Monarquía de Xullo

Proclamada o 9 de xullo de 1830 despois das chamadas Tres Gloriosas Trois Glorieuses, a Monarquía de Xullo 1830 - 1848 sucedeu en Francia á Segunda Restauración. A rama menor dos Borbóns a dinastía de Orleáns accede ao trono a mans de Luís Filipe I como rei dos franceses. O seu reinado comeza co problema da Revolución de 1830 e se atopara con outros varios que acaban por instaurar a Segunda República. A Monarquía de Xullo, marca á fin da monarquía en Francia.

Royaume de France
Reino de Francia
Monarquía de Xullo

1830–1848
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Localización de Francia
Capital París
Lingua Francés
Goberno Reino
Historia
 • Establecido 1830
 • Disolución 1848
Moeda Franco francés

A crise da monarquía

1841 portrait painting of Louis Philippe I (King of the French) by Winterhalter
Luís Filipe I de Francia.

En 1846, as colleitas son moi malas. O aumento do prezo do trigo, base da alimentación, provoca a escaseza. O poder adquisitivo baixa. O consumo interior non progresa, provocando unha crise industrial de superprodución. Inmediatamente os patróns se adaptan recorrendo ao despedimento. Inmediatamente, se asiste a unha retirada masiva dos aforros populares, o sistema bancario está en crise. As quebras multiplícanse, os cursos da Bolsa caen. O Estado reacciona importando trigo ruso, o que volve a balanza comercial negativa. Os grandes traballos paran. As manifestacións sucédense. En 1847 prodúcense os motins de Buzançais. En Roubaix, un 60% dos obreiros están en paro. Os asuntos de corrupción (asunto Teste-Cubières) e os escándalos (asunto Choiseul-Praslin) manchan o réxime. As asociacións que se encuadran e as reunións públicas prohibidas a partir de 1835 bloquean á oposición. Para pasar esta lei, os opositores seguen os enterros civís dalgúns deles, que se transforman en manifestacións públicas. As celebracións familiares e os banquetes serven tamén de pretexto ás reunións. A campaña dos banquetes, ao final do réxime, desenvólvese en todas as grandes cidades de Francia. Luís Filipe endurece o seu discurso e prohíbe o banquete de peche o 14 de xaneiro de 1848. O banquete, aprazado ao 22 de febreiro, provoca a Revolución de 1848.

A caída do réxime

Tras unha axitación, o rei substitúe ao ministro François Guizot por Adolphe Thiers que propón a represión. Recibido con hostilidade pola tropa colocada ao Carrusel, diante do palacio das Tullerías, o rei abdica en favor do seu neto Filipe e confía a rexencia a súa nora, Hélène de Mecklembourg-Schwerin, pero en vano. A Segunda República foi proclamada o 24 de febreiro de 1848 fronte a columna da Bastilla.

Adolphe Thiers

Louis Adolphe Thiers, nado en Marsella o 15 de abril de 1797 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 3 de setembro de 1877, foi un historiador e político francés. Foi repetidas veces primeiro ministro baixo o reinado de Luís Filipe de Francia. Despois da caída do Segundo Imperio, converteuse en presidente provisional da Terceira República Francesa, ordenando a supresión da Comuna de París en 1871. Dende 1871 ata 1873 gobernou baixo o título de presidente provisional. Despois de perder unha moción de confianza na Asemblea Nacional, presentou a súa dimisión, oferta que foi aceptada (confiaba en que a dimisión non fose aceptada) e obrigárono a deixar o seu cargo. Foi substituído como Presidente Provisional por Patrice MacMahon, duque de Magenta, quen se converteu en Presidente da Terceira República, título que Thiers cobizara, en 1875 cando unha serie de Leis Orgánicas crearon oficialmente a Terceira República Francesa.

Alfred de Musset

Alfred Louis Charles de Musset, nado en París o 11 de decembro de 1810 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1857, foi un escritor francés.

Desterro

O desterro é un castigo polo cal o súbdito ou cidadán perde a súa nacionalidade converténdose nun apátrida. Este tipo de medida legal estaba por baixo da pena de morte na consideración popular. Actualmente este tipo de pena xa non existe debido aos problemas causados no dereito internacional cando o Estado receptor do acusado non o quere no seu territorio, aínda que se mantivo no dereito de varios países como Brasil ata finais dos 80 do século XX.

Esta medida serviu para desfacerse de inimigos políticos durante centos de anos, diferenciándose da deportación en que nese caso o castigo alcanza etnias ou nacionalidades enteiras. O caso do exilio tamén é diferente, xa que nel o individuo foxe do país natal por razóns políticas xa sexan obrigado ou por estar en desacordo co seu goberno, como o caso das desafeccións na URSS.

Década de 1830

A década de 1830 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1830 e remata o 31 de decembro de 1839.

Francia

Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

Historia do mundo

A historia universal, historia do mundo, historia mundial ou historia da humanidade é o conxunto de acontecementos e procesos que se desenvolveron arredor do ser humano, desde a súa aparición ata a actualidade.Unha característica para diferenciar o momento en que se inventa a escritura, porque esta fixo posible difundir e preservar o coñecemento adquirido. Nalgúns casos, a escritura, á súa vez, converteuse nunha necesidade fundamental desde a aparición da agricultura.Esta historia está marcada tanto por unha sucesión gradual de migracións, intercambios culturais, descubrimentos e inventos, como por desenvolvementos moi acelerados ligados a cambios de paradigma e a períodos revolucionarios.

Jean-François Champollion

Jean-François Champollion, coñecido como Champollion o mozo, nado en Figeac (departamento de Lot) o 23 de decembro de 1790 e finado en París o 4 de marzo de 1832, foi un exiptólogo francés, considerado o pai da exiptoloxía por conseguir descifrar os xeroglíficos. Dicía de si mesmo: «Son adicto a Exipto, Exipto éo todo para min».

Jean Gabriel Marchand

Jean Gabriel Marchand, nado en L’Albenc (Isère) o 11 de decembro de 1765 e finado en Saint-Ismier o 12 de novembro de 1851, foi un xeneral francés, que se distinguiu nas guerras da Revolución francesa e nas subseguintes da época napoleónica.

Lista de monarcas de Francia

Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751, seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).

Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.

Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.

Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Luís Filipe I de Francia

Luís Filipe I de Francia, nado en París o 6 de outubro de 1773 e finado en Claremont, Surrey, Inglaterra, o 26 de agosto de 1850, foi o último rei de Francia, reinando co título de rei dos franceses entre 1830 e 1848 (monarquía de Xullo), levando implícito con iso o título de copríncipe de Andorra. Fillo do duque Luís Filipe II de Orleáns, «Filipe Igualdade» (primo de Luís XVI), durante a Revolución Francesa foi coñecido como o «Cidadán Chartres» ou «Igualdade fillo» (en francés: Égalité fils). Foi duque de Valois até 1785, duque de Chartres de 1773 a 1793 e, trala morte do seu pai, duque de Orleáns co nome de Luís Filipe III de Orleáns de 1793 a 1830.

Palais Bourbon

O Palais Bourbon (Pazo Bourbon) é un pazo parisino construído para albergar a residencia dos membros da Familia Bourbon e que actualmente é a sede da Asemblea Nacional de Francia. O pazo atópase na rive gauche (marxe esquerda) do Sena, enfronte da Place de la Concorde unida a ela pola Pont de la Concorde.

Unha sutileza ortográfica fai que se escriba como palais Bourbon cando se fala do inmoble, e Palais-Bourbon (com guión e maiúsculas) cando se fai referencia á institución da República onde se atopa a Assemblée nationale (Asemblea Nacional).

Restauración Francesa

A Restauración Francesa é o nome que se lle da a un período da historia de Francia que comeza coa volta dos Borbóns ao trono francés e remata coa Revolución de 1830.

Revolución de Outubro

A non ser que se indique o contrario todas as datas que figuran neste artigo correspóndense co calendario gregoriano.

A Revolución de Outubro (en ruso: Октябрьская революция, Oktiabrskaia revoliutsiia), tamén coñecida como Revolución Bolxevique, foi a segunda fase da Revolución Rusa de 1917, trala Revolución de Febreiro. A data 25 de outubro de 1917 corresponde ao calendario xuliano vixente no Imperio Ruso, despois abolido polo novo Goberno bolxevique. No resto do mundo, baixo o calendario gregoriano, os sucesos iniciáronse o día 7 de novembro de 1917.As sucesivas derrotas rusas na primeira guerra mundial foron unha das causas da Revolución de Febreiro. No momento de entrada na guerra, todos os partidos políticos mostráronse favorables á participación na contenda, coa excepción do Partido Obreiro Socialdemócrata, o único partido europeo xunto ao Partido Socialista do Reino de Serbia que se negou a votar os créditos de guerra, pero advertiu que non trataría de sabotar os esforzos provocados pola guerra. Tralo comezo do conflito e logo dalgúns éxitos iniciais, o Exército ruso tivo que soportar severas derrotas (en Prusia Oriental, en particular). As fábricas non se mostraron o suficientemente produtivas, a rede ferroviaria era ineficiente e o fornecemento de armas e alimentos ao Exército fallaba. No Exército, os partes batían todos os récords: 1.700.000 mortos e 5.950.000 feridos, estalando disturbios e decaendo a moral dos soldados. Estes soportaban mes a mes a incapacidade dos seus oficiais, ata o punto de fornecer a unidades de combate munición non correspondente co calibre da súa arma e a intimidación e os castigos corporais utilizados na mesma.

A insistencia do Goberno provisional en continuar a primeira guerra mundial —moi impopular—, na que levaba anos combatendo Rusia, impedía a aplicación das profundas reformas que esixía a poboación. A ausencia destas fixo que o programa bolxevique, reflectido nas súas consignas de «Paz, pan e terra» e «Todo o poder para os soviets», gañase partidarios rapidamente no outono de 1917. Os soviets eran unhas asembleas populares de obreiros xurdidas na revolución de 1905 e que tiveron un papel clave para a vitoria bolxevique na revolución de outubro. A crise económica, que se agravou desde o verán, a ameaza da fronte para os soldados da capital, a desilusión coa falta de reformas gobernamentais e o respaldo ao Goberno provisional da maioría dos partidos favoreceu aos bolxeviques, que desencadearon unha intensa campaña de propaganda na capital, por entón Petrogrado (actual San Petersburgo). Entre as clases máis desfavorecidas de Petrogrado, o rexeitamento aos sacrificios para continuar a guerra e a seguir en Gobernos de coalición cos kadetes despois do golpe de Kornílov era xeral.Malia a debilidade do Goberno provisional, poucos días antes da revolución quedou claro que unha insurrección armada contra o Goberno provisional por parte exclusivamente dos bolxeviques, como defendía Vladimir Lenin, sería rexeitada polas masas; aprobouse entón a toma do poder, pero seguindo unha estratexia defensiva, dirixida principalmente por Trotski, que consistía en asegurarse o traspaso do poder durante o II Congreso dos Soviets a piques de celebrarse. Sería o Soviet de Petrogrado, e non o partido, o que tomase o poder e calquera intento de resistencia do Goberno presentaríase como un ataque contrarrevolucionario. A orde gobernamental de enviar parte da guarnición á próxima fronte desatou a revolución.Defendendo as súas accións como defensa ante a contrarrevolución, o novo Comité Militar Revolucionario de Petrogrado (CMR) —controlado na práctica polos bolxeviques— foi tomando rapidamente o control das unidades da guarnición. Sucedéronse unha serie de choques incruentos entre o Goberno e o CMR polo control dos puntos estratéxicos da capital que terminaron coa vitoria do segundo e o illamento do primeiro, que apenas logrou solicitar axuda militar. Produciuse entón finalmente o asalto contra o Goberno que Lenin estivera esixindo desde facía semanas, e que terminou coa captura de case todo o Goberno provisional a noite do 25 de outubroxul./ 7 de novembro de 1917greg., co II Congreso dos Soviets xa en sesión.

O abandono de devandito congreso polos socialistas moderados, en protesta polas accións bolxeviques, facilitou a formación dun Goberno (o Sovnarkom) exclusivamente deste partido. As posteriores negociacións para formar un Goberno de coalición entre os distintos partidos socialistas fracasaron pola intransixencia das partes. Os intentos da oposición de efectuar un contragolpe mediante unha insurrección na capital e a marcha de tropas da fronte sobre a cidade fracasaron.

O poder do novo Goberno estendeuse polo país en diversas fases, con graves enfrontamentos nalgunhas zonas, como Moscova. A debilidade militar da oposición e a popularidade das primeiras medidas, con todo, favoreceron a Lenin e os seus seguidores. O rexeitamento á toma do poder, levada a cabo polos bolxeviques, da oposición máis radical e a imposibilidade da moderada de arrebatarllo a través das institucións, debido á disolución da Asemblea Constituínte en xaneiro de 1918 e á expulsión dos partidos socialistas dos soviets na primavera, conduciu á guerra civil.

Senado de Francia

O Senado (en francés Sénat) constitúe a cámara alta do Parlamento francés. Detenta o poder lexislativo xunto coa Asemblea Nacional. É, en virtude do artigo 24 da Constitución da Vª República, a cámara de representación das entidades territoriais e dos franceses no estranxeiro. É coñecido tamén coloquialmente como Alta Asemblea.

O Senado atópase no Pazo de Luxemburgo, no 6º arrondissement de París e está vixiado pola Garda Republicana. Enfronte do edificio está o xardín do Senado, o Xardín de Luxemburgo, que está aberto ao público.

Antigüidade
Idade Media
Época moderna
Época contemporánea
Artigos relacionados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.