Modesto Fraga

Modesto Fraga Moure, nado en Fisterra o 27 de febreiro de 1974, é un escritor galego.

Modesto Fraga
Modesto Fraga (AELG)-3
Nacemento27 de febreiro de 1974 (45 anos)
 Fisterra, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía e ensaio

Traxectoria

Ten colaborado cos seus poemas en numerosos libros colectivos, como A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Mar por medio (Toxosoutos), El mundo al otro lado (Universidade de Salamanca), 25 anos de poesía galega (n.º 82 da Biblioteca Galega 120) ou De mar e vento (Espiral Maior). Ademais, textos seus aparecen espallados en revistas literarias diversas (Dorna, A Xanela, Feros Corvos). Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte da AELG e do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.

Obra

Poesía

  • Do amor salgado (Fundación O Grelo-Amigos de Galicia, 1997).
  • Mar de ausencias (Bauprés editores, 1999. 2ª edición en Follas Novas, 2009).
  • Ese estraño silencio (Follas Novas Edicións, 2002).
  • Derrotas con raíces (Sotelo Blanco, 2007).
  • Atlántica luz. Poesía mareira (1995-2015) (Á lus do candil, 2015).
  • Adagio por outono (Alvarellos, 2016).
  • Devalar sen pel (2017). (Espiral Maior), (2017).

Ensaio

  • Fisterra, a derradeira perla de occidente, 2014.

Obras colectivas

Premios

  • Gañador do IV Premio de Poesía da Fundación O Grelo-Amigos de Galicia no 1997, por Do amor salgado.
  • Gañador do Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada en 1997, por Corpos Paisaxe.
  • Gañador do Premio de poesía Francisco Añón no 1998, por Mar de ausencias.
  • Gañador do Premio do Seminario de Estudos Comarcais no 2012, por Alba de luz.
  • Gañador do Premio Faustino Rey Romero no 1998, por Ese estraño silencio.
  • Gañador do XLI Certame Literario Concello de Vilalba en 2015, por Adagio por outono.
  • Gañador do XIX Premio de poesía Concello de Carral en 2016, por Devalar sen pel.

Véxase tamén

Ligazóns externas

27 de febreiro

O 27 de febreiro é o 58º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 307 días para finalizar o ano, 308 nos anos bisestos.

Batallón Literario da Costa da Morte

O Batallón Literario da Costa da Morte foi un grupo poético xurdido nunha cafetaría de Cee o 1 de maio de 1996 cuxo nome está inspirado no Batallón Literario de Santiago, emerxido na Universidade de Santiago de Compostela no século XIX. Considérase ao grupo literario “Arre Sentelha!” como xerme do batallón así como tamén “Blas Espín” ou o colectivo “Un medio”, desenvolvidos tamén na Costa da Morte, xa que algúns dos seus membros participaron neses grupos. Nesta primeira xuntanza reuníronse os fundadores que eran Miro Villar, Federico L. Santalla (secretario), Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus.

O Batallón inclúe un amplo número de integrantes procedentes na súa maioría da Costa da Morte e de diversas idades. Podemos destacar algúns nomes a parte dos anteriores como Alexandre Nerium, Mónica Góñez ou Concha Blanco. Entre os seus participantes non só se atopan poetas, se non tamén importantes narradores e narradoras como por exemplo María Canosa.

É salientábel a súa organización e participación en certames e recitais poéticos. Tamén publicaron algúns volumes colectivos e un boletín poético.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López

O Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López é un certame organizado e financiado polo concello de Paradela. A entrega de premios realízase no Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López cada ano. O concurso está aberto a escritores e poetas que escriben en castelán ou galego; os gañadores reciben premios de €600 en cada categoría (narrativa e poesía).

Celébrase na honra do escritor, poeta e cronista galego Manuel Rodríguez López, e celébrase cada ano, sen interrupción, dende o ano 1995. A entrega de premios da 18 ª edición está prevista para o mes de decembro de 2013.

Fraga

Unha fraga é un tipo específico de bosque:

Fragas do Eume, na provincia de Pontevedra;

A Fraga do Curral, na provincia de Ourense;Como topónimo pode referirse a:

En Galicia

A Fraga, parroquia do concello de Lobeira;

A Fraga, lugar de dita parroquia;

Fraga, lugar da parroquia de Castromaior, no concello de Abadín;

Fraga, lugar da parroquia da Caritel, no concello de Ponte Caldelas;

Fraga, lugar da parroquia de Noche, no concello de Vilalba;

A Fraga, lugar da parroquia de Baroncelle, no concello de Abadín;

A Fraga, lugar da parroquia de Montouto, no concello de Abegondo;

A Fraga, lugar da parroquia de Cos, no concello de Abegondo;

A Fraga, lugar da parroquia de Limiñón, no concello de Abegondo;

A Fraga, lugar da parroquia de Montouto, no concello de Abegondo;

A Fraga, lugar da parroquia de Viós, no concello de Abegondo;

A Fraga, lugar da parroquia de Vizoño, no concello de Abegondo;

A Fraga, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Antas de Ulla;

A Fraga, lugar da parroquia de Aranga, no concello de Aranga;

A Fraga, lugar da parroquia de Larín, no concello de Arteixo;

A Fraga, lugar da parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo;

A Fraga, lugar da parroquia de Oíns, no concello de Arzúa;

A Fraga, lugar da parroquia de Santa María de Arzúa, no concello de Arzúa;

A Fraga, lugar da parroquia de Cortiñán, no concello de Bergondo;

A Fraga, lugar da parroquia da Cañiza, no concello da Cañiza;

A Fraga, lugar da parroquia de Sagra, no concello do Carballiño;

A Fraga, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo;

A Fraga, lugar da parroquia de Xesteda, no concello de Cerceda;

A Fraga, lugar da parroquia dos Casás, no concello de Cerdido;

A Fraga, lugar da parroquia de Pino, no concello de Cospeito;

A Fraga, lugar da parroquia de Prado, no concello de Covelo;

A Fraga, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis;

A Fraga, lugar da parroquia de Moar, no concello de Frades;

A Fraga, lugar da parroquia de Carballo, no concello de Friol;

A Fraga, lugar da parroquia de Couso, no concello de Gondomar;

A Fraga, lugar da parroquia de Vincios, no concello de Gondomar;

A Fraga, lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo;

A Fraga, lugar da parroquia da Viña, no concello de Irixoa;

A Fraga, lugar da parroquia de Verducido, no concello da Lama;

A Fraga, lugar da parroquia de Coiro, no concello da Laracha;

A Fraga, lugar da parroquia de Lemaio, no concello da Laracha;

A Fraga, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha;

A Fraga, lugar da parroquia de Vilaño, no concello da Laracha;

A Fraga, lugar da parroquia de Orois, no concello de Melide;

A Fraga, lugar da parroquia de Albixoi, no concello de Mesía;

A Fraga, lugar da parroquia de Bascoi, no concello de Mesía;

A Fraga, lugar da parroquia de Cabrui, no concello de Mesía;

A Fraga, lugar da parroquia de Xanceda, no concello de Mesía;

A Fraga, lugar da parroquia de Virxe do Carme de Moaña, no concello de Moaña;

A Fraga, lugar da parroquia de Franza, no concello de Mugardos;

A Fraga, lugar da parroquia de Mugardos, no concello de Mugardos;

A Fraga, lugar da parroquia de San Xiao de Narón, no concello de Narón;

A Fraga, lugar da parroquia de Ardemil, no concello de Ordes;

A Fraga, lugar da parroquia do Ermo, no concello de Ortigueira;

A Fraga, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira;

A Fraga, lugar da parroquia de Ourol, no concello de Ourol;

A Fraga, lugar da parroquia de Salto, no concello de Oza-Cesuras;

A Fraga, lugar da parroquia de Paderne, no concello de Paderne;

A Fraga, lugar da parroquia de Souto, no concello de Paderne;

A Fraga, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez;

A Fraga, lugar da parroquia de Soutordei, no concello de Ribas de Sil;

A Fraga, lugar da parroquia de Osedo, no concello de Sada;

A Fraga, lugar da parroquia de Veigue, no concello de Sada;

A Fraga, lugar da parroquia da Picoña, no concello de Salceda de Caselas;

A Fraga, lugar da parroquia de Corzáns, no concello de Salvaterra de Miño;

A Fraga, lugar da parroquia de Fornelos, no concello de Salvaterra de Miño;

A Fraga, lugar da parroquia de Salvaterra, no concello de Salvaterra de Miño;

A Fraga, lugar da parroquia de Ferreira, no concello de San Sadurniño;

A Fraga, lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello de San Sadurniño;

A Fraga, lugar da parroquia de Codesoso, no concello de Sobrado;

A Fraga, lugar da parroquia de Cumbraos, no concello de Sobrado;

A Fraga, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;

A Fraga, lugar da parroquia da Capela, no concello de Toques;

A Fraga, lugar da parroquia de Vilamor, no concello de Toques;

A Fraga, lugar da parroquia do Sequeiro, no concello de Valdoviño;

A Fraga, lugar da parroquia de Carballido, no concello de Vilalba;

A Fraga, lugar da parroquia de Vilapedre, no concello de Vilalba;

A Fraga, lugar da parroquia de Doroña, no concello de Vilarmaior;

A Fraga, lugar da parroquia de Grandal, no concello de Vilarmaior;

A Fraga, lugar da parroquia de Torres, no concello de Vilarmaior;

A Fraga, lugar da parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar;

A Fraga, lugar da parroquia de Cabreiros, no concello de Xermade;

A Fraga, lugar da parroquia de Cazás, no concello de Xermade;

A Fraga Alta, lugar da parroquia da Castañeda, no concello de Arzúa;

A Fraga Alta, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba;

A Fraga Chá, lugar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga;

A Fraga Chá, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras;

A Fraga Chá, lugar da parroquia de Ambosores, no concello de Ourol;

A Fraga da Barcia, lugar da parroquia de Mondariz, no concello de Mondariz;

A Fraga da Galiña, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Ordes;

A Fraga da Lata, lugar da parroquia de Albixoi, no concello de Mesía;

A Fraga de Fene, lugar da parroquia de Fene, no concello de Fene;

A Fraga de Limodre, lugar da parroquia de Limodre, no concello de Fene;

A Fraga de Maniños, lugar da parroquia de Maniños, no concello de Fene;

A Fraga de Perlío, lugar da parroquia de Perlío, no concello de Fene;

Fraga de Vila, lugar da parroquia da Graña de Vilarente, no concello de Abadín;

Fraga do Rei na parroquia da Moscoso, no concello de Pazos de Borbén;

A Fraga do Rei, lugar da parroquia de Oliveira, no concello de Ponteareas;

A Fraga do Rei, lugar da parroquia de Alxén, no concello de Salvaterra de Miño;

Fraga dos Cregos, lugar da parroquia de Ribadeume, no concello das Pontes de García Rodríguez;

Fraga Escura, lugar da parroquia de Rioaveso, no concello de Cospeito;

Fraga Moura, lugar da parroquia de Santaballa, no concello de Vilalba;

Fraga Redonda, lugar da parroquia de Rioaveso, no concello de Cospeito;

Fraga Redonda, lugar da parroquia de San Pedro de Eume, no concello das Pontes de García Rodríguez;

A Fraga Redonda, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa;

A Fraga Vella, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín;

A Fraga Vella, lugar da parroquia de Ladra, no concello de Vilalba;

A Beira da Fraga, lugar da parroquia de Ambosores, no concello de Ourol;

A Boca da Fraga, lugar da parroquia de Vilapedre, no concello de Viveiro;

Casa da Fraga, lugar da parroquia do Ermo, no concello de Ortigueira;

Couce da Fraga, lugar da parroquia de Ferreira, no concello de San Sadurniño;

Ribadiso da Fraga, lugar da parroquia de Dormeá, no concello de Boimorto;

Vilar da Fraga, lugar da parroquia de Seixas, no concello das Somozas;

O Regato Fraga, afluente do río Parga, na provincia de Lugo;

O Rego da Fraga, afluente do río Pequeno, na provincia de Lugo;Fóra de Galicia

Fraga, concello aragonés da provincia de Huesca;

Fraga, concello na provincia arxentina de San Luis.Amais, como apelido pode referirse a:

Isaac Fraga, empresario cinematográfico galego (1888-1982);

Xosé Peña Fraga, actor de cinema galego;

Manuel Fraga, político galego (1922-2012);

Antonio Fraga Sánchez, político galego (n. 1967);

Xesús Fraga, escritor galego (n. 1971);

Modesto Fraga, escritor galego (n. 1974);

Andrés Fraga, actor de teatro galego.

Letras de Cal

Letras de Cal foi un proxecto editorial galego que se desenvolveu entre os anos 1997 e 2002. Nace ao abeiro da Asociación Cultural Amaía como consolidación e continuación dos proxectos inspirados no proxecto Edicións do Dragón e mais na revista Ólisbos, editada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Premio Faustino Rey Romero

O Premio Faustino Rey Romero é un concurso de poesía convocado pola Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero de Isorna e o concello de Rianxo desde 1998. O premio pretende lembrar a memoria do poeta rianxeiro Faustino Rey Romero. Este premio é entregado na Casa da República de Isorna

Premio de poesía Avelina Valladares

O premio Avelina Valladares Núñez de poesía, é un premio literario convocado polo Concello da Estrada dende 1997.

Que ten como obxectivo a promoción da nosa lírica contemporánea así como propalar a figura de Avelina Valladares.

Premio de poesía Concello de Carral

O Premio de poesía Concello de Carral foi instituído polo concello de Carral en 1997, para orixinais escritos en lingua galega.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.