Minifundio

Un minifundio é unha leira rústica de extensión reducida, aínda que debe ser contextualizada dentro do espazo no que se atope. Algúns libros de texto defíneno por baixo de 30 ha.

Belesar, Baiona
A agricultura galega caracterízase polo minifundismo.

Características

Un minifundio ten, por definición, unhas dimensións tan reducidas que impiden ao agricultor obter unha renda suficiente para sobrevivir. O minifundismo, xunto co latifundio, é unha das principais causas da emigración rural á cidade en busca de traballo.[1]

O minifundio créase nos réximes de herdanza nos que o posuidor divide a súa propiedade a partes iguais entre os seus fillos, resultando así cachos de terreo progresivamente máis pequenos, até que a renda insuficiente obrígaos a vender as terras que lles queda e emigrar.

O minifundio é moi común tanto no norte de España como no propio territorio de Galiza.[2]

Notas

  1. EcuRed (ed.). "Minifundio". Consultado o 12 de novembro de 2018.
  2. Cedrón, María (27 de agosto de 2013). "El minifundio condena a muerte al monte gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 12 de novembro de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Angrois, Sar, Santiago de Compostela

Angrois é un barrio de Sar, situada ao leste do concello de Santiago de Compostela.

Ansemil, Celanova

Santa María de Ansemil é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2010 tiña 130 habitantes (67 homes e 63 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Carlos Ferrás Sexto

Carlos Ferrás Sexto, nado en Compostela en 1965, é un xeógrafo e académico galego.

Carne

Desde un punto de vista técnico, o Codex Alimentarius da FAO define á carne como "todas as partes dun animal que se ditaminaron como inocuas e aptas para o consumo humano ou que se destinan para este fin". A carne componse de auga, proteínas e aminoácidos, minerais, graxas e ácidos graxos, vitaminas e outros compoñentes bioactivos, así como pequenas cantidades de carbohidratos. Desde o punto de vista nutricional, a importancia da carne deriva das súas proteínas de alta calidade, que conteñen todos os aminoácidos esenciais, así como dos seus minerais e vitaminas de elevada biodispoñibilidade. A carne é rica en vitamina B12 e ferro.Porén, tradicional, popular e institucionalmente,

a carne é o tecido animal, principalmente muscular, que se consome como alimento. Trátase dunha clasificación coloquial e comercial que só se aplica a animais terrestres, normalmente vertebrados: mamíferos, aves e réptiles). Tradicionalmente, e até a segunda metade do século XVIII, os cetáceos, mamíferos mariños, con varia especies comestíbeis polos humanos, considerábanse científica e popularmente como peixes;

a pesar de poder aplicarse a definición da FAO aos animais mariños non mamíferos, estes entran na categoría de peixes. Os crustáceos, moluscos e outros grupos que comprenden especies comstíbeis (como algúns equinodermos), adoitan recibir o nome de mariscos.Por outra parte, convén clarificar o concepto de vianda. Derivado do francés viande, que significa 'carne', este termo ten un significado máis amplo que carne, e designa, en galego a calquera comida utilizada polo ser humano, e mesmo a destinada aos animais. En plural, designa o conxunto dos diferentes pratos que se serven á mesa. Finalmente, moitos técnicos en alimentación denominan vianda á parte comestíbel dun animal (por exemplo, á dun molusco bivalvo sen a cuncha. En calquera caso, é un erro considerar vianda e carne como sinónimos.

Desde o punto de vista nutricional a carne é unha fonte habitual de proteínas, graxas e minerais na dieta humana. De todos os alimentos que se obteñen dos animais e plantas, a carne é o que maior valoración e apreciación alcanza nos mercados e, paradoxalmente, tamén é un dos alimentos máis evitados e que máis polémicas suscita. Os animais que se alimentan exclusivamente de carne chámanse carnívoros; pola contra, os animais que non comen carne e aliméntanse de plantas son herbívoros. As plantas que se alimentan de animais e insectos chámanse igualmente carnívoras (a pesar da súa entomofaxia). Os que comen carne de presas matadas por eles mesmos denomínanse depredadores e os que a obteñen de animais xa mortos denomínanse preeiros.

A maior parte do consumo de carne dos seres humanos provén de mamíferos, aínda que apenas nos alimentamos dunha pequena cantidade das 3.000 especies que existen. Consumimos sobre todo carne de animais ungulados, domesticados para provernos de alimento. As especies de abasto básicas para o consumo son o gando ovino, bovino, porcino e as aves de curral, mentres que as especies complementarias son o gando caprino, equino e a caza (maior e menor). A industria cárnica é a industria de alimentación que maior volume de vendas move. O consumo de carne está crecendo de forma global en consonancia co incremento da poboación mundial, sendo os países en vías de desenvolvemento os que posúen un maior cociente de crecemento, o que implica que nuns anos se necesitarán solucións para satisfacer a crecente demanda deste alimento.

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Galo Salinas

Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez, nado na Coruña o 14 de marzo de 1852 e finado na mesma cidade o 1 de outubro de 1926, foi un galeguista e escritor en lingua galega e castelá.

Grecia

Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino, e o Imperio Otomán. Así mesmo, Grecia é o berce da democracia, a filosofía occidental, os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961, e da Axencia Espacial Europea dende 2005. Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Hew Whiteford Dalrymple

Sir Hew Whiteford Dalrymple, 1º Baronet, nado en Ayr (Escocia) o 3 de decembro de 1750 e finado en Londres o 9 de abril de 1830, foi un militar do Exército británico, que alcanzou o grao de xeneral e ostentou o cargo de gobernador de Xibraltar.

José Antonio Durán

José Antonio Durán Iglesias, nado en Requejo de Sanabria (Provincia de Zamora) o 15 de maio de 1941, é un escritor e investigador.

Odón Luís Abad Flores

Odón E. Luís Abad Flores, nado en Puerto Tarafa (Camagüey, Cuba) o 18 de novembro de 1929 e falecido o 26 de maio de 2016, foi un profesor, escritor e enxeñeiro agrónomo galego. Desde 1932 residía en Galicia.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Revista de Economía de Galicia

Revista de Economía de Galicia foi unha revista de economía galega, publicada pola Editorial Galaxia entre os anos 1958 e1968. Editáronse 66 números, sendo dirixida entre os anos 1958-1963 por Xaime Isla Couto e entre o 1963-1968 por Xosé Manuel Beiras, materialmente, aínda que na revista figura como subdirector primeiro e codirector despois.

Rubia galega

A rubia galega é unha raza de vacún autóctona de Galicia. É a máis característica de Galicia e ten o pelo de cor rubia con variacións de ton. Emprégase para a produción de carne e noutros tempos como animal de traballo. Abunda especialmente en Lugo, onde se concentra o 75% do censo, e na Coruña, estando tamén presente noutras comunidades e noutros países de Europa e de Suramérica.

Segundo Moreno Barcia

Segundo Moreno Barcia, nado en Ribadeo o 21 de outubro de 1841 e finado na Coruña o 27 de abril de 1909, foi un avogado, profesor e político galego.

Tierra Gallega (A Coruña)

Tierra Gallega foi un periódico editado na Coruña entre 1903 e 1917. Tivo unha segunda etapa en 1933.

Viana do Bolo

Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.929 persoas (3.368 en 2008, 3.743 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vianés».

Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.

Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas

Vilamaior de Caldelas é unha das parroquias do concello de Castro Caldelas, pertencente á provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2014 tiña 42 habitantes, dos cales 24 eran homes e 18 mulleres, o que supón unha diminución constante respecto do ano 2009, cando tiña 50 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.