Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

Triskele-Symbol-spiral-five-thirds-turns
O tríscele é un dos símbolos máis característicos da cultura celta, espallado en moitas e diversas formas ó longo da Europa.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Asento Perigoso

O Asento Perigoso é, segundo as lendas artúricas, un asento inocupado da Táboa Redonda á dereita do Rei Artur. O meigo Merlín reservou o asento para que fose ocupado unicamente por aquel cabaleiro que estivese destinado a atopar o Santo Graal. Calquera que sentase no asento que non fose puro afundiría até as profundidades da terra.

Brocéliande

Brocéliande é unha fraga mítica da lenda artúrica, identificada na actualidade coa fraga de Paimpont e antigamente coa fraga de Huelgoat ou de Quintin, todas elas en Bretaña.

O primeiro texto que menciona esta fraga é o Roman de Rou do poeta anglonormando Robert Wace, en 1160. Con todo, é en textos máis tardíos, onde se atopan ademais do seu nome actual, a maioría das súas atribucións.

Cabaleiro Verde

O Cabaleiro Verde é un personaxe que aparece no romance artúrico do século XIV Sir Gawain e o Cabaleiro Verde e tamén en The Greene Knight. No primeiro dise que o seu verdadeiro nome é Bercilak (ou Berkilak) de Hautdesert mentres que en The Greene Knight chámanlle Bredbeddle.

O alcume de Cabaleiro Verde vénlle de que de feito ten a pel verde. Nalgunhas versións é descrito como un dos mellores campións do Rei Artur.

Calogrenant

Sir Calogrenant, tamén coñecido como Colgrevance en inglés ou Cynan ap Clydno en galés, é un cabaleiro da Táboa Redonda na corte do Rei Artur que aparece nas lendas da Materia de Bretaña. É o curmán de Sir Ywain.

Porén, semella que non é o personaxe principal de ningunha obra. Efectivamente, só se lle fai mención en Yvain, o Cabaleiro do León de Chrétien de Troyes, onde é descrito como un cabaleiro de boa actitude que perde un combate contra outro.

Elaine de Astolat

Elaine de Astolat, tamén coñecida como Elaine a Branca, Elaine a Xusta ou A dama de Shalott, é un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É filla de Bernard de Astolat e unha figura clásica do amor non correspondido.

No libro Le Morte d'Arthur de Thomas Malory, ela está namorada de Lancelot, quen acepta levar as súas cores durante un torneo para non ser recoñecido. Isto fixo que a raíña Xenebra ficase moi anoxada. Finalmente, Elaine morre de amor polo seu cabaleiro.

Elaine de Corbenic

Elaine de Corbenic, tamén coñecida como Amite, Heliaebel, Helaine, Perevida ou Helizabel, é un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É filla do rei Pelleas e nai de Galaaz por Lancelot.

Na literatura medieval aparece nos libros Perceval ou le Conte du Graal de Chrétien de Troyes e Le Morte d'Arthur de Thomas Malory.

Familia do rei Artur

A familia do rei Artur foi unha continuadora das lendas da Materia de Bretaña a través dos séculos seguintes ó tempo do rei Artur. Algúns dos membros lendarios da familia deste mítico rei convertéronse en protagonistas de contos fantásticos por propio dereito. Un dos máis coñecidos foi Amhar, fillo do Rei Artur segundo as tradicións galesas.

Gareth

Sir Gareth ou Beaumains é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É o fillo máis novo do Rei Lot e a raíña Morgause e á súa vez, sobriño do Rei Artur. Os seus irmáns son Gauvain, Gaheris, Agravain e Mordred.

Na literatura medieval aparece no libro Le Morte d'Arthur de Thomas Malory, onde se conta como se fixo cabaleiro.

Glatisant a Besta

Glatisant a Besta (A besta ladrador en galego), é un monstro que aparece nas lendas da Materia de Bretaña. É o motivo das misións emprendidas polos cabaleiros Pellinore, Palamedes e Perceval.

Lammas

Lammas ou día de Lammas é unha festividade tradicional da colleita, de orixe celta, tamén conocida como Lughnasadh, que se celebra o 1 de agosto nos países anglosaxóns e en relixións de revival celta e neopagás como a wicca.

Durante a época medieval esta festa era conocida como "Gule of August", pero o significado de "gule" é descoñecido. Ronald Hutton suxire que esta palabra puido ser unha derivación inglesa de "gwyl aust", o nome galés para o 1 de agosto e que significa "festa de agosto"; e propón unha orixe pagá e pre-cristiá de Lammas entre os anglosaxóns e a súa conexión co festival gaélico de Lughnasadh ("vodas de Lug", un deus celta).

Lista de deuses celtas

Angus Og

Anu: Deusa Doncela da fertilidade.

Arianrhod

Badb: Deusa da guerra.

Balar: Avó de Lugh.

Bandua: Deus da guerra, protector da comunidade.

Belenus: Deus solar, asociado á luz.

Belisama: Deusa relacionada cos lagos, cos ríos, co lume, co traballo manual e a luz.

Bran

Brigit: Deusa do lume e a inspiración.

Caer

Cailleach Béirre: Deusa do inverno, protectora dos animais salvaxes.

Cerridwen: Deusa galesa que posuía o caldeiro da Inspiración e a Sabedoría.

Cernunnos

Dagda

Dana: Deusa da terra.

Endovelico: Deus da saúde.

Epona: Deusa dos Cabalos, a Curación e a Morte.

Grian: Deusa do sol e as fadas.

Gwydion

Home Verde

Lugh: Deus supremo da mitoloxía celta.

Lir: Deus do mar

Macha

Manannan mac Lir

Morrigan: Deusa celta da morte e a destrución.

Navia: Deusa das augas.

Nemain

Nuadha

Ogma

Rei do Carballo

Rei do Acivro

Reva: Deus da xustiza.

Rhiannon

Taranis, Taranu, Toran (irlandés), Taran (galés)

Lucan

Sir Lucan o Mordomo é un servente do Rei Artur e un cabaleiro da Táboa Redonda nas lendas da Materia de Bretaña. As súas funcións como mordomo non eran as mesmas que as de hoxe en día, senón que estaba ó cargo da corte real xunto con Bedivere o Mariscal e Sir Kay o Senescal.

Mitoloxía irlandesa

A mitoloxía da Irlanda precristiá non sobreviviu completamente á conversión do cristianismo, pero boa parte dela conservouse, recortada nos seus significados relixiosos, na literatura medieval irlandesa, que representa a máis extensa e mellor conservada de tódalas pólas da mitoloxía celta. Aínda que moitos dos manuscritos non lograron sobrevivir e moitos materiais probablemente nunca chegaron a ser escritos, hai contidos abondos para permitir a identificación de catro ciclos distintos: o Ciclo mitolóxico, o Ciclo do Ulster, o Ciclo feniano e o Ciclo histórico. Tamén hai certo número de textos mitolóxicos que non encaixan en ningún outro ciclo. Asemade, hai un vasto número de contos populares conservados que, aínda que non son estritamente mitolóxicos, están protagonizados por personaxes dalgún destes catro ciclos.

Morgana

Morgana é unha poderosa fada da mitoloxía celta, media irmá do Rei Artur, nai con el de Mordred e discípula de Merlín. É a raíña da illa de Avalon, co poder de curar e mudar de forma.

Morholt

Morholt, tamén coñecido como Marhalt, Morold ou Marhaus, é un cabaleiro irlandés e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. Pídelle tributos ó rei Mark de Cornualles ata que é asasinado por Tristán, sobriño e defensor do rei Mark.

Aparece en case tódalas versións da historia de Tristán e Isolda. Na literatura medieval, aparece en libros como Prose Tristan, Ciclo da Pos-Vulgata ou Le Morte d'Arthur nos que é descrito como un cabaleiro da Táboa Redonda.

Palamedes (lenda artúrica)

Palamedes, tamén coñecido como Palamede ou Palomides, é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña.

É descrito como un pagán sarraceno que se converte ó cristianismo de xeito tardío na súa vida. O seu amor non correspondido por Isolda lévao a estar en frecuente conflito con Tristán. O seu pai é o rei Esclabor, e os seus irmáns Safir e Segwarides tamén son cabaleiros da Táboa Redonda.

Sagramore

Sagramore, tamén coñecido como Sagramor ou Sagremor, é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É o fillo pequeno de Adrián de Constantinopla. Adoita facérselle referencia baixo o nome de Sagramore O Desexoso, a causa da súa desmesura e impetuosidade. Tamén ten outros alcumes como O Frenético, O Inadaptado e O Impetuoso.

Na literatura medieval é nomeado en libros como Lancelot-Graal, Ciclo da Pos-Vulgata e Le Morte D'Arthur.

Taranis (deus)

Taranis é un deus da mitoloxía celta, adorado sobre todo na Galia e na Bretaña romana.

Táboa Redonda

A Táboa Redonda é, segundo as lendas da Materia de Bretaña, a táboa mística de Camelot onde Artur e os seus cabaleiros sentaban a matinar sobre asuntos cruciais para a seguridade do reino. Nalgunhas versións, o meigo Merlín tamén tiña asento reservado na táboa.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas
Supra-rexional
Britania
Gallia Aquitania
Gallia Belgica
Gallia Celtica
Gallia Cisalpina
Gallia Narbonensis
Xermania Inferior
Gallaecia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.