Milán

Milán[1] (en italianoMilano[miˈlaːno] (AFI) escoitar; en lombardoMilàn[miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Coordenadas: 45°28′0″N 9°10′0″L / 45.46667, -9.16667

Milán
Milano
Milàn
Flag of Milan
CoA Città di Milano
Milan.Proper.Wikipedia.Image
Vistas da cidade.
Localización
Milán en Italia

Milán
Milán
PaísItalia Italia
RexiónFlag of Lombardy.svg Lombardía
ProvinciaProvincia de Milán
Xeografía
Altitude120 msnm
Superficie181,76 km²
Demografía
Poboación1.351.562 hab. (2017)
Densidade7.439,65 hab/km²
XentilicioMilanés/esa[1]
Outros datos
Código postal20100, 20121–20162
AlcaldeGiuliano Pisapia (SEL)
Páxina oficial de Milán

Historia

Véxase tamén: Historia de Milán.

Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.

Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.

Monumentos

  • A Catedral de Milán (Duomo di Milano), de estilo gótico, mide 157 metros de lonxitude. Situada no centro exacto da cidade, comezou a ser construída en 1386 sobre os restos dunha antiga basílica do século V, e non foi rematada até o século XIX.
  • A Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II).
  • O Teatro da Scala (Teatro alla Scala).
  • O Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco).
  • O Palacio Real de Milán (Palazzo Reale).
  • A Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio) e unha das igrexas mais antigas de Italia, construída entre os anos 379 e 386.
  • O Palacio Mezzanotte (Palazzo Mezzanotte) é un edificio do século XX que acolle no seu interior a Bolsa Italiana.
  • Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie) é unha igrexa declarada Patrimonio da Humanidade en 1980, que acolle no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.

Galería

Milano-duomodimilano01

Catedral de Milán.

Galleria Vittorio Emanuele II (Milan) E1

Galería Víctor Manuel II.

Milano-scalanotte

Teatro da Scala.

Milano-castello sforzesco

Castelo Sforzesco.

860MilanoPalazzoReale

Palacio Real.

Milanoambrogio0002

Basílica de San Ambrosio.

Palazzo mezzanotte Milan Stock Exchange

Palacio Mezzanotte.

Santa Maria delle Grazie Milano

Sta.María da Gracia.

Economía

Bolsa de Milán

Demografía

A comuna ten 1 324 110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7 400 000 (segundo a OECD).

É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh.

Deportes

Fútbol

A cidade ten dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro:

Outros deportes

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milanés.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A.C. Milan

O Associazione Calcio Milan, habitualmente chamado A.C. Milan, ou simplemente Milan, é un club de fútbol italiano da cidade de Milán, que participa na Serie A.

Xoga con listras vermellas e negras e calzón negro, gañando por iso o sobrenome de rossoneri ("vermello-negros"). É o segundo equipo con máis logros na historia do fútbol italiano, con 18 títulos da Serie A, 5 Copas de Italia e 7 Supercopas de Italia. Internacionalmente, é o terceiro equipo con máis títulos (18), só por detrás do Real Madrid e do Al-Ahly, e empatado co Boca Juniors. Nas súas vitrinas figuran 7 Ligas de Campións, 2 Recopas de Europa, 5 Supercopas de Europa, 3 Copas Intercontinentais e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA.Figura no cuarto posto da clasificación de mellores clubs do século XX, realizada pola IFFHS. O club foi fundado en 1899 como o Milan Football & Cricket Club por Alfred Edwards, un británico expatriado. En homenaxe ás súas orixes, o club mantén a forma inglesa de escrita do nome da cidade.

O Milan é agora propiedade do magnate chinés Li Yonghong.

Aeroporto de Bérgamo-Orio al Serio

O Aeroporto di Bergamo–Orio al Serio (en italiano: Aeroporto di Bergamo–Orio al Serio) (IATA: BGY, OACI: LIME) é un aeroporto internacional situado en Orio al Serio, a 2,3 km da cidade de Bérgamo, en Lombardía, Italia. O aeroporto acolleu 8 890 720 pasaxeiros en 2012 e foi o cuarto máis ocupado en Italia. Está operado por SACBO (Società Aeroporto Civile Bergamo Orio al Serio).

É popular entre as compañías de baixo custo que ás veces lle chaman Aeroporto de Milán-Bérgamo ou Aeroporto de Milán-Orio al Serio a pesar do seu nome oficial, debido á súa proximade con Milán (45 km), que serve xunto cos aeroportos de Linate e Malpensa, os dous aeroportos da cidade. O operador dos dous tamén ten unha participación do 31% en SACBO.

Aeroporto de Milán-Malpensa

O aeroporto de Milán-Malpensa (IATA: MXP, ICAO: LIMC), antigamente aeroporto cidade de Busto Arsizio, é o aeroporto internacional máis grande da área metropolitana de Milán, no norte de Italia. Serve aos 15 millóns de habitantes de Lombardía, Piemonte e Liguria, ademais dos que vivén na rexión suíza do cantón de Ticino. O aeroporto está situado a 49 km ao noroeste do centro de Milán, próximo ao río Ticino, que divide Lombardía e Piemonte. Ten dúas terminais e dúas pistas de aterraxe ademais dunha terminal dedicada á carga.

No ano 2016 pasaron por Malpensa 19 320 546 pasaxeiros e foi o 29º aeroporto máis concorrido de Europa en termo de viaxeiros. Ata 2008 Malpensa foi un centro de conexións principal para a aeroliña nacional Alitalia. Malpensa é o segundo aeroporto italiano con máis tráfico internacional, despois de Roma-Fiumicino, e é o máis concorrido en termos de carga. Polas súas instalacións pasan 500 000 toneladas de carga anualmente.

O primeiro aeroporto industrial foi aberto en 1909 preto de Cascina Malpensa, unha vella granxa, por Giovanni Agusta e Gianni Caproni para probar os seus prototipos de avións. Ese aeroporto foi aberto para operacións civís en 1948 durante o período de reconstrución tras a guerra co obxectivo de servir á área norte de Milán.

Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol

O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

Alexandre II, papa

Alexandre II, de nome Anselmo da Baggio (nado en Milán e finado en Roma o 21 de abril de 1073, foi Papa da Igrexa católica romana do 1061 ao 1073.

Ducado de Milán

O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.

O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.

Edicto de Milán

O Edicto de Milán (coñecido tamén como A tolerancia do cristianismo) foi promulgado en Milán no ano 313. Estableceu a liberdade de relixión no Imperio Romano, dando fin ás persecucións dirixidas polas autoridades contra certos grupos relixiosos, particularmente os cristiáns. O edicto foi asinado por Constantino I e Licinio, dirixentes respectivamente dos imperios romanos de Occidente e Oriente.

No momento da promulgación do edicto existían no Imperio cerca de 1.500 sés episcopais, e entre 5 e 7 millóns de habitantes dos 50 que compuñan o imperio profesaban o cristianismo. Logo da aprobación iniciouse a Paz da Igrexa, como é coñecida polos historiadores cristiáns.

Football Club Internazionale Milano

O Football Club Internazionale Milano (coñecido en galego como o «Inter de Milán» aínda que a súa tradución literal é « Internacional de Milan ») é un club de fútbol italiano, da cidade de Milán na rexión de Lombardía. Tradicionalmente foi considerado como o equipo da clase alta de Milán.

Foi fundado en 1908 por disidentes do Milan & Cricket, actual AC Milan. É o único equipo italiano que sempre militou na Serie A de Italia. O seu rival tradicional é o AC Milan. Disputa os seus encontros como local no Estadio Giuseppe Meazza, que comparte co outro gran club de Milán: o AC Milan.

Segundo unha enquisa elaborada polo instituto estatístico Doxa, publicada polo diario italiano L'Espresso no mes de abril de 2006, do total de afeccionados ao fútbol en Italia, o Inter é o segundo club por número de seareiros, despois da Juventus, co 22,2% do total (equivalente a 5 772 000 de 'tifosi').

Giulio Natta

Giulio Natta, nado o 26 de febreiro de 1903 en Porto Maurizio, actual Imperia (Italia) e finado o 2 de maio de 1979 en Bergamo (Italia), foi un químico e profesor universitario italiano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.

Giuseppe Verdi

Giuseppe Fortunino Francesco Verdi, máis coñecido como Giuseppe Verdi (pronuncia italiana [d͡ʒuˈzɛppe ˈverdi] (AFI)), nado en Roncole (Busseto) o 10 de outubro de 1813 e finado en Milán o 27 de xaneiro de 1901, foi un compositor italiano. A súa obra supón a culminación de toda a tradición operística italiana. A súa obra e a súa persoa foron, ademais, un símbolo na loita pola unificación do país. Grande amante de Shakespeare, tres das súas obras (Macbeth, Otello ou Falstaff) están baseadas en obras do escritor inglés.

Tras uns irregulares inicios, Verdi alcanza madurez e popularidade na súa segunda etapa, e o seu afán por narrar con continuidade e precisión as historias vaino aproximando ás teorías de Richard Wagner. Rigoletto é un bufón dun nobre que ten unha dobre vida: facer rir a xente (pública) e protexer a súa filla (privada). En La traviata (baseada en A dama das camelias de Alexandre Dumas (fillo)) estabelece unhas fondas relacións psicolóxicas entre os personaxes: Violeta Valéry (moza mantida) e Alfredo Germont (o seu namorado, un mozo da alta sociedade).

Foi un símbolo da unificación italiana, moitas das súas óperas tiñan un contexto político, na estrea de Nabucco, cando os escravos hebreos cantaban o coro “Va pensiero” os asistentes identificáronos co pobo italiano dominado por Austria, o que provocou unha certa axitación. Berrar “Viva Verdi!” era berrar “Viva Vittorio Emmanuele Re D’Italia!”.

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Leonardo da Vinci

Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano.

Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por Michelangelo.

A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o sfumato e o clarescuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.

Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable), xa que a maioría aínda non eran realizables nesa época. Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas da anatomía, a enxeñaría civil, a óptica e a hidrodinámica.

No ano 2008 foi elixido, nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos, o personaxe máis influente na sociedade europea actual. Nun estudo realizado en 1926 o seu cociente intelectual (CI) foi estimado en cerca de 180.

Liga de Campións da UEFA

A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo.

Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países. Na década de 1990 o torneo comezou a ser ampliado, incorporando unha fase de grupos con máis equipos. As ligas máis fortes de Europa achegan hoxe até un máximo de catro equipos cada unha. A Liga de Campións non debe confundirse coa Europa League da UEFA, antes coñecida como Copa da UEFA. O formato actual do torneo consta de varias etapas e comeza a mediados de xullo con tres roldas eliminatorias de clasificación e unha rolda de play-off; así, os dez equipos sobreviventes únense aos 22 cabezas de serie na fase de grupos, na que hai oito grupos formados por catro equipos cada un. Os oito gañadores de grupo e os oito segundos entran na fase eliminatoria final, que termina co partido final en maio.

O título foi gañado por 21 clubs diferentes, dos cales doce gañaron o título en máis dunha ocasión. Dende que comezou a competición en 1955 o club con máis títulos gañados é o Real Madrid de España, que gañou seis no antigo formato e sete no novo.

O gañador da Liga de Campións da UEFA clasifícase para xogar a Copa Mundial de Clubs da FIFA (que substitúe á Copa Intercontinental dende 2005), así como a Supercopa de Europa.

Lombardía

A Lombardía (en lombardo: Lumbardia, en italiano: Lombardia) é unha das vinte rexións de Italia. Con preto de dez millóns de habitantes é a rexión máis poboada da República. Situada entre os Alpes e o val do Po, limita ao norte con Suíza (cantón Tesino e os Grisóns), ao oeste co Piemonte, ao leste co Véneto e o Trentino-Tirol do Sur e ao sur coa Emilia-Romaña. A súa capital é Milán.

Luis Suárez Miramontes

Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña, no barrio de Montealto, o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán. Trátase do único Balón de Ouro galego e español, premio que acadou en 1960.

Michele Alboreto

Michele Alboreto, nado en Milán o 23 de decembro de 1956 e finado en Klettwitz (Brandeburgo) o 25 de abril de 2001, foi un piloto italiano de Fórmula 1. É famoso por terminar segundo tras Alain Prost na tempada de Fórmula Un de 1985 así como por gañar as 24 Horas de Le Mans de 1977 e as 12 Horas de Sebring de 2001. Alboreto competiu en Fórmula Un de 1981 ata 1994, con varios equipos, destacando sobre todo as súas cinco tempadas (1984-88) pilotando un Ferrari.

Pirelli

Pirelli & C. SPA é unha empresa multinacional con sede en Milán, Italia. A compañía, o quinto fabricante maior do mundo de pneumáticos, está presente en máis de 160 países, conta con 20 plantas de fabricación en todo o mundo e unha rede de ao redor de 10.000 distribuidores e comerciantes polo miúdo.

Fundada en Milán en 1872, Pirelli é hoxe o quinto operador no mundo no sector dos pneumáticos en termos de vendas e líder na modalidade "Premium" do sector cun alto nivel de contido tecnolóxico.

A compañía cotiza na Bolsa de Milán desde 1922, distínguese por unha longa tradición industrial e tamén se asocia coa capacidade de innovación, a calidade do produto e a fortaleza da marca. Hoxe en día hai 19 plantas de Pneumáticos Pirelli no mundo en catro continentes e o grupo opera en máis de 160 países e ten preto de 30.000 persoas empregadas en todo o mundo. En 2010, os ingresos, dos que o 90% xéranse fóra de Italia, ascenderon ao redor de 4 800 millóns de euros.

A empresa produce pneumáticos para coches, motos e vehículos industriais, combinando a tecnoloxía coas súas estratexias de prestacións verdes que leva á empresa a conseguir un alto rendemento e seguridade, reducindo o impacto ambiental. Entre os pneumáticos de máis éxito lanzados por Pirelli nos últimos anos están o "Cinturato" para coches, o "Diablo" pneumáticos para motos e a serie 01 para camións.

Pirelli é hoxe unha das marcas máis coñecidas no mundo. A súa reputación viuse reforzada cando gañou o contrato en exclusiva para a Fórmula 1 para os tres anos 2011-2013, ademais da presenza do grupo no automobilismo é o único provedor de Superbike. Comprometida co mundo do deporte, Pirelli foi desde 1995 o principal patrocinador do FC Internazionale Football Club e este ano converteuse en patrocinador oficial da Copa de Rusia de Fútbol 2011-2012.

Desde 1964, o nome de Pirelli estivo inseparablemente vinculado co calendario Pirelli, que se converteu nun obxecto de culto exclusivo que cada ano ofrece retratos fotográficos, executado polos fotógrafos máis famosos do mundo, dalgunhas das actrices e modelos máis belas no mundo a nivel internacional. Para fortalecer aínda máis a marca Pirelli, púxose en marcha Pzero a marca de moda de alta tecnoloxía, con liñas de roupa e accesorios innovadores.

No ano 2009, para salvagardar e valorizar o patrimonio cultural e histórico de Pirelli, e a promoción da cultura empresarial como unha parte do amplo patrimonio cultural dun país, Pirelli creou a Fundación Pirelli, que coida o vasto arquivo da empresa e promove iniciativas que representan a cultura corporativa da empresa. A Fundación foi aberta ao público desde 2010 e atópase na sede de Pirelli en Milán.

Pío XI, papa

Pío XI, nado en Desio o 31 de maio de 1857 e finado en Roma o 10 de febreiro de 1939, foi o 259º papa da Igrexa católica entre 1922 e 1939, bispo de Roma e soberano da Cidade do Vaticano desde 1922 ata a súa morte.

UEFA Europa League

A UEFA Europa League, tamén coñecida como Liga Europa da UEFA, é unha competición internacional de fútbol que disputan aqueles equipos que, ou ben gañan as copas das súas respectivas federacións nacionais, ou ben quedan en postos inmediatamente inferiores aos que dan acceso a xogar na Liga de Campións da UEFA nas competicións oficiais de liga das súas federacións.

Foi creada pola UEFA en 1971 baixo o nome de Copa da UEFA (co que se coñeceu ata a tempada 2008-09) en substitución da Copa de Cidades en Feira, torneo que non estivo afiliado á devandita confederación.

O equipo máis laureado da competición é o Sevilla Fútbol Club con cinco títulos, os últimos tres consecutivos. Ademais, España é o equipo que ostenta máis títulos, once, por diante de Italia, con nove, e Inglaterra, con oito..

Comunas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.