Ministro (goberno)

Ministro é o membro dun goberno que, baixo a autoridade dun Xefe de Goberno ou dun Primeiro Ministro, exerce a función executiva dun estado nunha área concreta que lle foi encomendada. Ademais fai parte do Consello de ministros, órgano colexiado do Goberno.

A autoridade que teña así como a autonomía da que dispoña no exercicio do seu cargo poden variar segundo a lexislación de cada país

Lexislación española

O posto de ministro está recollido, na lexislación española, sobre todo na Constitución e na Lei do Goberno.

Constitución española

O papel do Goberno e os seus ministros veñen recollidos nos artigos 97 e seguintes da Constitución[1]:

O Goberno dirixe a política interior e exterior, a Administración civil e militar e a defensa do Estado. Exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de acordo coa Constitución e coas leis.

Artigo 98

1. O Goberno componse do presidente, dos vicepresidentes, se é o caso, dos ministros e dos demais membros que estableza a lei.
2. O presidente dirixe a acción do Goberno e coordina as funcións dos demais membros del, sen prexuízo da competencia e responsabilidade

directa destes na súa xestión.

3. Os membros do Goberno non poderán exercer outras funcións representativas cás propias do mandato parlamentario, nin calquera

outra función pública que non derive do seu cargo, nin ningunha actividade profesional ou mercantil.

4. A lei regulará o estatuto e mailas incompatibilidades dos membros do Goberno.

Artigo 100

Os demais membros do Goberno serán nomeados e separados polo Rei, por proposta do seu presidente.

Artigo 101

1. O Goberno cesa trala celebración de eleccións xerais, nos casos de perda de confianza parlamentaria previstos na Constitución ou por dimisión ou morte do seu presidente.

Artigo 102

1. A responsabilidade criminal do presidente e dos demais membros do Goberno será esixible, cando exista, perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo.
Reunión del Consejo de Ministros de España del 14 de abril de 2008
Reunión do Consello de Ministros de España, 14 de abril de 2008.

Tal como preveía a Constitución, as leis detallaron máis as funcións e status dos ministros.

Lei do Goberno

Na Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno[2], establécense as responsabilidades e funcións dos ministros:

1. Os Ministros, como titulares dos seus Departamentos, teñen competencia e responsabilidade na esfera específica da súa actuación, e correspóndelles o exercicio das seguintes funciones:

a) Desenvolver a acción do Goberno no ámbito do seu Departamento, de conformidade cos acordos adoptados no Consello dos Ministros ou coas directrices do Presidente do Goberno.

b) Exercer a potestade regulamentaria nas materias propias do seu Departamento.

c) Exercer cantas outras competencias lles atribúan as leis, as normas de organización e funcionamento do Goberno e calquera outras disposicións.

d) Referendar, no seu caso, os actos del Rei en materia da súa competencia.

Notas

  1. Constitución española
  2. http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1997-25336

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.