Minuto

O minuto (min) é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades.

Isto é:

1/60 h = 1 min = 60 s

O vocábulo minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor». O segundo era denominado pars minuta secunda, a ‘parte diminuta segunda’.

6 de maio

O 6 de maio é o 126º día do ano do calendario gregoriano e o 127º nos anos bisestos. Quedan 239 días para finalizar o ano.

Calendario chinés

O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Corvo mariño

O xénero Phalacrocorax é o xénero máis numeroso en especies de corvos mariños da familia Phalacrocoracidae.

Os corvos mariños, carolos ou canilongas aliméntanse dos peixes que apañan baixo a auga. Impúlsanse principalmente coas patas e poden mergullarse durante máis dun minuto, acadando unha profundidade de aproximadamente 10 metros.

A diferenza da maioría das aves acuáticas, as súas plumas non son por completo impermeables, o que lles permite afundirse e mergullarse doadamente. Unha vez en terra, estenden as ás para secalas. Ademais, regulan o volume dos seus sacos aéreos. Existen unhas 30 especies de corvos mariños, sendo o corvo mariño grande con seguridade o máis espallado. Vive en lagos e esteiros así como nas costas, e constrúe o seu niño en cantís ou en árbores. Ten un tamaño de ata 90 cm de longo, e pódese atopar en augas doces e costas de todo o mundo.

Curtametraxe

Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos. Os filmes de entre 30 e 60 minutos son mediametraxes. A partir dunha hora de duración considéranse longametraxes.

Cuñaxe

No ámbito numismático, a cuñaxe é o proceso de fabricación de moedas mediante estampaxe de metais utilizando cuños, que poden ser utilizados á man ou mediante maquinaria. Oponse, xa que logo, á obtención de moeda en moldes con fundición do metal, característica das emisións dos primeiros séculos.Un cuño monetario é cada unha das dúas pezas metálicas utilizadas para a cuñaxe de moeda, unha para os motivos do anverso e outra para os do reverso, que aparecen impresos en negativo.Os cuños actuais, elaborados con aceiro endurecido, son capaces de cuñar centos de milleiros de pezas antes de seren retirados pola súa deformación.

División de Honra de Rugby 2011-2012

A tempada 2011-2012 da Liga Española de rugby (División de Honra de Rugby) foi a edición número 45 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular estivo composta por 18 xornadas nas que os 10 equipos enfrontáronse todos entre si dúas veces, unha como local e outra como visitante. Nesta tempada, o campión da liga decidiuse por vez primeira polo sistema dos play offs, como se facía en tódalas grandes ligas de rugby do mundo. Así pois, os 6 equipos que remataron a tempada regular nos primeiros postos da táboa, enfrontáronse entre si nas eliminatorias polo título de liga 2011-2012. Os 2 primeiros acadaron o pase directo para xogar as semifinais, e os equipos que rematen 3º, 4º, 5º e 6º tiveron que disputar entre si dúas eliminatorias de cuartos de final.

Esta edición da liga española de rugby foi a derradeira con 10 equipos. O equipo que rematou na última posición tivo que disputar unha eliminatoria pola permanencia co 3º clasificado da División de Honra B.

O Club de Rugby La Vila era o encargado de defende-lo título acadado na tempada 2010-11. Os últimos equipos ascendidos á categoría eran o campión de 1993, Getxo Rugby Taldea, e por vez primeira un equipo galego, o Vigo Rugby Club; que ocuparon as prazas dos descendidos CAU Valencia e Bera Bera RT.

Frecuencia

Frecuencia é un termo empregado nas matemáticas e na física para indicar a velocidade de repetición de calquera fenómeno periódico. Defínese como o número de veces que se repite un fenómeno na unidade de tempo.

A unidade de medida da frecuencia é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que ten lugar unha vez por segundo. Esta unidade era orixinariamente «ciclo por segundo» (cps), hai outras unidades para indicar a frecuencia de revolucións por minuto (rpm), ou para indicar as pulsacións do corazón e o tempo musical, os «pulsos por minuto» (bpm, do inglés beats per minute).

Gasto cardíaco

O gasto cardíaco ou débito cardíaco é o volume de sangue que bombea o corazón nun minuto. É, polo tanto, unha medida de volume, e adóitase expresar en litros. O gasto cardíaco normal nun adulto san é de 5 litros por minuto. Fisiolóxicamente, o sexo feminino ten un gasto cardíaco un 15% menor.

O gasto cardíaco réxese pola seguinte ecuación:

Onde;

Gran Premio de Francia de 1963

Resultados do Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1963 celebrado no circuíto de Reims-Gueux o 30 de xuño de 1963.

Gran Premio de Italia de 1973

O Gran Premio de Italia de 1973 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 9 de setembro de 1973. Foi a décimo terceira proba da tempada de 1973.

Jackie Stewart tivo unha picada no comezo da carreira. Entrou nos boxes, e tomouse un minuto para cambiar os pneumáticos. Saíu no posto 20 e comezou unha remontada onde subiu 16 lugares e terminou cuarto na xeral, o que foi suficiente para asegurar o campionato do mundo de pilotos. A imposibilidade de Emerson Fittipaldi para gañar asegurou que Stewart gañara o seu terceiro Campionato de mundial de pilotos, a falta de dúas carreiras.

Grao sesaxesimal

Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal.

Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica. Para estabelecer o grao, os babilonios dividiron o círculo en 360 partes iguais, pois esa era a cantidade de días referente ao período dun ano e porque o seu sistema de numeración era de base sesenta. Outra herdanza dos babilonios é a división en minutos e segundos, e así temos o minuto sexaxesimal (′, arcmin), e o segundo sexaxesimal (″), que están definidos do seguinte xeito:

1º = 60′

1′ = 60″

Hard rock

O hard rock ou rock duro é un xénero musical derivado do rock and roll con influencias de guitarras blueseras relacionado en principio co heavy metal.

Hora

A hora é o lapso de tempo que comprende 60 minutos, ou 3600 segundos. É, á súa vez, a vintecatroava parte dun día. Por regra xeral o instrumento que mide as horas é un reloxo.

Hora é tamén unha medida de ángulos, utilizada en Astronomía que equivale a 15 º. Ten a súa orixe en que a Terra nunha hora de tempo xira 15º.

Os seus divisores son:

1 hora = 60 minutos

1 minuto = 60 segundos

Unha relación útil é 1 º = 4 minutos

A ascensión recta é un ángulo que se mide en horas, minutos e segundos.

Así AR=3h 25m 13s= 3,4202777.. h= 51,304166..º =51 º 18 ' 15 "

Milla náutica

A milla náutica é unha unidade de medida internacional, a máis común para medir as distancias no mar.

Primeira división española 2006/07

A tempada da 2006–07 da Primeira División foi a 82ª edición da máxima categoría do fútbol español. Comezou o 27 de agosto de 2006 e terminou o 17 de xuño de 2007 co triunfo do Real Madrid, que conseguiu o seu 30º título. Nesta competición participaron dous equipos galegos, o Deportivo da Coruña, que rematou 13º, e o Celta de Vigo, que descendeu tras rematar no 18º posto.

Durante o verán de 2006, equipos como o Real Madrid, o Valencia CF ou o Sevilla FC reforzáronse coa intención de destronar ao FC Barcelona, campión das dúas ligas anteriores (tempadas 2004–05 e 2005–06). Na penúltima xornada de liga, o Real Madrid e o Barcelona chegaron empatados a puntos e coa diferenza de goles a favor dos brancos. Ambos partidos foron xogados á mesma hora ao estar título en xogo. No minuto 89 o Barcelona gañaba 2-1 ao Español e o Real Madrid perdía polo mesmo resultado na Romareda ante o Zaragoza. Neste minuto Ruud van Nistelrooy, empatou o encontro para o Real Madrid e 18 segundos despois, Raúl Tamudo puxo tamén o 2-2 no Camp Nou deixando ao Real Madrid de novo líder faltando xa só a última xornada.O Real Madrid rompeu así unha racha negativa de catro anos sen títulos, a mais longa da súa historia.

Segundo

O segundo (símbolo no SI: s) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día), mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.

A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

Speed metal

O Speed metal é un estilo musical, subxénero do Heavy Metal, caracterizado pola elevada velocidade rítmica (do inglés, speed, rápido). A velocidade típica supera as 190 pulsacións por minuto (p.p.m.), en compases 4x4 con patróns típicos de semicorcheas.

Tempo Medio de Greenwich

O Tempo Medio de Greenwich ou GMT (Greenwich Mean Time) é o tempo solar medio no Observatorio Real de Greenwich, en Greenwich, preto de Londres, Inglaterra, que por convención está a 0 graos de lonxitude.

Durante moitos anos os reloxos máis precisos que existían eran o movemento da Terra ao redor do seu eixo e ao redor do Sol. A partir deles definíase todo o demais relacionado co tempo. Unha volta da Terra ao redor do Sol era un ano, unha volta da Terra sobre si mesma era un día, que se dividía en 24 horas, a hora en 60 minutos e o minuto en 60 segundos. En 1900 definiuse un segundo 1/86.400 dun día solar medio.

Isto era suficientemente preciso para as actividades cotiás, pero aos poucos foise observando que a Terra non era o mellor reloxo. As mareas fan diminuír o seu xiro con certa regularidade pero, ademais, hai outras influencias que fan que a duración dese xiro non sexa constante. As diferenzas non afectan a vida cotiá pero si poden afectar a precisión da navegación ou a posición dos satélites artificiais, por exemplo.

Twitter

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007.​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos de outros usuarios – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores,​ followers e as veces tweeps​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países.​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Unidades de tempo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.