Ministerio de Fomento de España

O Ministerio de Fomento de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da preparación e execución da política do goberno en materia de infraestruturas de transporte terrestre, aéreo e marítimo de competencia estatal, e o control, a ordenación e a regulación administrativa dos servizos de transporte correspondentes. Así mesmo ten como outros obxectivos, o impulso e dirección de temas relativos á astronomía, xeodesia, xeofísica e cartografía.

O actual ministro de Fomento é José Luis Ábalos.

Estrutura orgánica básica (xaneiro 2012)

A estrutura orgánica básica[1] é: (en cursiva indícanse os organismos autónomos)

Ministro de Fomento: José Luis Ábalos

  • Secretaría de Estado de Planificación e Infraestruturas: Rafael Catalá Polo
    • Secretaría Xeral de Infraestruturas: José Damián Santiago
      • Dirección Xeral de Estradas: Jorge Urrecho
      • Dirección Xeral de Ferrocarrís: Manuel Niño González
    • Secretaría Xeral de Transporte: Carmen Librero Pintado
      • Dirección Xeral de Aviación Civil: Ángel Luis Arias
      • Dirección Xeral da Mariña mercante: Rafael Rodríguez Valero
      • Dirección Xeral de Transportes Terrestre: Joaquín del Moral
    • Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo. Pilar Martínez López
  • Subsecretaría de Fomento: Mario Garcés
    • Secretaría Xeral Técnica: Eugenio López Álvarez
    • Dirección Xeral de Programación Económica e Orzamentos: Juan Miguel Báscones
    • Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional: Amador Elena Córdoba
    • Adif: Enrique Verdeguer
    • AENA: José Manuel Vargas Gómez
    • Axencia Estatal de Seguridade Aérea: Isabel Maestre Moreno
    • INECO: Ignasi Nieto Magaldi
    • FEVE: Marcelino Oreja Arburua
    • Portos do Estado: José Lorca Ortega
    • Renfe: Julio Gómez-Pomar
    • SENASA: Eugenia Llorens Beltrán de Heredia
    • SEPES: Lucía Molares
    • Sociedade Pública de Alugueiro: Nieves Huertas

Lista de ministros

Notas

  1. Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

A-55

A A-55 ou Autovía do Atlántico é unha autovía galega que une as localidades de Vigo e Tui en Pontevedra e continua ata a fronteira con Portugal onde se transforma na A3 (Autoestrada Porto - Valença). Está xestionada polo Ministerio de Fomento de España.

Parte desde a praza de España en Vigo e logo de atravesar a AP-9 mediante unha ponte elevada discorre paralela a esta, atravesando O Porriño ata chegar a Tui onde converxe coa AP-9, dirixíndose entón ata a fronteira hispano-portuguesa.

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como ADIF ou Adif, é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento de España, que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

ADIF herdou a infraestrutura da extinta RENFE, polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de largo ibérico de España. En 2016 tiña 12 241 quilómetros de vías. Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.

Aeroporto de Madrid-Barajas

O aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, antes coñecido como aeroporto de Madrid-Barajas, é un aeroporto público español xestionado por AENA, situado nas inmediacións da cidade de Madrid, a capital de España. É o primeiro aeroporto español por tráfico de pasaxeiros, carga aérea e operacións, así como o cuarto de Europa por número de pasaxeiros e undécimo do mundo.As terminais localízanse no termo municipal de Madrid, pero o campo de voos esténdese tamén por Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. Construído sobre un campo de leitugas, entrou en servizo o 22 de abril de 1931, aínda que houbo voos de proba nos terreos onde se asentaría o aeroporto desde 1928.

É o principal aeroporto de España e o que ten o maior número de voos directos a Hispanoamérica de todos os aeroportos europeos. A ruta aérea Madrid-Barcelona, coñecida como "ponte aérea" e que ten un dos seus extremos en Madrid–Barajas e no outro en Barcelona–El Prat, é a que ten maior número de voos á semana de todo o mundo.

En 2007 viaxaron polo aeroporto 52,1 millóns de pasaxeiros, situándose no décimo posto a nivel mundial e o cuarto de Europa por número de pasaxeiros.

O día 24 de marzo de 2014, o aeroporto pasa a ter o nome de aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, en homenaxe ao antigo presidente do Goberno de España Adolfo Suárez, finado un día antes.

Alfonso Senra Bernárdez

Alfonso Senra Bernárdez, nado en Tui en 1877 e finado en Madrid o 10 de decembro de 1951, foi un avogado, xornalista e político galego.

Decreto Orovio

O decreto Orovio é un real decreto promulgado do día 26 de febreiro de 1875 a solicitude do ministo de Fomento Manuel Orovio Echagüe, marqués de Orovio, ao rei Afonso XII. Unha vez promulgado o real decreto emitiuse unha circular o mesmo día da súa presentación. O decreto abolía a liberdade de cátedra na ensinanza, apoiaba a confesionalidade do estado e identificaba a orde relixiosa coa política. A circular que se enviou seguidamente aos reitores universitarios, ordenáballes expedientar con celo a todos os profesores que se desviasen do estipulado no decreto.

Juan Luis Pedrosa

Juan Luis Pedrosa Fernández, nado en Lugo o 8 de febreiro de 1955, é un mariño e político galego.

N-532

A N-532 ou Estrada Nacional 532 Verín - Portugal é unha vía terrestre con titularidade do Ministerio de Fomento de España que comunica Verín coa fronteira portuguesa. Ten o seu quilómetro cero na vila de Verín, no cruzamento coa N-525. Trátase dunha estrada convencional cun único carril en cada sentido da circulación. Foi creada en 1988 tomando o trazado da antiga C-532 e forma parte da ruta europea E-801.

Desde 2010 debía deixar de ser o acceso principal a Portugal coa entrada en servizo da A-75, que conecta a A-52 coa Raia en Feces de Abaixo, habendo unha autoestrada portuguesa que lle dá continuidade baixo a denominación A24, do mesmo xeito que a propia N-532 coa N-103-5. Porén, o incremento no número de peaxes nas vías de alta capacidade de Portugal, que incluíu a A24, provocou que moitos condutores seguisen a empregar a vella estrada e, por defecto, continuar pola homóloga en Galiza.

N-651

A N-651 ou Estrada Madrid-Ferrol, é unha estrada nacional española, que une Betanzos na N-VI con Fene, onde conecta coa FE-14, que pola Avenida das Pías remata en Ferrol. Pasa por Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas e Fene. Conecta coa AP-9F, en Miño (sentido Betanzos), Pontedeume, Cabanas e Fene.

A estrada N-651 formou historicamente un tramo de ramal entre Betanzos e Ferrol da Estrada da Coruña, baixo o identificador N-VI.

No ano 2016 o Ministerio de Fomento de España decidiu investir 6,2 millóns de euros na mellora da seguridade viaria desta vía entre os P. K. 20,5 e 26,9 ao seu paso pola travesía urbana de Cabanas.

Praia de Rande

A praia de Rande é un pequeno areal da Ría de Vigo, que practicamente desaparece na preamar, situado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, ao lado leste da Ponte de Rande.

É unha das sete praias do concello. Algunhas das outras son a pequena praia das Cabanas (ao lado oeste da ponte), a praia de Cesantes e a praia de Area Longa.

Premios Nacionais de Cultura de España

Os Premios Nacionais de Cultura de España son unha serie de galardóns a actividades e persoeiros da cultura española, que concede o Ministerio de Cultura de España.

Os premios son moi diversos entre si: algúns son moi antigos, remontando a súa orixe ás primeiras décadas do século XX, e outros son moi recentes, creados no século XXI; uns concédense a unha obra singular e outros a toda unha carreira; uns son regulares no tempo, e outros descontinuos; tamén as contías económicas varían entre todos eles.

Os premios son:

Premio Nacional de Artes Plásticas de España

Premio Nacional de Fotografía de España

Premio Nacional de Deseño de Moda de España

Premio Nacional de Cinematografía de España

Premio Nacional das Letras Españolas de España

Premio Nacional de Literatura de España na súa modalidade de Ensaio

Premio Nacional de Literatura de España na súa modalidade de Literatura dramática

Premio Nacional de Literatura de España na súa modalidade de Literatura infantil e xuvenil

Premio Nacional de Literatura de España na súa modalidade de Narrativa

Premio Nacional de Literatura de España na súa modalidade de Poesía

Premio Nacional de Literatura de España na súa modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández

Premio Nacional de Historia de España

Premio Nacional á mellor Tradución de España

Premio Nacional á obra dun Tradutor de España

Premio Nacional de Banda deseñada de España

Premio Nacional de Ilustración de España

Premio Nacional de Xornalismo Cultural de España

Premio Nacional de Fomento da Lectura de España

Premio Nacional ao mellor Labor Editorial Cultural de España

Premio Nacional de Circo de España

Premio Nacional de Danza de España

Premio Nacional de Música de España

Premio Nacional das Músicas Actuais de España

Premio Nacional de Teatro de España

Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade de España

Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais de España

Premio Nacional de Fomento da Creatividade no Xoguete de España

Premio Nacional de Televisión de España

Premio Nacional de Tauromaquia de EspañaA estes habería que sumarlle, concedido polo Ministerio de Fomento de España:

Premio Nacional de Arquitectura de España

Renfe Operadora

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario, que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

Rodalies de Catalunya

Rodalies de Catalunya (antigamente Rodalies Barcelona) é unha marca comercial utilizada pola Generalitat de Cataluña e Renfe Operadora para servizos ferroviarios de proximidades (rodalies en catalán) traspasados polo Ministerio de Fomento de España á Generalitat a partir do 1 de xaneiro de 2010 e os servizos ferroviarios de rexionais traspasados o 1 de xaneiro de 2011.

Os servizos de proximidades son operados por Renfe Operadora e circulan pola rede ferroviaria de largo ibérico de Adif, a través das liñas da rexión metropolitana de Barcelona.

Actualmente a rede conta con seis liñas de rexionais non integradas na rede de transporte público e sete liñas de proximidades integradas no sistema tarifario de seis zonas creado pola Autoritat del Transport Metropolità (ATM Àrea de Barcelona) que inclúe tamén autobuses, tranvía e trens de proximidades do Ámbito metropolitano de Barcelona e comarcas limítrofes.

Rosalía de Castro

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima

A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, tamén coñecida polo acrónimo SASEMAR ou de modo extraoficial como Salvamento Marítimo, é un ente público empresarial encargado da seguridade marítima en augas españolas. Está baixo dependencia directa do Ministerio de Fomento de España por medio da Dirección Xeral da Mariña Mercante. A súa fundación data do ano 1992, por mor da promulgación da Lei 27/92 de Portos do Estado e da Mariña Mercante, entrando en funcionamento no ano 1993.A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima ten como principal tarefa a de levar a cabo operacións de procura e rescate nas zonas de responsabilidade asignadas a España, que cobren máis de 1 500 000 km2. Tamén ten asignadas outras tarefas como a loita contra a contaminación marítima, o control do tráfico marítimo -especialmente en zonas de gran tráfico como son o Estreito de Xibraltar e o dispositivo de separación de tráfico (DST) á altura de Fisterra -, e a asistencia a embarcacións.

Suelo Empresarial del Atlántico

Suelo Empresarial del Atlántico S. L. (SEA) é unha sociedade limitada constituída no ano 2003 e participada nun 83,44 % polo Ministerio de Fomento de España a través da entidade estatal de solo SEPES, nun 14,26 % pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun 1,65 % por Abanca e un 0,65 % pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é o desenvolvemento e comercialización de parques empresariais en todo o territorio galego.

En xuño de 2013 foi aprobada a súa fusión con Suelo Industrial de Galicia S. A., sociedade participada na súa maioría tamén pola SEPES.

V-18

O Viario 18 ou Conexión da autovía AC-14 coa autoestrada de peaxe AP-9, é unha vía de alta capacidade en proxecto que suporía unha alternativa para desconxestionar o tráfico existente entre a AC-11 e a AP-9.

VG-20

A VG-20, tamén coñecida como Circunvalación ou Segundo Cinto de Vigo é unha autoestrada de titularidade estatal que circunda a cidade de Vigo polo sur.

A súa construción comezou canda a prolongación da AP-9 até Tui, en 2001, cun custo estimado de 30.000 millóns de pesetas (~180M€) . Entrou completamente en servizo en novembro de 2005, logo dun investimento duns 122 millóns de euros por parte do Ministerio de Fomento de España. Unha década despois, a VG-20 encontrábase cos seus niveis máis baixos de tráfico desde a súa posta en funcionamento.

Vía de Alta Capacidade da Costa Norte

A Vía de Alta Capacidade da Costa Norte ou Vía de Altas Prestacións da Costa Norte é un corredor variante de poboacións, actualmente unha vía para automóbiles, con trazado válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía (trazado con velocidade específica R-100 segundo a norma 3.1-IC do Ministerio de Fomento de España). Denomínase como CG-1.3 no seu percorrido pola provincia da Coruña e CG-2.3 no seu percorrido pola provincia de Lugo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.