Miranda Richardson

Miranda Jane Richardson nada o 3 de marzo de 1958 é unha actriz inglesa de cinema, televisión e teatro.

Miranda Richardson
Stronger PC 02 (37216444535)
Miranda Richardson en setembro de 2017.
Nome completoMiranda Jane Richardson
Nacemento3 de marzo de 1958 (61 anos)
LugarSouthport, Merseyside, Inglaterra Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
Educada enBristol Old Vic Theatre School
ProfesiónActriz (1981-presente)

Traxectoria

En 1985, Richardson fixo o seu debut no cinema como Ruth Ellis, a última muller a ser aforcada no drama biográfico de Mike Newell Bailar cun estraño. Un ano despois, foi lanzada por Steven Spielberg para aparecer no seu drama sobre a Segunda Guerra Mundial, O imperio do sol (1987).

Richardson é coñecida polo seu papel como a Raíña Sabela I de Inglaterra, tamén coñecida como Queenie, na comedia de televisión británica Blackadder II (1986).

Richardson apareceu nunha serie de papeis secundarios no cine, incluíndo Vanessa Bell en The Hours, Lady Van Tassel, en Sleepy Hollow e Patsy Carpenter en The Evening Star. Ela tamén gañou eloxios polo súa interpretación en The Crying Game e Enchanted April, co que gañou un Globo de Ouro.

Richardson tamén apareceu como a Raíña Rosalind de Dinamarca en The Prince and Me e como a ama de ballet Madame Giry, na versión cinematográfica do musical de Andrew Lloyd Webber The Phantom of the Opera (2004). En 2005, apareceu no papel de Rita Skeeter, a xornalista d’O Profeta Diario en Harry Potter e o Cáliz de Fogo.

Filmografía

Ano Filme Papel Notas
1984 A Woman of Substance Paula McGill Amory TV
1985 Bailar cun estraño Ruth Ellis
Underworld Oriel
The Innocent Mary Turner
Blackadder II Queen Elizabeth I TV
1986 After Pilkington Penny
The Death of the Heart Daphne Heccomb
1987 Blackadder the Third Amy Hardwood TV
Eat the Rich DHSS Blonde
O imperio do sol Mrs. Victor
Sweet as You Are Julia Perry TV
1988 Blackadder's Christmas Carol Elizabeth I / Queen Asphyxia XIX TV
1989 Ball Trap on the Cote Sauvage Early Bird
Blackadder Goes Forth Enfermeira Mary Fletcher-Brown TV
The Mad Monkey Marilyn
1990 Secret Friends Olivia TV
The Bachelor Frederica
The Fool Columbine / Rosalind / Ophelia
Twisted Obsession Marilyn
Old Times Anna
Die Kinder Sidonie Reiger TV
1992 The Crying Game Jude O'Hara
Damage Ingrid Fleming
Enchanted April Rose Arbuthnot
1993 Century Clara
The Line, the Cross and the Curve Muller misteriosa
1994 Absolutely Fabulous Bettina TV
Tom & Viv Vivienne Haigh-Wood
Fatherland Charlie Maguire
The Night and the Moment Julie
1996 The Evening Star Patsy Carpenter
Kansas City Carolyn Stilton
1997 The Designated Mourner Judy
Saint-Ex Consuelo
The Apostle Toosie
A Dance to the Music of Time Pamela Flitton TV
1998 St. Ives Miss Gilchrist
The Scold's Bridle Dr Sarah Blakeney
Merlin Raíña Mab / Dama do Lago
1999 Alice in Wonderland Queen of Hearts / Society Woman
The Big Brass Ring Dinah Pellarin
Sleepy Hollow Mary Van Tassel
Blackadder: Back & Forth Elizabeth I de Inglaterra
The King and I Anna Leonowens Voz
2000 Get Carter Gloria Carter
Chicken Run Mrs. Tweedy Voz
The Miracle Maker Mary Magdalene Voz
2001 Snow White: Fairest of Them All Elspeth / Queen
2002 The Hours Vanessa Bell
Spider Yvonne / Mrs. Cleg
2003 The Lost Prince Queen Mary TV
The Rage In Placid Lake Sylvia Lake
Falling Angels Mary Field
2004 The Prince and Me Raíña Rosalind
Churchill: The Hollywood Years Eva Braun
The Phantom of the Opera Madame Giry
Absolutely Fabulous Bettina "White Box" TV
2005 Midsummer Dream Raíña Titania Voz
Harry Potter e o Cáliz de fogo Rita Skeeter
2006 Gideon's Daughter Stella TV
Merlin's Apprentice Dama do Lago TV
Wah-Wah Lauren Compton
Provoked Veronica Scott
Paris, je t'aime‎ A esposa
2007 Puffball Mabs Tucker
Fred Claus Mrs. Annette Claus
Southland Tales Nana Mae Van Adler-Frost
Spinning Into Butter Catherine Kenney
The Life and Times of Vivienne Vyle Helena TV
2009 The Young Victoria Princesa Victoria de Saxe-Coburg-Saalfeld
2010 Made in Dagenham Barbara Castle
Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 Rita Skeeter
ubicon Katherine Rhumor TV

Véxase tamén

Ligazóns externas

65ª edición dos Óscar

A 65.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 29 de marzo de 1993 no Dorothy Chandler Pavillion dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Billy Cristal.

67ª edición dos Óscar

A 67.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 27 de marzo de 1995 no Shrine Auditorium dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi David Letterman.

Bailar cun estraño

Bailar cun estraño (en inglés: Dance with a Stranger) é un filme británico de 1985 dirixido por Mike Newell. Conta a historia de Ruth Ellis, a derradeira muller aforcada no Reino Unido na década de 1950. Este filme biográfico conseguiu a aclamación da crítica e supuxo un gran pulo ás carreiras de Miranda Richardson e Rupert Everett. O guión é obra de Shelagh Delaney, autor de A Taste of Honey.

Estreouse en galego o 16 de decembro de 2000 a través da TVG.

Chicken Run

Chicken Run é un filme de animación británico dirixido por Peter Lord e Nick Park que foi estreado no 2000.

Empire of the Sun

Empire of the Sun é unha novela de 1984 do escritor inglés J. G. Ballard. Foi galardoada co James Tait Black Memorial Prize e foi preseleccionado para o Man Booker Prize. Ó igual que outras historias de Ballard como "The Dead Time" (publicada na antoloxía Myths of the Near Future), é esencialmente ficción pero está baseada nas experiencias de Ballard na segunda guerra mundial. O nome da novela deriva da etimoloxía do nome do Xapón.

Ballard posteriormente escribiu sobre a súa experiencia na China na súa autobiografía Miracles of Life.

IBoy

iBoy é un filme británico de ciencia ficción producido por Netflix que foi estreado no 2017. Está protagonizando Bill Milner e Maisie Williams, e está baseado no libro homónimo de Kevin Brooks.

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Maleficent (filme)

Maleficent é un filme estadounidense de fantasía negra dirixido por Robert Stromberg que foi estreado no 2014. O guión foi escrito por Linda Woolverton e está protagonizado por Angelina Jolie, que interpreta o papel principal, xunto con Sharlto Copley, Elle Fanning, Sam Riley, Imelda Staunton, Juno Temple e Lesley Manville. Está vagamente baseado no conto de Charles Perrault A Bela Dormente e está inspirado no filme animado de Walt Disney Sleeping Beauty. O filme conta a historia dende a perspectiva de Maleficent, a principal antagonista, e representa a súa conflitiva relación coa princesa e o rei dun reino corrupto.

Merlin (filme)

Merlin é un telefilme estadounidense dirixido por Steve Barron que foi estreado en 1998.

O imperio do sol

O imperio do sol (en inglés: Empire of the Sun) é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que foi estreado en 1987. Está baseado na novela de J.G. Ballard Empire of the Sun. Estreouse en galego na TVG o 21 de marzo de 2002.

Rose Byrne

Mary Rose Byrne, nada en Balmain (Sydney, Nova Gales do Sur) o 24 de xullo de 1979, é unha actriz australiana, recoñecida internacionalmente polos seus papeis en filmes como 28 Weeks Later, Sunshine, Knowing, Marie Antoinette e en Get Him to the Greek. Tamén por interpretar a "Ellen Parsons", o segundo papel principal da serie norteamericana Damages.

Sleepy Hollow

Sleepy Hollow é un filme dirixido por Tim Burton que foi estreado en 1999. Está baseado na novela de Washington Irving, A lenda de Sleepy Hollow. A música do filme foi composta por Danny Elfman e foi rodada nos estudios Leavesden Film Studios. Foi un éxito en portelo e tivo unha boa acollida pola crítica, con mención especial á musicalización gótica de Elfman e á fotografía obra de Emmanuel Lubezki.

Gañou un Oscar por Mellor Dirección de Arte, así como dous BAFTAs por Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Deseño de Produción.

The Hours (filme)

The Hours (As horas, en galego) está baseada na novela de Michael Cunningham, a cal leva o mesmo nome. Trátase dunha película independente, de baixo orzamento e gañadora do Óscar á mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway. Toda a película sucede ó longo dun mesmo día, que cambiará as vidas das tres coprotagonistas.

The Young Victoria

The Young Victoria é un filme de 2009 dirixido por Jean-Marc Vallée e escrito por Julian Fellowes, baseado nos primeiros anos de vida e reinado da raíña Vitoria do Reino Unido, así como o seu casamento con Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha. Foi producido por Graham King, Martin Scorsese, Sarah Ferguson e Timothy Headington, e está protagonizado por Emily Blunt, Rupert Friend, Paul Bettany, Miranda Richardson, Harriet Walter, Mark Strong e Jim Broadbent.

Óscar á mellor actriz

O Óscar á mellor actriz é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles. Entrégase a unha actriz que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado polo gañador do Óscar ao mellor actor na edición anterior.

A cerimonia da 1ª edición dos Óscar tivo lugar en 1929, e nela Janet Gaynor gañou o permio polas súas interpretacións en 7th Heaven, Street Angel e Sunrise. Actualmente, as candidaturas se determinan mediante voto singular transferible entre os membros da rama de intérpretes da Academia. As gañadoras elíxense mediante voto plura entre todos os membros con dereito a voto da Academia. Nas primeiras tres edicións dos premios, as actrices eran candidatas por todo o seu traballo durante o período (ata por tres filmes nalgúns casos). Porén, durante a 3ª cerimonia, de 1930, só se citou un filme no premio final, aínda que a gañadora tivese varios filmes na candidatura.O ano seguinte, o sistema, complexo e pouco manexable, foi substituído polo actual, en que unha actriz é candidata por unha interpretación específica nun único filme. A partir da 9ª cerimonia, de 1937, a categoría limitouse a cinco candidaturas. Unha actriz foi candidata postumamente, Jeanne Eagels.

Óscar á mellor actriz secundaria

O Oscar á mellor actriz secundaria é unha as categorías dos Premios Oscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.