Moldavia

A República Moldova[2] ou República de Moldavia[3][4][1] (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Coordenadas: 47°N 29°L / 47, -29

República Moldova
Republica Moldova
Bandeira de Moldavia
Escudo de Moldavia
BandeiraEscudo
Location Moldova Europe
Capital
 • Poboación
Chişinău
707 700 (2007)
Cidade máis poboadaChişinău
Linguas oficiaisLingua romanesa
Forma de gobernoRepública
Igor Dodon
Pavel Filip
Independencia da URSS27 de agosto de 1991
SuperficiePosto 139º
 • Total33 843 km²
 • % auga1,4
Fronteiras1 398 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 117º
 • Total (2007)4 466 706 hab.
 • Densidade131 hab./km²
PIB (nominal)Posto 138º
 • Total (2007)4 021 millóns US$
 • per cápita1 187 US$
PIB (PPA)Posto 139º
 • Total (2007)10 464 millóns US$
 • per cápita3 090 US$
MoedaLeu moldavo (MDL)
IDH (2005)0,708 (111º) – Medio
Xentiliciomoldavo, -va[1]
Fuso horarioEET (UTC + 2)
 • Horario de veránEEST (UTC + 3)
Dominio de Internet.md
Prefixo telefónico+373
Prefixo radiofónicoERA-ERZ
Código ISO498 / MDA / MD
Membro de: ONU, OSCE,Unión Latina, COE, CEI

Historia

Na súa historia, Moldavia está fortemente vencellada a Romanía. O territorio da actual Moldavia foi habitado na Antigüidade polos dacios. Emprazada sobre unha ruta estratéxica entre Asia e Europa, Moldavia foi vítima de numerosas invasións, incluíndo o Principado de Kiev e os mongois.

A fins da Idade Media a Moldavia comprendía todo o territorio poboado maioritariamente por romaneses emprazado entre os montes Cárpatos ó oeste e o río Nistru ó leste. No século XIV tendo por núcleo a Bucovina constituíuse o principado de Moldavia que foi invadido e ocupado polos turcos en 1512, a familia de "beŷs" (especie) de "vicerreis" apelidada Besarab ó servizo da chamada "Sublime Porta" (Imperio Otomán) deu o nome ó sector de Moldavia emprazado ó nordeste do río Codrii, así xurdiu a provincia de Besarabia, que incluía case a totalidade da actual República de Moldavia aínda que tamén algúns distritos cara ó sur (que tras 1947 pasaron a Ucraína), deste modo se conformou a parte oriental do principado de Moldavia. Este volveuse tributario do Imperio Otomán tendo como límite oriental o Xedisán e setentrional a Podolia, aínda que en 1812 o Tratado de Bucarest transferiu Besarabia a Rusia como un dos "Principados Danubianos". A parte occidental de Moldavia converteuse máis tarde en parte de Romanía. A Guerra de Crimea fixo retroceder as fronteiras rusas na rexión, aínda que a Besarabia (cuxo territorio é o que constitúe xunto á Transnistria a maior parte da actual república de Moldavia) mantívose baixo control ruso.

Trala Revolución Rusa de 1917, Besarabia foi rapidamente convertida nunha república independente en 1918, pero uníuse a Romanía ese mesmo ano, quedando só a pequena franxa da Transnistria dentro da URSS. O pacto Molotov-Ribbentrop permitiu á Unión Soviética tomar Besarabia en xuño de 1940 e, a pesar de seren expulsadas novamente en 1941 trala Operación Barbavermella, as tropas soviéticas reocuparon a área en agosto de 1944. Baixo o goberno soviético as rexións do norte e o sur habitadas por ucraínos e romaneses foron transferidas a Ucraína e Transnistria (cunha importante poboación rusa) uníuse co resto nunmesmo estado chamado "República Soviética Socialista de Moldavia", a cal ocupaba o actual territorio da República de Moldavia.

Cando a Unión Soviética desapareceu, en agosto de 1991, Moldavia proclamouse independendente converténdose en membro da Comunidade de Estados Independentes en decembro dese mesmo ano, ó igual cá maioría das anteriores repúblicas soviéticas. Nun principio houbo un movemento pro-reunificación con Romanía, pero un referendo en marzo de 1994 recibiu unha enorme maioría de votos a favor da conservación da independencia.

Ese mesmo ano, a nova Constitución de Moldavia, en vistas de acomodar ás minorías rusa, ucraína e gagauza, recoñece a creación das súas propias entidades territoriais dentro da estrutura nacional da República de Moldavia, permitindo a creación de organismos lexislativos propios, goberno e competencias lingüísticas. Do mesmo modo, permitíase para estes territorios a secesión se Moldavia se unise a Romanía.

As eleccións presidenciais de 1996 resultaron propicias para os agrarios e os socialistas, principais partidos da esquerda moldava, e Petro Lucinschi foi nomeado Presidente da República, cun 54 por cento dos votos. Dende o principio do seu mandato, Lucinschi tratou de soluciona-lo problema, xa endémico, de Transnistria, achegando posicións coa Federación Rusa. Así a todo, as conversas entre os nacionalistas de Transnistria e os representantes da República de Moldavia continúan sendo intermitentes e pouco produtivas, pese ó amplo grao de autonomía que o Estado moldavo outorgou a este territorio.

As eleccións lexislativas celebradas en 1998 estiveron caracterizadas pola soidade en que quedou o partido gañador, o Partido Comunista da República de Moldavia, que non puido formar goberno. Boa parte dos partidos restantes da cámara uníronse en torno ó Bloque para unha Moldavia Próspera e á Convención Democrática, formando un goberno de coalición.

A falta de acordos, a crispación política e o fracaso á hora de elixir un novo Presidente da República, provocaron a convocatoria de eleccións anticipadas para o 25 de abril de 2001. O Partido Comunista, con Vladimir Voronin e Vasile Tarlev á cabeza, obtivo unha importante vitoria electoral, conseguindo a metade dos votos emitidos, e obtendo a maioría absoluta na cámara. Voronin converteuse en Presidente da República de Moldavia, e Tarlev en Primeiro Ministro. O partido comezou un amplo proceso de reformas económicas e sociais para favorece-la súa entrada na Unión Europea. Os esforzos do goberno tamén se orientaron na creación de emprego. O distanciamento de Moldova con respecto á Federación Rusa foi, no entanto, un crecente problema no asunto de Transnistria.

Os comunistas revalidaron a maioría absoluta nas eleccións de marzo de 2005, aínda que reduciron o seu número de representantes na cámara de 70 a 56.

Goberno e política

O Parlamento unicameral moldavo conta con 101 asentos e os seus membros son electos a través do sufraxio popular por catro anos. O Parlamento logo elixe ó presidente, quen exerce como xefe de Estado. O presidente nomea a un primeiro ministro como xefe de goberno, quen ó seu vez confecciona un gabinete, ambos sometidos á aprobación do Parlamento.

División territorial

Moldadm
División administrativa de Moldavia.

Dende 2003 (mediante unha Lei aprobada o 19 de marzo de 2003), Moldavia está dividida en 32 distritos (raion, en plural raioane), 3 municipios (Chişinău, Bălţi e Tighina), e dúas rexións semi-autónomas (Găgăuzia e Transnistria).

  • Anenii Noi distrito
  • Bălţi municipio
  • Basarabeasca distrito
  • Briceni distrito
  • Cahul distrito
  • Cantemir distrito
  • Călăraşi distrito
  • Căuşeni distrito
  • Chisinau municipio
  • Cimişlia distrito
  • Criuleni distrito
  • Donduşeni distrito
  • Drochia distrito
  • Dubăsari distrito
  • Edineţ distrito
  • Faleşti distrito
  • Floreşti distrito
  • Găgăuzia rexión semiautónoma
  • Glodeni distrito
  • Hînceşti distrito
  • Ialoveni distrito
  • Leova distrito
  • Nisporeni distrito
  • Ocniţa distrito
  • Orhei distrito
  • Rezina distrito
  • Rîşcani distrito
  • Sîngerei distrito
  • Soroca distrito
  • Străşeni distrito
  • Şoldăneşti distrito
  • Ştefan Voda distrito
  • Taraclia distrito
  • Teleneşti distrito
  • Bender municipio
  • Stânga Nistrului rexión semiautónoma[5]
  • Ungheni distrito

Demografía

A poboación de Moldova alcanza os 4,4 millóns (2006), e está decrecendo a un ritmo do 0,12 % anual. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (80 %), seguida por unha importante colectividade de rusos (7 %), ucraínos (7 %), alemáns, turcos, búlgaros e serbios constitúen o resto da poboación. Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e desenvólvese a agricultura a grande escala.

O 72,2 % dos moldovos vive nas cidades, o que representa unha da proporcións máis baixas de Europa, só superada por algúns dos seus veciños balcánicos. As principais cidades do país son Chisinau, a capital, con 1 millóns de habitantes.

Moldova é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 70 % da poboación adscríbese á Igrexa ortodoxa romanesa. Tamén hai cantidades significativas de católicos protestantes (4 % da poboación) ou grupos pentecostais. Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105 ateos e arrelixiosos e 6100 xudeus.

A romanés, co nome de moldavo, é a lingua oficial do país. Séguenlle en importancia o húngaro e o romaní, falados polas poboacións desas etnias. O francés é falado por un significativo número de persoas (entre 1 e 2 millóns), e Moldova é membro da Francofonía.

Economía

MD 1000 lei av
Billete de 1000 leus moldavos (anverso).
Artigo principal: Economía de Moldavia.

A economía moldava, tradicionalmente agrícola, comezou, en consonancia co resto de territorios da Unión Soviética, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentario (viño e azucre refinado). A produción de refixeradores, confección, materiais de construción e maquinaria agrícola é tamén signficativa.

A moeda en Moldavia é o leu moldavo.

A agricultura, sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso, a raíz da acelarada industrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Actualmente, máis da metade da poboación activa da República de Moldavia dedícase á agricultura.

A produción agrícola moldava é variada: xirasol, tabaco, cereais, vide, hortalizas, remolacha azucreira e pataca. A gandería é pouco significativa, e é principalmente bovina e porcina, ademais da cría de aves de curral.

Existe en Moldavia petróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minaqs. É unha das ex-repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.

Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron a Unión Soviética, a economía moldava sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldavia coa zona rebelde de Trans-Dniéster ou Transnistria agravou aínda máis a situación.

Comercio

Con respecto ao comercio exterior, en 2013, Rusia concentrou o 26% das exportacións moldavas seguido por Romanía (17%), Italia (7%), e Ucraína (5%). Por outra parte, tamén en 2013, Rusia subministrou a Moldavia o 14% das súas importacións, seguido por Romanía (13%), Ucraína (12%), e China (8%).[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Entrada moldavo en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 05 de febreiro de 2018.
  2. "moldovo, moldova". Dicionario Real Academia Galega.
  3. Sanmartín Rei, Goretti, ed. (2012). Criterios para o uso da lingua (PDF). Universidade da Coruña, Servizo de Normalización Lingüística. p. 122. ISBN 978-84-9749-504-2.
  4. Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. p. 118. ISBN 84-8158-266-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2019.
  5. Territorio de status político non definido.
  6. CIA (2014). "Moldova". The World Factbook (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2014.
.md

.md é o dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) para Moldavia dende o 24 de marzo de 1994. O prezo de rexistro de dominio é de 39 $ por ano.

Alfabeto cirílico

O alfabeto cirílico ou азбука (azbuka) é o alfabeto utilizado para escribir seis linguas eslavas: bielorruso, búlgaro, macedonio, ruso, serbio e ucraíno, ademais de moitas outras linguas da antiga Unión Soviética, Europa Oriental e Asia como: abkhazo, azarí, casaco, komi, mongol, taxico e iakut, noutras aínda que non é oficial o seu uso segue a ter arraigo como no caso do uzbeko e o turcomán. O moldavo, a variedade do romanés oficial na República Socialista Soviética de Moldavia utilizou o alfabeto cirílico de forma oficial ata 1989. Na República de Transnistria, non recoñecida internacionalmente, o moldavo segue a utilizarse oficialmente co alfabeto cirílico. En Rusia unha lei aprobada no ano 2002 prescribe que todas as linguas do país teñen que ser escritas no alfabeto cirílico, o que atopou unha forte oposición por parte do goberno e dos medios culturais tártaros, que avogan polo alfabeto latino.

Bandeira de Moldavia

A bandeira de Moldavia (en romanés: Drapelul Republicii Moldova) foi adoptada o 12 de maio de 1990 (antes de proclamarse independente o 27 de agosto de 1991).

Bandeira de Transnistria

A bandeira de Transnistria é unha versión da desaparecida bandeira da República Socialista Soviética de Moldavia. Esta bandeira converteuse nun dos símbolos oficiais de Transnistria no ano 2000, xa que aparece descrita na Lei dos Símbolos do Estado.

A bandeira consiste nun pano de cor vermella que incorpora unha franxa horizontal de cor verde, situada no seu centro. A lei tamén recoñece a existencia dunha versión na que figuran, no seu extremo superior máis próximo ao mastro a fouce e o martelo e a estrela vermella, que está destinada a uso gobernamental.

Besarabia

A Besarabia é unha rexión histórica que se localiza na Europa Oriental, o seu territorio distribúese entre Moldavia, Romanía e a Ucraína. Limita co río Dnister ao norte e ao leste, co rio Prut ó oeste, o Mar Negro a suroeste e o rio Kiliya ó sur.

Escudo de Moldavia

O escudo de Moldavia está composto por unha figura dunha aguia de ouro, con pico e garras de goles que sostén no seu pico unha cruz ortodoxa de ouro e, coas súas gadoupas, unha póla de loureiro de sinople e un cetro de ouro. A figura da aguia é practicamente idéntica á que figura no escudo de Romanía.

Sobre o peito da aguia figura o brasón que é un campo partido de goles e azur cos elementos heráldicos tradicionais de Moldavia, unha testa de uro de ouro cun sol do mesmo metal entre os seus cornos e rodeada, á súa esquerda, por unha rosa de cinco pétalos de goles (representada en ocasións de ouro) e, á súa dereita, un crecente tamén de ouro. Este brasón con algunhas diferenzas tamén figura nun dos cuarteis do escudo de Romanía.

O escudo de Moldavia figura no centro da bandeira de Moldavia.

Limba noastră

Limba noastră é o himno nacional da República de Moldavia dende 1994. A letra foi escrita polo poeta romanés (nado en Besarabia) Alexei Mateevici (1888-1917) e a música foi composta por Alexandru Cristea (1890-1942). O poema orixinal contén doce estrofas, das cales cinco foron usadas para o himno. Están marcadas en letra grosa.

Antes de 1994, o himno da República de Moldavia foi o mesmo que o himno de Romanía. As autoridades comunistas usaron o poema como letra do himno, argumentando que non se especifica se se trata de romanés ou de moldavo, aínda que o concepto de "lingua moldava" non existía no tempo de Mateevici.

Lingua búlgara

O búlgaro (Български език, Bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.

A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.

Lingua moldava

A lingua moldava (limba moldovenească, ou лимба молдовеняскэ) é un dos nomes da lingua romanesa na República de Moldavia, e segundo o Artigo 13 da constitución; o outro nome, recoñecido pola Declaración de Independencia de Moldavia e o Tribunal constitución é "romanés".

A nivel oficial, o Tribunal Constitucional interpretou no 2013 que o Artigo 13 da constitución foi substituído pola Declaración de Independencia, dando así un estatuto oficial á lingua nomeado como 'romanés'.

Lingua romanesa

A lingua romanesa ou romanés (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldavia, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros.

Lingua rusa

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Moldavia no Festival de Eurovisión

Moldavia participou no Festival de Eurovisión dende o 2005. O país tivo, comparativamente, presentacións exitosas no festival: das súas dez cancións, dous terminaron entre os dez primeiros lugares, porén tanto en 2008 como en 2014 non pasou á final.

En 2005, Moldavia debutou no festival en Kiev co grupo Zdob şi Zdub e a canción "Boonika Bate Toba". O número foi ben recibido e terminou en 2º lugar na semi-final, e calificando á ronda final. Na final terminou nun 6º lugar con 148 puntos. Poucos países quedan tan ben posicionados no ano do seu debut e ata agora é o seu mellor resultado na historia.

Tanto en 2010 como en 2011, Moldavia clasificouse á final na 10ª posición (aínda que na final obtivo a 22ª e a 12ª posición respectivamente). En 2010, a atrevida entrada de SunStroke Project e Olia Tira non convenceu ao xurado e televoto pese a súa repercusión por Europa e resto do Mundo debido ao saxofonista da canción, que se converteu nun meme mundial chamado "Epic Sax Guy".

Moldavia no Festival de Eurovisión Júnior

Moldavia fixo a súa primeira aparición no Festival de Eurovisión Júnior 2010. A súa mellor posición foi un 6º posto no Festival de Eurovisión 2011.

Moldavia nos Xogos Europeos de 2015

Moldavia participa nos Xogos Europeos de Bakú 2015 cunha delegación de 31 deportistas. O responsábel do equipo nacional é o Comitetul Național Olimpic al Republicii Moldova, así como as federacións deportivas nacionais responsábeis de cada deporte con participación nos xogos.

Romanía

Romanía (en romanés: România, [romɨˈni.a] (AFI), escoitar) é un país situado ao sueste de Europa central. Limita ao norte e leste por Ucraína, ao leste por Moldavia, ao sur por Bulgaria e ao oeste por Serbia e Hungría. Posúe ademais unha pequena costa marítima no Mar Negro.

Membro da OTAN dende o 29 de marzo de 2004 e da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007, e o sétimo país máis poboado desta última e o noveno segundo a superficie. A cidade de Bucarest, á beira do río Dâmbovița é unha das súas maiores atraccións turísticas, ademais de ser a capital e a cidade máis grande do país. A cidade de Sibiu foi designada como capital europea da cultura no ano 2007, xunto con Luxemburgo.

Romanía no Festival de Eurovisión

A Romanía participa no Festival de Eurovisión dende 1994. O seu mellor resultado foi un terceiro posto con "Let Me Try" no 2005 e no 2010 co tema "Playing With Fire" interpretado por Paula Seling e Ovi. Ademais coa primeira xa lograron a súa primeira vitoria nunha semifinal.

Romanía é un dos países que se benefician do voto "veciñal" ou "de bloque", e ao voto da diáspora. Debido á súa posición en Europa do este, Romanía obtén votos dos países veciños; especialmente recibe puntuacións altas por parte de Moldavia, España e Israel, grazas ao elevado número de residentes romaneses nestes países e no caso de Moldavia, comparten etnia e lingua.

Río Danubio

O Danubio é o segundo río máis longo da Europa (o Volga é o primeiro). Atravesa a Europa de oeste a leste.

O seu nome é en búlgaro (transliterado) Dunav, alemán Donau, húngaro Duna, romanés Dunăre, croata Dunav, eslovaco Dunaj, e en ucraíno Dunay.

Tarafım

Tarafım é o himno do país europeo e rexión autónoma moldava de Gagauzia.

O himno foi composto por Mihail Kolţa e Mina Kësä e adoptado oficialmente o 4 de decembro de 1995 no Parlamento de Gagauzia, en Comrat, no que se aprovou o himno, anunciouse a obriga de emitir o himno nas radios locais e rexionais diariamente após ao de Moldavia (Limba noastră), e a emisión do himno en actos oficiais de Moldavia, festivos e datas memorábeis na Gagauzia, após o himno moldavo.

Transnistria

Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldavia situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldava Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. A República de Moldavia non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldava de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.Tras da disolución da Unión Soviética, as tensións entre o goberno de Moldavia e as autoridades do Estado separatista en Tiráspol culminaron nunha conflito militar que comezou en marzo de 1992 e concluíu por un alto o fogo en xullo de 1992. Como parte deste acordo, unha Comisión de Control Conxunta tripartita (Rusia, Moldavia e Transnistria) supervisou as medidas de seguridade na zona desmilitarizada, comprendendo 20 localidades a ambos os lados do río. Pero aínda que se mantivo o alto ao fogo, o status político do territorio continúa sen resolverse: aínda que Transnistria non é internacionalmente recoñecida, é de feito un Estado independente, organizado como unha República presidencialista, co seu propio Gobern, Parlamento, exército, policía, sistema postal e moeda. As súas autoridades tamén adoptaron unha Constitución, bandeira, himno nacional e un escudo. Porén, tras un acordo entre Moldavia e Ucraína en 2005, todas as empresas de Transnistria que traten de exportar mercadorías a través da fronteira con Ucraína deben estar rexistradas en Moldavia. Este acordo implementouse despois de que a Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldavia e Ucraína (EUBAM) iniciara a súa actividade en 2005. A maioría dos transnistrios son cidadáns da República de Moldavia, pero tamén hai moitos con cidadanía rusa e ucraína.

Transnistria é ás veces comparada con outras zonas de conflito postsoviéticas conxeladas, como Nagorno-Karabakh, Abkhazia e Osetia do Sur (precisamente, os únicos estados que recoñecen a Transnistria. Os dous últimos, ademais de recoñeceren a Transnistria como un Estado independente, estableron relacións diplomáticas con ela a cambio do seu recoñecemento a través da Comunidade para a Democracia e os Dereitos das Nacións.

Divisións administrativas de Moldavia
Distritos
Rexións autónomas
Municipios

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.