, -6.86417

Oceanía

Puncakjaya
Puncak Jaya.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas
1 Puncak Jaya 4 884 Flag of Indonesia.svg Indonesia 4°04′44″S 137°09′34″L / -4.07889, -137.15944
2 Puncak Trikora 4 750 Flag of Indonesia.svg Indonesia 4°21′00″S 138°39′00″O / -4.35000, -138.65000
3 Monte Wilhelm 4 509 Flag of Papua New Guinea.svg Papúa Nova Guinea 5°48′00″S 145°02′00″O / -5.80000, -145.03333
4 Monte Giluwe 4 368 Flag of Papua New Guinea.svg Papúa Nova Guinea 6°02′20″S 143°53′10″O / -6.03889, -143.88611
5 Aoraki 3 754 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 43°35′44″S 170°08′27″L / -43.59556, -170.14083

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para montaña.
  2. Por mor da diferenza existente entre as diferentes medidas do Everest empregouse a tradicional de 8 848 metros.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Lista de montañas da Terra
  • Lista de montañas da Lúa
  • Lista de montañas da Marte
Alpinismo

O alpinismo, ou montañismo, é unha disciplina deportiva que consiste en realizar excursións polas montañas. É tamén o conxunto de técnicas, coñecementos e habilidades orientadas á realización deste obxectivo. O alpinismo é un deporte, pero quen o realizan están convencidos de que, moito máis que iso, é un estilo de vida e de ver o mundo que os arrodea.

O montañismo atópase dividido en doce especialidades: sendeirismo, media montaña, alta montaña, expedicións, escalada deportiva, escalada clásica (subdividida á súa vez en escalada en rocha e escalada en xeo), esquí de travesía, barranquismo, dúatlon en montaña, medio maratón de montaña e maratón de montaña.

O termo montañismo moitas veces se entende como o deporte practicado nas altas montañas, é dicir, o montañismo de altura. Así quen ascende ás montañas se lle chama alpinista e non a quen só practica unha das especialidades mencionadas. Tamén cando se fala dun curso ou manual de montañismo, este enfócase ao excursionismo polas montañas e non a toda a gama de especialidades que se mencionan.

Barruelo de Santullán

Barruelo de Santullán é un concello da provincia de Palencia na comunidade de Castela e León, na comarca da Montaña Palentina. Esténdese por unha área de 53.30 km² onde no ano 2007 vivían 1.519 habitantes, 1.510 en 2006. Atópase a 113 km de Palencia.

Cantabria

Cantabria (en cántabro e castelán: Cantabria) é unha comunidade autónoma uniprovincial situada no norte de España, considerada como «comunidade histórica» segundo o seu Estatuto de autonomía. Limita con Asturias ao oeste, con Euskadi (provincia de Biscaia) ao leste, con Castela e León (provincias de León, Palencia e Burgos) ao sur, e co mar Cantábrico ao norte. A súa capital e cidade máis poboada é Santander.

Cantabria está situada na cornixa Cantábrica, nome dado á franxa de terra existente entre o mar Cantábrico e a cordilleira Cantábrica, no norte da Península Ibérica. Posúe un clima oceánico húmido e de temperaturas moderadas, fortemente influenciado polos ventos do océano Atlántico que chocan contra as montañas. A precipitación media é de 1.200 mm, o que permite o crecemento de frondosa vexetación. A súa maior elevación localízase no pico de Torre Blanca (2.619 m). A comunidade está formada por 102 concellos, sendo un deles, Valle de Villaverde, un exclave en Biscaia.

Cantabria é a rexión máis rica do mundo en sitios arqueolóxicos do Paleolítico Superior. Os primeiros signos de ocupación humana datan do Paleolítico Inferior, aínda que este período non estea tan ben representado na rexión. Destacan neste aspecto as pinturas da cova de Altamira, datada entre o 16.000 e 9.000 a.C e declarada, xunto a outras nove covas cántabras máis, Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

As súas primeiras referencias datan do ano 195 a. C., momento en que o escritor romano Catón O Vello fala na súa obra Orixes do nacemento do río Ebro do "país dos cántabros". A moderna provincia de Cantabria constituíuse o 28 de xullo de 1778. A Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Cantabria aprobouse o 30 de decembro de 1981, dotando deste xeito á comunidade autónoma de organismos e institucións de autogoberno, co Parlamento de Cantabria como asemblea lexislativa.

Cardona

Cardona é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Bages.

Tiña en 2014 unha poboación de 4.921 habitantes, agrupados en 2 entidades de poboación: a capital Cardona e a localidade de La Coromina.

Cabe destacar o seu castelo que domina a localidade e a Montaña de Sal, formación xeolóxica xa explotada na época dos romanos.

Ciclismo

Ciclismo é un deporte de carreira de bicicleta no que o obxectivo dos participantes é ben chegar primeiro a determinada meta ou ben cumprir un determinado percorrido no menor tempo posíbel.

Foi en Inglaterra, en mediados do século XIX, cando comezou o ciclismo como deporte. As probas ciclistas xeralmente encádranse en tres categorías: probas en estrada, probas en pista e probas de montaña (bicicleta de montaña, ciclocross ou BMX) e practícase con diversos tipos e modelos de bicicletas.

Nas de bicicleta de montaña existen varias especialidades: o cros, que é unha proba de longa distancia que se disputa en todo o tipo de terreo, de preferencia no monte, e combinando distintas inclinacións e dificultades; o free ride, cun andamento máis extremo en que se dá preferencia a saltos e *descidas; o descenso que é a versión máis extrema e perigosa do ciclismo de montaña que consiste soamente en descender, normalmente a velocidades altas, en contra o reloxo, por terreos de monte. Cando se fai en cidade chámase descenso urbano. Unha variante do descenso é o four-cross ou 4x, que consiste nunha competición de descenso de monte onde compiten ao mesmo tempo catro ciclistas e onde ó perigo e á espectacularidade do anterior súmaselle a posibilidade do contacto físico entre as e os participantes.

O ciclismo é ademais parte dalgúns deportes combinados, coma o tríatlon.

Collbató

Collbató é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Atópase aos pés da montaña de Montserrat.

Tiña en 2017 unha poboación de 4.394 habitantes agrupados en varias entidades e urbanizacións: Can Dalmases, Els Clots, Collbató, La Font del Còdol, La Fumada, Les Illes, Pla de Can Migrat, Pla del Castell e El Pujolet.

Corea

Corea, chamada Daehanminguk (en coreano: 대한민국) en Corea do Sur e Joseon (en coreano: 조선) en Corea do Norte, é unha entidade xeográfica e cultural dividida en dous estados, Corea do Norte e Corea do Sur. Estes dous países xurdiron despois da Guerra de Corea, entre 1950 e 1953.

Ocupa a península de Corea, limitando coa China polo norte, uns poucos quilómetros con Rusia (Siberia), e o resto co mar, polo sur co Mar da China e polo norte co Mar do Xapón. Ademais da península, Corea conta cunhas 3200 illas. A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar de Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm, na fronteira setentrional que linda con China.

Eir

Eir ("axuda" ou "piedade") é, na mitoloxía nórdica, unha Ásynjur. Coñecía as propiedades medicinais das herbas e era capaz da resurrección. Só as mulleres podían aprender a arte da curación en Escandinavia. Era boa amiga de Frigg.

Era unha das deusas na montaña Lyfia ("curar con maxia"). Pódese relacionar cos Vanir polo feito de coñecer as propiedades curativas de plantas e herbas.

É mencionada brevemente nas Eddas de Snorri Sturluson e nalgunhas kenningar.

Himalaia

O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indio do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. É a cordilleira máis alta da Terra, con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura, incluíndo o Everest, cos seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.

Forma parte dun complexo orográfico maior: o sistema dos Himalaias, un conxunto composto polas cordilleiras do Himalaia, Karakorum, Hindu Kush e diversas outras subcordilleiras que se estenden a partir do Nó do Pamir e as súas subcordilleiras adxacentes.

No Himalaia nacen algúns dos maiores ríos do mundo como son o Ganxes, Indo, Brahmaputra, Yamuna e Yangtzé, en cuxos concas viven non menos de 1300 millóns de persoas. As montañas do Himalaia influíron profundamente nas culturas de Asia do Sur e moitas delas son consideradas sagradas para o Hinduísmo ou o Budismo.

Himno a la Montaña

Himno a la Montaña ou Himno de Cantabria é o himno oficial da Comunidade Autónoma de Cantabria. Foi composto en 1926 por Juan Guerrero Urresti a instancias da Deputación Provincial de Santander e cos arranxos posteriores de José del Río Sainz, no himno oficial da rexión.

Manzaneda

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Montjuïc, Barcelona

Montjuïc é unha montaña situada no suroeste da cidade de Barcelona, en Cataluña, cunha altitude máxima de 184,8 metros sobre o nivel do mar. Desde ela dominábanse o porto e a zona antiga da cidade. Antigamente había numerosas pedreiras que subministraban material á cidade. Atópase administrativamente no distrito de Sants-Montjuïc.

Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Peixes

Os peixes (Pisces) son animais vertebrados, ovíparos, acuáticos e con respiración branquial. A especialidade da zooloxía que se ocupa especificamente dos peixes chámase ictioloxía. O grupo dos peixes é un taxon parafilético, é dicir, un caixón de xastre definido pola exclusión dun taxon (os tetrápodos) doutro maior (os vertebrados), e non pola posesión de características derivadas comúns. Inclúense nesta definición os mixíns, a lamprea, os condrictios (ou peixes cartilaxinosos) e os osteíctios (ou peixes óseos), así coma diversos grupos relacionados extintos. A maioría dos peixes son ectotérmicos, é dicir, dependen de fontes externas para obter calor, o que provoca que a temperatura do seu corpo varíe segundo a temperatura do ambiente. Algúns dos grandes peixes coma o tiburón branco e o atún teñen unha temperatura máis alta de seu. Como é propio dos primeiros vertebrados, son acuáticos e, a diferenza do que observamos nos tetrápodos, a respiración prodúcese por branquias situadas nas fendeduras da farinxe. A locomoción baséase nunha forma hidrodinámica, con movementos laterais do corpo auxiliados por extremidades que son aletas.

Os peixes son abundantes en tódalas masas de auga da Terra e poden ser atopados en case tódolos ambientes acuáticos, dende as correntes de alta montaña ata as zonas máis profundidades dos océanos. É un grupo moi heteroxéneo con preto de 32.000 especies, máis ca ningún outro grupo de vertebrados.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Sant Carles de la Ràpita

Sant Carles de la Ràpita é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña. Pertence á comarca do Montsià e tiña en 2014 unha poboación de 15.003 habitantes. Antigamente coñecíase como la Ràpita dels Alfacs e actualmente coñécese como la Ràpita.

O seu porto é un dos máis importantes de Cataluña. As súas praias, o seu contraste entre mar e montaña e a súa proximidade ao Delta do Ebro convertérono nun importante centro turístico.

Santa Coloma de Cervelló

Santa Coloma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado na marxe dereita do río Llobregat, ao pé da montaña de Montpedrós, e esténdese ata os contrafortes orientais do macizo do Garraf.

O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Boi de Llobregat, Torrelles de Llobregat, Sant Vicenç dels Horts, Sant Feliu de Llobregat e Sant Joan Despí. Ten unha poboación de 8.082 habitantes (2017) agrupados en dúas entidades de poboación: Santa Coloma de Cervelló e la Colònia Güell.

Na parte chaira do concello, xunto ao río Llobregat, predominan os cultivos de regadío, mentres que na zona de montaña altérnanse bosques e cultivos de secaño. Non obstante, a súa economía baséase nunha variada industria con sectores como a metalurxia, a química e tamén a construción.

Tanzania

Tanzania, oficialmente República Unida de Tanzania (en suahili: Jamhuri ya Muungano wa Tanzania), é un país da África Oriental, limitado ao norte por Uganda e por Quenia, ao leste polo Océano Índico, ao sur por Mozambique, por Malawi e por Zambia e ao oeste por Burundi, por Ruanda e pola República Democrática do Congo, fronteira exclusivamente lacustre, a través do Lago Tanganica. O país inclúe tamén o arquipélago de Zanzíbar, no Índico. O Kilimanjaro, a montaña máis alta de África, está situada no nordeste de Tanzania.

O país está dividido en 30 rexións administrativas: cinco na área semi-autónoma do arquipélago de Zanzíbar e 25 no continente, na antiga Tanganica. O xefe do estado é o Presidente Jakaya Mrisho Kikwete, elixido en 2005. Dende 1996, a capital oficial de Tanzania foi Dodoma, onde está localizada a Asemblea Nacional e as oficinas do goberno. Entre a súa independencia e 1996, a principal cidade costeira, Dar es Salaam, serviu como capital política. Segue a ser a principal cidade comercial do país e numerosas institucións do goberno siguen localizadas alí. É tamén o porto máis importante do país.Tanganica e Zanzíbar fusionáronse o 26 de abril de 1964 para formar a República Unida de Tanganica e Zanzíbar. O 29 de outubro dese mesmo ano, o país foi renomeado como República Unida de Tanzania ('Tan' provén de Tanganica e 'Zan' de Zanzíbar). É, canda Quenia e Uganda, un dos tres países da África oriental ex británica. Agás os masai do norte do país, que son nilocamitas, o resto da poboación está formada por unhas 140 tribos bantú, sendo as máis importantes as de sukuma, nyamwezi, gogo e chagga no norte, e makonde e hehe no sur. O suahili e o inglés son as dúas linguas oficiais.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.