Monção

Monção[1] é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Monção
Pt-mnc1
MNC
Localización
LocalMoncao
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónNorte
SubrexiónMinho-Lima
DistritoViana do Castelo
Xeografía
Altitude(máxima) 1 114 msnm
Superficie211,51 km²
Demografía
Poboación19 957 hab. (2001)
Densidade200 hab./km²
Xentiliciomonçanense
Outros datos
Código postal4950
AlcaldeJosé Moreira (PS)
www.cm-moncao.pt

Xeografía

Monção praza
Praza Deu-La-Deu.
Monção freguesias 2013
Freguesías do concello de Monção.

Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km²,[2] e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.[3]

Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:[4]

  • Abedim
  • Anhões
  • Badim
  • Barbeita
  • Barroças e Taias
  • Bela
  • Cambeses
  • Ceivães
  • Cortes
  • Lapela
  • Lara
  • Longos Vales
  • Lordelo
  • Luzio
  • Mazedo
  • Merufe
  • Messegães
  • Monção
  • Moreira
  • Parada
  • Pias
  • Pinheiros
  • Podame
  • Portela
  • Riba de Mouro
  • Sago
  • Segude
  • Tangil
  • Troporiz
  • Troviscoso
  • Trute
  • Valadares

O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Evolución da poboación

Evolución da poboación do concello de Monção (1801 – 2004) [5]
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004
12.095 14.983 26.077 24.585 27.393 23.799 21.799 19.956 19.842

Historia

Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bomeadeándoas cos seus últimos víveres que lles quedaban.

Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu arredor obsérvanse, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.[6]

Notas

  1. Monção, mencionado na GEG nos artigos "Arbo", "Coral polifónica de Cariño", "Lanzós" e "Pesqueira". En ocasións escrito en galego Monçao, como en Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 107 (B2). ISBN 978-84-8289-328-0.
  2. Instituto Geográfico Português, /ficheiros/cadastro/caop/caop_download/caop_2013_0/areasfregmundistcaop2013_2 Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Consultado o 2 de novembro de 2017.
  3. INE (2012) – "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia". Consultado o 2 de novembro de 2017.
  4. Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Consultada o 2 de novembro de 2017.
  5. Recenseamentos Gerais da População - Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 2 de novembro de 2017.
  6. Portal Municipal de Monção, página de História. Consultada o 2 de novembro de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Amparo Alvajar

María del Amparo Alvajar López Jean, nada na Coruña o 11 de agosto de 1916 e finada en Monção en maio de 1998, foi unha xornalista, tradutora e escritora galega.

Barbeita

O topónimo Barbeita pode referirse a:

En Galicia

Barbeita, lugar da parroquia de Mogor no concello de Mañón;

Barbeita, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor no concello de Mañón;

Barbeita, lugar da parroquia de Ladrido no concello de Ortigueira;

Barbeita, lugar da parroquia de Moucide no concello do Valadouro;

A Barbeita, lugar da parroquia de Callobre no concello de Miño;En Portugal

Barbeita, freguesía de Monção.

Castelo de Monção

O Castelo de Monção é un castelo medieval que se localiza na vila raiana de Monção (distrito de Viana do Castelo, antiga provincia de Minho, Norte de Portugal), fronte á vila galega de Salvaterra de Miño erixido na marxe esquerda do río Miño, tiña como función primitiva defender neste treito a pasaxe do río Miño.

Castelo de Salvaterra

O Castelo de Salvaterra é un castelo medieval, tamén coñecido como Castelo de dona Urraca. Localízase na vila de Salvaterra de Miño, nunha atalaia ao pé do río Miño, fronte á vila portuguesa de Monção.

Coca de Monção

A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar na localidade portuguesa de Monção, e que ten lugar o día do Corpus Christi. Adoita celebrarse na Praça de Deuladeu. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos.

A Coca de Monção, ao posuír desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, publicita desde o 2003 esta celebración turística conxuntamente coa Coca de Redondela.

Coco (folclore)

O coco é un ser mítico, unha especie de pantasma, meiga ou monstro co que se asusta nenos. Aínda que non ten unha aparencia definida, este ser tiña unha representación figurada: a súa cabeza era unha especie de cabaza da que saía luz ou lume. A representación do coco adoitábase facer mediante unha cabaza con tres ou catro buratos cos que se imitaban os ollos, o nariz e a boca. Unha vez baleirada a cabaza, procedíase a colocar unha luz dentro e deixábase durante a noite nun lugar escuro para arredar ós nenos e outras persoas que por alí pasaran.

O coco é un ser masculino e o seu equivalente feminino é a coca, aínda que ámbolos dous sexan, ó cabo, aspectos do mesmo ser. É doado que se produzan confusións, xa que ningún dos dous ten unha forma definida e ás veces tómase a un polo outro.

Distrito de Viana do Castelo

O distrito de Viana do Castelo é un distrito portugués pertencente á provincia tradicional do Minho. Limita polo Norte e polo Leste con Galiza, polo sur co Distrito de Braga e polo oeste co Océano Atlántico. Área: 2 255 km² (o menor - 18º - dos distritos portugueses). Poboación residente (2001): 250.273 habitantes. Capital de distrito: Viana do Castelo.

O distrito de Viana do Castelo está integrado polos seguintes 10 municipios:

Arcos de Valdevez

Caminha

Melgaço

Monção

Paredes de Coura

Ponte da Barca

Ponte de Lima

Valença

Viana do Castelo

Vila Nova de CerveiraNa actual división principal do país, o distrito forma parte da Rexión Norte, onde constitúe a subrexión do Minho-Lima.

Entre Douro e Miño

Entre Douro e Miño foi unha provincia do Norte Atlántico de Portugal, composta polos actuais distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto e parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Vila Real, no tempo da monarquía portuguesa. A capital, segundo Zwölfter Theil (1824), era Braga. Esta provincia nunca foi oficialmente administrada, foi simplemente unha nomenclatura usada por algúns demógrafos, para referirse ao Noroeste de Portugal (Miño e Douro Litoral). As principais cidades son Porto e Braga, ambas consideradas (alternativamente) como capitais.

Estaba formado polos concellos de:

Distrito de Aveiro: Arouca, Castelo de Paiva, Espinho, Santa Maria da Feira.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito do Porto: Amarante, Baião, Felgueiras, Gondomar, Lousada, Maia, Marco de Canaveses, Matosinhos, Paços de Ferreira, Paredes, Penafiel, Porto, Póvoa de Varzim, Santo Tirso, Valongo, Vila do Conde, Vila Nova de Gaia.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte do Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.

Distrito de Vila Real: parte do actual concello de Montalegre, outrora pertencente ao extinto concelho de Ruivães.

Distrito de Viseu: Cinfães, Resende.Municipios recentemente formados: Vizela (no distrito de Braga) e Trofa (no distrito do Porto).

Foi Rexedor de xustiza Real nesta Comarca Vasco Martins de Resende, que era do consello do rei Afonso IV de Portugal. Foi tamén señor da terra de Resende.

Festa da coca de Redondela

A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar no concello de pontevedrés de Redondela, e que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2001.A razón da celebración é a derrota deste animal mitolóxico a mans dos mozos de Redondela. Así, para conmemorar esta vitoria, realízanse representacións tanto do propio animal coma da batalla na cal a Coca foi derrotada. Esta representación coñécese como danza das Espadas, representando aos mozos que comezaron a danzar coas súas armas arredor do animal morto após de derrotalo, e baile das Penlas, representando a celebración das doncelas liberadas das fauces do dragón.

Ademais de en Redondela, a festa da Coca segue a celebrarse en diferentes lugares do conxunto etnográfico galego-portugués, como Betanzos ou Monção. Está última localidade posúe desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, e desde o 2003 ambas as dúas celebracións son publicitadas baixo unha promoción turística conxunta.

Festa do viño do Condado

A Festa do viño do Condado é unha feira gastronómica celebrada no Castelo, en Salvaterra de Miño o último domingo de agosto de cada ano co obxectivo de exaltar os viños do Condado (D.O. Rías Baixas) e Monção-Melgaço (D.O. Vinhos Verdes)

Lapela

O termo lapela pode referirse a:

Solapa, peza ou parte dun obxecto (roupa, libro, sobre...) que se prega e monta;

Lapela ou separador nun navegador web.O topónimo Lapela pode referirse a:

En Galicia

Lapela, lugar da parroquia da Arnoia, no concello da Arnoia;

Lapela, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

A Lapela, lugar da parroquia de Santa Mariña de Lesa, no concello de Coirós;

Eira de Lapela da parroquia de Padrenda no concello de Padrenda.En Portugal

Lapela, freguesía do municipio de Monção.

Monção, Monção

Monção é unha antiga freguesía portuguesa do concello de Monção.

Tiña unha superficie de 3,31 km² e, no ano 2011, unha poboación de 2.469 habitantes, cunha densidade de 745,9 hab./km².

A freguesía foi extintinguida pola reorganización administrativa de 2012/2013, sendo o seu territorio integrado na União de Freguesias de Monção e Troviscoso.

Monção (homónimos)

O topónimo portugués Monção pode referirse a:

Monção, municipio de Portugal;

Monção, antiga freguesía deste municipio;

Monção, municipio brasileiro do estado do Maranhão.

Moreira

O termo Moreira pode referirse a:

Moreira, árbore da familia Moraceae, que dá amoras brancas ou negras;

Moreira, herba gramínea (Lolium multiflorum), xoio;

Moreira, paxaro do xénero Sylvia (papuxas), papuxa cabecinegra;Amais, como topónimo pode referirse a:

En Galicia

Moreira, parroquia do concello de Castroverde;

Moreira, lugar de dita parroquia;

Moreira, parroquia do concello da Estrada.

Moreira Nova, lugar de dita parroquia;

Moreira Vella, lugar de dita parroquia;

Moreira, parroquia do concello de Ponteareas;

Lamas de Moreira, parroquia do concello da Fonsagrada.

Moreira, lugar de dita parroquia;

Lamas de Moreira, lugar de dita parroquia;

Moreira, lugar da parroquia de Touriñán, no concello de Muxía;

Moreira, lugar da parroquia de Carnés, no concello de Vimianzo;

Moreira, lugar da parroquia de Donís, no concello de Cervantes;

Moreira, lugar da parroquia de Fontecuberta, no concello de Palas de Rei;

Moreira, lugar da parroquia de Cañón, no concello de Celanova;

Moreira, lugar da parroquia de Soutomaior, no concello de Soutomaior;

Moreira, lugar da parroquia de Duxame, no concello de Vila de Cruces;

A Moreira, lugar da parroquia de Cequeliños, no concello de Arbo;

A Moreira, lugar da parroquia do Mato, no concello de Chantada;

A Moreira, lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar;

A Moreira, lugar da parroquia de Ambroa, no concello de Irixoa;

A Moreira, lugar da parroquia de Marín, no concello de Marín;

A Moreira, lugar da parroquia de San Cosme de Abeancos, no concello de Melide;

A Moreira, lugar da parroquia de Bidouredo, no concello de Monterroso;

A Moreira, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves;

A Moreira, lugar da parroquia de Penosiños, no concello de Ramirás;

A Moreira, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño.En Portugal

Moreira, freguesía do concello de Maia;

Moreira, freguesía do concello de Monção;

Moreira, freguesía do concello de Nelas;

Moreira de Geraz do Lima, freguesía do concello de Viana do Castelo;Amais, como apelido pode referirse a:

Moreira da Silva, cantante brasileiro.

José Moreira, xogador de fútbol.

Ruy Moreira, xeógrafo brasileiro.

Pazo da Brejoeira

O Pazo da Brejoeira (Palácio da Brejoeira) é un pazo que se localiza na freguesía de Pinheiros, na vila e concello de Monção, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal.

Atópase a seis quilómetros ao sur de Monção (sete de Salvaterra de Miño), nunha vasta propiedade rural, dividida entre 18 hectáreas de viña, oito de bosque e tres de xardín. Este fastoso pazo constitúe un expoñente das moradas fidalgas no país.

Provincia de Miño

O Miño é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída por unha reforma administrativa que tivo lugar en 1936. As provincias nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Limitaba ao norte e a nordeste con Galiza, ao leste coa provincia de Trás-os-Montes e Alto Douro, ao sur co Douro Litoral e ao oeste co océano Atlántico.

Estaba formada por 23 concellos, integrando a totalidade dos distritos de Braga e Viana do Castelo. Tiña a súa capital na cidade de Braga.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.Se a provincia existise nos nosos días contaría probabelmente con 24 municipios, xa que se creou un novo concello, na área do distrito de Braga: Vizela (en 1997, por secesión de Guimarães).

Para algúns xeógrafos, esta provincia, en conxunto co Douro Litoral, formaba unha unidade xeográfica maior: o Entre Douro e Minho.

Por outro lado, podía dividirse en dúas rexións: o Alto Miño, correspondente ao distrito de Viana do Castelo, e o Baixo Miño, correspondente ao distrito de Braga.

Actualmente, o seu territorio encontra-se na rexión estatística do Norte, repartindose pola totalidade das subrexións do Miño-Lima e do Cávado, e parcialmente polas subrexión do Ave (concellos de Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão e Vizela) e Támega (dous concelhos das Terras de Basto, a saber Cabeceiras e Celorico de Basto).

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Valença, Portugal

Valença, tamén coñecida como Valença do Minho, é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.