Mikhail Gorbachev

Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931, é un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.

Mikhail Gorbachev
Gorbatschow DR-Forum 129 b2
Михаил Сергеевич Горбачёв
Datos persoais
Nacemento2 de marzo de 1931
 Privol'noe
OrganizaciónPartido Comunista da Unión Soviética, Parido Socialdemócrata de Rusia
CónxuxeRaíssa Gorbachova
FillosIrina Virganskaya
Alma máterMoscow State University, Faculty of Law e Stavropol State Agrarian University
ProfesiónPolítico, avogado e escritor
Relixióncristianismo e ateísmo
Mikhail Gorbachev Signature

Traxectoria

Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes afirman que naceu en 1935) en Privolnoe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maksimovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.

Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á guerra fría.

En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Belarús. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.

Reagan and Gorbachev signing
Gorbachev e Ronald Reagan.

Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Eltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como Secretario Xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. O Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como Presidente Executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.

Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.

Dende 1992 Mikhail Gorbachev dirixe a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en países como os EUA, Suíza, Rusia ou Italia. Participou nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e na actualidade é o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.

Obras selectas

  • Perestroika, 1988.
  • The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
  • Memorias, 1996.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

11 de marzo

O 11 de marzo é o 70º día do ano do calendario gregoriano e o 71º nos anos bisestos. Quedan 295 días para finalizar o ano.

18 de agosto

O 18 de agosto é o 230º día do ano do calendario gregoriano e o 231º nos anos bisestos. Quedan 135 días para finalizar o ano.

26 de novembro

O 26 de novembro é o 330º día do ano do calendario gregoriano e o 331º nos anos bisestos. Quedan 35 días para acabar o ano.

2 de marzo

O 2 de marzo é o 59º día do ano do calendario gregoriano e o 60º nos anos bisestos. Quedan 304 días para finalizar o ano.

Anticapitalismo

O anticapitalista refírese á oposición, total ou parcialmente, ó capitalismo. O termo abrangue unha extensa colección de ideoloxías. En xeral, algúns anticapitalistas poden estar a favor dalgún tipo de colectivismo ou comunitarismo económico ou social, mais non todos e non necesariamente (existen anticapitalistas que defenden diferentes niveis de propiedade privada).

Anticomunismo

O Anticomunismo é a oposición ao comunismo. Historicamente, a palabra comunismo foi empregada para referirse a varios tipos de organización social e os seus partidarios, mais, dende mediados do século XIX, a corrente dominante do comunismo no mundo foi o marxismo. O comunismo marxista conseguiu moitos máis seguidores e opoñentes que todas as demais formas de comunismo xuntas. Así mesmo, o termo anticomunismo emprégase principalmente para referirse á oposición activa ao comunismo marxista.

O marxismo, e a forma de comunismo asociado a el, acadou a súa notoriedade no século XX. O anticomunismo organizado desenvolveuse como reacción á crecente popularidade do movemento comunista, e adoptou moitas formas ao longo do século XX. Os monárquicos conservadores europeos loitaron contra a primeira onda de revolucións comunistas dende 1917 a 1922. O fascismo e o nazismo baseáronse nunha forma violenta de anticomunismo; incitaban o medo á revolución comunista para obter poder político, e tentaron destruír o comunismo na segunda guerra mundial. Os nacionalistas loitaron contra os comunistas en numerosas guerras civís por todo o mundo. Tanto o conservadorismo como o liberalismo clásico conformasen gran parte das políticas exteriores anticomunistas das potencias occidentais, e dominaron o pensamento intelectual anticomunista na segunda metade do século XX.

Trala Revolución de Outubro en Rusia, o comunismo marxista quedou principalmente vencellado á Unión Soviética na imaxinación pública (aínda que había moitos marxistas e comunistas que non apoiaban á Unión Soviética e as súas políticas). Como resultado, o anticomunismo e a oposición á Unión Soviética fixéronse practicamente indistinguibles, especialmente en política exterior. O anticomunismo foi un elemento importante na política exterior das Potencias do Eixo durante os anos 30 (Pacto Antikomintern) e dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Xapón, Corea do Sur, Australia, o Canadá, Israel, e outros países capitalistas durante a guerra fría.

Antiimperialismo

O antiimperialismo é unha posición política xurdida a finais do século XIX que se caracteriza por unha categórica oposición ó imperialismo. O pensamento antiimperialista está estreitamente vinculado ó cuestionamento dos mecanismos de dependencia neocolonial caracterizados por mecanismos de suxeición económicos e financeiros, así como os chamados procesos de liberación nacional.

Disolución da Unión Soviética

A disolución da Unión Soviética produciuse o 26 de decembro de 1991. Foi o resultado da declaración número 142-H do Soviet polas "Repúblicas" do Soviet Supremo da Unión Soviética. A declaración recoñeceu a independencia das antigas Repúblicas da Unión Soviética e a creación da Comunidade de Estados Independentes (CEI), malia que cinco dos signatarios asinaron moito despois ou nunca chegaron a facelo. O día anterior, o presidente soviético Mikhail Gorbachev, o oitavo e derradeiro líder da Unión Soviética renunciou, declarou o seu cargo extinto e pasou todos os seus poderes, incluíndo o control dos códigos dos mísiles nucleares, ó presidente ruso Boris Eltsin. Esa mesma tarde, ás 7:32, a bandeira soviética ondeou por última vez no Kremlin de Moscova e foi substituída pola Bandeira de Rusia pre-revolucionaria.

Esquerda política

Esquerda, en política, é un termo referido (sen precisión particular) ó segmento do espectro político tipicamente asociado a calquera clase de socialismo ou socialdemocracia, en oposición á dereita política e ó liberalismo.

Glasnost

A Glasnost é un termo ruso que significa transparencia ou apertura.

No XXVII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), en febreiro de 1986, Mikhail Gorbachev propuxo a política de Glasnost, para modernizar ó cidadán soviético medio e limar asperezas co bloque occidental. Esta política significaba unha maior liberdade de prensa nos medios de comunicación. Así, Gorbachev conseguíu grandes logros diplomáticos con outras potencias, mentres o descontento popular medraba, xa que a liberdade de prensa informou ós cidadáns do pacto cos nazis (pacto Molotov-Ribbentrop), das baixas en Afganistán e da lamentable situación económica.

Invasión soviética de Afganistán

A invasión soviética de Afganistán durou nove anos, dende decembro de 1979 ata febreiro de 1989. Foi parte da guerra fría e librouse entre as forzas lideradas polos soviéticos e as forzas afgás contra grupos de insurxentes de varias nacionalidades chamados muxahidíns. Os insurxentes recibiron formación militar nas veciñas Paquistán e China, ademais de millóns de dólares de Estados Unidos, Reino Unido, Arabia Saudita, e outros países Os máis de dez anos de guerra provocaron que moitos afgáns fuxiran do seu país, con destino principalmente en Paquistán e Irán. Ademais dos que morreron en combate, centos de miles de civís afgás foron asasinados.

O despregue soviético inicial do 40º Exército en Afganistán comezou o 24 de decembro de 1979 baixo o mando do dirixente soviético de Leonid Brezhnev. A intervención soviética no conflito rematou ca retirada xeral das tropas, que comezou o 15 de maio de 1988, e concluiu o 15 de febreiro de 1989, baixo o mando do último presidente soviético, Mikhail Gorbachev e trala firma do Acordos de Xenebra entre a RDA e Paquistán; os enfrontamentos entre as tropas gobernamentais e os muxahidíns continuaron na guerra civil afgá, ata a caída do goberno da República Democrática de Afganistán en 1992.

Liga dos Comunistas

A Liga dos Comunistas ou Liga Comunista foi unha organización revolucionaria nada en Londres no ano 1847. Formado despois dun congreso da Liga dos Xustos, organización de obreiros alemáns desterrados que se formou en París en 1836, dirixida por Wilhem Weitling, a cal mudou de nome despois do congreso. En 1847 Marx entrou na organización e deseguida produciuse un desencontro con Weitling.

En 1847 faráse público o seu programa, escrito por Karl Marx e Friedrich Engels, baixo o nome de Manifesto do Partido Comunista.

Perestroika

A Perestroika (en ruso: перестройка) foi, en conxunto coa Glasnost, unha das políticas introducidas na Unión Soviética por Mikhail Gorbachev, en 1985. A palabra perestroika, que literamente significa reconstrución, gañou a conotación de 'reestruturación económica'. Gorbachev percibiu que a economía da Unión Soviética estaba a fallar e sentiu que o sistema socialista, a pesar de que non necesitaba ser substituído, certamente necesitaba dunha reforma, e isto sería levado a cabo polo proceso da perestroika. Unha chave principal da perestroika era reducir a cantidade de diñeiro gastado na defensa nacional, e para facer iso Gorbachev sentiu que a Unión Soviética debería:

Desocupar Afganistán.

Negociar cos Estados Unidos de América a redución de armamento.

Non interferir noutros países comunistas (A Doutrina Sinatra).En contraste coas reformas económicas da República Popular da China, a perestroika é longamente avaliada como tendo fallado no seu obxectivo principal de reestruturar a economía soviética. As razóns para o seu fracaso foron examinadas por moitos economistas e historiadores, incluíndo Merle Goldberg. Unha das razóns citadas para ese fracaso foi a incapacidade na promoción da creación de entidades económicas privadas e semi-privadas e a indisposición de Gorbachev en relación a unha reforma na agricultura soviética.

Outra posíbel razón sería a mala vontade dos altos oficiais do Partido Comunista da Unión Soviética (a liña dura) e da facción liberal apoiada polos EUA, que tiña como principal líder a Boris Eltsin, en aceptar as medidas da Perestroika. En canto aos primeiros non querían mudanzas, os últimos querían que elas acontecesen máis rapidamente. Iso xerou forte oposición ao proxecto da Perestroika.

Contrariamente ás reformas de Deng Xiaoping na China, a perestroika non só fallou o propósito de traer benefícios económicos inmediatos para a maioría das persoas, senón que tamén ao desmantelar a economía planeada creou o caos económico, o que constituíu un factor importante para o colapso da Unión Soviética.

Primeira Internacional

A Asociación Internacional de Traballadores, máis coñecida historicamente como Primeira Internacional, foi a primeira organización internacional dos traballadores. Fundada en Londres en 1864 logo dalgunhas xuntanzas o ano anterior entre obreiros franceses e organizacións sindicais británicas, agrupou inicialmente os sindicalistas ingleses, anarquistas, socialistas franceses e italianos republicanos.

Os seus fins eran a organización política do proletariado en Europa e o resto do mundo para estender internacionalmente a loita contra o capitalismo xa que, como este tiña carácter mundial, a revolución que pretendese destruílo tamén tiña que ter ese carácter, así coma un foro para examinar problemas en común e propoñer liñas de acción. Colaboraron nela Karl Marx e Friedrich Engels. A AIT financiou folgas en toda Europa que provocaron o pánico e obsesión en diferentes gobernos europeos pensando que tiña un poder maior do que tiña en realidade, sobre todo despois dos sucesos da Comuna de París en 1871. Houbo tensións grandes entre Marx, sobre todo seguido polos obreiros industriais, e Mikhail Bakunin, que atraía sobre todo a xornaleiros do campo; diferenciábanse nos métodos para acadar a meta final: os marxistas eran partidarios de organizarse nun partido para conquistar o Estado e Bakunin era partidario dunha revolución inmediata contra todas as institucións estatais. As diferenzas levaron á escisión entre marxistas e anarquistas, tralo cal os partidarios de Bakunin foron expulsados.

En 1872 a organización trasladouse aos Estados Unidos de América, disolvéndose oficialmente en 1876. En 1889 estableceuse a Segunda Internacional como a sucesora nos seus fins políticos.

Unión Soviética

A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.

Unión Soviética no Festival de Eurovisión

A Unión Soviética nunca participou no Festival de Eurovisión pero fixo varios intentos a finais dos anos 80's.

En 2009, Eduard Fomin, un antigo empregado do Ministerio de Educación da República Soviética Federativa Socialista de Rusia, revelou que en 1987 George Vaselov, o Ministro de Educación da Unión Soviética presentou a idea da participación soviética no Festival de Eurovisión, debido ao número de reformas políticas feitas polo Presidente da Unión Soviética Mikhail Gorbachev a finais da década de 1980. A idea era todo unha cuestión política, co pensamento de que unha vitoria no concurso para a Unión Soviética tería impacto sobre as relacións entre a Unión Soviética e os países capitalistas de occidente. Valery Leontiev foi suxerido como o cantor para a primeira entrada da Unión Soviética no concurso, pero as ideas de Veselov non foron compartidas polo Partido Comunista da Unión Soviética, e polo propio Gorbachov, crendo ser demasiado radical o paso a tomar, e por iso a Unión Soviética non participou nunca no concurso antes de disolverse.Dez das antigas repúblicas soviéticas participaron após a súa independencia nos anos 90's e 00's: Rusia, Estonia, Lituania, Letonia, Ucraína, Belarús, Moldavia, Armenia, Xeorxia e Acerbaixán.

Laureados co Premio Nobel da Paz
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–2017
Conceptos básicos
Aspectos
Variantes
Internacionais
Líderes individuais
Temas relacionados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.