Miguel Anxo Fernández Lores

Miguel Anxo Fernández Lores, nado en Vilalonga, Sanxenxo, o 7 de xuño de 1954, é un médico e político galego. Desde 1999 é alcalde de Pontevedra, polo Bloque Nacionalista Galego.

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores
Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
Períododende 1999
AntecesorJuan Luis Pedrosa
Datos persoais
Nacemento7 de xuño de 1954
 Vilalonga, Sanxenxo
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Profesiónmédico

Traxectoria

Logo de estudar medicina na Universidade de Santiago de Compostela, fixo as prácticas no Hospital Provincial de Pontevedra. Logo exerceu como médico de cabeceira en Pol e Samos, onde estivo un ano de concelleiro. Finalmente foi trasladado ó Ambulatorio Virxe Peregrina de Pontevedra, onde traballou ata a súa elección como alcalde.

Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Pontevedra, como único representante do BNG. O grupo local da formación nacionalista foi ascendendo en número de concelleiros, ata lograr 10 nas eleccións municipais de 1999, o que lle permitiu gobernar en minoría. Converteuse así no primeiro alcalde dunha formación de esquerdas da cidade desde a Segunda República.

Tralas eleccións municipais de 2003, onde acadaron de novo 10 concelleiros, gobernou en coalición co Partido dos Socialistas de Galicia, acordo renovado tralas eleccións municipais de 2007, se ben só con 7 concelleiros. Nas eleccións municipais de 2011 conseguiu 11 concelleiros, polo que seguiu gobernando, en coalición cos socialistas. Nos comicios locais de 2015, Lores obtivo 12 concelleiros, fronte ós 7 do Partido Popular de Galicia, 3 do PSdeG, 2 da Marea Pontevedra e 1 de Cidadáns, polo que na lexislatura (2015-2019) gobernou en solitario.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía

Predecesor:
Juan Luis Pedrosa
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
dende 1999
Sucesor:
-
7 de xuño

O 7 de xuño é o 158º día do ano do calendario gregoriano e o 159º nos anos bisestos. Quedan 207 días para finalizar o ano.

Anxo (antroponimia)

Anxo é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". É un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico. O feminino galego é Anxa ou Ánxela.

Campo Municipal de Monte Porreiro

O Campo Municipal de Monte Porreiro é un novo recinto deportivo da cidade de Pontevedra, sito no lugar de Monte Porreiro, homologado para a práctica do fútbol e o rugby. As súas dimensións son de 111 por 72 metros, e a superficie é de herba sintética.

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 1999 en Galicia

As eleccións municipais de 1999 celebráronse o 13 de xuño nos 315 concellos de Galicia e indirectamente decidían tamén a composición das catro deputacións galegas. As eleccións coincidiron coas eleccións europeas que tiñan unha única circunscrición estatal.

O Partido Popular de Galicia foi o único partido que presentou candidaturas en todos os concellos e en tres (Beariz, O Bolo e Trabada) foi a única candidatura presentada. O Partido dos Socialistas de Galicia presentou candidaturas en 305 concellos mentres o Bloque Nacionalista Galego facíao en 297. O resto de forzas presentaron candidaturas nun número moito máis reducido de concellos, Democracia Galega presentouse en 44 concellos, Esquerda Unida-Izquierda Unida en 26, Esquerda de Galicia en 21 e en 78 concellos presentáronse candidaturas independentes.

As primeiras enquisas outorgaban o PP a maioría absoluta nas cidades de Ourense e Santiago porén perdía as alcaldías de Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. O BNG subía en todas as cidades e o PSOE situábase en terceiro lugar na maioría das cidades, non obstante mantiña a maioría absoluta na cidade da Coruña.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Eleccións municipais en Pontevedra

Corporacións democráticas en Pontevedra desde a aprobación da constitución española de 1978.

Galería de imaxes de grupo de personalidades de Galicia

Galería de imaxes de grupo de personalidades de Galicia, por orde cronolóxica.

IES Sánchez Cantón

O Instituto de Ensino Secundario Sánchez Cantón é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón. Está situado no Verxel, a carón do río dos Gafos.

Juan Luis Pedrosa

Juan Luis Pedrosa Fernández, nado en Lugo o 8 de febreiro de 1955, é un mariño e político galego.

Lores

O topónimo galego Lores pode referirse a:

Lores, parroquia do concello de Meaño;

Lores, lugar de dita parroquia.Amais como apelido pode referirse a:

Marcial Lores García, tipógrafo, xornalista e sindicalista galego (n. 1870);

Florencio Vaamonde Lores, historiador e escritor galego (1860-1925);

César Vaamonde Lores, historiador galego (1867-1942);

Salustiano Vidal Lores, político galego (f. 1930);

Joaquín Álvarez Lores, empresario e político galego (f. 1981);

Miguel Anxo Fernández Lores, médico e político galego (n. 1954).

Luís Bará

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Roberto Taboada Rivadulla

Roberto Jesús Taboada Rivadulla, nado en Pontevedra o 30 de abril de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Teresa Casal

María Teresa Casal García, nada en Pontevedra en 1948 é unha política galega do PSdeG. É licenciada en Dereito e secretaria do centro da UNED en Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.