Mineral

Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.

Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. A ciencia que os estuda chámase mineraloxía. Así pois, as tres características básicas dos minerais son:

  • Material inorgánico de orixe natural.
  • Material cristalino, ordenado en celas unidade.
  • Material sólido, salvo raras excepcións.

Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.

Xofre z
Xofre, exemplo de mineral formado por un só elemento químico; (S)
Cinabrio z
Cinabrio, exemplo de mineral formado por varios elementos químicos; (Hg e S)

Clasificación

Un mineral pode ser clasificado con certa facilidade a simple vista, pero isto non sempre é posible. En moitas ocasións é necesario levar a cabo un estudo químico da súa estrutura para poder saber ante que nos atopamos. É logo necesario, para un estudo completo dos minerais, que se teñan en conta non só os aspectos externos e físicos da peza, tamén é importante o estudo dos átomos que o compoñen e a súa relación estequiométrica entre eles (fórmula química).

As propiedades físicas dun mineral

  • O sistema cristalino dinos como están ordenados internamente os átomos dun mineral.
  • A cor, debida á absorción de determinadas lonxitudes de onda polos átomos dun mineral, non é demasiado significativa, salvo nalgúns minerais.
  • O brillo é a capacidade que posúen as superficies externas dun mineral de reflectir a luz. O brillo pode ser: metálico (galena), adamantino (diamante), vítreo (fluorita), resinoso (xofre), graxo (halita), nacarado (mica) ou terroso (cinabrio).
  • A dureza é a resistencia dun mineral a ser raiado por outro e a capacidade de raiar a un terceiro. Mídese segundo a escala de Mohs.
  • A fractura, é a forma na que racha un mineral.
  • A exfoliación é a capacidade dun mineral de ser separado en diferentes subestruturas. Pode ser: xeométrica, perfecta (como as láminas das micas), imperfecta (como a da pirita), moi imperfecta ou inexistente.
  • A raia é a cor do po dun determinado mineral. Mentres que a cor pode variar dun exemplar a outro nun mesmo mineral, a raia será sempre a mesma.
  • A densidade é a relación entre a masa da materia e o que ocupa (volume). Mídese en g/cm³.

Clasificación química e estrutural

A clasificación que utilizamos hoxe en día para estudar os diferentes tipos de minerais foi proposta en 1938 polo alemán H. Strunz. Esta séguese a usar nos nosos días, aínda que axustada lixeiramente. Baséase no estudo da composición química dos minerais para dividilos despois en diferentes clases. As clases son as seguintes:

Clasificación segundo caracterice unha rocha ou non

  • Minerais esenciais: son os minerais que sempre aparecen nun determinado tipo de rocha, polo que caracterizan á mesma.
  • Minerais accesorios: son minerais que poden ou non aparecer nun determinado tipo de rocha, polo que non caracterizan á mesma. Cando aparecen, preséntanse en cantidades mínimas.

A presenza dos minerais na codia terrestre

Os minerais están formados pola unión de diversos elementos químicos, pero a abundancia duns elementos e a escaseza doutros fai que só uns poucos elementos sexan de importancia e a ter en conta na formación dos minerais terrestres. O osíxeno e o silicio supoñen o 75% do volume total da codia terrestre. Estes elementos, xunto co ferro, sodio, potasio, calcio, aluminio e magnesio, supoñen o 99% do volume total e polo tanto o 99% de presenza no proceso de formación dos minerais terrestres.

Así pois, non tódolos minerais son igual de abundantes na Terra. A táboa que segue móstranos cales son os máis importantes segundo o seu volume total que representan:

Mineral Volume
Plaxioclasio 42%
Ortoclasio 22%
Cuarzo 18%
Anfíbolo 5%
Piroxeno 4%
Biotita 4%
Magnetita 2%
Olivina 1%
Apatita 1%
Outros 1%

Aínda así, existen na Terra máis de 4.000 especies diferentes de minerais.

Artigo principal: Lista de minerais.

A xénese mineral

A formación dos minerais ven dada a través dos seguintes 5 tipos de mecanismos coñecidos:

  • Cristalización: Ó baixar a temperatura dunha masa fundida (o magma, por exemplo), as vibracións térmicas dos átomos diminúen e as forzas atractivas tenden a enlazalos quimicamente. Fano así moitos silicatos coma o cuarzo.
  • Sublimación dos gases: Ó arrefriar un gas, os átomos xúntanse e cristalizan en forma de minerais. O exemplo máis típico é o do xofre que aparece na base das fumarolas volcánicas.
  • Alteración superficial: Ven provocada polos axentes meteorolóxicos. Os minerais expostos a eles oxídanse e hidrátanse e transfórmanse noutros. É o caso da pirita que se converte en limonita ó sufrir estes procesos.
  • Precipitación das sales: Ó baixar a temperatura dunha solución, o disolvente evapórase e o soluto cristaliza debido ó descenso da temperatura e a presión. Así fano por exemplo a halita e a calcantita.
  • Metamorfismo: O aumento da presión e temperatura fai que algúns minerais troquen a súa estrutura e se transformen noutros. É o caso do grafito, que se converte en diamante se isto acontece.

Dureza

Escala de Mohs Mineral Fórmula química
1 Talco Mg3Si4O10(OH)2
2 Xeso CaSO4·2H2O
3 Calcita CaCO3
4 Fluorita CaF2
5 Apatita Ca5(PO4)3(OH,Cl,F)
6 Ortoclasio KAlSi3O8
7 Cuarzo SiO2
8 Topacio Al2SiO4(OH,F)2
9 Corindón Al2O3
10 Diamante C

Galería

Mineral Mica moscovita GDFL04

Mica branca

Mineral Xeso fibroso GDFL03

Xiz fibroso

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mirre, Juan Carlos (1990). Guía dos minerais de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-729-3.

Ligazóns externas

Antimonio

O antimonio é un elemento químico de número atómico 51, e que comparte coa auga a propiedade química de dilatarse ó baixar de certa temperatura. Está situado no grupo 15 da táboa periódica dos elementos e o seu símbolo é Sb.

Boro

O boro é un elemento químico da táboa periódica que ten o símbolo B e número atómico 5. É un elemento metaloide, semicondutor, trivalente que existe abundantemente no mineral bórax. Hai dous alótropos do boro; o boro amorfo é un po marrón, pero o boro metálico é negro. A forma metálica é dura (9,3 na escala de Mohs) e é un mal condutor a temperatura ambiente.

Calcita

A calcita é un mineral da clase dos carbonatos formado pola combinación do calcio, o carbono e o osíxeno, de fórmula química CaCO3 e que cristaliza no sistema romboédrico.

Cromo

O cromo é un elemento químico de número atómico 24 que se atopa no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cr. É un metal que se emprega especialmente en metalurxia.

Cuarzo

O cuarzo é un mineral da clase 4 (óxidos), segundo a clasificación de Strunz, composto de dióxido de silicio, tamén chamado sílice, SiO2. Ás veces, e incorrectamente, tamén é denominado seixo.Non é susceptíbel de exfoliación, porque cristaliza no sistema trigonal (romboédrico).

Incoloro en estado puro, pode adoptar numerosas tonalidades se leva impurezas (é alocromático).A súa dureza é tal que pode raiar os aceiros comúns.É moi abundante nas rochas graníticas. Preséntase en cristais, ás veces de tamaños considerábeis, hexagonais, coroados por unha pirámide trigonal. Estes cristais pódense encontrar o mesmo illados que maclados segundo tres importantes leis: Delfinado, Brasil e Xapón, ou en agrupacións formando drusas ou xeodas. Os cristais adoitan presentar inclusións doutros minerais, auga ou gases. Tamén aparece en grans irregulares ou compactos.

Quimicamente moi inerte, é resistente á meteorización química que provoca a intemperie, á vez que os seus grans son moi duros e difíciles de erosionar na súa superficie. Como consecuencia, o cuarzo dun granito permanece enteiro, mentres que os outros minerais (micas e feldespatos) convértense en arxilas ao disgregárense. As arxilas son esenciais nos procesos sedimentarios, mentres que os grans de cuarzo son os que forman a maior parte das areas.

Escala de Mohs

A escala de Mohs é utilizada para medir a dureza das substancias sólidas. En xeoloxía utilízase para medir a dureza dos minerais. Foi proposta por Friedrich Mohs e baséase na resistencia dun mineral a ser raiado por outro. En mineraloxía a "dureza" non mide a resistencia do mineral a romper, senón a ser raiado.

Mohs, que era xeólogo, escolleu 10 minerais aos que atribuíu un determinado grao na súa escala comezando polo talco ao que lle deu o número 1 e rematando polo diamante ao que lle deu o 10.

A táboa é a seguinte:

Por non gardar a mesma proporción entre intervalos, establecéronse outros métodos para medir a dureza das substancias sólidas (ver durezas absolutas na táboa), aínda que en xeoloxía aínda se segue a usar a escala de Mohs, por ser un método simple e efectivo.

Ferro

O ferro (do latín ferrum) é un elemento químico, símbolo Fe, de número atómico 26 (26 protóns e 26 electróns ) e masa atómica 56 u. A temperatura ambiente, o ferro atópase en estado sólido.

É extraído da natureza baixo a forma de mineral de ferro que, despois de distintos procesos de transformación, é usado na forma de lingotes. Se se engade carbono dáse orixe a varias formas de aceiro.

Este metal de transición atópase no grupo 8B da Clasificación Periódica dos Elementos. É o cuarto elemento máis abundante da codia terrestre (aproximadamente 5%) e, entre os metais, soamente o aluminio é máis abundante. Tamén é un dos elementos máis abundantes do Universo. O núcleo da Terra está formado principalmente por ferro e níquel (NiFe), xerando un campo magnético.O ferro foi historicamente importante, e un período da historia recibiu o nome de Idade de Ferro.

Actualmente é utilizado para a fabricación de ferramentas, máquinas, vehículos de transporte (automóbeis, navios etc.), como elemento estrutural de pontes, edificios, e infinidade doutras aplicacións.

Fractura (mineral)

Unha fractura mineral é cada unha das formas que pode adoptar a superficie pola cal rompe un mineral que foi golpeado. As fracturas caracterízanse pola súa forma, brillo e textura, cuxos factores contribúen á identificación do mineral. Así, aténdose ao brillo, a fractura pode ser vítrea, resinosa, cérea etc.; a textura exprésase dicindo que a fractura é compacta, laminar etc. A forma constitúe o criterio máis útil. Os minerais tenaces dan unha fractura rugosa; a dos outros minerais é plana, escamosa ou cónica.

A obsidiana, o sílex pirómaco e outros minerais ten unha fractura concoidal: a superficie é cóncava ou convexa, como a cuncha dos moluscos bivalvos e, do mesmo xeito que ela, presenta estrías concéntricas.

Ás veces, nos materiais cristalinos, os cristais individuais fractúranse sen que se divida o corpo. Dependendo da substancia, unha fractura pode reducir a resistencia do material ou inhibir a transmisión da luz (cristais ópticos).

Guachetá

Guachetá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Ubaté, a 118 km de Bogotá. Coñecido pola súa produción de carbón mineral e o gando leiteiro, deuse a coñecer como a "Cidade Carbonífera e Leiteira de Colombia". É considerado un destino turístico polas súas rochas perfectas para a escalada.

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Mar de Bismarck

O Mar de Bismarck (alemán: Bismarcksee) atópase no suroeste do Océano Pacífico dentro da nación de Papúa Nova Guinea. Atópase ao nordés da illa de Nova Guinea e ao sur do Arquipélago de Bismarck e ás Illas do Almirantado. Ten costas nos distritos da Rexión das Illas, Rexión de Momase e Rexión de Papúa.

Mineral (nutriente)

No contexto da nutrición, un mineral é un elemento químico requirido polos organismos como un nutriente esencial para realizar as funcións necesarias para a vida. Porén, os catro elementos estruturais principais no corpo humano por peso (osíxeno, hidróxeno, carbono e nitróxeno), polo xeral non se inclúen nas listas dos principais nutrientes minerais (o nitróxeno considérase un "mineral" para as plantas, xa que a miúdo inclúese en fertilizantes). Estes catro elementos compoñen aproximadamente o 96% do peso do corpo humano, e os minerais principais (macrominerais) e os minerais menores (tamén chamados elementos traza) compoñen o resto.

Os minerais, como elementos, non poden ser sintetizados bioquímicamente por organismos vivos. As plantas obteñen minerais do chan. A maioría dos minerais nunha dieta humana proveñen de comer plantas e animais ou de beber auga. Como grupo, os minerais son un dos catro grupos de nutrientes esenciais, sendo os outros as vitaminas, os ácidos graxos esenciais e aminoácidos esenciais. Os cinco minerais principais no corpo humano son calcio, fósforo, potasio, sodio e magnesio. Todos os elementos restantes nun corpo humano chámanse "elementos traza". Os oligoelementos que teñen unha función bioquímica específica no corpo humano son xofre, ferro, cloro, cobalto, cobre, cinc, manganeso, molibdeno, iodo e selenio.

Mineraloxía

A mineraloxía é a ciencia que estuda os minerais e as súas propiedades físicas e químicas. Por mineral entendemos unha materia de orixe inorgánica, que presenta unha composición homoxénea e que acostuma presentarse en estado sólido e cristalino á temperatura media da terra. Así e todo, hai minerais, como a auga e o mercurio, en estado líquido. En contraste, a petroloxía estuda as pedras e as rochas, que teñen composición química tamén inorgánica pero heteroxénea.

Un mineral defínese pola súa composición e pola súa cristalografía. Por exemplo, se o carbono cristaliza no sistema cúbico recibe o nome de diamante; en cambio, se cristaliza no sistema hexagonal, coñécese como grafito. Só pola súa aparencia xa se recoñece que son dous minerais diferentes, pero en realidade teñen mesma composición química.

Cristalografía.

Mineraloxía física.

Mineraloxía química.

Mineraloxía descritiva.

Mineraloxía determinativa.

Mineraloxía óptica.

Osteoporose

A osteoporose (do grego antigo οστούν πόρος 'óso poroso') é unha doenza ósea caracterizada por baixa rexeneración e/ou rápida dexeneración ósea, xerando ósos pouco densos e febles por diminución do tecido que os forma, tanto das proteínas que constitúen o miolo ou estrutura como dos sales minerais de calcio que conteñen. É dúas veces máis común nas mulleres ca nos homes e máis común despois dos 50 anos. A doenza progresa amodo e raramente presenta síntomas antes que acontezan fracturas espontáneas ou por trauma físico. Se non se fixesen exames preventivos para o seu diagnóstico a osteoporose podería pasar despercebida, até que tivese gravidade maior (ás veces denomínase "a epidemia silenciosa"). A perda de masa ósea non provoca dores musculoesqueléticas. En caso de caídas os ósos poden crebar de xeito doado tras un traumatismo, producíndose fracturas ou microfracturas.A OMS defínea en mulleres coma unha densidade mineral ósea menor ou igual de 2,5 desviación estándar por baixo da masa ósea media de persoas sás de 20 ans, medida por densitometría ósea. A densidade mineral dos ósos mídese mediante unha proba médica que se chama densitometría ósea.A afección é común en mulleres amenorreicas ou posmenopáusicas por mor da diminución da produción de estróxenos polos ovarios e outras carencias hormonais. Porén, hai un número considerábel de causas de osteoporose a calquera idade que non soen ser recoñecidas nin valoradas, entre as que salientan a doenza celíaca, a gammapatía monoclonal de significado incerto, a insuficiencia renal, a diabetes mellitus e a acidose tubular renal. Outros factores que aumentan o risco de presentar osteoporose son a deficiencia de calcio e vitamina D por malnutrición, o consumo de tabaco, alcol e a vida sedentaria. A práctica de exercicio físico e unha achega extra de calcio antes e após a menopausa favorecen o mantemento óseo.

Prata

A prata é un elemento químico de número atómico 47 situado no grupo 11 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ag. É un metal de transición branco e brillante, e posúe unha alta ductilidade e maleabilidade.

Presenta as maiores condutividades térmica e eléctrica de tódolos metais, e atópase formando parte de distintos minerais (xeralmente en forma de sulfuro) ou como prata libre.

Reino (bioloxía)

En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuídos os seres naturais, por razón dos seus caracteres comúns.

Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza. En base ás diferenzas entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» . Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.

A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:

Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):

As diferenzas básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semellantes entre si ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.

A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos segundo os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse á parte.

Sector primario

O sector primario é unha das clasificacións das actividades económicas. Considéranse actividades pertencentes ao sector primario as actividades económicas relacionadas coa obtención de recursos da natureza:

agricultura

extracción mineral

gandería

explotación forestal

pesca

caza.Aproximadamente o 50% da poboación mundial traballa no sector primario. En África faino o 62%, en Asia o 58%, o 6% en Europa e o 3% en América do Norte.

Tántalo

O tántalo é un elemento químico de número atómico 73 que se sitúa no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ta. Trátase dun metal de transición raro, azul agrisado, duro, presenta brillo metálico e resiste moi ben a corrosión. Atópase no mineral tantalita. É fisioloxicamente inerte, polo que, entre as súas variadas aplicacións, pódese empregar para a fabricación de instrumentos cirúrxicos e en implantes.

Xeso

O xeso é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CaSO4·2H2O (sulfato de calcio dihidratado).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.