Monbus

Monbus é unha compañía galega de transporte de viaxeiros en autobuses, de tipo regular, discrecional, escolar e laboral.

Monbus
Monbus Paz Andrade
Autobús na estación de Pontevedra.
TipoSociedade Limitada
Fundación1972
LocalizaciónLugo
Persoas claveRaúl López López
IndustriaTransportes
Páxina webhttp://www.monbus.es

Historia

Monbus Nº 1520
Monbus na estrada.

As orixes da actual empresa Monbus iniciouse a comezos da década de 1930,[Cómpre referencia] cando Raúl López Loureiro comezou a súa actividade cunha camioneta dedicada ó transporte de mercancías e viaxeiros. Nas década de 1940 e 1950 esta actividade ampliouse cara ao ámbito dos autobuses, que se encargaban de percorrer vilas da provincia de Lugo nos que se celebraba algunha feira o algún mercado, unha labor que só daba traballo uns poucos días ó mes, unha circunstancia que lles levou a introducirse tamén no terreo do transporte discrecional.

Na década de 1970, trala normativa promulgada polo Ministerio referente ó dereito ó transporte gratuíto por parte dos escolares, Monbus comeza a dar servizos nesta parcela, ó tempo que en 1975 o fillo do fundador da compañía, Raúl López López, que ata entón colaborara con seu pai de maneira parcial, se inmiscúe plenamente na dirección da firma, cargo que segue desempeñando a data de hoxe.

En 1977, xa baixo a xerencia de Raúl López, xurdiu a posibilidade de comprar, xunto a outros socios, Monforte, que era a empresa de transporte máis forte de Lugo naquela época, co que se crea RUACASA (Rutas a Cataluña, S.A.). Desta forma, Monbus comezou a compaxinar as súas coberturas ós pobos nos que se celebraba algún mercado ou feira co transporte escolar e o transporte regular mediante a liña Lugo-Barcelona, un campo que sería debidamente legalizado trala promulgación das primeiras concesións oficiais, comezando así unha forte aposta polos servizos de longa distancia.

Aproveitando a gran cantidade de emigrantes galegos que habitaban en Cataluña e no País Vasco, Monbus logrou a adxudicación das concesións das liñas Galicia-Barcelona e Galicia-País Vasco, que supuxeron un modelo de servizo de excelente calidade cara o pasaxeiro e lograron conectar Galicia con zonas como Castela e León, País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña, en concreto con Lleida, Tarragona e Barcelona.

Este feito deu orixe á constitución no ano 1991 de VIBASA, unha sociedade composta pola empresa galega Monbus, a catalá MOLIST e a vasca CUADRA.

A segunda metade dos anos 90 estivo marcada pola privatización de ENATCAR, que se comezou a xestar en 1998, consolidouse no verán de 1999 e deu lugar a unha nova situación no mercado español que fixo que Monbus aproveitase as súas sinerxías e comezase un período de adquisición de diversas compañías da comunidade autónoma galega con tal de adaptarse ás novas demandas e necesidades do sector.

Por iso, naquela época se produciron as compras de Transportes La Unión, Autobuses de Pontevedra, Gómez de Castro, Miño etc., o que supuxo un importante aforro de costos económicos e provocou a creación de Grupo Transmonbus, formado nun 66% por Monbus e nun 34% pola entidade financeira Caixa Nova.

Durante os últimos anos produciuse a consolidación no mercado nacional deste grupo, que se erixiu como a primeira compañía con maior número de viaxeiros en Galicia, cunha considerable distancia con respecto á segunda corporación do ranking de compañías de transporte de viaxeiros.[Cómpre referencia]

Compañías adquiridas

Monbus afianzou a súa presenza no territorio nacional e comunitaria mediante a adquisición de participación nas empresas[Cómpre referencia] Monfobus, Autobuses Urbanos de Lugo, Empresa Monforte, Gómez de Castro, Autobuses Pontevedra, Autos Arcade, Transportes La Unión, Viuda de J. Domínguez, Auto Industrial, Castromil, Aguas de Incio, Arriva, Eurolines Peninsular, Alsina, La Directa, Rialsa, Tralusa e Autobuses Alcalá.

Patrocinios

No ano 2009 asociouse coa empresa galega de tecnoloxía Blu:Sens no patrocinio do equipo de baloncesto da ACB Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto (Obradoiro CAB), que a partir deste momento pasa a chamarse Blu:Sens-Monbus. Desde a tempada 2012-13 tamén patrocina ao Club Deportivo Lugo da Liga Adelante.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Artem Pustovyi

Artem Pustovyi, nado o 25 de xuño de 1992 en Sofijiwka, é un xogador profesional de baloncesto lituano que xoga para o FC Barcelona da Liga ACB. Cunha estatura de 2,16 metros xoga na posición de pivote.

Chris Czerapowicz

Chris Czerapowicz, nado o 15 de setembro de 1991 en Gotemburgo, é un xogador profesional de baloncesto sueco-estadounidense que xoga para o Obradoiro CAB da Liga ACB.

Dejan Kravić

Dejan Kravić, nado o 9 de setembro de 1990 en Mostar, é un xogador profesional de baloncesto serbio-canadense que actualmente xoga para o Obradoiro CAB da Liga ACB.

Earl Calloway

Earl Genard Calloway, nado o 30 de setembro de 1983 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte búlgaro que xoga para o Monbus Obradoiro da Liga ACB. Cunha estatura de 1,91 metros xoga na posición de base.

Fletcher Magee

Fletcher Magee, nado o 13 de novembro de 1996 en Orlando, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o Obradoiro CAB da Liga ACB.

Kostas Vasileiadis

Konstantinos "Kostas" Vasileiadis (en grego Κώστας Βασιλειάδης), nado en Salónica o 15 de marzo de 1984, é un xogador de baloncesto grego, que xoga actualmente no Monbus Obradoiro da Liga ACB. Pode xogar de escolta ou de ala, mide 2,00 metros e pesa 102 quilos. Foi internacional nas categorías inferiores da selección grega.

Liga ACB 2011-12

A tempada 2011-12 da Liga ACB foi a 29ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 8 de outubro de 2011, e rematou o 16 de xuño de 2012 co quinto e derradeiro encontro da final.

Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e de seguido os 8 primeiros equipos da táboa comezaron a disputa das eliminatorias polo título. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon de categoría, malia que diversas razóns económicas permitiron que os dous recuperasen a categoría.

Liga ACB 2018-19

A tempada 2018-19 da Liga ACB, tamén chamada Liga Endesa por motivos de patrocinio, foi a 36ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Comezou coa primeira xornada da liga regular o 29 de setembro de 2018, e rematou o 21 de xuño de 2019 co derradeiro partido das finais da ACB entre o Real Madrid e o Barça Lassa. O Real Madrid conseguiu o seu 35º título de liga tras gañar por 3-1.

Liga LEB Ouro 2010-11

A tempada 2010-11 da LEB Ouro foi a 15ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual. O torneo estivo composto por 18 equipos, 3 deles galegos: o Obradoiro CAB, o CB Breogán e o C Ourense B.

O obxectivo de moitos dos equipos era acadar o ascenso á Liga ACB 2011-12, rematando a tempada regular na primeira posición da táboa, ou ben rematando entre a 2ª e a 9ª praza e logo gañando as eliminatorias do play offs polo ascenso.

Maxime De Zeeuw

Maxime De Zeeuw, nado o 27 de abril de 1987 en Uccle, é un xogador profesional de baloncesto belga que xoga para o Monbus Obradoiro da Liga ACB. Cunha estatura de 2,13 metros xoga na posición de ala-pivote.

Mike Daum

Mike Daum, nado o 30 de outubro de 1995 en Kimball, Nebrasca, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o Obradoiro CAB da Liga ACB.

Nick Spires

Nicholas James Spires, nado en Royal Tunbridge Wells o 25 de febreiro de 1994, é un xogador de baloncesto sueco con ascendencia británica que xoga no Monbus Obradoiro da Liga ACB. Con 2,09 metros de altura, xoga na posición de ala-pivote.

Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sexta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.

Pavillón Multiusos Fontes do Sar

O Pavillón Multiusos Fontes do Sar é un pavillón cuberto multiusos, situado en Santiago de Compostela e construído en 1998. Pertence ao concello capitalino, e está xestionado pola sociedade mixta XADE. Ten unha capacidade de 5.060 espectadores (6.050 coa instalación de bancadas supletorias e 9.000 para concertos).

Serve de feudo aos equipos Santiago Futsal de fútbol sala, Blusens Monbus Obradoiro de baloncesto, e ao Arteal de tenis de mesa.

Ten 10.000 m² de superficie e conta cun amplo ximnasio público. Nos exteriores ten piscinas ao ar libre e 700 prazas de aparcadoiro. Está situado na rúa de Diego Bernal s/n.

Pepe Pozas

José Pozas Checa, coñecido coma Pepe Pozas, nado o 14 de maio de 1992 en Málaga, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Monbus Obradoiro da Liga ACB. Cunha estatura de 1,83 metros xoga na posición de base.

Raúl López López

Raúl López López, nado en 1950 en Sarria, é un empresario galego actualmente presidente da compañía de transporte de viaxeiros Monbus. Foi presidente do Club Baloncesto Breogán de Lugo de baloncesto até xuño de 2010, e dende o 27 de outubro dese ano é presidente do Obradoiro CAB .

Supercopa de España de baloncesto 2018

A Supercopa de España de baloncesto de 2018 foi a 15ª edición da Supercopa de España de baloncesto dende que está organizada pola Liga ACB, e a 19ª edición en total. Por motivos de patrocinio foi chamada tamén Supercopa Endesa. Tivo lugar os días 21 e 22 de setembro de 2018 no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.

O 8 de xuño de 2018 anunciouse a celebración desta edición da Supercopa en Santiago de Compostela, e a sinatura do acordo produciuse o día 14 de xuño no Concello de Santiago.

Vladimir Brodziansky

Vladimir Brodziansky, nado o 8 de maio de 1994 en Prievidza, é un xogador profesional de baloncesto eslovaco que xoga para o Monbus Obradoiro da Liga ACB. Cunha estatura de 2,11 metros xoga na posición de ala-pivote.

Álvaro Muñoz

Álvaro Muñoz Borchers, nado o 25 de novembro de 1990 en Ávila, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Obradoiro CAB da Liga ACB.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.