Michael Ventris

Michael Ventris, nado en Wheathampstead, Hertfordshire, nado o 12 de xullo de 1922 e finado o 6 de setembro de 1956 en Hatfield, foi un arquitecto inglés e estudoso do mundo clásico, que xunto con John Chadwick, foi autor do desciframento do Lineal B.

Michael Ventris
Blue Plaque for Michael Ventris - geograph.org.uk - 884994
Nacemento12 de xullo de 1922
 Wheathampstead
Falecemento6 de setembro de 1956
 Londres
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeReino Unido
Alma máterStowe School
Ocupaciónlingüista, arquitecto e classical scholar
PremiosKenyon Medal

Traxectoria

Ao inicio do século XX, o arqueólogo Sir Arthur Evans empezou as escavacións de Knossos, unha antiga cidade situada na illa de Creta. No transcurso destas atopou un gran número de taboíñas de arxila inscritas cunha escrita descoñecida ata o daquela. Unhas eran máis antigas e foron denominadas Lineal A. A maioría, porén, era dunha época máis recente e foron chamadas Lineal B. Evans pasou as décadas seguintes tentando descifralas pero sen éxito.

Parte do problema radicaba no propio Evans. Tiña fortes opinións sobre a natureza da civilización cretense, e estaba convencido de que o Lineal B era usado para escribir unha lingua que el hipoteticamente chamaba "minoica". Ao ter un gran peso no mundo académico, Evans conseguiu cortar de raíz calquera intento de desciframento que tivese en conta a posibilidade de que a lingua notada nas taboíñas fose grego, a pesar dalgunhas pistas que levaban a esta idea.

A teoría inicial de Ventris era que o etrusco e o 'Minoico' estaban relacionados e que isto podería proporcionar unha clave para o seu desciframento e aínda que esta vía se mostrou incorrecta, foi o camiño que el seguiu ata principios dos 50.

Un pouco antes da morte de Evans, Alice Kober notou que algunhas palabras en inscricións en Lineal B rexistraban variacións en final de palabra, se cadra declinacións ao xeito do latín ou o grego. Seguindo este indicio, Michael Ventris construíu unha serie de táboas que asociaban os símbolos das taboíñas con consoantes e vogais.

Algunhas taboíñas en Lineal B foran descubertas na Grecia continental e había razóns para crer que algunha das cadeas de símbolos que el atopara nas taboíñas cretenses eran nomes. Decatouse de que algúns nomes só aparecían nos textos cretenses e elaborou a inspirada conxectura de que eses nomes eran de cidades da illa. Isto resultou ser correcto. Armado cos símbolos que puido descifrar deste xeito, Ventris deu lido rapidamente moitos textos, e determinou que a lingua que subxacía no lineal B era o grego. Isto desbotou as teorías de Evans en relación á historia minoica, e estableceu que a civilización cretense, polo menos nos períodos tardíos asociados coas taboíñas en lineal B, formaba parte da Grecia micénica.

Poucos anos despois de descifrar o lineal B en 1951-1953, Ventris morreu nun accidente de automóbil aos 34 anos.

Publicacións

  • Ventris, Michael e Chadwick, John. Documents in Mycenaean Greek. Cambridge University Press, 1956. ISBN 0-521-08558-6
  • Chadwick, John. The Decipherment of Linear B. Cambridge University Press|, 1958. ISBN 0-521-39830-4

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

6 de setembro

O 6 de setembro é o 249º día do ano do calendario gregoriano e o 250º nos anos bisestos. Quedan 116 días para finalizar o ano.

Alfabeto grego

O alfabeto grego é un alfabeto de orixe fenicia utilizado polos gregos desde arredor do século IX a.C. En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...). Non foi o primeiro sistema de escritura para escribir o grego: xa se empregara o silabario micénico (tamén chamado Lineal B) entre os séculos XIV e XII a. C., pero foi esquecido tras a desaparición dos micénicos, ata que foi descifrado por Michael Ventris e John Chadwick no 1953. Consta de vinte e catro letras na súa versión clásica, aínda que hai outras que existiron pero ou eran de uso local ou desapareceron. Ademais do seu valor fonético, foron utilizadas para a expresión de números. Segue a ser utilizado na época moderna.

Grego micénico

O micénico é a máis antiga forma coñecida da lingua grega, falada na Grecia continental e en Creta nos séculos -XVI a -XI, antes da invasión doria. Consérvase en inscricións en Lineal B, unha escrita inventada en Creta polo século -XIV. A maior parte dos exemplos desta escrita están en taboíñas de arxila atopadas en Knossos e en Pilos. A lingua recibe o nome de Micenas, o primeiro dos palacios que se escavou.

As taboíñas permaneceron moito tempo sen descifrar, propoñéndose todas as linguas concibíbeis como a que subxacía nelas, ata que Michael Ventris descifrou a escrita en 1952 e probou máis aló de toda dúbida que a lingua era unha forma antiga do grego.

A maioría dos textos das taboíñas son listas e inventarios. Non hai ningún texto narrativo e menos poético. Porén estas listas botan moita luz sobre o pobo que as escribiu e sobre o período micénico, ás vésperas da denominada Idade Escura de Grecia.

Illa de Creta

A illa de Creta (Grego Κρήτη / Kriti) é unha illa mediterránea, a maior e máis poboada das illas gregas, sendo a súa situación xeográfica o punto máis meridional de Europa.

Reincorporada á Grecia no 1913, é unha das trece periferias (rexión administrativa).

Forma unha parte importante da economía e o patrimonio cultural de Grecia, mentres que mantén o seu propios trazos culturais locais (como o seu propio dialecto, poesía e música).

Creta é o berce da civilización minoica, da cal Cnossos é o corazón e o sitio arqueolóxico máis importante.

John Chadwick

John Chadwick, nado en Londres o 21 de maio de 1920 e finado o 24 de novembro de 1998, foi un lingüista e erudito clásico inglés, famoso pola súa contribución ao desciframento do Lineal B xunto con Michael Ventris.

Lineal A

O lineal A é unha escrita que se empregou na Creta antiga. Suponse que transcribe a lingua dos minoicos.

Dela derivan dúas escrituras: o lineal B, usado en Creta e en Grecia, que foi descifrado nos anos 50 por Michael Ventris e John Chadwick e que transcribe un dialecto grego e o chipro-minoico, que se utilizou en Chipre, tamén por descifrar, do cal viría o silabario chipriota, perfectamente lexible e que nota un dialecto grego.

O lineal A remóntase á época minoica, un período e unha civilización de Creta anterior ás invasións gregas, máis ou menos desde o -2000 ao -1400.

Xeralmente escríbese de esquerda a dereita, pero hai exemplos do contrario.

Lineal B

O lineal B é o sistema de escritura utilizado para o micénico, unha forma antiga da lingua grega.

Rongorongo

Coñécese co nome de rongorongo un sistema de escrita descuberto na illa de Pascua no s. XIX, tallado primordialmente con puntas de obsidiana e elaborado a partir de dentes de quenlla, na súa maioría sobre taboíñas de madeira.

Os habitantes nativos da illa de Pascua chamárona tamén kohau rongorongo. A tradución corrente do termo kohau é 'madeira que serve a fabricar o casco das canoas', e rongorongo é ‘gran mensaxe’ ou ‘gran estudo’. Tamén foi traducido como ‘liñas de recitación’ ou ‘báculos recitadores’.

Hai autores que din que esta forma de escritura é a única escritura estruturada en toda Oceanía, aínda que falta aínda un desciframento fiábel para confirmalo. Os símbolos ou os glifos veñen tallados ao longo de rañuras feitas con antelación ao gravado nos artefactos e son dunha altura media entre 9 e 14 mm. Parecen representar graficamente figuriñas de seres antropomórficos en diversas posturas, outras criaturas de fantasía que se asemellan ás aves, ás plantas e a outros animais terrestres e acuáticos, obxectos celestes, así como tamén obxectos xeométricos e pequenos anzois, entre outros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.