Mitoloxía irlandesa

A mitoloxía da Irlanda precristiá non sobreviviu completamente á conversión do cristianismo, pero boa parte dela conservouse, recortada nos seus significados relixiosos, na literatura medieval irlandesa, que representa a máis extensa e mellor conservada de tódalas pólas da mitoloxía celta. Aínda que moitos dos manuscritos non lograron sobrevivir e moitos materiais probablemente nunca chegaron a ser escritos, hai contidos abondos para permitir a identificación de catro ciclos distintos: o Ciclo mitolóxico, o Ciclo do Ulster, o Ciclo feniano e o Ciclo histórico. Tamén hai certo número de textos mitolóxicos que non encaixan en ningún outro ciclo. Asemade, hai un vasto número de contos populares conservados que, aínda que non son estritamente mitolóxicos, están protagonizados por personaxes dalgún destes catro ciclos.

Banshee
Bunworth Banshee.

Véxase tamén

Bibliografía

Fontes primarias na tradución inglesa

  • Cross, Tom Peete and Clark Harris Slover. Ancient Irish Tales. Barnes and Noble Books, Totowa, New Jersey, 1936 repr. 1988. ISBN 1-56619-889-5.
  • Dillon, Myles. The Cycles of the Kings. Oxford University Press, 1946; reprinted Four Courts Press: Dublin and Portland, OR, 1994. ISBN 1-85182-178-3.
  • Dillon, Myles. Early Irish Literature. Chicago: University of Chicago Press, 1948; reprinted : Four Courts Press, Dublin and Portland, OR, 1994. ISBN 0-7858-1676-3.
  • Joseph Dunn: The Ancient Irish Epic Tale Táin Bó Cúailnge (1914)
  • Winifred Faraday: The Cattle-Raid of Cualng. London, 1904. This is a partial translation of the text in the Yellow Book of Lecan, partially censored by Faraday.
  • Gantz, Jeffrey. Early Irish Myths and Sagas. London: Penguin Books, 1981. ISBN 0-14-044397-5.
  • Kinsella, Thomas. The Tain. Oxford: Oxford University Press, 1970. ISBN 0-19-281090-1.

Fontes primarias en irlandés medieval

  • Cath Maige Tuired: The Second Battle of Mag Tuired. Elizabeth A. Gray, Ed. Dublin: Irish Texts Society, 1982. Series: Irish Texts Society (Series) ; v. 52. Irish text, English translation and philological notes.
  • Táin Bo Cuailnge from the Book of Leinster. Cecile O'Rahilly, Ed. Dublin Institute for Advanced Studies, 1984.
  • Táin Bo Cuailnge Recension I. Cecile O'Rahilly, Ed. Dublin Institute for Advanced Studies 1976. Irish text, English translation and philological notes.

Renarración dos mitos en inglés

  • Lady Augusta Gregory: Cuchulain of Muirthemne (1902)
  • Lady Augusta Gregory: Gods and Fighting Men (1904)
  • Juliet Mariller: "Daughter of the Forest", "Son of the Shadows" e "Child of the Prophecy" (Sevenwaters trilogy).
  • Gregory Frost: Tain
  • Gregory Frost: Remscela
  • Morgan Llywelyn: Red Branch
  • Morgan Llywelyn: Finn MacCool
  • Morgan Llywelyn: Bard: The Odyssey of the Irish

Fontes secundarias

  • Coghlan, Ronan Pocket Dictionary of Irish Myth and Legend. Belfast: Appletree, 1985.
  • Mallory, J. P. Ed. Aspects of the Tain. Belfast: December Publications, 1992. ISBN 0-9517068-2-9.
  • O'Rahilly, T. F. Early Irish History and Mythology (1946)
  • O hOgain, Daithi "Myth, Legend and Romance: An Encyclopedia of the Irish Folk Tradition" Prentice Hall Press, (1991) : ISBN 0-13-275959-4
  • Rees, Brinley and Alwyn Rees. Celtic Heritage: Ancient Tradition in Ireland and Wales. New York: Thames and Hudson, 1961; repr. 1989. ISBN 0-500-27039-2.
  • Sjoestedt, M. L. Gods and Heroes of the Celts. 1949; translated by Myles Dillon. repr. Berkeley, CA: Turtle Press, 1990. ISBN 1-85182-179-1.
  • Williams, J. F. Caerwyn. Irish Literary History. Trans. Patrick K. Ford. University of Wales Press, Cardiff, Wales, and Ford and Bailie, Belmont, Massachusetts. Welsh edition 1958, English translation 1992. ISBN 0-926689-03-7.

Obras preservacionistas, historias tradicionais modernas

  • Lenihan, Eddie and Carolyn Eve Green. Meeting the Other Crowd: The Fairy Stories of Hidden Ireland. New York. Jeremy P. Tarcher/Penguin. 2004. ISBN 1-58542-307-6
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Belenus

Belenus, tamén coñecido como Belinus, Belenos ou Belanus, é un deus da Mitoloxía celta.

Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Breogán

Breogán é un mítico rei céltico de Galiza. Moitas versións existen sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega; en realidade foi o referente das tribos galaicas, pois o concepto de estado-nación procede do século XIX. O seu pai é Brath, e os seus fillos son Ith e Bile, entre outros.

Brigantia (deusa)

Brigantia foi unha deusa do politeísmo celta da antigüidade tardía. Segundo a interpretatio Romana, foi comparada coa Vitoria. As lendas relacionadas coas personaxes de Brigid e Bríxida de Irlanda na mitoloxía irlandesa crense que teñen relación coa adoración a Brigantia.

Catubodua

Catubodua (protocelta Katubodwā, "corvo de batalla") é o nome dunha deusa celta da guerra da que se ten coñecemento por unha inscrición atopada no departamento francés de Alta Savoia, no leste de Francia que di ATHVBODVAE AVG SERVILIA TERENTIA S L M e por outras tres inscricións relacionadas, atopadas en Austria e Eslovenia.

Semella que o seu culto é idéntico ó da deusa da mitoloxía irlandesa Badb Catha. Nicole Jufer e Thierry Luginbühl relacionaron Catubodua con outras deusas marciais como Boudina, Bodua e Boudiga, cuxos nomes comparten a mesma raíz, que significa 'liorta, combate' ou 'vitoria'. Pode compararse á Vitoria romana, á Nike grega e coa Sigyn nórdica.

Ciclo feniano

O ciclo feniano (en irlandés: an Fhiannaíocht), tamén coñecido como ciclo ossiánico ˌ polo seu narrador, Ossian, é un corpo de prosa e verso que se centra nas fazañas do heroe mitolóxico Fionn mac Cumhaill (en irlandés antigo, medio e moderno: Find, Finn, Fionn) e os seus guerreiros os Fianna. Estas historias contan as probas superadas por Finn e os Fianna. Este é un dos catro grandes ciclos da mitoloxía irlandesa, xunto co ciclo mitolóxico, o Ciclo do Ulster e o ciclo histórico. En orde cronolóxica, o ciclo feniano é o terceiro, entre o do Ulster e o ciclo histórico. O ciclo tamén contén historias sobre outros membros dos Fianna, incluíndo Diarmuid, Caílte, o fillo de Ossian Oscar, e o inimigo de Fionn, Goll mac Morna.

Ciclo mitolóxico

O ciclo mitolóxico é unha división convencional dentro da mitoloxía irlandesa que abrangue unha serie de contos sobre uns pobos divinos que chegaron en cinco ondas migratorias até Irlanda e que contan principalmente a historia dos Tuatha Dé Danann. É un dos catro grandes ciclos da tradición literaria mitolóxica irlandesa, sendo os outros o ciclo do Ulster, o ciclo feniano e o ciclo dos reis.O termo "ciclo mitolóxico" empezou a gañar popularidade con Arbois de Jubainville, c. 1881–1883.

Segundo a opinión de Mackillop (1998), o uso do termo é "un pouco incómodo hoxe".

Dagda

Dagda era o gran deus da mitoloxía irlandesa. O seu nome significa: o bo deus.

Era o Señor do Coñecemento e estaba moi dotado para a maxia. Representábaselle coma un home de campo que arrastraba un grande mazo sobre unhas rodas. Cun extremo mataba os seus inimigos, cuxos ósos estalaban coma pedriñas baixo os cascos dun cabalo, e co outro revivía os mortos. Posuía ademais unha arpa chamada Daurblada que foi roubada polos Fomoré. Tamén está asociado á abundancia e á xenerosidade da terra, xa que saciaba a fame a todos cun caldeiro inesgotábel e tiña un grande apetito. É o irmán de Ogma.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Ith

No Libro das conquistas de Irlanda, Ith (ou Ite) é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que había unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valoroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.

Lugh

Lugh ou Lug é samildanach ou o múltiple artesán da mitoloxía celta. Tal denominación non é a dun deus supremo senón a dun deus "sen función", porque ten todas as funcións. Xaora, trátase dunha divindade dos pobos celtas que se pode atopar en boa parte dos panteóns desta cultura. O seu atributo é a lanza.

O seu nome é raramente atopado en inscricións, pero a súa importancia estriba nos etónimos e nomes de lugares. A súa natureza e atributos dedúcense da iconografía das inscricións romano-celtas adicadas a Mercurio, que é considerado como unha identificación de Lugh. Ademais, coñécese máis información a través das narrativas cuasi-mitolóxicas de conatos posteriores, o irlandés Lugh Lámhfhada (Lugh do longo brazo) e o galés Lleu Llaw Gyffes (Lleu da man hábil).

É posible que Lugh fose unha deidade tripla, incluíndo a Esus, Teutates e Taranis, as tres grandes deidades mencionadas por Lucano.

A "morte tripla" nos sacrificios humanos dos celtas é posible que reflectisen a tríade divina.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Míl Espáine

Mil, en irlandés (Míl Espáine ou Míl Espáne) tamén chamado Miled ou Miledh é o antecesor dos habitantes de Irlanda e unha personaxe da mitoloxía galega. É o sobriño de Ith, e o neto de Breogán. A lenda irlandesa escrita no século XI na compilación Lebor Gabála Érenn ("Libro das Invasións"), conta que os oito fillos de Mil e os nove irmáns de Ith foron os que partiron dende Brigantia cunha frota de naves para conquistar a terra onde Ith foi asasinado polos Tuatha Dé Danann. Segundo conta a historia, Ith divisou dende a enorme torre que Breogán construíu na cidade Brigantia, unha beira verde distante, a illa de Irlanda. A ollada desa terra fíxoo navegar ao norte de Irlanda, onde sería asasinado.

Nodens

Nodens (Nudens, Nodons) é un deus celta asociado coa curación, o mar, a caza e os cans. Era adorado en Britania, particularmente nun templo de Lydney Park en Gloucestershire, e posiblemente tamén na Galia. É equiparado cos deuses romanos Marte, Mercurio, Neptuno e Silvanus, e o seu nome é un conato da figura da mitoloxía irlandesa Nuada e do galés Nudd.

Olláparo

O Olláparo ou Alláparo é un ser mitolóxico galego. É unha especie de xigante antropófago que só ten un ollo no medio da fronte, brután e feroz, moi salvaxe e voraz, gran comellón, que vive nas cavernas nos bosques e nos montes, sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense. Ás veces o olláparo ten dous ollos, un na fronte e outro na caluga. As súas mulleres, son aínda peores ca eles.Aseméllase ós ciclopes clásicos, ou os Fomoré da mitoloxía irlandesa, (tamén con dous ollos situados do mesmo xeito), sendo o máis famoso Balar. O ollo traseiro de Balar era terrible, pois provocaba mal de ollo e pode compararse con Medusa.

Politeísmo celta

O politeísmo celta, tamén coñecido como paganismo celta, comprende as prácticas e crenzas relixiosas atribuídas ós pobos celtas que habitaron no oeste de Europa durante a Idade de Ferro, entre os anos -500 e 500, abranguendo dende a cultura de La Tène ata a era romana. No caso dos celtas insulares correspóndese coa Idade de Ferro británica e a Irlanda celta.

O politeísmo celta foi unha das meirandes relixións durante a Idade de Ferro dentro da familia indoeuropea. Isto débese a que comprende unha gran cantidade de variacións xeográficas e cronolóxicas. Malia a súa variedade, poden ser detectadas semellanzas estruturais permitindo detectar unha "homoxeneidade relixiosa básica" entre os diferentes pobos celtas.O panteón celta componse de numerosos teónimos que foron recollidos pola epigrafía e etnografía grecorromana. Entre eles, os máis prominente son Teutates, Taranis e Lugh.

Figuras medievais da mitoloxía irlandesa foron aducidas por mitoloxía comparada, interpretadas como versións evémeras de deidades precristiás insulares.

Unha característica salientable da relixión celta, segundo se reflicte na historiografía romana, é a súa estendida práctica do sacrificio humano.

Segundo as fontes gregas e romanas, na Galia, Britania e Irlanda existía unha caste de "sabios máxico-relixiosos" cuxos membros se coñecían como druídas, pero é moi pouco o que se coñece deles.Coa conquista da Galia (entre o -58 e o -51) e o sur de Britania (43) polo Imperio romano, as prácticas relixiosas celtas adoptaron elementos dos conquistadores produto da romanización, dando lugar a cultos sincréticos coas súas tradicións e deidades, como Cernunnos, Artio, Telesforo etc.

Nos séculos V e VI, o cristianismo converteuse na fe dominante na área celta, suplantando as súas prácticas relixiosas. Porén, o politeísmo celta deixou a súa pegada nas Nacións celtas, influenciando unha mitoloxía posterior, e servindo de base para novos movementos relixiosos, como neopaganismo celta, xurdido no século XX.

Samaín

O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh. Historicamente, foi amplamente celebrado en Irlanda, Escocia e a Illa de Man. Festividades semellantes celébranse na mesma época do ano noutros territorios celtas, como as britónicas Calan Gaeaf (en Gales), Kalan Gwav (en Cornualles) e Kalan Goañv (na Bretaña), sendo estas dúas pólas da festividade igual de antigas. En Galicia, é unha celebración que se está a recuperar e promocionar dende a década de 1990, que está baseada na tradición do Día dos Fieis Defuntos, na de tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como espíritos ou pantasmas.Crese que o Samaín ten a súa orixe no politeísmo celta e existen evidencias de que foi unha data de importancia dende a antigüidade. Algunhas tumbas de andadeiro neolíticas de Irlanda están aliñadas co amencer na época do Samaín. É mencionado nalgúns textos irlandeses antigos e moitos eventos importantes da mitoloxía irlandesa ocorren ou comezan no Samaín. Era o momento no que o gando baixaba dos pasteiros de verán e era sacrificado durante o inverno. Ó igual que no Beltane, acendíanse fogueiras especiais. Isto era considerado como formas de protección e limpeza e había rituais específicos que implicaban as fogueiras. Coma no Beltane, o Samaín era considerado como un tempo liminal, cando os límites entre este mundo e o Outro mundo podían cruzarse máis facilmente. Isto significaba que os Aos Sí, os 'espíritos' ou 'fadas', podían chegar máis facilmente ó noso mundo. Moitos estudosos consideran os Aos Sí como restos dos deuses pagáns e espíritos da natureza. No Samaín, críase que os Aos Sí tiñan que ser propicios para asegurar que as persoas e o gando sobrevivisen o inverno. As ofrendas de comida e bebida deixábanse no exterior para eles. Tamén se pensaba que as almas dos mortos volvían para visitar os seus fogares buscando hospitalidade. Celebrábanse banquetes, nos cales as almas dos familiares mortos eran convidadas a asistir e tiñan un lugar na mesa para eles. As carautas e disfraces formaban parte do festival, e implicaba que as persoas ían de porta en porta recitando versos en troques de comida. Os disfraces podían ser un xeito de imitar ou asemellarse ós Aos Sí. Os rituais de adiviñación e os xogos formaban unha parte importante do festival e requirían noces e mazás. A finais do século XIX, John Rhys e James George Frazer suxeriron que era como un "Aninovo celta", e este punto de vista foi repetido por outros estudosos.No século IX, a igrexa cristiá cambiou a data do Día de Tódolos Santos dende o mes de maio até o 1 de novembro, ó tempo que o 2 de novembro se converteu no Día dos Fieis Defuntos. Co tempo, o Samaín e o Día de Tódolos Santos fusionáronse para crear a moderna festa do Halloween. Os historiadores empregaron o termo 'Samaín' para referirse ós costumes celtas do 'Halloween' até o século XIX.Dende finais do século XX, os neopagáns celtas e a Wicca consideran o Samaín, ou algo baseado nel, como unha festividade relixiosa.

Sucellos

Sucellos foi o deus galo da agricultura e dos bosques, equivalente do deus druída Dagda da mitoloxía irlandesa. Nas rexións da Galia máis romanizadas, como a Narbonense, o seu culto asimilouse ao do deus romano Silvano.

Tuatha Dé Danann

Os Tuatha Dé Danann ("xente da deusa Danu") foron a quinta tribo de habitantes da Irlanda segundo a tradición do Lebor Gabála Érenn (Libro das Invasións). Pénsase que representan os deuses irlandeses goidélicos; os redactores cristiáns reducíronos a reis e heroes históricos. Habitaron en Tír na nÓg e nalgúns Sidhe logo de abandonar a superficie de Irlanda.

Eran divindades euhemerizadas chegaron á illa de Irlanda 37 anos despois que os Fir Bolg, aos que desprazaron, e 297 anos antes que os milesianos, que representan os celtas históricos. Os representantes mais importantes da Tuatha Dé Danann foron o Dagda "o bo deus", un rei especializado en maxia druídica; Manannán mac Lir, deus dos mares; Dian Cécht, o principal deus da curación; Lugh o deus pancéltico, e neste mundo guerreiro campión e mestre en todas as artes; Angus ög, o deus da poesía e a música; Brigid, a deusa do lume e a luz, patroa dos poetas; Boand, a deusa do río Boyne e esposa de Dagda; o trío de deusas Morrígna: Badb, Macha e Morrígan, Ogma, o deus da elocuencia, que era tamén un poderoso guerreiro; e Donn, que goberna o mundo dos mortos.

Os Tuatha Dé Dannn aparecen na literatura irlandesa nos textos do Leabhar Gabhála e os textos da batalla de Mag Tuired (na primeira batala derrotan os Fir Bolg e na segunda batalla de mag Tuired os Fomoré).

Mitoloxía irlandesa  · Ciclo do Ulster
Ulster
Exiliados do Ulster
Connacht
Munster
Outros
Figuras supernaturais
Criaturas
Armas
Lugares
Textos
Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.