Mina da Parxubeira

A Mina da Parxubeira, tamén coñecida como Dolmen de Corveira, é unha anta situada na parroquia de Eirón, en Mazaricos, no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a.C. Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.

O corredor, pequeno, está orientado cara o leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cobría, así como as chantas do lado sul. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 m e contaba cunha coiraza de pedras.

No seu interior atopouse un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme , catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.

Parxubeira
Parxubeira1

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Casal, A. (1989): "La necrópolis megalítica de Parxubeira. Campañas arqueolóxicas de 1977 ao 1984". A Coruña: Monografías urxentes do Museu de San Antón, nº 4.
  • Boga Moscoso, R. (1997): Dólmenes de Galicia. A Coruña: Baía Edicións.
  • Lema Suárez, X. M. (1999): Arquitectura megalítica na Costa da Morte. Santiago de Compostela: Asociación Neria.
  • Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigratrea. ISBN 84-95364-40-9.

Outros artigos

Galería de imaxes de Mazaricos

Galería de imaxes do concello de Mazaricos na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, ordenados por provincias.

Mina

O termo mina pode referirse a:

Mina, masa polo xeral de mineral ou auga, explotada para a súa extracción;

Enxeñaría de minas

Mina, antiga unidade de masa, usada en Grecia, en Roma e en Babilonia, onde se orixinou;

Mina, artefacto explosivo dotado dun dispositivo que o activa ao ser tocado;

Mina terrestre

Mina submarina

Mina, barra interior dun lapis;Como antropónimo feminino pode referirse a:

Mina Mazzini, cantante italiana (n. 1940);Como apelido pode referirse a:

Santi Mina, futbolista galego (n. 1995);

Francisco Espoz y Mina, militar navarro (1781-1836);Como topónimo pode referirse a:

A Mina, lugar da parroquia de Tabagón, no concello do Rosal;

Mina das Carneiras, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo.

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón

O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de Santo Antón está situado no castelo do mesmo nome, no paseo marítimo da cidade da Coruña. Foi inaugurado en outubro de 1968.O castelo de Santo Antón foi comezado en 1588 sobre a illa de Santo Antón, como elemento defensivo da cidade fronte ós ataques por mar. Posteriormente, e ata ben avanzada a ditadura franquista, foi utilizado como prisión militar e política. En 1949 foi declarado monumento histórico-artístico e, en 1960, o Ministerio de Defensa cedeu a fortaleza ó concello da Coruña, quen aprobou a conversión do edificio en museo arqueolóxico provincial en 1964, centrado na arqueoloxía e historia da cidade.

Foi o arquitecto Pons Sorolla quen realizou a consolidación e reformas necesarias para a adaptación como espazo museístico e, finalmente, abriuse ó público o 5 de outubro de 1968, baixo a dirección de José María Luengo Martínez. Con posterioridade realizáronse novas reformas baixo a dirección de Manuel Gallego Jorreto, como a reconstrución, en 1993, da Casa de Botes, destinada á recepción e biblioteca, no terreo que ocupaba antigamente o edificio que, baixo ese nome, servía de punto de chegada á illa das barcas que procedían da cidade.

Ao xa mencionado José María Luengo Martínez, primeiro director de 1968 a 1972, sucedeuno Luis Monteagudo García, que ocupou o cargo ata 1975. A dirección máis longa foi a de Felipe Senén López Gómez que ocupou o cargo de 1975 a 1996. Desde entón o director é Xosé María Bello Diéguez.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

San Fins de Eirón, Mazaricos

San Fins de Eirón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2009 tiña 365 habitantes (188 mulleres e 177 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 497 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.