Michel Ney

Michel Ney, Duque de Elchingen, Príncipe de Moscova, nado en Saarlouis (Lorena) o 10 de xaneiro de 1769 e finado en París o 7 de decembro de 1815, foi un militar e oficial francés que tivo unha destacada actuación ao longo das Guerras revolucionarias de Francia e durante as Guerras napoleónicas. Foi un dos 18 Mariscais de Francia nomeados por Napoleón I.

Michel Ney
Marshal Ney by Cook
Nacemento10 de xaneiro de 1769
 Saarlouis
Falecemento7 de decembro de 1815
 París
CausaFusilamento
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónlawyer's clerk, construction foreman, político, oficial e militar
CónxuxeAglaé Auguié
FillosMichel Louis Félix Ney, Napoléon Joseph Ney, Edgar Ney e Eugène Ney
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Marechal de França, Knight of the Royal and Military Order of Saint Louis, Duc d'Elchingen e Nomes inscritos no Arco do Triunfo
Marechal Ney
Michel Ney, mariscal de Francia.
Marschall ney geburtshaus saarlouis
Casa natal de Ney, en Saarlouis, Lorena.

Os anos iniciais

Foi o fillo segundo de Pierre Ney, comerciante de licores e antigo veterano da Guerra dos Sete Anos. Ney, como moitos loreneses era bilingüe, pois o alemán, que era a lingua maioritaria na Lorena, convivía co francés.

Ney educouse no colexio dos agostiños, e en rematando os estudos pasou logo a traballar de escribán, e despois como inspector de minas e forxas. Como non lle seducise a vida civil, Ney alistouse, en 1787, como húsar no rexemento Colonel-Général de Metz, contra o parecer do seu pai.

Carreira nas Guerras Revolucionarias francesas

Logo do triunfo da Revolución, Ney serviu no Exército do Norte entre 1792-94, co que participou na batalla de Valmy e na batalla de Neerwinden (1793), así como noutros encontros bélicos. Ney foi transferido ao departamento de Sambre e Mosa (Sambre-et-Meuse) en xuño de 1794, sendo ferido no asedio de Maguncia. Dous anos despois foi ascendido a xeneral de brigada (agosto de 1796), pasando a mandar unidades de cabalería nas frontes alemás.

O 17 de abril de 1797, Ney conduciu unha carga de cabalería contra lanceiros austríacos que tentaban apoderarse de canóns franceses, rexeitándoos, mais sufrindo logo un contraataque austríaco; no transcurso do combate Ney foi derrubado da súa cabalgadura e foi feito prisioneiro. No 8 de maio seguinte, Ney foi trocado por un xeneral austríaco cativo a súa vez dos franceses.

Logo da toma de Mannheim, Ney foi ascendido a xeneral de división en marzo de 1799. A finais de 1799 Ney estivo ao mando da cabalería nos exércitos que actuaban en Suíza e o Danubio, sendo ferido nun muslo e nun pulso en Winterthur; mais antes aínda de recuperarse combateu na batalla de Hohenlinden, sob as ordes do xeneral Moreau en decembro de 1800. Desde o mes de setembro de 1802 Ney pasou a mandar tropas en Suíza, cumprindo á par labores diplomáticas. O 19 de maio de 1804 Ney recibiu o seu bastón como mariscal do Imperio, que era o título napoleónico equivalente ao anterior de mariscal de Francia.

Carreira nas Guerras napoleónicas

Louvre-peinture-francaise-Ney-a-Kowno-p1020309
Ney na batalla de Kovno.

Na campaña de 1805 Ney tomou o mando do VI Corpo da Grande Armée, sendo louvado polo seu comportamento na Batalla de Elchingen. En novembro de 1805 Ney invadiu o Tirol, capturando Innsbruck, que defendía o arquiduque Xoán de Austria.

Na campaña de 1806 Ney combateu en Jena, ocupando logo Erfurt. Máis tarden Ney cercou e rendeu Magdeburgo.

Na campaña de 1807 Ney foi quen de acudir con reforzos a tempo para evitar que Napoleón fose derrotado en Eylau, aínda que a batalla findou empatada. Posteriormente combatería en Güttstadt, loitando na ala dereita en Friedland.

O 6 de xuño de 1808 Ney foi nomeado duque de Elchingen .

Actuación na Guerra Peninsular

Véxase tamén: Batalla de Bailén, Batalla de Elviña e Batalla de Ponte Sampaio.

En agosto de 1808, Ney foi enviado á Península Ibérica, ao mando do VI Corpo. Logo da derrota francesa en Bailén, o mesmo Emperador decidiu entrar en España coa Grande Armée.

A súa vez, a entrada de John Moore, desde Portugal, desencadea, unha manobra do exército napoleónico desexoso de derrotar un exército británico.

Moore vese obrigado a iniciar a retirada desde Valladolid cara ao noroeste, perseguido pola Grande Armée. Xusto detrás dos británicos camiña na mesma dirección o exército español do marqués de la Romana.

Desde Astorga, atraido por outros sucesos, Napoleón deixa dúas unidades en persecución de Moore: o II Corpo a mando de Soult e o VI Corpo a cargo de Ney. Ambos os dous chegan a tempo de enfrontarse aos británicos nos arredores da Coruña: é a batalla de Elviña, na que o mesmo Moore perde a vida.

Asentados os franceses na Galiza, Ney recibe ordes de controlar o norte do país e máis Asturias, para o que centra o seu campamento en Lugo. En marzo de 1809, Ney tenta someter a costa occidental galega, sen conseguir acabar con as partidas de guerrilleiros que acosas os destacamentos franceses. A fins de marzo dese ano foron recuperadas polos galegos as prazas de Vigo, Pontevedra e Tui, feitos que coutaban o enlace con Soult, entón en Portugal.

En maio, Ney tivo noticias de que o marqués de la Romana estaba en Asturias, polo que decidiu buscalo alí, porén foi unha manobra errada, pois o español retirárase para Galiza. O regreso de Soult desde Portugal até Ourense foi dificultoso. Reunidos Soult e Ney deciden unha nova estratexia. Ney parte cara Vigo con intención de recobrar a cidade, mais na batalla de Ponte Sampaio entre os días 7 e 9 de xuño de 1809, as tropas francesas non poden cruzar o río Oitavén, véndose obrigadas a retirarse.

O fracaso de Soult no interior meridional de Galiza, e novos acontecementos no centro da península, onde Wellington ameaza entrar en Madrid, obrigan a saír a ambos mariscais de Galiza. Ney faino por Pedrafita e o Bierzo. Cando se xuntan só lles fican 18.000 dos 53.000 homes cos que chegaran.

En 1810 Ney uniuse ao estado maior do mariscal Masséna para invadir de novo Portugal. Nesa campaña tomou Ciudad Rodrigo e Coa, e tomou parte na batalla de Buçaco, acción que foi desafortunada para as tropas francesas. Durante a retirada das topas luso-británicas para Torres Vedras, Ney foi destituído do seu mando por insubordinación [1].

De Rusia a Fontainebleu

Adolphe Yvon (1817-1893) - Marshall Ney at retreat in Russia
Ney durante a retirada de Rusia.

Ney foi posto ao mando do III Corpo da Grande Armée durante a invasión de Rusia en 1812. Na batalla de Smolensk Ney foi ferido no pescozo, combatendo posteriormente no sector central en Borodino. Durante a retirada de Moscova, Ney estivo a mando da retagarda. Despois de ser separado do exército principal, Ney manobrou para se xuntar ao mesmo, con gran satisfacción de Napoleón. Por tal acción, Ney gañou o alcume de “o máis valente dos valentes”[2]. Ney participou na batalla do río Beresina, colaborando a manter a vital ponte Kovno, onde naceu a lenda de que Ney fora o derradeiro francés en cruzar a ponte e abandonar Rusia[3]. No 25 de marzo de 1813 outorgóuselle a Ney o título de Príncipe de Moscova [3].

Durante a campaña de 1813, Ney loitou en Weissenfels, foi ferido en Lützen, e mandou a á esquerda do exército en Bautzen. Logo combateu en Dennewitz e máis na batalla de Leipzig, onde foi ferido unha vez máis. Xa na campaña de 1814, en territorio francés, Ney participou en varias batallas e mandou diferentes unidades. En Fontainebleau Ney actuou como portavoz da revolta dos mariscais do 4 de abril de 1814 que demandaba a abdicación de Napoleón, informando ao Emperador de que o exército no desexaba marchar sobre París; Napoleón dixo entón “o exército obedecerame”, ao que Ney contestou “o exército obedecerá aos seus xefes” [4]

Na Restauración borbónica

Cando París caeu e foi reposta a dinastía Borbón, Ney, que presionara a Napoleón para que abdicase e aceitase o exilio, foi louvado e promocionado polo novo monarca Luís XVIII, que o nomeou par, porén aínda que Ney prometeu lealdade á restaurada casa real, a corte borbónica reaccionou con frialdade perante o ofrecemento por mor das súa orixe plebea. Pero cando soubo que Napoleón volvía do exilio en Elba, Ney decidiu manter a paz en Francia e mostrar a súa fidelidade á nova monarquía, polo que comezou a organizar forzas que detivesen a marcha de Napoleón cara París, e mesmo prometeu meter a Napoleón vivo nunha gaiola de ferro. Cando Napoleón soubo das intencións de Ney envioulle unha carta que entre outras cousas dicía: “Recibireite como despois da batalla de Moscova” [5]. A pesar da promesa feita, Ney acudiu a xuntarse onde Napoleón en Auxerre o 18 de marzo de 1815.

Durante os Cen Días

Artigo principal: Imperio dos Cen Días.

O 15 de xuño de 1815 Napoleón nomeou a Ney como comandante da áa esquerda do Exército do Norte. No outro día, Napoleón dividiu as súas tropas en dúas ás para presentar dúas diferentes batallas simultaneamente. Ney atacou a Wellington en Quatre Bras, mentres Napoleón atacou os prusianos de Blücher en Ligny. Aínda que Ney foi criticado por non tomar Quatre Bras máis cedo, aínda é obxecto de controversia en que momento quería Napoleón que se capturase o lugar. En Ligny, Napoleón ordenou o xeneral d’Erlon que movese a súa unidade cara a retagarda dos prusianos a por de cortarlles a retirada. D’Erlon iniciou a manobra mandada, máis a certa altura parou e comezou a moverse noutra dirección, para desgusto de Napoleón. A razón desa mudanza de movementos foi que Ney lle pediu a d’Erlon a súa axuda en Quatre Bras. Ao non efectuar a manobra contra Blücher, fixo que a vitoria francesa en Ligny ficase incompleta. Para ser xustos, debe saberse que Ney era o superior inmediato de d’Erlon, e Napoleón non informara a Ney dos seus planos.

En Waterloo Ney estivo de novo ao mando da á esquerda do exército. Sobre as 3:30 p.m., Ney ordenou unha carga cerrada de cabalería contra as tropas anglo-holandesas. Os xinetes sobrepasaron as baterías, mais atopáronse a continuación con a infantería formada en cadro, e sen apoio de infantes nin da artillaría, Ney foi incapaz de romper os escuadróns inimigos. Isto ten levado a fortes críticas sobre Ney, de xeito que hai quen sostén que foi a causa da derrota napoleónica en Waterloo[6]. A maiores os canóns deberían ter sido inutilizados pola cabalería de Ney, pois levaban os cravos para facelo e non o fixeron[7].

Execución

Logo do destronamento e novo desterro de Napoleón no verán de 1815, Ney foi detido (3 de agosto de 1815). Foi xulgado pola Cámara dos Pares, por traizón, o 4 de decembro de 1815; un ano despois o 6 de decembro de 1815 foi condenado a morte, sendo fusilado o 7 de decembro de 1815, feito que dividiu daquela a opinión pública francesa. Refugou unha venda para tapar os ollos e foille permitido que dese el mesmo a orde de execución.

A execución de Ney foi un exemplo buscado intencionalmente para previr outros xenerais e oficiais napoleónicos, moitos dos cales foran amnistiados pola monarquía borbónica.

Carácter

Era unha soldado impulsivo e con coraxe. Ney é coñecido por personificar as virtudes do soldado, liderando ás tropas desde a fronte. Como exemplo, mandou a carga da cabalería pesada francesa contra a infantería británica na Batalla de Waterloo. Con todo, Ney non era tan só un exaltado, senón que ademais foi un comandante con moitas capacidades, con actuacións excelentes como en Elchingen (batalla na que obtivo o seu título de duque), e atribúeselle a vitoria da Batalla de Friedland para Napoleón.

Lendas

Unha das máis espalladas, foi a lenda de que Ney tentou escapar ao Reino Unido conseguíndoo. Os defensores desta hipótese, argumentan que Ney era masón, e que usou os seus coñecidos masóns, incluíndo o mesmo duque de Wellington, para logralo. Segundo esta historia, os soldados encargados do seu fusilamento utilizaron balas de fogueo e colocaron bolsas de sangue arredor da área do corazón de Ney. Logo sacárono clandestinamente para Estados Unidos, onde continuou a súa vida como mestre de escola. Base para esta lenda foi a presenza nos Estados Unidos dun tal Peter Stuart Ney, que soía contar, a amizades e estudantes, historias de glorias bélicas e aínda chufaba, ou polo menos non o negaba, que era o antigo marechal.

Unha serie de dietarios privados que aínda mostran os seus descendentes semellan demostrar que todo isto non é un mero conto. Peter Stuart Ney ensinou en Carolina do Norte e do Sur, especialmente no Davidson College, para o cal deseñou o selo que aínda se utiliza nesa institución. Morreu en 1846, polo visto dicindo: “"Bessières está morto; a vella garda morreu; por favor, deixádeme morrer”. Na súa sepultura en Cleveland, Carolina do Norte, na Third Creek Presbyterian Church (igrexa presbiteriana de Third Creek) sobre a estrada de Third Creek Church , pódense ler as palabras seguintes: "(...) soldier of the French Revolution under Napoleon Bonaparte (...)" (...soldado da Revolución Francesa sob Napoleón Bonaparte....).

O seu alcume 'Le Rougeaud' non era debido á cor do seu pelo, contra o que con frecuencia se cre, senón a que se puña vermellizo, especialmente cando excitado ou encabuxado.

Curiosidade

Despois de Guerra da Independencia moitos galegos bautizaron aos seus cans co nome de Ney, e tamén co de Soult, en recordo destes dous xenerais, costume que, nalgunha medida, pervive até os nosos días.

Notas

  1. Chandler. Dictionary of the Napoleonic wars, p. 314
  2. Chandler., Dictionary of the Napoleonic wars p.314
  3. 3,0 3,1 Chandler., Dictionary of the Napoleonic wars. p.314
  4. Gates., p.259
  5. Markham., p.261. The Battle of the Moskowa is the Battle of Borodino
  6. Chandler., 315
  7. Markham., p.276

Véxase tamén

Bibliografía

  • Atteridge, A. H. Marshal Ney: The Bravest of the Brave. Pen & Sword, 2005.
  • Chandler, David (editor). Napoleon's Marshals. London: Macmillan Publishing Company, 1987. ISBN 0-297-79124-9
  • Chandler, D. Dictionary of the Napoleonic wars. Wordsworth editions, 1999.
  • Gates, D. The Napoleonic Wars, 1803-1815. Pimlico, 2003.
  • Horricks, Raymond Marshal Ney, The Romance And The Real (ISBN 0-88254-655-4)
  • Markham, J. D. Napoleon’s Road to Glory: Triumphs, Defeats, and Immortality. Brassey’s, 2003.
  • Roberts, A. Waterloo, June 18, 1815: The Battle for Modern Europe. Happer-Collins Pub., 2005.
  • Tsouras, P. G. The book of Military Quotations. Zenith Press, 2005.

Outros artigos

Ligazóns externas

10 de xaneiro

O 10 de xaneiro é o 10º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 355 días para finalizar o ano, 356 nos anos bisestos.

7 de xuño

O 7 de xuño é o 158º día do ano do calendario gregoriano e o 159º nos anos bisestos. Quedan 207 días para finalizar o ano.

Batalla de Buçaco

A batalla do Buçaco (ou Bussaco, de acordo á grafía antiga), foi un encontro bélico acontecido durante as guerras napoleónicas, nun lugar próximo do Luso, na Mealhada, Portugal, o 27 de setembro de 1810.

Batalla de Ciudad Rodrigo

Co nome de batalla de Ciudad Rodrigo coñécese, durante a guerra de Independencia española, a toma da cidade de Ciudad Rodrigo, Salamanca, España, por parte das tropas aliadas anglo-portuguesas que mandaba o xeneral inglés Lord Wellington, nun asalto efectuado ao longo da noite do 19 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 1812. A praza forte estaba defendida por unha gornición francesa ao mando do xeneral Barrié. A posición da localidade, no camiño entre Portugal e España, converteuna nunha presa apetecida polos contendentes durante a guerra peninsular.

Batalla de Ponte Sampaio

A batalla de Ponte Sampaio foi un choque bélico que tivo lugar no lugar homónimo entre os días 7 a 9 de xuño de 1809, no escenario da guerra de Independencia española. O conflito tivo lugar nas beiras do río Verdugo, entre unha forza conxunta de tropas regulares españolas e milicias populares galegas que se enfrontaron as tropas francesas dirixidas polo mariscal Michel Ney. A resistencia dos españois, impediu a Ney o paso do río, véndose obrigado a retirarse.

Batalla de Tudela

A batalla de Tudela foi un enfrontamento bélico da guerra da Independencia española disputado nos arredores da cidade de Tudela o 23 de novembro de 1808. O resultado do combate foi a completa vitoria francesa, cuxo exército estaba ao mando do mariscal Lannes, sobre as tropas españolas, comandadas polo xeneral Castaños.

Cerca de 33.000 soldados e milicianos españois intentaron cercar aos 30.000 franceses de Lannes, pero foron severamente derrotados. As baixas españolas calcúlanse en torno aos 4000 mortos e 3000 prisioneiros, mentres que por parte francesa non chegaron a 600 os mortos e outros tantos feridos.

Esta foi unha das batallas cuxo nome foi gravado no Arco do Triunfo de París (a carón do da batalla de Elviña, que alí figura como de La Corogne).

Casa Grande de Lamela

A Casa Grande de Lamela ou Lemavia é unha Casa Señorial situada no lugar de Lamela, na parroquia de Martín, no concello de Bóveda, arciprestado de Santalla de Rei, na antiga rexión da Somoza Maior de Lemos, a uns 12 km ó norte de Monforte de Lemos.

Corcubión

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Guerra da Independencia española

A guerra da Independencia española, tamén coñecida coma Francesada, guerra do francés ou guerra contra o francés, foi o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de guerras napoleónicas.

Guerra da Independencia española en Galicia

A guerra da Independencia española (1808-1814) foi un enfrontamento militar entre España e o Primeiro Imperio Francés, provocado pola pretensión de Napoleón de instalar no trono español ao seu irmán Xosé Bonaparte, tras as abdicacións de Baiona. Esta guerra, tamén coñecida como a francesada, solápase e confúndese coa que a historiografía anglosaxoa chama "guerra peninsular" (Peninsular War), iniciada en 1807 ao declararlle Francia e España a guerra a Portugal, tradicional aliado do Reino Unido. Tamén tivo un importante compoñente de guerra civil a nivel nacional entre afrancesados e patriotas.

O conflito desenvolveuse en plena crise do Antigo Réxime e sobre un complexo contexto de profundos cambios sociais e políticos impulsados polo xurdimento da identidade nacional española e a influencia no campo dos "patriotas" dalgúns dos ideais nacidos da Ilustración e a Revolución francesa, paradoxalmente difundidos pola elite dos "afrancesados".

O tratado de Fontainebleau de 27 de outubro de 1807 prevía, de cara a unha nova invasión hispanofrancesa de Portugal, o apoio loxístico necesario para o tránsito das tropas imperiais. Baixo o mando do xeneral Jean-Andoche Junot, as tropas francesas entraron en España o 18 de outubro de 1807, cruzando o seu territorio a toda marcha chegando á fronteira portuguesa o 20 de novembro. Porén, os plans de Napoleón ían máis alá, e as súas tropas, moi superiores en número ao acordado en Fontainebleau, foron tomando posicións en importantes cidades e prazas fortes co obxecto de derrocar a Casa de Borbón e suplantala pola súa propia dinastía, convencido de contar co apoio popular.

Pero o resentimento da poboación polas exixencias de mantemento das tropas estranxeiras, que deu lugar a numerosos incidentes e episodios de violencia, xunto coa grande inestabilidade política xurdida pola querela entre Carlos IV de España e o seu fillo e herdeiro Fernando VII, orquestrada polos franceses, que se iniciou co Proceso de El Escorial e culminou co Motín de Aranjuez e o ascenso ao poder de Fernando VII, precipitou os acontecementos que desembocaron nos primeiros levantamentos no norte de España e a xornada do 2 de maio de 1808 en Madrid. A difusión das noticias da brutal represión e das abdicacións de Baiona do 5 e 9 de maio, estendeu por toda España o chamamento, iniciado en Móstoles, a enfrontarse coas tropas imperiais e decidiu a guerra pola vía da presión popular, a pesar da actitude contraria da Xunta Suprema de Goberno, órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.

A gloria que lle foi negada ao pobo galego durante 200 anos recoñécese aquí con nomes, datas e lugares, dixo Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules de Ediciones, na presentación do libro Victorias de Galicia. La Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón do coronel Navas Ramírez-Cruzado. Rodríguez expresou o seu desexo de que ese libro sirva para cambiar o defecto máis grave dos galegos, que é a falta de autoestima, mencionando a famosa frase do duque de Wellington: españois, imitade aos inimitábeis galegos!.Pola súa parte para o autor, coronel de artillaría e durante sete anos director do Museo Militar da Coruña, foi Galicia enteira a que venceu ás forzas de Napoleón, non foi o exército español, ou o que quedaba del, nin o inglés que veu axudar e o que fixo foi estorbar, nin os guerrilleiros. Así mesmo, tamén desmitificou outros feitos famosos desta contenda, como o 2 de maio, que morreu o día 3 cos fusilamentos; o levantamento de Zaragoza ou a gran Bailén, que o que fixo foi despertar o furor de Napoleón. Segundo Navas, foi a dignidade atropelada do pobo galego a que se levanta e expulsa os franceses da súa terra en seis meses, nunha guerra que durou seis anos.

Guerras napoleónicas

As guerras napoleónicas foron unha serie de conflitos militares que tiveron lugar durante o tempo no que Napoleón Bonaparte gobernou en Francia. Foron en parte unha extensión dos conflitos que estalaron por mor da Revolución Francesa, e continuaron durante todo o Primeiro Imperio Francés. Non existe consenso sobre o intre exacto no que comezaron estas guerras. Hai quen considera que comezaron cando Napoleón chegou ao poder en Francia, en novembro de 1799. Outras versións sitúan o período bélico entre 1799 e 1802 no contexto das guerras revolucionarias francesas, e consideran a declaración de guerra entre o Reino Unido e Francia en 1803, que seguiu ao curto período de paz do Tratado de Amiens en 1802 como o punto inicial das guerras napoleónicas. As guerras napoleónicas remataron o 20 de novembro de 1815, trala derrota final de Napoleón na batalla de Waterloo e o Segundo Tratado de París de 1815. En conxunto, o case continuado período de guerras comprendido entre o 20 de abril de 1792 e ata o 20 de novembro de 1815 é chamado con frecuencia A Gran Guerra Francesa (anterior á Primeira Guerra Mundial, chamada simplemente A Gran Guerra).

Jean-Baptiste Franceschi

Jean-Baptiste Franceschi ou Francesqui, dito tamén Franceschi-Delonne, nado o 4 de setembro de 1767 en Lión e finado o 23 de outubro de 1810 en Cartagena (Rexión de Murcia) nun campo de prisioneiros a consecuencia do mal trato sufrido, foi un xeneral do Primeiro Imperio francés. Foi un grande afeccionado á arte, e foi galardoado co premio de Roma, o que lle facilitou vivir en réxime de pensión na villa Medici.

Jean Gabriel Marchand

Jean Gabriel Marchand, nado en L’Albenc (Isère) o 11 de decembro de 1765 e finado en Saint-Ismier o 12 de novembro de 1851, foi un xeneral francés, que se distinguiu nas guerras da Revolución francesa e nas subseguintes da época napoleónica.

O sabre do francés

O sabre do francés é un conxunto de 11 relatos escritos por Miguel Anxo Fernández, publicados por Galaxia en 2002.

Os relatos están ambientados a comezos do século XIX, durante a guerra da Independencia española e a "Francesada", a represión feita polas tropas dos mariscais Ney e Soult.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia

No ano 1809, despois de que os exércitos napoleónicos foran expulsados de Galicia, a súa presenza en España e a posibilidade dunha nova ofesiva sobre Galicia fixeron que varias personalidades e institucións pensaran que sería oportuno crear unha Xunta en previsión do que puidera ocorrer.Aínda que o conde de Noroña era contrario á instalación desta Xunta, o Goberno de España (Xunta Suprema Central) creu oportuna a súa constitución, tal como solicitaban as forzas vivas do país.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.