Miguel Primo de Rivera

Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de xaneiro de 1870 e finado en París o 16 de marzo de 1930, foi un militar e político español. Casado con Casilda Sáenz de Heredia, tivo seis fillos, destaca entre eles José Antonio Primo de Rivera creador da Falanxe.

Miguel Primo de Rivera
Miguel Primo de Rivera, Kaulak (cropped)
Nome completoMiguel Primo de Rivera y Orbaneja
Nacemento8 de xaneiro de 1870
 Xerez da Fronteira
Falecemento16 de marzo de 1930
 París
CausaDiabetes mellitus
SoterradoCemitério de San Isidro e Basílica de la Merced
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico e militar
PaiMiguel Primo de Rivera y Sobremonte
NaiInés Orbaneja y Pérez de Grandallana
CónxuxeCasilda Sáenz de Heredia
FillosJosé Antonio Primo de Rivera, Pilar Primo de Rivera, Fernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia e Carmen Primo de Rivera
IrmánsMaría Jesús Primo de Rivera y Orbaneja, José Primo de Rivera y Orbaneja e Fernando Primo de Rivera y Orbaneja
PremiosColar da Ordem de Isabel a Católica, Orde da Aguia Branca, Ordem de Calatrava, Cruz Laureada de São Fernando, Grand Cross of the Military Merit - Red Decoration, Grand Cross of Naval Merit with red badge, Gran cruz da Lexión de Honor, Grã-Cruz da Ordem Militar da Torre e Espada, Orde de Avis, Ordem do Mérito do Chile, Grã-Cruz da Ordem Militar da Torre e Espada, Ordem do Leão Branco e Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo
Firma de Miguel Primo de Rivera

Traxectoria

Carreira militar

Ingresou na Academia Militar en 1884. Foi destinado por primeira vez a Melilla en 1893, onde ascendeu de forma moi rápida, obtendo o grao de capitán e acadou a medalla de San Fernando. En 1895 tarde sería trasladado a Cuba como axudante do capitán xeneral Martínez Campos. Desde Cuba iría a Filipinas en compaña do seu tío Fernando Primo de Rivera. Participou así nas guerras coloniais: Guerra de Cuba, na que supuxo a independencia de Filipinas, e na guerra de Marrocos. Cando regresa a España xa acadara o grao de tenente coronel. Máis tarde volvería a Marrocos en 1908, e participaría na chamada Guerra de Melilla, onde foi ferido. En 1911 alcanza o xeneralato (xeneral de brigada) e en 1913 é xa xeneral de división. Ao seu regreso a España encárgaselle o goberno militar de Cádiz (1915 - 1917). En 1919 foi ascendido a tenente xeneral.

Herda do seu tío o título de marqués de Estrella, tras o falecemento deste no Desastre de Annual (1921)

En 1922 recibe o encargo da capitanía xeneral de Barcelona, onde se atopou cun clima social moi tenso e enrarecido. Noutros asuntos, os actos terroristas que acabaran coa vida do presidente do goberno Eduardo Dato (1921), ou co cardeal de Zaragoza (1923) fan que a sociedade se deteriore en España.

A ditadura

No período ditatorial de Primo de Rivera podemos distinguir dúas etapas:

Directorio militar

O 13 de setembro de 1923 Primo de Rivera, emite un manifesto en Barcelona, recibindo a aprobación do rei Afonso XIII para emprender unha ditadura. Tras ser nomeado xefe do goberno polo rei, forma un Directorio Militar. Censura a prensa, sacrifica o sistema democrático e fecha o Parlamento. No ano seguinte asume persoalmente o Alto Comisariado de Marrocos, e aínda que no pasado se declarara partidario de abandonar o Protectorado, alíase agora co goberno de Francia, e conxuntamente organizan unha campaña contra Abd el-Krim, planeando o Desembarco de Alhucemas (1925); nese mesmo ano as operacións franco-españolas acabaron coa Guerra de Marrocos .

Directorio civil

Visita do Xeral Primo de Ribera a Mondariz1928
Visita a Mondariz en 1928.

Tras os éxitos de Marrocos, Primo de Rivera, non se retirou, senón que formou un Directorio Civil que se formalizou o 3 de decembro de 1925. Os membros máis importantes eran José Calvo Sotelo (Ministro de Facenda), Martínez Anido (Ministro de Gobernación) etc.

Co apoio dalgunhas partes do exército e dos partidos de extrema dereita, Primo de Rivera intentou levantar un réxime que substituíra ao parlamentarismo. Formou unha asemblea que sería a encargada de redactar unha constitución, pero esta asemblea foi un fracaso.

Creou o partido Unión Patriótica Española (UPE). No campo da facenda e obras públicas foi onde o réxime conseguiu os seus maiores éxitos. Calvo Sotelo aliviou a débeda pública e monopolizou un sector chave: o petróleo (CAMPSA). Nas obras melloráronse as estradas, portos etc.

Pero a ditadura tiña moitas frontes de oposición: estudantes, políticos, intelectuais, militares etc. Ante esta oposición e a carencia de apoio dos militares, Primo de Rivera renunciou ante o rei Afonso XIII o 28 de xaneiro de 1930, deixando crise económica, inviabilidade do sistema monárquico etc.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Manuel García Prieto
Escudo de España 1874-1931.svg
Presidente do Consello de Ministros de España

19231930
Sucesor:
Dámaso Berenguer y Fuster
10 de febreiro

O 10 de febreiro é o 41º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 324 días para finalizar o ano, 325 nos anos bisestos.

13 de setembro

O 13 de setembro é o 256º día do ano do calendario gregoriano e o 257º nos anos bisestos. Quedan 109 días para finalizar o ano.

16 de marzo

O 16 de marzo é o 75º día do ano do calendario gregoriano e o 76º nos anos bisestos. Quedan 290 días para finalizar o ano.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Desembarco de Alhucemas

O desembarco de Alhucemas foi un desembarco militar levado a cabo o 8 de setembro de 1925 na baía de Alhucemas polo exército e a Armada españolas e, en menor medida, un continxente aliado francés, que propiciou o fin da Guerra do Rif. Considéraselle o primeiro desembarco aeronaval da historia mundial.

A operación consistiu no desembarco dun continxente de 13.000 soldados españois transportados desde Ceuta e Melilla pola Armada combinada hispano-francesa. A operación tivo como comandante en xefe ao entón "Director Militar" de España, xeneral Miguel Primo de Rivera, e como xefe executivo das forzas de desembarco nas praias da baía de Alhucemas ao xeneral Sanjurjo, a cuxas ordes estaban as columnas dos xenerais xefes das brigadas de Ceuta e Melilla, Leopoldo Saro Marín e Emilio Fernández Pérez, respectivamente. Entre os xefes participantes na acción atopábase o entón coronel Francisco Franco, quen pola súa actuación á fronte das tropas da Lexión foi ascendido a xeneral de brigada. O xeneral estadounidense Dwight Eisenhower anos despois estudou a fondo a táctica empregada polos españois en Alhucemas para trazar o plan do desembarco de Normandía.

A Radio Televisión Española realizou, cara a 1980, un valioso filme documental sobre esta importante acción bélica.

Ditadura de Primo de Rivera

A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.

A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a Ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da Ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República española.

Ducado de Primo de Rivera

O ducado de Primo de Rivera é o título nobiliario español que Francisco Franco concedeu postumamente, con Grandeza de España por decreto do 18 de xullo de 1948 ao fundador de Falange Española e pai da ideoloxía dominante do réxime, José Antonio Primo de Rivera, III marqués de Estella e Grande de España.

Eleccións Xerais 1923 en España

As Eleccións xerais de España de 1923 foron convocadas para o 29 de abril de 1923 e celebradas baixo o sufraxio universal masculino.

Foron as últimas eleccións a Cortes Xerais convocadas na Restauración borbónica e, polo tanto, dentro do sistema de quendas de partidos dinásticos implantado coa Constitución española de 1876, carta magna que sería suspendida en setembro dese mesmo ano polo golpe de estado de Miguel Primo de Rivera. Quen ostentaba o cargo de Presidente do Goberno ata a data das eleccións foi Manuel García Prieto.

As eleccións estiveron marcadas pola debilidade extrema do sistema político e a gran conflictividad social debido á Guerra do Rif e os disturbios en Barcelona. O Partido Conservador estaba sumido nunha profunda crise de liderado desde o asasinato de Eduardo Dato, mentres o Partido Liberal presentábase moi dividido en diferentes faccións.

A maioría liberal permitío que os principais líderes liberal-progresistas ocupasen as principais magistraturas do Estado. Melquíades Álvarez foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados e Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta foi o presidente do Senado. O xefe do goberno foi Manuel García Prieto, elixido co apoio do Partido Liberal e do Partido Reformista.

Ambas cámaras foron disoltas pola Ditadura de Primo de Rivera cinco meses despois, o 13 de setembro de 1923.

Falange Española

Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo de Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.

Marquesado de Estella

O Marquesado de Estella é o título nobiliario español que o rei Afonso XII concedeu por decreto do 25 de maio de 1877 ao capitán xeral Fernando Primo de Rivera e Sobremonte, I conde de San Fernando de la Unión. O 11 de outubro de 1923 o rei Afonso XIII outórgalle a Grandeza de España. O seu nome refírese ao municipio navarro de Estella, onde o xeneral entrou en batalla coas forzas carlistas.

Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia

Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 11 de xullo de 1904 e finado o 8 de maio de 1964, foi Ministro de Agricultura de España durante o franquismo. Irmán de José Antonio Primo de Rivera e II duque de Primo de Rivera e IV marqués de Estella.

Miguel Primo de Rivera y Urquijo

Miguel Primo de Rivera e Urquijo, nado en San Sebastián o 17 de agosto de 1934, III Duque de Primo de Rivera e, ata 1985, V Marqués de Estella, é un avogado e político español.

Pilar Primo de Rivera

Pilar Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nada en Madrid o 4 de novembro de 1907 e finada ibídem o 17 de marzo de 1991, foi a fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.

Primo de Rivera

O apelido Primo de Rivera pode referirse a:

Joaquín Primo de Rivera y Pérez de Acal (1734-1800), gobernador de Maracaibo. Pai de:

José Primo de Rivera y Ortiz de Pinedo (1777-1853), militar y senador español. Pai de:

Fernando Primo de Rivera y Sobremonte,(1831-1921) militar e político;

Miguel Primo de Rivera y Sobremonte, (1826-1898), pai de:

Fernando Primo de Rivera y Orbaneja, militar. (1879-1921)

Miguel Primo de Rivera y Orbaneja (1870-1930), militar, político e ditador. Pai de:

José Antonio Primo de Rivera (1903-1936), político fundador de Falange Española.

Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia (1904-1964), Ministro de Agricultura entre 1941 e 1945.

Pilar Primo de Rivera (1907-1991), irmá do anterior, comandou a Sección Femenina de Falange.

Fernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia (1908-1936), pai de:

Miguel Primo de Rivera y Urquijo (1934), alcalde de Xerez da Fronteira (1965-1971), pai de:

Rocío Primo de Rivera Oriol (1967), xornalista e escritoraTamén pode referirse a:

Fernando de la Puente y Primo de Rivera, relixioso español

Unión Patriótica

Unión Patriótica foi unha organización política española fundada en abril de 1924 polo ditador Miguel Primo de Rivera como unha asociación de cidadáns, unha asociación de "todos los hombres de buena voluntad", que integraría a toda a sociedade e substituiría aos partidos tradicionais aos que consideraba corruptos, para dar soporte ao novo réxime. O seu lema era “Patria, religión, monarquía”. Adheríronse antigos membros do Partido Conservador e militares que querían situarse no novo réxime. O presidente do seu comité nacional foi José Gabilán. Desapareceu tras a caída de Primo de Rivera.

A Unión Patriótica foi un partido personalista ligado ao mantemento do réxime primorriverista e á personalidade do seu líder. Podería ser cualificada como un partido político circunstancial e oportunista que desaparecería en canto non tivera o apoio do goberno. Como partido careceu do necesario apoio social que lle permitira existir cando desapareceu o réxime da ditadura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.