Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 682 habitantes (346 homes e 336 mulleres). Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».

Coordenadas: 42°13′11″N 8°28′17″O / 42.21972, -8.47139

Mondariz-Balneario
Escudo de Mondariz-Balneario
Casa do Concello
Balneario vello
Situacion Mondariz-Balneario
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Condado
Poboación618 hab. (2018)
Área2,3 km²
Densidade268,7 hab./km²
Entidades de poboación1 parroquia
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Antonio Lorenzo Rodríguez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 4

Eleccións municipais en Mondariz-Balneario
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes29,47%
Na rede
MondarizBalneario.es

Poboación

Censo total en 2014 682 habitantes
Menores de 15 anos 86 (12.61 %)
Entre 15 e 64 anos 436 (63.93 %)
Maiores de 65 anos 160 (23.46 %)

Historia

No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.

O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal coa infanta Isabel de Aragón.[Cómpre referencia]

Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.

A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.

O 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeu á vila o título de "Moi Hospitalaria".

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz-Balneario.
Igrexa parroquial.
Igrexa parroquial. 
Mondariz-Balneario dende o Castelo de Sobroso.
Mondariz-Balneario dende o Castelo de Sobroso
Capela de San Pedro.
Capela de San Pedro. 

Mondariz-Balneario - 01 - Panorama parque

Mondariz-Balneario - 01 - Panorama parque

Lugares de Mondariz-Balneario

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz-Balneario vexa: Lugares de Mondariz-Balneario.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Arciprestado de Montes-Mondariz

O arciprestado de Montes-Mondariz é un arciprestado da diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos da Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas. Está composto por 27 parroquias e un anexo.

Balneario de Mondariz

O Balneario de Mondariz é un balneario inaugurado en 1873 no que hoxe é o concello de Mondariz-Balneario (anteriormente o territorio pertencía ao concello de Mondariz). Foi o pioneiro no termalismo galego e un referente entre as principais vilas termais de Europa.

Hoxe é o maior centro termal de Galicia, e mestura o termalismo tradicional coas técnicas actuais. Conta cun hotel, un spa, un campo de golf de 18 foxos, un centro de congresos e restaurante de comida galega.

Campo de Golf Balneario de Mondariz

O Campo de Golf Balneario de Mondariz é un campo de campo de golf galego de 18 buracos, situado no concello de Mondariz-Balneario, provincia de Pontevedra, Galiza. Deseñado por Álvaro A. Ibarra. Foi inaugurado o 1 de xaneiro de 2000.

Comarca do Condado

A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

Coral Troncoso

Coral Troncoso, en Mondariz-Balneario en 1972 e finada entre El Escorial e Colmenarejo (Madrid) o 16 de xullo de 2016, foi unha actriz, coreógrafa e bailarina galega.

Eleccións municipais en Mondariz-Balneario

Corporacións democráticas en Mondariz-Balneario desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Julián Troncoso — UCD

1983 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — CP

1987 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — IG

1991 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — IMB

1995 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — PPdeG

1999 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — PPdeG

2003 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — PPdeGModelo:Mondariz-Balneario 2003

2007 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — PPdeGModelo:Mondariz-Balneario 2007

2011 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — PPdeG

2015 Alcalde: José Antonio Lorenzo Rodríguez — PPCandidaturas: José Antonio Lorenzo Rodríguez (PP), Francisco Martín Chivite Mosquera (BNG) e Antonio Miguel García Corral (PSdeG-PSOE).

Enrique Peinador

Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940, foi un empresario e filántropo galego.

Enrique Peinador (homónimos)

O nome de Enrique Peinador pode referirse a:

Enrique Peinador Vela (Pontevedra 1847 - Mondariz-Balneario 1917), médico e empresario galego;

Enrique Peinador Lines (Pontevedra 1880 - Vigo 1940), empresario e filántropo galego, fillo do anterior.

Enrique Peinador Porrúa (México 1903 - Madrid 1940), avogado, xornalista e político galego, fillo do anterior.

Enrique Peinador Vela

Sabino Enrique Peinador Vela, nado en Pontevedra o 7 de outubro de 1847 e finado en Mondariz-Balneario o 6 de outubro 1917 foi un médico e empresario galego.

Galería de imaxes da comarca do Condado

Galería de imaxes da comarca do Condado.

A comarca do Condado comprende os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Galería de imaxes de Mondariz-Balneario

Galería de imaxes do concello de Mondariz-Balneario na provincia de Pontevedra.

José Antonio Lorenzo

José Antonio Lorenzo Rodríguez é un político galego do PPdeG.

José Molares

José Molares, nado en 1961 en Vigo, é un escultor galego.

Julián Troncoso

Julián Antonio Troncoso Montero, finado en agosto de 1984, foi un político galego, alcalde de Mondariz-Balneario entre 1970 e 1983.

Lugares de Mondariz-Balneario

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario, Mondariz-Balneario, Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario é un lugar da parroquia de Mondariz-Balneario, no concello pontevedrés de Mondariz-Balneario na comarca do Condado. Tiña 611 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 312 eran homes e 299 eran mulleres.

Mondariz (homónimos)

O topónimo galego Mondariz pode referirse a:

Mondariz, concello da provincia de Pontevedra;Mondariz, parroquia de dito concello;

Mondariz, lugar de dita parroquia;

Mondariz-Balneario, concello da provincia de Pontevedra;

Mondariz-Balneario, parroquia de dito concello;

Mondariz-Balneario, lugar de dita parroquia;

O Pazo, Mondariz-Balneario, Mondariz-Balneario

O Pazo é un lugar da parroquia de Mondariz-Balneario, no concello pontevedres de Mondariz-Balneario na comarca do Condado. Tiña 29 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 12 eran homes e 17 eran mulleres.

Peinador

O topónimo galego Peinador pode referirse a:

Peinador, lugar da parroquia de Cabral, no concello de Vigo;Este lugar dá nome ao aeroporto de Peinador, tamén chamado aeroporto de Vigo;

Amais, como apelido pode referirse a:

Enrique Peinador Vela (Pontevedra 1847 - Mondariz-Balneario 1917), médico e empresario galego;

Ramón Peinador Vela (Pontevedra 1847 - Mondariz-Balneario 1917), empresario e xornalista galego;

Enrique Peinador Lines (Pontevedra 1880 - Vigo 1940), empresario e filántropo galego, fillo do primeiro;

Enrique Peinador Porrúa (México 1903 - Madrid 1940), avogado, xornalista e político galego, fillo do anterior;

Ramon Peinador Checa (1897-1964), pintor español.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.