Miliario

Os miliarios (procedente do latín milliarium) son columnas cilíndricas, ovaladas ou paralelepípedas que se colocaban no bordo das vías romanas para sinalizar as distancias (de mil pasos ou milla romana, unha distancia duns 1450 metros) e indicar o trazado das vías construídas por eles para a explotación pesqueira, comercial ou militar.

Acostumaban ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medían entre 2 e 4 metros de altura, cun diámetro de entre 50 e 80 centímetros. Algún levaba inscricións gravadas directamente, dependendo da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma. A maioría dos miliarios presentan uns caracteres descoidados e rústicos, sen preocupación polo estilo. Noutros non se conservan restos de inscrición, o que leva a pensar que poderían ter un texto pintado de modo que se puidese modificar a dedicatoria.

Na antiga Gallaecia consérvanse 674 miliarios e inscricións viarias. Boa parte pertencen ás catro vías do Itinerario de Antonino que percorrían o traxecto entre Braga e Astorga (a vía XVII, vía XVIII, vía XIX e vía XX), amais doutras vías menores entre vilas, mansións e outros lugares.

Kilometerstein replik via claudia augusta bei unterdiessen
Réplica dun miliario na Vía Claudia Augusta cerca de Unterdiessen (Alemaña).

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de miliarios de Galicia.
Miliarios, Lobios

Lobios

MILIARIO DE ZADAGÓS

Miliario de Zadagós (Sandiás)

Miliario de Redondela

Miliario de Santiaguiño de Antas (Redondela)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Colmenero, A., Ferrer Sierra, S. e Álvarez Asorey, R. D. (2004): Miliarios e outras inscricións viarias romanas do Noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-95415-87-9 (pdf)

Outros artigos

A Laracha

A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.

A Mella, Arzúa

San Pedro da Mella é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (55 mulleres e 57 homes), 46 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Estela (monumento)

Estela é a denominación dun monumento, usualmente un monólito (pero tamén poden ser circulares, rectangulares, etc.), con inscricións.Teñen forma de lápida, pedestal o cipo (miliario), que se erixge sobre o solo e pode ter unha función conmemorativa, funeraria, relixiosa, máxico-curativa ou xeográfica.

Galería de imaxes da Galicia romana

Galería de imaxes da Galicia romana.

Itinerario de Antonino

O denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado en torno ó século III.

En cada ruta identificábanse mansións (paradas de postas) coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de guía de viaxes, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios.

Mañón

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da península Ibérica. Segundo o IGE en 2015 tiña 1 454 habitantes (1 589 no 2011, 1 765 no 2006, 1 803 no 2005, 1 830 no 2004, 1 848 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

Mos

Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación .

O seu xentilicio é mosense. Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres .

Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.

Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade .

Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

San Xoán de Río

San Xoán de Río é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 549 habitantes (913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é riés.

Santo André de Castro, Lugo

Santo André de Castro é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 436 habitantes, deles 205 eran homes e 231 eran mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 376 habitantes.

Saxamonde, Redondela

San Román de Saxamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 778 habitantes (365 homes e 413 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes.

Vedra

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Vilaño, A Laracha

Santiago de Vilaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2013 tiña 795 habitantes (419 mulleres e 376 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 794 habitantes.

Vía Nova

A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas (uns 330 quilómetros). No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII.

Vía romana

As vías romanas foron esenciais para o crecemento do Imperio romano, capacitando aos romanos para mobilizar os seus exércitos. Un vello proverbio di que "todos os camiños levan a Roma." As vías romanas foron proxectadas para dificultar nas provincias a organización de resistencia contra o Imperio. No seu cúlmen, o sistema de vías romanas atinxiu 85.300 km (53.000 millas), con uns 372 ramais.

Os romanos, por razóns militares, comerciais e políticas, impulsaron a construción de estradas, que denominaron viae (nominativo plural do nominativo singular via), palabra derivada da raíz indoeuropea *wegh-, que significa "ir", no sentido de "transportar nun vehículo" (voz proveniente da mesma raíz). As viae foron primariamente sentidas como estradas para carros, é dicir para carretaren materiais dunha localidade a outra. Moitas desas vías foron aínda utilizadas nos milenios posteriores.

Estas extensas estradas foron de grande importancia para manter tanto a expansión como a estabilidade do Imperio. As lexións movíanse con rapidez por elas. Porén na Antigüidade tardía esas mesmas estradas xogaron un importante papel nos reveses militares sufridos polos romanos, ao canalizaren as invasións bárbaras.

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.438 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.

Zadagós, Piñeira de Arcos, Sandiás

Zadagós é un lugar da parroquia de Piñeira de Arcos pertencente ó concello de Sandiás. Segundo o IGE en 2010 tiña 63 habitantes (33 homes e 30 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.