Monfero

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Coordenadas: 43°20′4.08″N 8°3′21.08″O / 43.3344667, -8.0558556

Monfero
Bandeira de Monfero
---
Escudo de Monfero
27 Casa do concello de Monfero
Situacion Monfero
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Eume
Poboación1.962 hab. (2018)
Área171,7 km²
Densidade11,43 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloRebordelo
Política (2019[2])
AlcaldeAndrés Feal Varela (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Monfero
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes84,46%
Na rede
www.concellodemonfero.com
correo@monfero.dicoruna.es

Demografía

Censo total 2017 1.985 habitantes
Menores de 15 anos 144 (7.25 %)
Entre 15 e 64 anos 1.151 (57.98 %)
Maiores de 65 anos 690 (34.76 %)
Evolución da poboación de Monfero   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.715 6.473 6.530 3.587 2.490 2.239 2.178 2.129 2.109 2.089 2.037 2.019 1.985 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.

Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.

A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.

Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.

Historia

Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.

Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.

Patrimonio

O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X. Está recoñecido como un ben de interese cultural.

Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.

Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).

Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Monfero.
Mosteiro de Santa María de Monfero 9

Fachada do Mosteiro de Monfero

Monfero claustro procesional

Claustro procesional do Mosteiro de Monfero

Cruceiro das misións en Taboada

Cruceiro das misións en Taboada

Igrexa de Vilachá

Igrexa de Vilachá

Vista norte desde o mosteiro de Caaveiro

Parque natural das Fragas do Eume

Vista do Eume, Pontedeume

Encoro do Eume entre Monfero e As Pontes.

Panorámica (13-11-2011) - panoramio (1)

Panorámica do Eume

Lugares de Monfero

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Armada do Cando, San Fiz de Monfero, Monfero

A Armada do Cando é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 1 habitante home no ano 2010 segundo datos do INE.

A Mariñadona, San Fiz de Monfero, Monfero

A Mariñadona é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 5 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 2 eran homes e 3 eran mulleres.

Agudeiro, San Fiz de Monfero, Monfero

Agudeiro é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 31 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE dos cales 17 eran homes e 14 eran mulleres.

As Lamelas, San Fiz de Monfero, Monfero

As Lamelas é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 13 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 4 eran homes e 9 eran mulleres.

As Travesas, San Fiz de Monfero, Monfero

As Travesas é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 27 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 15 eran homes e 12 eran mulleres.

Castelo da Pluma

O castelo da Pluma é unha hipotética fortificación alto medieval sita a 489 m de altitude no monte que leva o mesmo nome, preto do lugar de Lamelas, na parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero.

Comarca de Eume

A comarca de Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

O Alto de Xestoso, Monfero

Santa María do Alto de Xestoso é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Monfero. Segundo o IGE en 2012 tiña 277 habitantes (134 homes e 143 mulleres) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 385 habitantes.

O Val de Xestoso, Monfero

San Pedro do Val de Xestoso é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Monfero na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2013 tiña 417 habitantes (203 mulleres e 214 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 538 habitantes.

Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero

Pazos é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero, na comarca do Eume. Segundo o IGE, en 2009 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 7 habitantes.

Queixeiro, Monfero

San Xurxo de Queixeiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Monfero. Segundo o IGE en 2013 tiña 286 habitantes (138 homes e 148 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 356 habitantes.

Rebordelo, San Fiz de Monfero, Monfero

Rebordelo é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 44 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 19 eran homes e 25 eran mulleres.

San Fiz de Monfero, Monfero

San Fiz de Monfero é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Monfero. Segundo o IGE en 2017 tiña 726 habitantes (379 homes e 347 mulleres) distribuídos en 71 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.001 habitantes.

Sanguiñedo, San Fiz de Monfero, Monfero

Sanguiñedo é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 5 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 3 eran homes e 2 eran mulleres.

Santa Xiá de Monfero, Monfero

Santa Xiá de Monfero é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Monfero. Segundo o IGE en 2013 tiña 58 habitantes (33 homes e 25 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 99 habitantes.

Santo André da Ribeira, San Fiz de Monfero, Monfero

Santo André da Ribeira é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 10 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 4 eran homes e 6 eran mulleres.

Taboada, Monfero

Santa Mariña de Taboada é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Monfero limitando có concello de Pontedeume mailo có de Vilarmaior. Segundo IGE en 2013 tiña 85 habitantes (46 homes e 39 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, 15 menos ca en 1999.

Vilachá, Monfero

Santa María de Vilachá é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Monfero. Segundo o IGE en 2013 tiña 212 habitantes (109 homes e 103 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 279 habitantes.

O seu topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, 'vila situada nun lugar plano'.

Vilarboi, San Fiz de Monfero, Monfero

Vilarboi é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 40 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 17 eran homes e 23 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.