Moeche

Moeche é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 1.226 habitantes (1.401 no 2010, 1.437 no 2006, 1.469 no 2005, 1.461 no 2004, 1.478 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é modestino.

Coordenadas: 43°35′N 7°57′O / 43.583, -7.950

Moeche
Bandeira de Moeche
---
Escudo de Moeche
Casa do Concello de Moeche
Casa do Concello.
Situacion Moeche
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación1.226 hab. (2018)
Área48,5 km²
Densidade25,28 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaBeatriz Bascoy Maceiras (BNG)
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 3

Eleccións municipais en Moeche
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes82,80%
Na rede
moeche.gal
correo@moeche.dicoruna.es

Xeografía

Demografía

Censo total (habitantes) 1.226 (2018)
Menores de 15 anos 96 (7.83 %)
Entre 15 e 64 anos 679 (55.38 %)
Maiores de 65 anos 451 (36.78 %)
Evolución da poboación de Moeche   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.168 3.509 3.432 2.088 1.461 1.401 1.358 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Os primeiros vestixios localizados no municipio de Moeche datan de Idade de Bronce, como así o demostran os restos atopados nos xacementos de Santa Cruz e no castro de Labacengos. Posteriormente os romanos tamén deixaron as súas pegadas. [Cómpre referencia]

Non é até o século VI cando aparecen os primeiros documentos escritos que falaban dunha das súas parroquias, Labacengos. Pénsase que o nome de Moeche provén dun cabaleiro coñecido como Modesto, antigo personaxe que viviu nestas terras por aqueles tempos nos que o municipio era coñecido como a Vila Modesti.[Cómpre referencia]

Na Idade Media teñen lugar dous dos acontecementos máis importantes para a historia de Moeche. O primeiro deles foi cando Henrique de Trastámara cedeu como señorío no século XIV os lugares de Santa Cruz e de San Xurxo ao señor das Pontes, García Rodríguez de Valcárcel, pero o máis famoso aconteceu no ano 1431, coa Primeira Revolución Irmandiña, na que os Irmandiños subleváronse contra o caciquismo de Nuno Freire de Andrade, o Mao, e ao non atopalo no castelo decidiron derrubalo.[Cómpre referencia]

Posteriormente no século XVI, trala derrota dos Irmandiños, o castelo de Moeche foi mandado reconstruír por Pedro Álvarez Osorio, Conde de Lemos, e utilizado como cárcere. Toda a historia deste municipio céntrase neste monumento, a partir do cal comezou a desenvolverse a actual poboación.[Cómpre referencia]

Cultura

Toponimia

O nome de Moeche provén dun posesor chamado Modestus, polo que a súa localidade sería [Villa] Modesti.[Cómpre referencia]

Política e goberno

Nas eleccións municipais de maio de 2007, o PP revalidou a súa condición de forza máis votada en Moeche e Xulio Cribeiro a de alcalde deste Concello. Porén, en abril de 2008, sospeitas de malversación de fondos produciron desavinzas no seo da formación gobernante, desembocando na renuncia forzada de Cribeiro ao seu cargo, asumindo así o edil Julio López Romeo a alcaldía.

En maio de 2011, o BNG resultou a forza máis votada das eleccións locais, seguido polo partido de nova creación Progresistas por Moeche (Propomo), que estaba encabezado polo anterior alcalde Xulio Cribeiro, e pechando a lista en último lugar o Partido Popular. Na sesión de investidura, malia ser a forza con menos votos, o PP revalidou a alcaldía, ao non abstérense e recibiren os apoios dos edís de Propomo.

Lugares de interese

Castelo de Moeche 2
Castelo de Moeche.
  • O castelo de Moeche é o monumento máis importante e símbolo do municipio. Foi construído no século XV e a súa planta é irregular de forma poligonal. Na actualidade atópase totalmente reconstruído pero pechado ao público. As súas partes mellor conservadas son a torre da Homenaxe, de planta cadrada e 18 metros de altitude e os seus muros de cachotería de lousa que alcanzan os 12 metros. Tódolos anos nas súas inmediacións realízase dende o ano 1980 o Festival Irmandiño de Moeche, que conmemora o asalto ao castelo.
  • A igrexa parroquial de San Xurxo de Moeche é un templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave, sancristía e capela maior con bóveda de nervadura estrelada. Destaca pola súa gran torre barroca de planta cadrada acaroada a un dos lados da súa fachada principal e formada por tres corpos, sendo o central, rodeado dunha balconada, o lugar onde se sitúan as campás.
  • O cruceiro de San Xurxo, situado no atrio da Igrexa de San Xurxo de Moeche, foi levantado a principio do século XX. Está formado por un pedestal, o fuste e unha cruz que o coroa. Destaca pola súa elevada altitude.
  • O pazo de Rañal, construído no século XVII na parroquia de San Xurxo de Moeche, é coñecido por ser o lugar onde viviron os antepasados de Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. Na actualidade a súa planta é irregular, consecuencia das numerosas modificacións que sufriu ao longo da súa historia.
  • A Casa do cura, situada nas inmediacións da igrexa de San Xurxo de Moeche, data de finais do XIX. É unha casa sen estilo definido, con planta rectangular, dous pisos e faiado, moi típicos por todo o concello. Tamén conta cunha fonte no xardín da parte de atrás e o forno fora da casa.
  • A igrexa parroquial de San Xoán de Moeche está situada nos arredores da estrada que leva ao concello. É un templo de estilo barroco rural, cousa frecuente nos templos da comarca, con planta rectangular dunha soa nave, sancristía e presbiterio cuadrangular. Un dos elementos máis importantes que se gardan no seu interior é o chamado Peto das Ánimas situado na sancristía.
  • O peto de ánimas de San Xóan atópase na sancristía da igrexa de San Xoán. Está labrado en madeira e pénsase que foi elaborado no século XVIII.
  • A área recreativa Soutogrande localízase no lugar coñecido como Souto da Vila, parroquia de San Xurxo de Moeche. Conta con grellas, mesas, bancos e cunha zona adicada aos máis pequenos con xogos infantís e populares, con campo amplo onde tradicionalmente se xogaba á billarda. Na área recreativa tamén se atopa a piscina municipal de Moeche, que non ser cuberta, só abre os meses de verán. Sen dúbida, a área recreativa é un bo lugar para pasar unha feliz xornada con toda a familia.
  • A ermida de san Xiao de Osos localízase no límite co municipio de Cerdido, no antigo camiño real que vai cara a Santo André de Teixido. Foi levantada no século XII e non seu interior, merece especial mención, un fermoso retablo barroco do século XVIII situado no seu altar maior.

Festas

Festival Irmandiño de Moeche: este festival é a festa máis famosa e máis popular do concello. Dende o ano 1980 vénse conmemorando o terceiro sábado do mes de agosto, nas dependencias e arredores do castelo de Moeche, as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda a comarca nos albores do século XV, dirixidas polo líder irmandiño Roi Xordo. Ao longo de todo o día e toda a noite do venres e sábado, organízanse concertos de música popular con grupos de sona no panorama musical galego, comidas campestres, sardiñadas e queimada para espantar as meigas. Finalmente, na medianoite do sábado, ten lugar o "Asalto ao Castelo" conmemorando cunha procesión Irmandiña ao castelo con fachos e espectáculo de artificios para lembrar o ataque irmandiño contra os Andrade.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Moeche.
Capela de San Ramón

Capela de San Ramón

Igrexa de San Xurxo de Moeche

Igrexa de San Xurxo de Moeche

Lugares de Moeche

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moeche vexa: Lugares de Moeche.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Caleira, San Xurxo de Moeche, Moeche

A Caleira é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 6 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 3 homes e 3 mulleres, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 1999 cando contaba cos mesmos habitantes.

A Trémoa, San Xurxo de Moeche, Moeche

A Trémoa é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Non tiña habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 2 habitantes.

Abade, Moeche

Santiago de Abade é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 282 habitantes (145 mulleres e 137 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Armenteiro de Abaixo, San Xurxo de Moeche, Moeche

Armenteiro de Abaixo é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 2 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística que 4 homes, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 1 habitante.

Armenteiro de Arriba, San Xurxo de Moeche, Moeche

Armenteiro de Arriba é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 6 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 1 home e 5 mulleres, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 1999 cando contaba cos mesmos habitantes.

Bardaos, San Sadurniño

Santa María de Bardaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Sadurniño, lindando ó leste co Concello de Moeche e ó oeste co Concello de Valdoviño. Segundo IGE en 2013 tiña 282 habitantes (150 homes e 132 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 274 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Campos do Foxo, San Xurxo de Moeche, Moeche

Campos do Foxo é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 20 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 10 homes e 10 mulleres, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 1999 cando contaba cos mesmos habitantes.

Castelo de Arriba, San Xurxo de Moeche, Moeche

Castelo de Arriba é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 9 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 5 homes e 4 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 17 habitantes.

Neste lugar está situado o Castelo de Moeche, onde se celebra o Festival Irmandiño.

Castelo de Moeche

O castelo de Moeche é un castelo medieval do século XIV, un dos escenarios principais das revoltas irmandiñas. Está situado na parroquia de San Xurxo (Moeche), na cabeceira do val sobre o que se asenta.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Felgosa, San Xurxo de Moeche, Moeche

Felgosa é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 30 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 14 homes e 16 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 39 habitantes.

Labacengos, Moeche

Santa María de Labacengos é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Moeche. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 267 habitantes (136 mulleres e 131 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 301 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Melle, San Xurxo de Moeche, Moeche

Melle é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2008 tiña un habitante (un home), a mesma cantidade ca en 1999.

Pereiro, San Xurxo de Moeche, Moeche

Pereiro é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 10 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 4 homes e 6 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 8 habitantes.

Petón, San Xurxo de Moeche, Moeche

Petón é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 6 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 3 homes e 3 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 7 habitantes.

San Xoán de Moeche, Moeche

San Xoán de Moeche é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Moeche. Segundo o IGE en 2011 tiña 418 habitantes (223 mulleres e 195 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 415 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

San Xurxo de Moeche, Moeche

San Xurxo de Moeche é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Moeche. Segundo o IGE en 2013 tiña 238 habitantes (131 mulleres e 107 homes) distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 291 habitantes. Nesta parroquia está situado o Castelo de Moeche, onde se celebra o Festival Irmandiño.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Santa Cruz de Moeche, Moeche

Santa Cruz de Moeche é unha parroquia que se localiza no concello de Moeche. Segundo o padrón municipal de 2012 ten 156 habitantes distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes. A poboación da parroquia está en continuo descenso, xa que aínda que hai algúns nacementos, son superados amplamente polas mortes.

Vigo, San Xurxo de Moeche, Moeche

Vigo é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 11 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 6 homes e 5 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 15 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.