Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Coordenadas: 43°25′41″N 7°21′46″O / 43.42806, -7.36278

Mondoñedo
Bandeira de Mondoñedo
---
Escudo de Mondoñedo
Vista panorámica de Mondoñedo
Vista xeral de Mondoñedo
Situacion Mondoñedo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Central
Poboación3.639 hab. (2018)
Área142,7 km²
Densidade25,5 hab./km²
Entidades de poboación15 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaElena Candia López (PPdeG [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Mondoñedo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes81,39%
Na rede
concellomondonedo.es

Xeografía

O concello de Mondoñedo atópase na metade norte da provincia de Lugo, e ten unha superficie de 142,7 km². Fai fronteira polo norte cos concellos de Alfoz e Foz, polo sur, coa Pastoriza e Riotorto, polo leste, con Lourenzá e polo oeste, con Abadín. A poboación de Mondoñedo distribúese ao longo das 15 parroquias que forman o concello.

É a capital da comarca da Mariña Central, malia ser a terceira cidade en poboación, despois de Foz e Burela.

Entre o seu patrimonio natural destaca a cova do Rei Cintolo, situada no lugar de Supena (parroquia de Argomoso), e que cos seus 7.500 metros de lonxitude constitúe a maior cova de Galicia[5], e os saltos naturais da Fervenza, formada polo río Tronceda afluente do Masma e o Salto do Coro, formado polo rego de Argomoso, afluente do río Valiñadares.

Alfoz Foz Lourenzá
Alfoz e Abadín Rosa dos Ventos Lourenzá
Abadín A Pastoriza Riotorto

Demografía

A evolución demográfica do concello presenta unha perda demográfica dende principios do século XX. Dende a década de 1900 ata a década dos 40 os censos decenais mostraban unha progresiva mingua da poboación mindoniense, ata o momento en que ten lugar unha certa recuperación vencellada á finalización da guerra civil (1936-1939), empezando de novo a diminución da poboación ata a década dos 70, a partir da cal produciuse un estancamento da poboación ata o día de hoxe. A consecuencia desta diminución da poboación é debido ao crecemento vexetativo de signo negativo e a emigración (1950-1970).

Porén, nos últimos anos, o aumento da taxa de natalidade e a crecente chegada de inmigrantes á cidade auguran, cando menos, unha estabilización da situación. En Mondoñedo, actualmente, o índice de natalidade vai en aumento. Se ata finais do século XX o índice descendía co paso dos anos, a partir do 2001 comezou unha importante tendencia ascendente. Chegouse, nun único lustro, a case duplicar os valores de natalidade obtidos no ano 2000.

Outro factor importante á hora de falar de tendencias demográficas é a inmigración. Nos últimos anos medrou considerablemente o número de persoas chegadas ao concello dende fóra de España. Os inmigrantes, en boa parte africanos e americanos, veñen traballar maioritariamente no sector da construción. Se no ano 1996 só residían 11 estranxeiros en Mondoñedo, situación que se mantivo ata 1999, os datos do último censo confirman un considerable incremento. En 2006 xa había 136 estranxeiros na cidade, dos cales 36 chegaran de África e 55 de América.

Censo Total (Habitantes) 3.991 (2014)
Menores de 15 anos 351 (8,79 %)
Entre 15 e 64 anos 2.249 (56,35 %)
Maiores de 65 anos 1.391 (34,85 %)
Evolución da poboación de Mondoñedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
10.590 8.673 8.533 6.946 4.904 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

O val no que se atopa o concello conserva numerosos restos arqueolóxicos como dolmens, castros, coma o de Zoñán e petróglifos, os cales amosan que xa existían asentamentos na vila dende o neolítico.

A primeira mención a Mondoñedo é de 1112: a raíña Urraca traslada a Sé Episcopal de San Martiño de Mondoñedo de Foz (da que herda o nome) a Vilamaior do Val de Brea, ou Valibria, a actual Mondoñedo [6]. En 1156 Afonso VII concédelle a categoría de cidade. A Sé Episcopal trasladouse a Ribadeo entre 1182 e 1230 para fomentar o poboamento desta vila.

A vila é onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa (1569).[7]

O episodio máis soado da historia antiga de Mondoñedo foi a decapitación do mariscal Pardo de Cela. Acusado de traizón e apresado no seu castelo da Frouseira, a súa muller obtivo o perdón da raíña Isabel a Católica, pero os inimigos do Mariscal detiveron os portadores do indulto real na ponte do Pasatempo o tempo preciso para que fose executado.

O seu casco vello foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1985, nel destacan a praza da catedral, monumento nacional construído no século XIII e cara onde conflúen todas as rúas da vila. En Mondoñedo destacan outros edificios coma o Santuario dos Remedios, construído a mediados do século XVIII, o Hospital de San Paulo, construído na mesma época, o Convento da Concepción, o Mosteiro dos Picos e o Seminario Conciliar. A paisaxe arquitectónica da vila caracterízase polos tellados de lousa das casas que rematan nuns picos de pedra típicos chamados "ameas" para protexerse contra o vento. A vila de Mondoñedo é un dos puntos polos que pasa o Camiño de Santiago, sendo lugar de descanso para os peregrinos. Aparece vencellada historicamente coa diocese de Britonia-moi posibelmente abranguendo terras entre a serra do Xistral e a foz do río Navia- e coa chegada de poboación bretoa procedente da illa do mesmo nome no século V. Entre estes sobrancea a figura do bispo Mailoc.

Foi capital da provincia de Mondoñedo, unha das sete provincias galegas históricas até 1833.

Cultura

Toponimia

O topónimo Mondoñedo procede probablemente do término preindoeuropeo *mund (que significa 'monte'), mais a forma celta onna ('fonte' o 'río', como en Oñate, Santoña o Garona) co engadido do sufixo de reforzo -etu, o que se correspondería coa abundancia de ríos e fuentes na zona.[8]

Patrimonio

Patrimonio histórico e artístico

MondonhedoCatedral.jpeg
Catedral de Mondoñedo en día de feira, coa estatua sedente de Cunqueiro á esquerda
  • A catedral de Mondoñedo é Monumento Nacional. Foi construída polo bispo Martiño entre 1230 e 1248 e conserva a porta románica primitiva. Conta cun rosetón oxival do século XIII; as xanelas barrocas, as torres e o frontón son do século XVIII, mandados facer polo bispo Muñoz e Salcedo. No interior, a cabeceira é de estilo románico e vaise tornado en oxival conforme avanzan as naves. Por baixo dos dous órganos do século XVIII hai pinturas murais do século XIV; unhas representan a Degolación dos Inocentes e as outras cenas da vida de San Pedro. O museo catedralicio contén pezas arqueolóxicas da catedral e das parroquias veciñas, tallas, pinturas, gravados, retablos e outros obxectos litúrxicos.
Mondonedo03
Hospital de San Paulo
  • Hospital de San Paulo, construído tamén na mesma época. Por riba da porta destacan o escudo de Mondoñedo e o propio de Sarmiento. Disque Sarmiento tiña a "doenza da pedra" polas moitas construcións que fomentou e que quixo abrir unha canle polo Masma para traer a auga do mar até Mondoñedo.
  • Mosteiro dos Picos:
  • A Alameda, situada entre o santuario dos Remedios e os Hospital de San Paulo, foi plantada en 1594 polo rexedor Luís de Luaces, que celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa. Hai un monólito conmemorativo.
  • Mosteiro de Alcántara, do século XVIII, abandonado na actualidade.
  • Convento da Concepción, de comezos do século XVIII, construído para acoller as monxas concepcionistas que habitaban no pazo de Couto do Outeiro, sen se ateren aos canons do Concilio de Trento.

Mondoñedo na literatura popular

  • Arriba, putas, que aí veñen as san Lucas [10].
  • Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro [11].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mondoñedo.
Mago Merlín en Mondoñedo

Museo do Mago Merlín

Mondoñedo edificio Galicia

edificio

Ponte Pasatempo

Ponte Pasatempo

Tumba Cunqueiro

Tumba de Álvaro Cunqueiro no Cemiterio Vello de Mondoñedo

Tumba de Manuel Leiras Pulpeiro

Tumba de Manuel Leiras Pulpeiro no Cemiterio Vello (Hoxe parque) de Mondoñedo

Igrexa de Santiago de Mondoñedo

Igrexa de Santiago

Hospital de San Paulo (detalle fachada)

Detalle da fachada do Hospital de San Paulo

Fonte da Zapata, Mondoñedo

Fonte da zapata

Mondonedo10

Casa do concello

Casa Consistorial Mondoñedo

Casa do concello, vista dende a pza. do Concello

Lugares de Mondoñedo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondoñedo vexa: Lugares de Mondoñedo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Mondoñedo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. http://www.mondonedo.net/content/view/35/52/lang,gl/ Cova do Rei Cintolo
  6. Concello de Foz. "Catedral de San Martiño". Consultado o 14 de outubro de 2014. San Martiño foi sede episcopal dende o ano 870 ata o 1112. Chegaron a pasar por esta sede 15 bispos, entre eles San Rosendo e D. Gonzalo, último bispo da diocese, que non se debe confundir co San Gonzalo, Bispo Santo, da lenda das naves. Á morte do bispo Gonzalo, no ano 1112, a raíña Urraca traslada a sede a Vallibria ou Vilamaior de Brea, actual Mondoñedo.
  7. "Una fiesta centenaria, la del árbol, cumple hoy 450 años en Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-02. Consultado o 2019-02-02.
  8. *VV.AA. (2000). Real Academia de la Historia, ed. "Boletín de la Real Academia de la Historia. TOMO CXCVII. NÚMERO I.": 37.
  9. "Un día para la historia de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-02. Consultado o 2019-03-03.
  10. San Lucas celébrase o 18 de outubro, e en Mondoñedo celébranse unhas afamadas festas, chamadas as San Lucas.
  11. Oirán é parroquia de Mondoñedo; A Frouseira, unha montaña entre os concellos de Foz e Alfoz; e o río Ouro nace e desemboca no concello de Foz. O Valadouro é concello ó norte da provincia de Lugo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Castro de Zoñán

O Castro de Zoñán ou A Croa de Zoñán é un castro situado na parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

As datas de ocupación do mesmo, segundo a cultura material atopada, móvense entre os séculos II e IV d. C., pero segundo os resultados das análises de carbono-14 os inicios do mesmo situaríanse en datas antes de Cristo.

Lévase escavando dende o ano 2002 e téñense recuperado diversas vivendas e restos de cultura material. No ano 2004 colocáronse dúas mesas interpretativas para poder facer unha visita libre ao castro. No ano 2007 o Concello de Mondoñedo editou o libro O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) Campañas 2002-2004, que recolle os traballos e conclusións das tres primeiras campañas: 2002, 2003 e 2004.

Comarca da Mariña Central

A comarca da Mariña Central é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Mondoñedo, que é a súa terceira cidade en poboación, tras Foz e Burela. A ela pertencen os concellos de Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fanoi, Abadín

Santa María Madalena de Fanoi é unha parroquia do concello lugués de Abadín que limita coas parroquias de Labrada, Romaríz, Galgao, Quende, Fraiás, Cabaneiro e Abadín.

Pertence o arciprestado de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación, 12 lugares e 155 veciños, sendo a densidade media de 9,7 hab./km² no 2004. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 121 habitantes, sendo 61 homes e 60 mulleres.

Foz

Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «focego» ou «focense».

Lamas, San Sadurniño

San Xiao de Lamas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 494 habitantes (243 mulleres e 251 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 517 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Loira, Valdoviño

San Pedro de Loira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 249 habitantes (118 homes e 131 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 298 habitantes. Ten unha superficie de 7,5 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lourido, Valdoviño

San Bartolomeu de Lourido é unha parroquia situada no sur do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes. Ten unha superficie de 3,7 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Marina Mayoral

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.

Miguel Anxo Araúxo Iglesias

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Os Vilares, Guitiriz

San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).

O topónimo Vilares procede do latín villa, villaris, referido a unha casa de campo, granxa ou poboación. A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence á diocese de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Riotorto

Riotorto é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.364 habitantes (1.634 no 2006, 1.669 no 2005, 1.726 no 2004, 1.762 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «riotortego» ou «riotortense».

Valdoviño, Valdoviño

Santalla de Valdoviño é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 2.221 habitantes (1.087 mulleres e 1.134 homes) distribuídos en 56 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.037 habitantes. Ten unha superficie de 14,3 km² (a parroquia máis ampla do concello), cunha densidade poboación de 155,31 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Xosé Díaz Jácome

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.