Monegasco

O monegasco (munegascu) é unha variedade lígur levada a Mónaco cando pasou a control de Xénova no século XIII. Aproximadamente un 30% do léxico é de orixe occitana, un 60% lígur e o resto son préstamos do francés e italiano.

Ensínase nas escolas pero o uso social da lingua desapareceu a comezos do século XX, aínda que se mantén como lingua nacional.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
3 de outubro

O 3 de outubro é o 276º día do ano do calendario gregoriano (277º nos anos bisestos). Quedan 89 días para finalizar o ano.

Charles Leclerc

Charles Leclerc (nado o 16 de outubro de 1997) é un piloto de carreiras Monegasco e membro da Ferrari Driver Academy. Gañou o campionato GP3 Series en 2016 e o Campionato FIA de Fórmula 2 en 2017. Pilotará para Sauber no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018.

Festival de Eurovisión 1959

O IV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 11 de marzo de 1959 en Cannes, Francia. A presentadora foi Jacqueline Joubert, sendo o país ganador os Países Baixos co tema Een beetje, interpretado por Teddy Scholten, que conseguiu 21 puntos. En segunda posición quedaron os británicos Pearl Carr e Teddy Johnson, coa canción Sing Little Birdie, que obtivo 16 puntos. O terceiro posto, con 15 puntos, foi para a canción francesa Oui oui oui oui, cantada por Jean Philippe. Estas tres cancións foron interpretadas ao final do festival, que durou 73 minutos. A letra da canción ganadora foi escrita por Willy van Hemert, quen tamén escribiu a letra a canción neerlandesa ganadora de 1957.

Este festival supuxo a primeira retirada de Luxemburgo, tras acabar cun punto o ano anterior, así como o debut de Mónaco e o regreso do Reino Unido trala súa retirada en 1958, polo que a UER cambiou as normas do concurso para admitir 11 participantes. O representante monegasco, Jacques Pills, finalizou último cun punto, pero a súa filla Jacqueline Boyer gañou o festival o ano seguinte por Francia.

Na prensa, suxeriuse que Italia e Francia outorgaron máis puntos á canción holandesa porque ningún deles quería que o outro obtivese a vitoria final. Instaurouse unha nova regra pola que non se permitía a inclusión de editores ou compositores profesionais en activo nos xurados nacionais, pero o sistema de votación foi o mesmo que en 1957 e 1958. O escenario consistiu en tres pequenas carpas xiratorias, desde as que saían os cantantes, quen cantaban con fotografías de paisaxes típicas do país de fondo.

Gran Premio de Francia

O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard.

O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.

Os primeiros campionatos mundiais organizáronse en 1925 co Gran Premio de Francia, a Gran Premio de Italia, o Gran Premio de Bélxica e as 500 millas de Indianápolis. O Gran Premio de Francia foi parte do campionato de Fórmula Un, desde o seu inicio en 1950 ata o 2008. Designouse como Gran Premio de Europa, catro veces, entre 1924 e 1966, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa.

A carreira celebrouse en diferentes circuítos en toda Francia, como o Autódromo de Montlhéry. Desde 1991 a súa sede permanente foi o Circuíto de Nevers Magny-Cours. O paso a Magny-Cours foi un intento de estimular a economía da zona, pero moita xente dentro da Fórmula Un queixouse da localización do circuíto. As carreiras de 2004 e 2005 estaban en dúbida debido a problemas financeiros e a incorporación de novos circuítos ao calendario da Fórmula Un. Estas carreiras sairon adiante como estaba previsto, pero aínda tiñan un futuro incerto. O 29 de marzo de 2007 foi anunciado pola FFSA, o promotor da carreira, que a partir Gran Premio de Francia de 2008 fariase unha "pausa" indeterminada. Esta suspensión debeuse á situación financeira do circuíto, coñecido por non ser do agrado de moitos en F1 debido á localización do circuíto. O 31 de maio, Bernie Ecclestone, confirmou (nese entón) que o Gran Premio de Francia de 2007 sería o último que se celebraria en Magny-Cours.

Con todo, logo de varias negociacións, o futuro da carreira en Magny-Cours deu un novo xiro, aumentando a especulación de que o Gran Premio de Francia de 2008 volvería, co mesmo Ecclestone dicindo "Imos revivilo por un ano, ou algo así". o 24 de xullo Ecclestone e o primeiro ministro francés reuníronse e acordaron a posibilidade de manter a carreira en Magny Cours en 2008 e 2009. A confirmación foi o 27 de xullo, cando a FIA publicou o calendario para 2008. Cun Gran Premio de Francia programado en Magny-Cours, unha vez máis. A carreira de 2009, foi anulada de novo o 15 de outubro de 2008, no sitio web oficial, citando "razóns económicas" Foi anunciado un enorme cambio de imaxe de Magny-Cours ( "2.0"), pero cancelado ao final. A FFSA promotor da carreira comezou a buscar unha alternativa. Houbo cinco diferentes propostas para un novo circuíto: en Ruán con 3 deseños posibles: un circuíto urbano, na zona do peirao, ou un circuíto permanente cerca do aeroporto, un circuíto urbano situado preto de Disneyland Resort Paris,Versalles, e en Sarcelles (Val de France), pero todos foron cancelados. Unha localización final en Flins-Les Mureaux, preto da fábrica de Renault en Flins estaba sendo considerada con todo, foi cancelada e o 1 de de decembro de 2009. En 2010 e 2011, non houbo Gran Premio de Francia no calendario da Fórmula 1, aínda que o Circuíto Paul Ricard foi candidato para o ano 2012. O Gran Premio de Francia non se incluíu no calendario de 2012.

En decembro de 2016, confirmouse que o Gran Premio de Francia volverá en 2018 no Circuíto Paul Ricard.10 pilotos franceses gañaron o Gran Premio de Francia, 7 antes da Primeira e Segunda Guerra Mundial e 3 no campionato de Fórmula Un. O piloto francés Alain Prost gañou a carreira 6 veces en 3 circuítos diferentes, con todo o piloto alemán Michael Schumacher gañou 8 veces, o piloto que gañou máis veces un mesmo Gran Premio. O piloto monegasco Louis Chiron gañou 5 veces, e o piloto arxentino Juan Manuel Fangio e o piloto británico Nigel Mansell gañaron 4 veces.

Hymne Monégasque

O Hymne Monégasque (do francés: Himno monegasco) é o himno oficial do Principado de Mónaco. Ten dúas letras, unha en francés, lingua oficial do principado, e outra en monegasco, lingua vernácula local.

Tivo varias versións: unha primeira versión foi composta e escrita en francés por Theophile Bellando en 1841. Foi adoptada como marcha pola Garda Nacional en 1848. En 1896 Charles Albrecht compuxo unha nova versión para piano, da que máis tarde se fixo unha versión para orquestra. Deixou de interpretarse cara a 1900 por ser considerada demasiado longa. A actual versión foi creada por Léon Jehin en 1914 e tocouse por vez primeira nos actos de conmemoración dos 25 anos de reinado do príncipe Alberte. Finalmente, en 1931, Louis Notari escribiu a letra en monegasco. Normalmente, debido á rapidez da música, a segunda estrofa entre os dous refráns non se canta.

Lingua asturiana

O asturiano (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de Asturias. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.

Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable, pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". A normalización da lingua lévase a cabo na Academia de la Llingua Asturiana.

Lingua corsa

O corso (corsu) é unha lingua románica, falada polo pobo corso que habita na illa de Córsega. Tamén é falado en Gallura, Sardeña (Italia). Posúe fortes similitudes co italiano e en particular con dialectos da Toscana. Constitúe unha lingua polinómica, conformada por dúas grandes variedades, a cismontana que se fala na zona nororiental de Córsega e que sufriu un forte proceso de toscanización e a ultramontana, que conserva características arcaizantes.

Segundo a clasificación da UNESCO, a lingua corsa encóntrase en perigo de extinción.

Lingua galó

A lingua galó é unha lingua romance (por tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias de Bretaña.

O galó fálase tradicionalmente na parte oriental de Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou).

Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, por tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.

Lingua istriota

O istriota é unha lingua románica falada por unhas 400 persoas na parte suroeste da penínsulta de Istria, en Croacia, particularmente en Rovinj e Vodnjan. Non debe ser confundido co dialecto istrio da lingua véneta.

Lingua italiana

O italiano ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.

Lingua lorenesa

A lingua lorenesa ou lorenés (lorrain ) é unha lingua románica pertencente ao grupo das linguas de oïl falada maioritariamente na rexión da Lorena (Francia). O estado francés non a recoñece, como moitas outras linguas.

Lingua lígur (románica)

A lingua lígur (en lígur: Lìgure) é unha lingua románica galoitálica con aproximadamente 2 millóns de falantes nas rexións italianas de Liguria, Piemonte e Sardegna; no Principado de Mónaco (oficial na variedade monegasca); na costa sur da Francia continental; na illa francesa de Córsega; e tamén en Buenos Aires, Chile e parte dos Estados Unidos, Canadá e Australia, onde houbo inmigración de lígures.

Lingua siciliana

O siciliano é unha lingua romance propia da illa de Sicilia, no sur da Italia. Algúns dos seus dialectos tamén se falan na península itálica, principalmente no centro-sur de Calabria (calabriano) e na Puglia meridional, na rexión chamada Salento (salentino). Tamén se pode escoitar, con moita menos frecuencia, na zona de Cilento, na rexión de Campania.

Descende do latín vulgar, con influencias do grego, do árabe, francés, provenzal, catalán e do español.

O uso do siciliano como lingua falada é usual en familia ou entre amigos; mais é menos común o seu emprego en ocasións oficiais e na forma escrita.

Algúns dos persoeiros da literatura en lingua siciliana son: Giovanni Meli, Nino Martoglio, Domenico Tempio, Alessio Di Giovanni, Ignazio Buttitta e Andrea Camilleri.

Linguas xudeoitalianas

O xudeoitaliano é un conxunto de falas xudías faladas por 250 persoas en Italia. A lingua está formada por un conxunto de dialectos italianos. Algunhas palabras conteñen prefixos e sufixos italianos engadidos a verbas hebreas, así como a raíces arameas.

Montecarlo

Montecarlo (en francés: Monte-Carlo, en monegasco: Monte-Carlu) é un barrio do principado de Mónaco, coñecido polo seu casino. Aínda que en moitas ocasións se pense que Montecarlo é a capital de Mónaco, isto non é así, xa que todo o Principado é a súa propia capital ao ser unha cidade-estado.

Tamén é coñecido o barrio por acoller o Circuíto de Mónaco, no que ten lugar o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1.

Tamén é sede desde 1952 do "Reinsurers Rendez-Vous", a reunión anual máis antiga e famosa da industria reaseguradora que se realiza na primeira semana de setembro.

Montecarlo desde fai décadas é un lugar de reunión de membros da realeza, así como de grandes estrelas de cine.

Mónaco

Mónaco (en francés: Monaco, en monegasco: Múnegu, en italiano: Monaco, en occitano: Mónegue), oficialmente Principado de Mónaco (en francés: Principauté de Monaco, en monegasco: Principatu de Múnegu, en italiano: Principato di Monaco, en occitano: Principat de Mónegue) é unha cidade-estado situada ao sur de Francia na costa mediterránea, en Europa. Cunha superficie de 1,9 km² é o segundo país máis pequeno do mundo, despois da Cidade do Vaticano. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con Francia, aínda que se atopa bastante preto de Italia a 11 km. Cos seus máis de 30.000 cidadáns é o estado soberano con maior densidade de poboación do mundo, chegando practicamente aos 17.000 habitantes por km².

Mónaco é unha monarquía constitucional e un Principado gobernado pola Casa de Grimaldi dende o ano 1297, sendo hoxe o Xefe de Estado o Príncipe Alberte II. Con todo, a pesar de ser un estado independente, a defensa do Principado é responsabilidade do Estado francés. Mónaco é o nome do país, así como o nome da súa única cidade e capital. A miúdo é considerado como un paraíso fiscal, sendo a maioría dos seus habitantes xente rica de países estranxeiros, os cales supoñen en torno ao 84% da poboación.

Niza

Niza (en francés: Nice; en occitano: Niça) é unha cidade francesa, capital do departamento dos Alpes Marítimos, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. No ano 2014 tiña 343.895 habitantes, cunha área metropolitana de máis dun millón de persoas, sendo a quinta comuna francesa por poboación (logo de París, Marsella, Lión e Tolosa).A cidade, capital histórica do Condado de Niza, estivo ligada a Italia ata a súa invasión e anexión francesa a finais do século XIX. Unha parte da súa poboación conserva o dialecto nizardo, unha variedade da lingua lígur moi influída pola lingua occitana despois da década de 1860. En zonas próximas á cidade fálanse variantes do ligur, incluíndo o monegasco e a do val do Roia. É moi probable que na Idade Media o lígur fora a lingua principal da cidade.

Olivier Beretta

Olivier Beretta, nado en Monte Carlo o 23 de novembro de 1969, é un piloto de automobilismo monegasco.

Xentilicio

O xentilicio é un adxectivo relativo, sobre todo, ó lugar de nacemento e, en menor medida, á liñaxe ou raza á que alguén pertence (estes serían etnónimos).

En Galicia existe tradicionalmente unha tendencia ó uso de xentilicios hipocorísticos para entidades menores, non derivados do nome do lugar e si de características e alcumes, normalmente despectivos. Na actualidade, a linguaxe xornalística está a crear e inventalos para moitas pequenas poboacións galegas, con moi desigual calidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.