Ministerio do Interior de España

O Ministerio do Interior de España, é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado de executar as decisións tomadas polo Presidente do Goberno, así como de manter a orde en todo o país. Para iso o Ministerio ten baixo a súa tutela o Corpo Xeral da Policía e da Garda Civil. O Ministerio do Interior, tomas as decisións sobre política antiterrorista. O seu titular é Fernando Grande-Marlaska.

Logotipo del Ministerio del Interior

Estrutura orgánica básica (xaneiro 2012)

A estrutura orgánica básica[1] é: (en cursiva indícanse os organismos autónomos)

Ministro do Interior: Fernando Grande-Marlaska

  • Gabinete
  • Centro Nacional de Coordinación Antiterrorista
  • Comité Executivo para o Mando Unificado das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (CEMU)
  • Subsecretaría do Ministerio: Luis Aguilera
  • Secretaría Xeral Técnica
  • Dirección Xeral de Política Interior
  • Dirección Xeral de Tráfico
  • Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias
  • Dirección Xeral de Apoio ás Vítimas do Terrorismo: Sonia Ramos Piñeiro
  • Secretaría de Estado de Seguridade: Ignacio Ulloa Rubio

Lista de ministros do Interior

Notas

  1. Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alternativa Independiente de A Capela

Alternativa Independiente de A Capela (AIAC) é un partido político de ámbito municipal da Capela rexistrado o 1 de febreiro de 2011 para participar nas eleccións municipais dese ano, no que logrou dous concelleiros, que mantivo nas municipais de 2015.

Cataluña

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Centro penitenciario

Centro penitenciario, cárcere, prisión ou presidio é un lugar de internamento para os presos ou prisioneiros que a través do sistema xurídico están sentenciados a unha pena de privación de liberdade, temporal ou permanente. A diferenza cun campo de reagrupamento, campo de internamento, campo de prisioneiros, campo de retención, campo de concentración ou campo de exterminio é que conta con construcións pechadas comúns (calabozos, barracóns), e nestes obríganse ademais normalmente a realizar traballos forzados.

Deportivo da Coruña

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña. Na tempada 2018-2019 xoga na segunda división, logo de descender na tempada 2017-18. Con todo, xogou 25 das últimas 28 tempadas en primeira división, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais.

En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.Logo de 46 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española, sendo o segundo equipo galego neste ránking. A finais de 2003 o club tiña 287 agrupacións de afeccionados, pero na tempada 2011–12 en segunda división esa cifra de agrupacións baixou a 156.Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.

Grupos Antiterroristas de Liberación

Os Grupos Antiterroristas de Liberación (GAL) foron agrupacións armadas parapoliciais que practicaron o que se denominou terrorismo de Estado ou "guerra sucia" contra o grupo terrorista ETA e a súa contorna, durante a década de 1980. Foron creados e dirixidos por altos funcionarios do Ministerio do Interior de España, durante o goberno do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) do presidente Felipe González.

Aínda que dicían combater a ETA, en varias ocasións atentaron contra simples militantes da esquerda independentista vasca e contra ecoloxistas. Tamén realizaron accións indiscriminadas debido ás cales faleceron cidadáns franceses sen adscrición política coñecida.

Os GAL foron obxecto das investigacións do xornal El Mundo, dirixido por Pedro J. Ramírez, e por outros xornalistas como Pepe Rei. Estas investigacións serviron para expoñer á opinión pública a organización, fontes de financiamento e implicacións políticas dos GAL.

Independientes por Vimianzo

Independientes por Vimianzo foi un partido político local fundado en 2011 polo daquela entón alcalde de Vimianzo Alejandro Rodríguez Lema, expulsado desde 2009 do Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE. Formalmente foi inscrito o 31 de xaneiro de 2011 no rexistro de partidos do Ministerio do Interior de España.

Xurdiu como unha escisión da corporación socialista vimiancesa oposta á política da dirección do partido, favorábel aos pactos de goberno co Bloque Nacionalista Galego cara as eleccións municipais de 2011. Alejandro Rodríguez Lema encabezou as listas co obxectivo de anovar na alcaldía unha lexislatura máis.

Finalmente os resultados acadados non foron de abondo e a nova corporación do PSdG-PSOE decidiu apoiar a candidatura de Manuel Antelo Pazos, líder da lista máis votada, a do BNG. Dous anos máis tarde impulsarían unha moción de censura co apoio do Partido Popular e dous edís tránsfugas do PSdeG-PSOE, porén dita iniciativa non sairía adiante tras ser anulada polos tribunais por irregularidades na súa tramitación.

De cara ás eleccións municipais de 2015 Alejandro Rodríguez decidiu dar o relevo á súa sobriña Mónica Rodríguez Ordoñez. Os resultados foron peores cós dos anteriores comicios xa que, pese a que IxVimianzo se converteu no partido da oposición con máis representatividade nos plenos, perderon case dez puntos porcentuais e un edil e Manuel Antelo foi que de anovar na alcaldía, desta volta xa con maioría absoluta.

En xullo de 2018 IxVimianzo únese ao PSOE sendo Mónica Rodríguez cabeza de lista do PSOE para as municipais do 2019

Juan José Rosón

Juan José Rosón Pérez, nado en Becerreá o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 18 de agosto de 1986, foi un político galego.

Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina

Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina, nado en Bilbao o 6 de xullo de 1973, máis coñecido como Txeroki, é un membro da banda terrorista ETA, da que asumiu a xefatura militar no 2008 até a súa detención en novembro do mesmo ano.

Partidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1976 a 1980.

Partidos políticos de España inscritos de 1981 a 1985

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1981 a 1985.

Partidos políticos de España inscritos de 1986 a 1990

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1986 a 1990.

Partidos políticos de España inscritos de 1991 a 1995

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1991 a 1995.

Partidos políticos de España inscritos de 1996 a 2000

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1996 a 2000.

Partidos políticos de España inscritos de 2001 a 2005

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 2001 a 2005.

Piratas de Galicia

Piratas de Galicia (de siglas PIRATA.GAL) é un partido político español con ámbito en Galicia, herdeiro da ideoloxía do Partido Pirata de Suecia que procura a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, a inclusión da democracia directa no sistema político e a defensa dos dereitos humanos dentro e fora da rede .

Podemos

Podemos é un partido político español fundado en xaneiro de 2014, cuxo secretario xeral é Pablo Iglesias Turrión.Catro meses despois da súa formación, Podemos participou nas eleccións europeas de 2014, logrando cinco escanos (de 54) co 7,98 % dos votos, o que o converteu no cuarto partido máis votado de España. No primeiros vinte días que permitiu a inscrición, reuniu máis de 100 000 membros, converténdose no terceiro partido en número de afiliados. En outubro ostentaba xa o segundo lugar, con máis de 200 000. Tamén chegou a aparecer como o primeiro partido do país en intención directa de voto, segundo as enquisas.

Redondeláns Adiante

Redondeláns Adiante (A.D.I.A.N.T.E.) é unha formación política de carácter municipalista, independente, nacionalista e progresista, que focaliza o seu ámbito de actuación no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente atópase integrado no Partido Galeguista. O seu líder é Alejandro Bastos Fernando.

Síndrome da muller branca desaparecida

A síndrome da muller branca desaparecida (Missing White Woman Syndrome, MWWS, en inglés) é unha teoría sociolóxico-xornalística orixinada nos Estados Unidos de América que se refire á atención desproporcionada que se lles dá nos medios de comunicación (principalmente televisión, radio e xornais) aos casos de persoas desaparecidas cando estas son mulleres novas ou cativos, de clase media ou media-alta, e de raza branca, en comparación con casos de desaparicións de homes, así coma mulleres de outras clases sociais ou razas.Segundo o Ministerio do Interior de España, entre 2007 e 2011 foron recibidas 72.018 denuncias na Policía Nacional por desaparición. Porén, só unha mínima porcentaxe destas recibe cobertura por parte dos medios. Segundo varios expertos, coma o xornalista Francisco Canals Carreras, á audiencia interésanlle máis os sucesos relacionados con mulleres de menos de 40 anos, atractivas, e de clase media-alta, e iso fai que os medios lle presten máis atención a estes casos, nun fenómeno que se coñece coma Teoría da Agenda Setting.En Galicia, diversas desaparicións foron sometidas a unha gran cobertura dos medios de comunicación. Entre elas, destaca a desaparición e asasinato de Asunta Basterra, cuxo corpo sen vida foi encontrado nunha pista forestal no concello de Teo ao día seguinte de desaparecer, o 22 de setembro de 2013. Outro exemplo significativo deste fenómeno xornalístico é o caso da desaparición de

Iván Durán Valverde, de 30 anos, ao que se lle perdeu a pista en Baiona o 25 de agosto de 2016. A dita desaparición pasou practicamente inadvertida nos medios, mentres que a desaparición de Diana Quer, que se producira só 5 días antes, recibira unha sobreatención por parte dos mesmos medios.

Xosé I de España

Xosé Bonaparte, coñecido tamén como Xosé I Bonaparte ou Xosé Napoleón I, nado o 7 de xaneiro de 1768 en Corte, Córsega, daquela na República de Xénova, e finado o 28 de xullo de 1844 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, foi un político, diplomático e avogado francés, irmán maior de Napoleón Bonaparte, diputado por Córsega no Consello dos Cincocentos (1797-1799) e secretario do mesmo, e novamente no Corpo Lexislativo (1799-1800), ministro plenipotenciario e membro do Consello de Estado (1800-1804), Príncipe e Gran Elector do Primeiro Imperio Francés (1804-1806), rei de Nápoles e Siclia entre o 30 de marzo de 1806 e o 5 de xullo de 1808 co nome de Xosé I e rei de España e das Indias entre o 6 de xuño de 1808 e o 11 de decembro de 1813 co nome de Xosé I, e tenente xeneral do Imperio francés (1814).

En España, a súa proclamación como monarca foi precipitada polo incremento da violencia que seguiu ao episodio do Levantamento do 2 de maio e culminou nun período de convulsións e intrigas políticas instigadas pola estratexia do emperador Napoleón I para obter a abdicación do trono da dinastía reinante de Carlos IV de España asegurando a influencia e a primacía do Primeiro Imperio Francés e incrementando a dependencia española para cos intereses políticos, económicos e militares bonapartistas, en detrimento das súas nacións inimigas, principalmente Portugal e Gran Bretaña. Porén, lonxe de obter unha lexitimación ante a maioría da opinión pública e de frear a dinámica do enfrontamento armado, esta proclamación foi rexeitada polos órganos de poder autóctonos como o Consello de Castela e a Xunta Suprema Central e, máis adiante, polas Cortes reunidas en Cádiz, decidindo a xeneralización do conflito da guerra da Independencia española. Neste contexto, o goberno de Xosé I Bonaparte, que debía distinguirse polo seu carácter reformista xurdido da Carta de Baiona, só puido exercerse nas zonas baixo o control militar do Exército imperial e, aínda que a maior parte das súas accións non puideron concretarse ante a continua hostilidade, ou foron derrogadas durante o reinado de Fernando VII de España, outras perduraron, como as melloras do urbanismo en varias cidades.

Xosé Bonaparte fundou a Gran Loxia Nacional de España e foi Gran Mestre do Grande Oriente de Francia, e do Grande Oriente de Italia.[Cómpre referencia].

Foi distinguido coa Grande Aguia da Lexión de Honor.En España foi alcumado despectivamente como Pepe Botella e Pepe Plazuelas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.