Minaría

A minaría é un conxunto de técnicas que se empregan para a obtención selectiva dun material da codia terrestre.

Chuquicamata-002
A mina de Chuquicamata (Chile) é a maior mina de cobre a ceo aberto do mundo.

Características

Un xacemento mineiro é un depósito de minerais sólidos, líquidos ou gasosos (como o carbón, a pedra, o petróleo, o gas etc.) producido por acumulación de forma natural tanto na superficie coma no interior da terra, que é susceptible de explotación económica. A minaría é a técnica da extracción deses depósitos dos materiais presentes para unha posterior comercialización que proporcione un lucro económico.

Unha mina pode ser a ceo aberto ou ben subterránea ou en galería. A explotación mineira abrangue todo o relativo ao proceso industrial, dende as primeiras prospeccións até a restitución do relevo do lugar ao peche da mina explotada. Comprende tamén a importante actividade económica á que está ligada, que converte en históricas a localidades mineiras.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Arizona

Arizona é un estado dos Estados Unidos de América unido á Unión en 1912, só por diante de Hawaii e Alasca, sendo o derradeiro dos estados contiguos estadounidenses en adxuntarse. Sitúase na rexión do suroeste e limita ó S con México, cunha fronteira de 626 km cos estados de Sonora e Baixa California. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas", limitando con Novo México, Utah, Nevada e California, tocando Colorado.A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000), estando a maioría do territorio escasamente habitado. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.

O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.

Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona, repartidos por reservas indias do estado.

Nun principio, Arizona fora colonizada por España, e pasara a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.

As Médulas

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.

Carbón

O carbón é unha rocha sedimentaria de cór negra ou marrón, con grande contido de carbono. É utilizada en diversos procesos industriais, destacando a produción de enerxía, procesos siderúrxicos e a industria química. A formación de carbón procede da acumulación de materia orgánica eminentemente vexetal durante millóns de anos. En España as minas de carbón son moi abundantes en Asturias, norte de Palencia, O Bierzo, Teruel, Andalucía e Galicia.

Casitérides

Casitérides é o nome co que os gregos antigos denominaron os centros produtores de estaño (kassiteros) situados no Extremo Occidente.

Plinio o Vello na súa Historia Natural sinala que o primeiro grego que accedeu ás Casitérides foi Midácrito, personaxe do que non sabemos nada máis. Crese que os fenicios xa coñecían a ruta do estaño ou das Casitérides, unhas rutas que os cartaxineses manterían oculta até a época romana, pola súa importancia.

A súa localización exacta non está clara, aínda que é moi probable que o topónimo se fose desprazando cara ó norte, desde Galicia á Bretaña Francesa e de aquí a Gran Bretaña, conforme ían sendo descubertos novos centros extractores de estaño.

Cerceda

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Colorado, Estados Unidos de América

Colorado é un estado americano. Limita ao norte co estado de Wyoming, ao sur co estado de Novo México, ao leste co estado de Kansas, ao oeste co estado de Utah, ao nordeste co estado de Nebraska e ao suroeste co estado de Oklahoma. É un dos catro estados que se encontran no monumento das catro esquinas.

Corcoesto, Cabana de Bergantiños

San Pedro de Corcoesto é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 288 habitantes dos cales 136 eran homes e 152 eran mulleres segundo datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 390 habitantes e ao 1999 cando tiña 438 habitantes.

Estado de Guanajuato

Guanajuato, é un dos 31 estados do México, localizado no centro do país, e facendo fronteira cos estados mexicanos de Xalisco, San Luis Potosí, Zacatecas Durango, Querétaro e Michoacán. A súa área é de 30.589 km² e a súa poboación é de 4 656 760 habitantes. A capital do Estado é a cidade de Guanajuato. A súa principal fonte de renda é a minaría de prata (o Estado posúe unha das maiores reservas mundiais deste mineral), entre outros como estaño, ouro, cobre, chumbo e mercurio.

Ten unha extensión territorial de 30.491 km². Por esta extensión ocupa o vixésimo segundo lugar entre as entidades de México. É maior que Nayarit, Estado de México, Tabasco, Querétaro, Aguascalientes, Colima, Hidalgo, Morelos, Tlaxcala e o Distrito Federal. Se se compara a súa extensión coa de outras entidades, Guanajuato cabe oito veces en Chihuahua e é sete veces máis grande que Tlaxcala.

O estado de Guanajuato conta con 46 municipios e cada un deles ten unha localidade na que se acha a denominada cabecera municipal, onde se asenta o goberno do municipio.

Febre do ouro

Unha febre do ouro é un descubrimento de ouro, ás veces acompañado por outros metais preciosos e minerais de terra raros, que atraen a un bo número de mineiros que buscan a súa fortuna. As febres do ouro máis importante stiveron lugar no século XIX en Australia, Nova Zelandia, o Brasil, o Canadá, Suráfrica e os Estados Unidos de América.

A riqueza que xurdía era distribuída amplamente polos reducidos custos das migracións e escasas barreiras para acceder á súa extracción. Malia que a minaría de ouro non foi proveitosa para a maioría de mineiros e donos de minas, algunhas persoas chegaron a xuntar grandes fortunas, e os mercaderes e transportistas obtiveron grandes beneficios. O aumento resultante na subministración mundial de ouro estimulou o comercio e os investimentos mundiais. Numerosos historiadores describiron a migración, o comercio, a colonización e a historia ambiental asociada coas acometidas do ouro. As febres do ouro remóntanse até o Imperio Romano, cuxa minaría foi descrita por Diodoro Sículo e por Plinio o Vello, e probablemente sexan aínda máis antigas, remontándose ó Antigo Exipto.

Kittilä

Kittilä (en saami de Inari: Kittâl, en saami setentrional: Gihttel) é un concello de Finlandia situado na provincia de Laponia, que goza de sona por ser un lugar turístico. En Kittilä atópase unha das máis coñecidas estacións de esquí de Finlandia, Levi. O concello contaba cunha poboación de 6 354 habitantes no 2018 e esténdese nunha área de 8 262,97 km², dos cales 168,71 km² son auga. A densidade de poboación é de 0.79 habitantes por km².

O 5 de xuño de 2006 anunciouse que unha corporación mineira canadense, Agnico-Eagle Mines, abriría unha nova mina de ouro en Kittilä. Os expertos pensan que os depósitos conteñen polo menos tres millóns de onzas de ouro puro. Espérase que a mina produza ao redor de 150 onzas de ouro ao ano, durante 13 anos, polo menos. A explotación a ceo aberto comezou en setembro de 2007 e a produción en maio de 2008. A minaría do pozo de Suuri comezou con 2500 toneladas por día que incrementaron até 3000 toneladas a finais de 2009.O Aeroporto de Kittilä está operado polas compañías aéreas Finnair e FinnComm.

León, España

León (en leonés: Llión) é a cidade capital da provincia de León situada na comunidade autónoma de Castela e León, localizada no noroeste da Península Ibérica en España. É atravesado polos ríos Bernesga e Torío.

O concello acada unha poboación de 135.059 habitantes (2007) e posúe unha área metropolitana de 204.212 habitantes, sendo así a 45º máis poboada do Estado español.

Naceu dun campamento militar romano da Legio VI Victrix, instalado na confluencia dos ríos Bernesga e Torío no 79 a. C.|79 a. C., o seu carácter de cidade consolidouse co asentamento definitivo da Legio VII Gemina no século I. Coa chegada dos musulmáns á Península, a cidade fica parcialmente despoboada. En 856 León recibe un novo impulso repoboador por parte do Reino de Asturias. Será García I quen en 910 converta a cidade de León na cabeza do máis importante reino cristián da Península Ibérica na época, dando inicio ao Reino de León, cuxa vixencia nominal chegou até o século XIX, mais dende a Plena Idade Media a cidade perdeu a importancia e empuxe de antano, en parte pola perda da súa independencia debida a unión da coroa leonesa e a castelá, definitiva dende 1301, constituíndo canda outros reinos e territorios a Coroa de Castela.

Minas de San Fins

As minas de San Fins son unha explotación mineira localizada no lugar das Minas de San Fins, na parroquia de Vilacova no concello de Lousame.

MobyGames

MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos. En termos comúns, esta é unha base de datos sobre xogos enorme". A partir de 2009, ese catalogo inclúe máis de 87 plataformas de xogos separadas (consolas, computadoras e artefactos de man incluíndo teléfonos móbiles) e máis de 30 000 xogos únicos.

Monte Neme

Monte Neme é un lugar situado como límite entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños. O monte ten 387 metros de altura. Preto do cumio había un crómlech que foi destruído nos anos 1960 na construción da estrada de acceso. Foi reconstruído preto de onde estaba.

O Fontao, Graba, Silleda

O Fontao é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE do 2010 tiña 13 habitantes (6 homes e 7 mulleres) o que supón o aumento dun habitante con respecto a 2008.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Pobo muisca

Os muiscas son un pobo chibcha que formou a confederación muisca das terras dos Andes centrais na Cordilleira Oriental da actual Colombia, máis concretamente no Altiplano cundiboyacense. No presente, a poboación muisca case desapareceu, mais aínda pervive nalgúns concellos e distritos como Cota, Chía, Tenjo, Suba, Engativá, Tocancipá, Gachancipá e Ubaté. Segundo o censo de 2005 feito polo Ministerio de Interior, 14 051 muiscas viven en Colombia.Como unha das catro civilizacións avanzadas de América (alén dos aztecas, os maias e os incas), entraron en contacto co Imperio español en 1537, no intre da conquista. Os subgrupos nos que se dividían os muisca foron identificados en función das alianzas arredor de tres grandes gobernantes: o zaque, con capital en Hunza, que gobernaba un territorio que abranguía as zonas sur e nordeste da actual Boyacá e o sur de Santander; o zipa, con capital en Bacatá, que gobernaba sobre Cundinamarca, o oeste dos Llanos e o nordeste de Tolima; e o Iraca, gobernador de Suamox, o nordeste de Boyacá e o suroeste de Santander. O territorio dos muiscas abranguía unha área de 47 000 km2 - unha rexión un chisco meirande que Suíza - dende o norte de Boyacá até o Páramo de Sumapaz, e dende a Cordilleira Oriental até o Val de Magdalena. Tiñan fronteira cos territorios dos panches e os pijaos.

No tempo da conquista, a área tiña unha importante poboación, e malia que o número preciso de habitantes é descoñecido, estímase que roldaba entre o medio millón e os tres millóns de habitantes. Os muiscas falaban o muysccubun, un dialecto do chibcha, tamén chamado muysca e mosca. A súa economía estaba baseada na agricultura, na minaría do sal, a metalurxia e manufactura.

Rosa Porriño

Rosa Porriño é a denominación comercial dunha variedade de granito que se explota en Galicia. Presenta un ton rosado, é moi compacta e de fractura irregular.

Polas súas características extráese en frontes de grande lonxitude, podéndose obter bloques de gran volume. Admite todo tipo de acabados, podéndose aplicar en ambientes tanto interiores coma exteriores.

Xacemento xeolóxico

Un xacemento, en xeoloxía, é unha formación na que está presente unha concentración estatisticamente anómala (superior á normal) de minerais (depósitos minerais) presentes na codia terrestre (ou na litosfera).

Un xacemento mineiro é aquel xacemento no cal a cantidade e calidade dos minerais presentes xustifica un maior estudo, que ten por obxectivo definir en cantidade, calidade, profundidade e dimensión do depósito co fin de desenvolver as actividades mineiras para que a explotación do xacemento sexa economicamente rendíbel coas tecnoloxías dispoñíbeis no momento.

A maioría dos elementos químicos naturais, incluso os menos abundantes, encóntranse na codia en cantidades considerábeis. Porén, para que sexan extraíbeis necesítanse concentracións que só aparecen de maneira excepcional e, ademais, dunhas adecuadas condicións de accesibilidade. Algúns procesos xeolóxicos internos e externos poden producir localmente concentracións económicas de materiais como menas explotábeis de metais, carbóns ou hidrocarburos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.