Mondariz

Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.742 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense.

Coordenadas: 42°14′21″N 8°27′12″O / 42.23917, -8.45333

Mondariz
Escudo de Mondariz
Casa do Concello
Praza de España
Casa do Concello e Praza de España.
Situacion Mondariz
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Condado
Poboación4.496 hab. (2018)
Área85,1 km²
Densidade52,83 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloMondariz
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Emilio Barros Bello (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 1
Outros: AporM 4, C'S 1
Eleccións municipais en Mondariz
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes59,78%
Na rede
http://www.concellodemondariz.com
info@concellodemondariz.com

Xeografía

Mondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra. Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Cañiza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz-Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.

Está sucado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.

O concello ten 12 parroquias, sendo dúas delas (Queimadelos e Vilasobroso) entidades locais menores.

Demografía

No ano 2009 tiña 5.259 habitantes, pero a poboación está moi diseminada en núcleos reducidos e distantes entre si. As zonas urbanas máis consolidadas son a vila que dá nome ao concello, e Vilasobroso, catro quilómetros ao sur.

Censo Total (Habitantes) 4.742 (2014)
Menores de 15 anos 467 (9.85 %)
Entre 15 e 64 anos 2.875 (60.63 %)
Maiores de 65 anos 1.400 (29.52 %)
Evolución da poboación de Mondariz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.213 6.687 7.093 6.443 5.320 5.259 5.081 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Na Idade Moderna as terras pertencían ao señorío de Sobroso. O marquesado de Sobroso foi concedido por Filipe IV de España o 18 de maio de 1625. Durante o reinado de Afonso XIII, os veciños da parroquia de Vilasobroso solicitaron constituírse como entidade local menor, sendo recoñecida como tal polo pleno municipal o 13 de setembro de 1924.

A parroquia de Queimadelos solicitou constituírse como ELM durante a II República, sendo recoñecida o 21 de febreiro de 1935.

Cultura

Toponimia

A orixe do topónimo Mondariz (pronunciado na zona Mondarís, polo seseo final[Cómpre referencia]) semella ter unha orixe xermánica. Porén existen varias hipóteses sobre a súa orixe: antropónimo xermano en xenitivo Munderici; Mondariz < composto “monte + de + antropónimo xermano en xenitivo Alarici”; ou Mondariz < composto “monte + de + topónimo prerromano en xenitivo Ariti”[5].

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Castelo de Sobroso
Artigo principal: Castelo de Sobroso.

O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas que ten a súa propiedade. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.

Ponte románica de Cernadela
Artigo principal: Ponte de Cernadela.

Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o río Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.

Escudo

Sobre cartela, escudo medio partido e cortado: 1º: En campo de prata unha fonte de ouro aclarada de azur. 2º: En campo de azur un monte de sinople, sumado todo el dunha muralla de ouro mazonada, sumada pola sinistra da torre e outra muralla. 3º: En campo de azur unha ponte de tres arcos apuntados. Acolado da cruz de Santiago. Ó timbre coroa real pechada.

Mondariz na literatura popular

Refraneiro
  • Imos con ledicia/ que vén a par noso/ a Virxe bendita/ de Vilasobroso [6].
Cantigueiro

As fontes non especifican a que Portela se refiren as cantigas, polo que non é posible sabelo. Pero agrúpanse aquí polo denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional que se levanta no lugar da Portela, parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) [7].

  • Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [8].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [9].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada [10].
  • O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira [11].
  • O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha [10].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz.

Lugares de Mondariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz vexa: Lugares de Mondariz.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Mondariz". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Celtiberos
  6. Vicente Risco 1962, 393.
  7. Galiciaconfidencial.com
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de íl, de unha.
  9. Fermín Bouza Brey 1929, 162.
  10. 10,0 10,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 116.
  11. Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcía, onde o Nomenclátor non recolle ningún lugar con ese nome.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Castelo de Sobroso

O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado dentro do territorio da entidade local menor en Vilasobroso (Mondariz), no sur da provincia de Pontevedra. Encarámase no alto da Pena do outeiro de Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira de Portugal.

Comarca do Condado

A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Enrique Peinador

Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940, foi un empresario e filántropo galego.

Frades, Mondariz

San Martiño de Frades, do latín Fratres "irmáns", seguramente monxes dunha congregación relixiosa, é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 329 habitantes (155 mulleres e 174 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 409 habitantes.

Gargamala, Mondariz

Santa María de Gargamala é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 337 habitantes (180 mulleres e 157 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 530 habitantes.

Lougares, Mondariz

San Fiz de Lougares é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 354 habitantes (183 mulleres e 171 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 494 habitantes.

Meirol, Mondariz

Santo André de Meirol é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 198 habitantes (96 homes e 102 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 246 habitantes.

Mondariz, Mondariz

Santa Baia de Mondariz é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.426 habitantes (715 mulleres e 711 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.493 habitantes.

Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 682 habitantes (346 homes e 336 mulleres). Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».

Mondariz Fútbol Club

O Mondariz Fútbol Club é un club de fútbol galego do concello de Mondariz. Foi fundado en 1920 e actualmente compite no Grupo Sur da Preferente Autonómica de Galicia.

Mouriscados, Mondariz

San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

Queimadelos, Mondariz

Santa María de Queimadelos é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 93 habitantes (42 homes e 51 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto aos anos 2000, cando tiña 134 habitantes.

Queimadelos pertenceu á xurisdición de Sobroso para pasar posteriormente a integrarse no concello de Mondariz. É unha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza, constituída o 21 de febreiro de 1935 e xestiona os montes de Peralta, Lagoa e Portela.

Riofrío, Mondariz

San Miguel de Riofrío é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 518 habitantes (270 mulleres e 248 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 632 habitantes.

Sabaxáns, Mondariz

San Mamede de Sabaxáns é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) .

Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.

Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella .

O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada .

O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada .

O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira .

O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha .

Toutón, Mondariz

San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos ca en 1999-, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Vilar, Mondariz

San Mamede de Vilar é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 264 habitantes (151 mulleres e 113 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 437 habitantes.

Vilasobroso, Mondariz

San Martiño de Vilasobroso (antes coñecido co nome de San Martiño de Portela) é unha vila e parroquia do concello de Mondariz, na Comarca do Condado. Segundo o padrón municipal tiña en 2013 366 habitantes (165 homes e 201 mulleres), distribuídos en 5 lugares, o que supón unha diminución continuada en relación ós anos 2004, cando tiña 380 habitantes, e 1999, con 416. Hoxe é unha das nove entidades locais menores que existen en Galiza. Foi recoñecida o 13 de setembro de 1924 polo concello de Mondariz, e considerada a segunda vila do Concello. Conserva o seus históricos símbolos identificadores, como o seu escudo de armas e a súa bandeira.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.