Miranda de Ebro

Miranda de Ebro é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). É a capital da comarca do Ebro. Sitúase no nordeste da provincia, moi próxima ás lindes con Álava e A Rioxa. Ten unha extensión de 101,39 km² e unha poboación de 37.648 habitantes (INE 2013).

É a segunda localidade máis poboada da provincia tras a capital. Goza de notábel carácter industrial, sendo un importante nó de comunicacións, especialmente ferroviario. Nun raio de tan só 80 km de Miranda atopamos as cidades de Bilbao, Burgos, Logroño e Vitoria.

Panoramica Allende reflejos
Miranda e o río Ebro
Miranda de Ebro
Bandera de Miranda de Ebro
Coat of Arms of Miranda de Ebro
Localización
Municipio Miranda de Ebro (España)
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCastela e León
ProvinciaBurgos
ComarcaEbro
Xeografía
Altitude471 msnm
Superficie101,39 km²
Demografía
Poboación37.648 hab. (2013)
Densidade371,31 hab./km²
Xentiliciomirandés/esa
Outros datos
Código postal09200
AlcaldeFernando Campo Crespo (PSOE)
www.mirandadeebro.es

Xeografía

Miranda de Ebro está situada na submeseta castelá norte, a 471 m de altitude sobre o nivel do mar, e nas coordenadas seguintes: 42º 41' 6" N, e 2º 55' 60" W. A chaira onde se asenta a cidade está cercada por unha serie de alturas que pertencen aos Montes Obarenes, con saída no Oeste a través do Paso de Pancorbo; o paso de Conchas de Haro ao Sueste en dirección á Rioxa; e o desfiladeiro de La Puebla de Arganzón no Nordeste en dirección ao País Vasco.

Economía

Miranda destaca polo seu sector secundario. A revolución industrial comezou a súa expansión coa chegada do ferrocarril en 1862. Durante a primeira metade do século XX asentáronse na cidade unha industria azucreira (1925) e anos máis tarde FEFASA (1948), dedicada a produción de fibra artificial, e posteriormente a papeleira ENCE. A mediados do século proliferaron as industrias químicas como Montefibre, ELF-Atochen, Rests etc.

En 1981 creouse o parque industrial. Na zona de influencia mirandesa instaláronse compañías agro-alimentarias, aeronáuticas, metalúrxicas etc. Tamén industrias da enerxía como a central nuclear de Santa Maria de Garoña, pechada en 2012.

Lugares de interese

Edificacións civís

Puente Carlos III Miranda
Ponte Carlos III sobre o río Ebro
  • Ponte Carlos III: construída en 1777 baixo a dirección de Francisco Alejo de Aranguren. Dous leóns gardan a ponte desde 1786, obra do escultor alavés Juan Antonio de Moraza; un suxeita o escudo real e outro o da cidade.
  • Pazo do Concello: o edificio actual érguese na Praza de España desde 1778. É obra neoclásica de Francisco Alejo de Aranguren, sob revisión de Ventura Rodríguez.
  • Casas nobres: Varios pazos urbanos salientan no casco vello de Miranda. Destacan a Casa de las Cadenas, construída no século XVI. Nela hospedáronse Napoleón e Fernando VII, que en 1828 mandou colocar unhas cadeas como lembranza da súa estadía. Outro edificio destacado é a Casa dos Urbina, tamén do século XVI, cos seus cubos defensivos. Albergou a Filipe IV, de paso para Francia, e Margarida de Savoia, vicerraíña de Portugal, que faleceu en 1655 neste edificio.
  • Estación de Ferrocarril: construída no 1862 polo arquitecto inglés Charles Vignoles, sendo unha das estacións máis antigas do Norte de España. Nela conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao.
  • Teatro Apolo: singular edificio construído en 1920 polo arquitecto rioxano Fermín Álamo. Destaca a decoración historicista como mostran bustos erixidos nas xanelas e a ornamentación vexetal.
  • Ruínas do castelo: foi construído no século XIV polo conde Tello e tivo uso ata as guerras carlistas, aínda que hoxe tan só se conservan algunhas murallas.
  • A Picota: esculpido en 1569 polo mestre local maese Miguel de Aguirre, trátase do "pelouriño" da antiga vila, símbolo do seu poder xudiciario e que tamén se podía utilizar como picota.

Edificacións relixiosas

Miranda de Ebro - Iglesia del Espiritu Santo 19
Igrexa do Espírito Santo de Miranda
  • Igrexa do Espírito Santo: antes coñecida como de San Nicolás. É en orixe un templo de estilo románico, xa mencionado no Foral de Miranda de 1099. A portada e a ábsida son do século XIII e a súa pequena nave gótica do século XVI. Durante a guerra civil sufriu importantes danos, pasando a denominarse do Espírito Santo logo da súa restauración.
  • Igrexa de Santa María: construída no XV, con estilo entre renacentista e gótico tardío. No seu interior descansa o corpo momificado do Chantre.
  • Igrexa dos Sagrados Corazóns: sita no antigo Convento de San Francisco, o templo foi construído no século XVI. Destaca a súa espectacular espadana de estilo barroco, erguida en 1693.

Deporte

O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro. Foi fundado o 3 de maio de 1927 e desde 2012 compite na Segunda División. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.000 espectadores.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aranda de Duero

Aranda de Duero é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León), pertencente á comarca da Ribera del Duero. Atópase situada ao sur da provincia. Conta cunha poboación de 33.257 habitantes (INE 2013), sendo unha das cidades máis poboadas da provincia, xunto a Burgos e Miranda de Ebro.

No plano económico é especialmente coñecida pola calidade dos seus viños D.O. Ribera del Duero. Nun radio duns 95 km atópanse as cidades de Burgos, Palencia e Valladolid. En Aranda de Duero celébrase anualmente o festival de música Sonorama.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Club Deportivo Mirandés

O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos, España. Foi fundado o 3 de maio de 1927 que xoga na Segunda División Española. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.500 espectadores.

Nas súas vitrinas constan un título de liga de Segunda B, catro de Terceira División, unha Copa de Castela e León e o Trofeo invicto Don Balón entre outros premios. Entre os clubs que existe unha rivalidade especial atópase o Burgos CF, Deportivo Alavés e Haro Deportivo. Durante a tempada 2011-12, o orzamento ascende aos 1 200 500 € e o número de socios aos 3.500.

Na tempada 2011-12 fai historia converténdose no segundo equipo de Segunda B que chega ás semifinais da Copa do Rei. Logo de eliminar a Villarreal CF, Racing de Santander e RCD Espanyol, tres equipos de Primeira a dobre partido, quedou a un paso da final logo de perder contra o Athletic Club. Esa mesma tempada consegue o primeiro ascenso da súa historia á Segunda División.

Estación da Rúa-Petín

A Rúa-Petín é unha estación de Adif situada no concello da Rúa, na provincia de Ourense, moi preto do seu límite co concello de Petín. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Astorga

A estación de Astorga, tamén chamada Astorga-Puerta de Rey, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Astorga, na provincia de León, concretamente no barrio de Puerta de Rey, ao nordés do centro urbano. Ten servizos de media e longa distancia operados por Renfe e tamén funcións loxísticas.

Estación de Burgos-Rosa de Lima

Burgos-Rosa de Lima é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de Burgos. Atópase ao norte da cidade e foi inaugurada oficialmente o 12 de decembro de 2008 en substitución da antiga estación. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Castejón de Ebro

Castejón de Ebro é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Castejón, en Navarra. É un importante nó ferroviario da rede aínda que o peche ao tráfico de liña Soria-Castejón na década dos 90 e o conseguinte desvío do tráfico radial por Zaragoza fixéronlle perder peso. Aínda así conserva unha ampla praia de vías. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de León

A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.

A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Miranda de Ebro

A estación de Miranda de Ebro é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos. É un importante nó ferroviario onde conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. As súas instalacións complétanse cunha estación de clasificación chamada Miranda de Ebro-Mercadorías.

Estación de Palencia

A estación de Palencia, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade española de Palencia, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten amplos servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Encóntrase preto do centro da cidade, ao lado do Parque de los Jardinillos de la Estación e da estación de autobuses da capital.

Estación de Ponferrada

Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Sahagún

A estación de Sahagún é unha estación de ferrocarril de Adif situada no concello de Sahagún, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Tudela de Navarra

Tudela de Navarra é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Tudela, en Navarra. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Vitoria

A estación de Vitoria-Gasteiz é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Vitoria, no País Vasco. É a principal estación da provincia de Áraba, con máis de 500.000 viaxeiros en 2010. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Zaragoza-Delicias

A estación de Zaragoza–Delicias é unha estación intermodal de ferrocarril e autobuses situada no barrio de Las Delicias da cidade aragonesa de Zaragoza.

É un edificio de gran envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.

Estación do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estadio Municipal de Anduva

O Estadio Municipal de Anduva é un estadio de fútbol situado na cidade de Miranda de Ebro, España. Foi inaugurado o 22 de xaneiro de 1950, é de propiedade municipal e é utilizado polo Club Deportivo Mirandés.

Pancorbo

Pancorbo é un concello español, no nordeste da provincia de Burgos, na comunidade autónoma de Castela e León. Ocupa unha superficie de 58,45 km², cunha poboación de 493 habitantes (2013). Dista 63 km da capital provincial, e só 17 km de Miranda de Ebro. O xentilicio que designa aos seus poboadores é pancorbino.

Tradicionalmente formou parte da comarca da Bureba, pero as reorganizacións recentes asígnano á comarca do Ebro.

Provincia de Burgos

A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

100 000+
10 000+
1000+
Menos de
1000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.