Milagros Bará

Milagros Bará Viñas, nada en Pontevedra o 6 de novembro de 1962, é unha comunicadora, produtora, realizadora e directora de cine galega.

Milagros Bará
Nacemento6 de novembro de 1962
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónblogueira
PaiSalvador Bará Temes

Traxectoria

É filla do investigador Salvador Bará Temes e neta do xornalista Modesto Bará Álvarez. Traballa como responsable de comunicación de varias empresas, e xestiona varios blogues culturais sobre Cristovo Colón e Manuel Quiroga, do que é sobriña-neta.

Obra

  • E dicímolo ou non o dicimos? (1985)
  • Só para nenos (curtametraxe, 1985)
  • María Soliña (1987)
  • O resplandor da morte (1991)
  • Autopsia (filme para televisión, 2003)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Alexander Vórtice

Jesús Rodríguez Rodríguez, máis coñecido polo pseudónimo de Alexander Vórtice, nado en Pontevedra o 18 de xaneiro de 1979, é un escritor galego.

Antonio Durán "Morris"

Antonio Segundo Durán Moreiras, nado en Vigo en 1959, é un actor galego, máis coñecido como "Morris".

Antonio Mourelos

Antonio Mourelos Vázquez, nado en Lugo o 12 de xullo de 1959, é un actor galego de cine, dobraxe e televisión. En 2011 foi elixido presidente da Academia Galega do Audiovisual.

Acadou o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria en 2003 e 2012.

Cerponzóns, Pontevedra

San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña un total de 806 habitantes, 366 homes e 385 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 815 habitantes (424 mulleres e 391 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 845 habitantes.

Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Cinema e muller (proxecto)

Cinema e muller é un proxecto da Deputación de Pontevedra que visibiliza as cineastas da provincia de Pontevedra. Estivo dirixido por Xisela Franco e producido por Beli Martínez.No mapeado das mulleres que fixeran cinema deron coa obra de Sol Alonso, Belén Andrés Iglesias, Andrea Area Fontán, Lara Bacelo, Milagros Bará, Matusa Barros, Carmen Bellas, Uxía Blanco, Pilar Boullosa, Claudia Brenlla, Sheila Broullón, Silvia Cachafeiro, Mar Caldas, Eva Calvar, Mariana Carballal, Iria Carregal, Paula Carro, Noemí Chantada, Pilar Comesaña Amado, Ana Belén Diz, Isaura Docampo, Carmen Domínguez Penelas, Lola Dopico, Area Erina, Lucía Estévez, Anxos Fazáns, Carla Fernández Andrade, Xisela Franco, Laura García Calleja, Silvia García González, Diana Gonçalves, Lisi González Fontaíña, Amaya González Reyes, Gael Herrera, Laura Iturralde, Bibiana Juanes, Viki Martins, Sonia Méndez, Carme Nogueira, Adriana Páramo, Luísa Peláez, Cora Peña, Alex Penabade, Ana Laura Pereira, María Platas Alonso, Aldara Pregue, Noel Queipo, Soledad Rebollo, Susana Rey, Marta Rodríguez, Miriam Rodríguez, Manuela Elizabeth Rodríguez, Bego Santiago, Olaia Sendón, Iria Silvosa, Clara Sobriño, Belén Sousa, Pilar Sueiro, Amancay Tapia, Diana Toucedo, Beatriz Vázquez Campaña, Andrea Vázquez García, Deborah Vukusic e Andrea Zapata-Girau.En 2016 promoveu a película colaborativa Visións.

Elisa Patiño

Elisa Patiño Meléndez nada en Pontevedra en 1890 e finada na mesma vila o 12 de abril de 1919, foi unha aviadora galega, coñecida tamén co alcume de Chichana. Foi a primeira muller galega en pilotar un avión.

Ernesto Chao

Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018, foi un actor galego.

Isabel Blanco

Isabel Blanco Picallo, nada en Berna (Suíza) o 8 de setembro de 1974, é unha actriz e presentadora de televisión galega.

José Piñeiro González

José Piñeiro González, coñecido como Aviador Piñeiro, nado en Mugardos o 15 de decembro de 1878 e finado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1927, foi un aviador galego.

Juan Juega

Juan Juega Puig, nado en Pontevedra o 14 de abril de 1954 e finado na mesma vila o 19 de marzo de 2018, foi un historiador e profesor galego.

Juan Vidal Fraga

Juan Vidal Fraga, nado en Cambados e finado en 1970, foi un avogado e político galego.

Luis Zahera

José Luis Castro Zahera, nado en Santiago de Compostela o 12 de outubro de 1966, é un actor galego coñecido artisticamente como Luis Zahera. É coñecido como Petróleo, debido a personaxe que interpretou en Mareas vivas.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

O resplandor da morte

O resplandor da morte é unha curtametraxe galega dirixida por Milagros Bará que foi estreada en 1991.

Salvador Bará Temes

Salvador Bará Temes, nado en Pontevedra o 6 de agosto de 1930, é Doutor en Ciencias Químicas, matemático, profesor e investigador galego, especialista en solos forestais e no eucalipto en Galicia. Foi asesor, en temas forestais, da Xunta de Galicia, da CEE e a FAO.

¿E decímolo ou non decimos?

¿E decímolo ou non decimos? é unha curtametraxe galega de 1985, dirixida por Manuel Yáñez Castro e baseada nun relato de Ánxel Fole.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.