Misa

A misa[1] é un rito cristián onde se combinan a oración, o sacramento da Eucaristía e a predicación.

Ecce Mass, Good Friday, Our Lady of Lourdes, Philadelphia
Misa no momento da comuñón.

Orixe

A orixe do substantivo "misa" é o vocábulo latino "mittere" (enviar) e provén da fórmula coa que acaba a celebración do rito en latín: "Ite missa est". O sentido desta frase encerra certa polémica. O significado orixinal de "mittere" é "enviar" pero algunhas fontes sosteñen que neste caso significa "despedida". O lexicógrafo Du Cange, na súa obra Glossarium latinitatis mantén que, ou ben se debe sobreentender unha "congregatio fidelium" ("Marchádevos, queda disolta (a congregación dos fieis)"), ou ben se transformou "missa" en substantivo en latín serodio, e adquiriu o significado de despedida.

Segundo o dogma católico, que non comparten outras relixións cristiás, na misa renóvase o sacrificio de Cristo na Cruz, ao celebrar o sacramento da eucaristía: nel conságrase pan e viño por medio dunha fórmula que pronuncia o sacerdote celebrante, e prodúcese a suposta transubstanciación. Segundo esta tradición católica, a misa herda a Última Cea de Xesucristo cos seus doce apóstolos.

Estrutura

Os contidos da misa e a súa estrutura varía conforme os distintos ritos litúrxicos. Segundo a forma ordinaria do rito romano, é dicir, católico, a misa componse de catro partes: os ritos de entrada, a liturxia da Palabra, a liturxia da Eucaristía e os ritos de despedida.

Ritos de entrada

Son todos aqueles pasos que introducen os fieis na celebración. Estes ritos iniciais, que preceden a liturxia da Palabra, inclúen o canto de entrada, o saúdo inicial, o acto penitencial, o "Señor, ten piedade", o Gloria e a oración colecta. Teñen un carácter de exordio, preparación e introdución. Nalgunhas celebracións que se unen coa Misa, os ritos iniciais omítense ou realízanse dun modo peculiar.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para misa.

Véxase tamén

Outros artigos

10 de maio

O 10 de maio é o 130º día do ano do calendario gregoriano e o 131º nos anos bisestos. Quedan 235 días para finalizar o ano.

16 de xullo

O 16 de xullo é o 197º día do ano do calendario gregoriano e o 198º nos anos bisestos. Quedan 168 días para finalizar o ano.

2 de febreiro

O 2 de febreiro é o 33º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 332 días para finalizar o ano, 333 nos anos bisestos.

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Cabaleiro

O termo cabaleiro designa unha posición social no sistema feudal da Idade Media, caracterizado por servir militarmente montado a cabalo. Orixinouse na época carolinxia e foi evolucionando conforme aumentaba o seu poder.

Co desenvolvemento das cruzadas, o cabaleiro deixou de ser simplemente o combatente a cabalo para se transformar no representante por excelencia da nobreza, ao que se lle atribuían ideais relixiosos e virtudes como a lealdade ao señor e a defensa dos débiles. Os novos cabaleiros tiñan que ser armados segundo uns ritos determinados pero previamente teñen que aprender o oficio actuando de escudeiro e demostrando que tiñan as cualidades físicas necesarias para o exercicio das armas e as virtudes cristiáns así como valor, sabedoría, siso, lealdade, misericordia, castidade e humildade; non é pois un título que se puidera herdar aínda que para ser cabaleiro era preciso ter nobreza de sangue, agás casos excepcionais.

Na Península Ibérica o proceso que seguía un escudeiro antes de ser armado cabaleiro consistía en confesar e comungar, pasar o día anterior en xaxún, logo durante a misa debía ofrecerse ao presbítero e á orde de cabalería e logo do sermón o príncipe ou señor que armaba ao novo cabaleiro cínguelle a espada, bícao e dálle un golpe no lombo. O novo cabaleiro montaba no cabalo coas armas que lle son propias: a espada símbolo da xustiza e a lanza símbolo da rectitude.

Concilio Vaticano Segundo

O Concilio Vaticano Segundo ou Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano foi un Concilio ecuménico da Igrexa católica, comezado baixo o papado de Xoán XXIII (1962) e finalizado con Paulo VI en 1965.

Conxo, Santiago de Compostela

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 576 habitantes.

Erbecedo, Coristanco

San Salvador de Erbecedo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 665 habitantes (312 mulleres e 353 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 889 habitantes. Segundo o IGE, en 2004 a súa poboación era de 829 habitantes (426 mulleres e 403 homes).

Esta pequena parroquia de poboación conta cun total de tres igrexas, das cales dúas seguen en uso. A primeira delas está situada no lugar do Campo, e úsase para facer a misa pola Virxe da Saleta. Case ao lado desta está unha que é máis antiga e que está en desuso dende practicamente a fin da guerra civil española. A pouco menos de 200 metros desta última encóntrase a máis nova e a que se usa para a misa de todos os domingos, e xeralmente para enterros e defuncións.

Xeralmente nos días de festa adórnase o cruceiro situado no lugar do Campo, ao igual que a primeira igrexa e que lle da un aire novo á pequena parroquia.

Igrexa de Suecia

A Igrexa de Suecia (sueco: Svenska kyrkan) é unha igrexa evanxélica luterana nacional. Ata o ano 1999 foi a igrexa do estado sueco. Ten a súa sede en Uppsala e a finais de 2017 tiña 6 millóns de bautizados, sendo a maior denominación cristiá de Suecia.É a denominación luterana máis grande de Europa e a terceira máis grande do mundo tras a Igrexa Evangélica Etíope Mekane Yesus e a Igrexa Evanxélica Luterana en Tanzania. É membro da Comuñón de Porvoo e profesa a rama luterana do Cristianismo. Está composta por trinta dioceses divididas en parroquias. É unha igrexa nacional aberta que, traballando cunha organización democrática e a través do ministerio da igrexa, cobre todo o país. O Primado da Igrexa de Suecia é o Arcebispo de Uppsala (en xuño de 2018 era Antje Jackelén, a primeira muller arcebispo de Suecia).É litúrxica e teoloxicamente "igrexa alta", conservando sacerdotes, vestimentas e a Misa durante a Reforma en Suecia. En común con outras igrexas evanxélicas luteranas (particularmente nos estados nórdicos e bálticos), a Igrexa de Suecia mantén o episcopado histórico. Algunhas igrexas luteranas teñen política congregacional ou política episcpal modificada sen sucesión apostólica, pero o episcopado histórico mantense en Suecia e noutras nacións luteranas da Comuñón de Porvoo.

A Igrexa de Suecia é coñecida pola súa posición liberal en materias teolóxicas, particularmente na cuestión da homosexualidade. Cando Eva Brunne foi consagrada como Bispo de Estocolmo en 2009, converteuse na primeira bispo abertamente lesbiana do mundo.A pesar dunha significativa perda anual de membros (recentemente dun 2% cada ano), a súa membresía de 5 993 368 persoas en 2017 representa o 59,3% da poboación sueca. O alto número de membros débese a que ata 1996 todos os nenos nacidos no país eran feito membros, a menos que os seus pais cancelasen activamente a súa membresía. Ao redor dun 2% dos membros da igrexa vai regularmente ao servizos dominicais. Segundo unha enquisa de Gallup realizada en 2009, o 17% dos suecos considera a relixión como unha parte importante da súa vida.

Misa (música)

A misa, un xénero musical sacro, é unha composición coral que traslada á música a seccións fixas da liturxia.A maioría das misas son partes da liturxia en latín, a linguaxe tradicional da Igrexa católica. As misas poden ser a cappella (para voz humana soamente) ou acompañadas por instrumentos musicais, e mesmo incluír unha orquestra completa. Moitas misas, especialmente as máis recentes, nunca foron pensadas para seren interpretadas durante a celebración dunha misa litúrxica.

Noceda, Lalín

Santa María de Noceda é unha parroquia do concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Linda coas parroquias de Madriñán, Prado, Santiso e co concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 275 habitantes (139 homes e 136 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999, cando tiña 346 habitantes.

Localízase sobre un lugar con terras húmidas (está bañada polas augas do río Deza, o regueiro da Santa Lucía, e o de Faquintas), con agros, carballeiras, e terras de cultivo. A súa altura máxima é de 440 metros.

O nome da parroquia levouno durante moito tempo a Banda de música de Noceda.

Noiteboa

A Noiteboa é a celebración cristiá do nacemento de Xesús. Celébrase a noite do día 24 de decembro, a véspera do día de Nadal (o día 25 de decembro) onde se mesturan antigas tradicións pagás indoeuropeas do solsticio de inverno.

Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes.

O costume actual en Galiza é unha cea familiar onde se comen mariscos, peixe (principalmente bacallau e pescada) e unha carne no forno (año, capón ou pavo), despois remátase con sobremesas, tradicionalmente figos secos, castañas e noces, hoxe doces importados: turróns, mazapáns, panettones e tortas varias coma o tronco de Nadal. Cántanse panxoliñas acompañadas dunha pandeireta e vieiras. Tradicionalmente acendíase o tizón de Nadal e viña o Apalpador. Hoxe repártense agasallos baixo a árbore de Nadal seguindo as tradicións centroeuropeas de Papá Noel, que en parte substitúe a tradición de Reis que, á súa vez, substituíu ao Apalpador propio. Aínda que non é unha noite de troula, algúns mozos si saen hoxe en día.

No eido relixioso, nas igrexas celébrase ás 12 da noite a misa do galo, que debe o nome ao costume de levar un galo, costume documentado xa na Idade Media. Parece estar relacionado co canto do galo que anuncia o día, simbolizando que nesa noite chega a luz que vence o príncipe das tebras, é dicir, o demo. Dentro da celebración festiva desta data, inclúense bromas entre os fieis que asisten á misa, como cose-las saias de dúas mulleres que senten xuntas ou botar tinta na pía da auga bendita.

Rito romano

O rito romano é unha das formas nas que son celebrados na Igrexa Católica tanto a Eucaristía (misal romano) como os outros sacramentos (ritual romano), a liturxia das horas (breviario) e as outras cerimonias litúrxicas (ritual e Caeremoniale Episcoporum).

É o rito litúrxico orixinario da diocese de Roma da Igrexa Católica. É o rito máis estendido dos ritos litúrxicos latinos, empregados na Igrexa Latina, unha das 23 igrexas particulares autónomas en comuñón co Papa. Pasou a ser o rito padrón da Igrexa Latina dende a promulgación da bula Quo Primum Tempore de Pío V o 14 de xullo de 1570 en conformidade co espírito do Concilio de Trento. Como os demais ritos litúrxicos, ten sido adaptado e variado ao longo dos séculos. A súa liturxia eucarística pode dividirse en tres etapas históricas: pre-tridentina, tridentina e actual.

Co seu motu proprio Summorum Pontificum de 2007, o papa Bieito XVI aprobou que se puidera seguir a empregar a forma do Misal Romano de 1962, con certos límites nas misas celebradas co pobo, como forma extraordinaria do rito romano.

Sancristía

A sancristía é, nas igrexas cristiás occidentais, unha habitación na que se gardan os obxectos que son necesarios para a misa, por exemplo hostias sen consagrar, cálices, casullas etc, polo que adoita estar pechada ao público. En especial é empregado polo párroco e demais oficiantes como lugar para realizar as preparacións necesarias e para cambiarse antes e logo da misa. A sancristía está habitualmente ao cargo dun sancristán.

O rexistro parroquial consérvase a miúdo na sancristía.

As sancristías teñen habitualmente unha pía especial, ou sacrarium, cuxo desaugadoiro vai directamente ao chan. Esta pía emprégase para lavar os lenzos empregados durante a celebración da misa e outros elementos empregados durante a comuñón.

Normalmente está situada dentro da igrexa, pero pode atoparse nunha anexo ou nun edificio separado (como nalgúns mosteiros). Na maioría das igrexas antigas a sancristía atópase preto dun dos retablos laterais ou máis habitualmente detrás ou á beira do retablo maior. En igrexas máis modernas a sancristía atópase a miúdo noutro lado, como a entrada da igrexa.

Algunhas igrexas posúen máis dunha sancristía, cada unha das cales terá unha función específica. A miúdo as sancristías adicionais son empregadas para o mantemento da igrexa e os seus obxectos, como veas etc.

Nas igrexas cristiás de oriente, emprégase a parte da igrexa onde se atopa o altar, separada polo Ikonostasis, polo que non existe a sancristía como tal.

Torbellino

O torbellino é unha danza e canto folclórico de Colombia.

É propio dos departamentos de Boyacá, Cundinamarca e Santander. É unha tonada de festas relixiosas e familiares. Ten carácter mestizo, con acentuadas características indíxenas.

O seu instrumental é complexo. Consta de requinto, tiple, frauta, cana, capador, chucho, pandereta, carraca, quiribillo, esterilla, zambumbia e, ás veces, cuncha de armadillo.

Báilase por parellas, e ás veces por tríos. Moitas mojigangas ou xoguetes coreográficos realízanse con danza de torbellino, como a Escoba, a Manta, as Perdices, a Caña, ou o Surumangué.

A letra provén das coplas típicas.

Distínguense varias clases: o triste e melancólico do altiplano, e o festivo das zonas cálidas; o versiao, cando os danzantes intercambian coplas; o torbellino a misa, que se bailaba antes da Misa do Galo; de la boterra, danzado antigamente en Villa de Leiva, e o palmotiao.

Anualmente celébrase en Puente Nacional Santander o festival do Torbellino e o Requinto, onde participan varios grupos folclóricos das provincias.

Xogos Olímpicos de 1972

Os Xogos Olímpicos de 1972 foron realizados en Múnic entre o 26 de agosto e o 10 de setembro de 1972 e até o comezo de setembro estaban a ser considerados os mellores, máis pacíficos e tecnicamente perfectos de todos os tempos, cando foron transformados no maior pesadelo ocorrido na historia das Olimpíadas.

Coa participación récord de 121 estados e 7.134 atletas, foron organizados polos alemáns para celebrar a paz e nos seus primeiros dez días a competición deportiva de alto nivel alí realizada maravillaba ó mundo. Mais na madrugada do día 5 de setembro, cinco palestinos do grupo terrorista Setembro Negro invadiron a Vila Olímpica, mataron a dous membros do equipo de Israel e tomaron a nove reféns. O que se seguiu, coa paralización temporal dos Xogos e a morte de todos os reféns israelís, ficou coñecido como o Masacre das Olimpíadas de Múnic.

Con todas as bandeiras dos países participantes a media hasta e unha misa no estadio olímpico en honra das vítimas, após 34 horas de interrupción os Xogos volveron a reanudarse, despois da insistencia e a célebre frase do Presidente do COI, Avery Brundage: “Os Xogos deben continuar!”

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.