Miami

Miami é unha cidade da Florida, nos Estados Unidos de América. É a sede do condado de Miami-Dade. Ten preto de 350 mil habitantes, aínda que súa zona metropolitana posúa 2.1 millóns, chegando a cinco millóns, cando se contan os condados veciños de Broward e Palm Beach. Foi fundada o 28 de xullo de 1896 e segundo as Nacións Unidas no ano 2008, Miami converteuse na cuarta área urbanizada máis grande do país, despois dos Ánxeles, Nova York e Chicago. Tamén no 2008 a cidade de Miami foi premiada co galardón de "Cidade máis limpa dos Estados Unidos".

Coordenadas: 25°47′16″N 80°13′27″O / 25.787676, -80.224145

Miami
Flag of Miami, Florida
Seal of Miami, Florida
Miami collage 20110330
Vistas da cidade
Localización
Miami en Estados Unidos

Miami
Miami
Miami en Florida, Estados Unidos de América

Miami
Miami
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
EstadoFlorida
CondadoMiami-Dade
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie143,1 km²
Demografía
Poboación419.777 hab. (2013)
Densidade4.687,1 hab/km²
XentilicioMiamian
Outros datos
Código postal33010–33299
AlcaldeTomás Regalado (R)
Páxina oficial de Miami

Historia

Miami-downtown-from-intercontinental-hotel
Centro de Miami

A área da desembocadura do río Miami na Baía Viscaíno levaba mil anos habitada polos indios Tequesta cuxas principais aldeas asentábanse na beira norte. No século XVI apareceron exploradores españois, os primeiros europeos, que en 1567 levantaron unha misión xesuíta na mesma desembocadura pero que foi abandonada aos tres anos.

Ata comezos do século XIX non se ten constancia dunha ocupación permanente. Eran bahameños buscadores de tesouros nos naufraxios da zona, sen título de propiedade. Pero venderon a Richard Fitzpatrick terras que o converteron no primeiro poboador branco do lugar.

En 1836 o exército americano levanta alí, na súa propiedade (beira norte do río, na desembocadura) un cuartel que chaman Fort Dallas, coma parte da defensa nas Guerras Semínolas. En 1842, tralo fin da segunda guerra, o sobriño e herdeiro de Fitzpatrick, William English, utiliza os restos do cuartel coma base para o establecemento dunha pequena aldea que chama Miami. Xa en 1844 é sede do condado contando para o censo de 1850 con 96 habitantes. A terceira Guerra Semínola (1855-58) e a posterior Guerra de Secesión impedirán o seu crecemento.

Será en 1871 cando chegarán coma colonos dende Cleveland, primeiro William Brickell (o Pai de Miami) quen merca terras ao sur do río fronte aos restos de Fort Dallas, establecendo unha oficina de correos e un posto comercial; e no 1891 Xulia Tuttle (a Nai de Miami), quen herda as terras do norte do río, as do forte. Entrambos, tras unha terrible xeada (1895) que arrasa toda a colleita de cítricos do norte de Florida, van convencer, curiosamente a outro home de Cleveland, Henry M. Flagler, propietario do Florida East Coast Railroad, para que achegue o ferrocarril ata as súas plantacións.

Así, da man do tren, comeza en 1896 un gran desenvolvemento e a incorporación coma City of Miami, votada por 502 homes (100 negros, man de obra do ferrocarril, que habitan a Colored Town ao noroeste).

O mesmo Flagler vai iniciar a que será a industria clave da cidade no futuro, constrúe un hotel na punta norte da desembocadura do río, o Royal Palm. A era do turismo comeza. Asemade draga o porto natural. A muller de Brickell, Mary, tralo pasamento do seu home en 1908, vai ser unha das principais promotoras inmobiliarias nas terras da súa propiedade.

O boom prodúcese na década dos vinte, cando a poboación da cidade se triplíca (Miami Beach comezara a planificarse en 1915)[1]. Pero a tremenda especulación inmobiliaria (planificación para 200.000 h., cando en 1920 a cidade tiña 30.000) estalou o que unido a varios furacáns desastrosos provocou a paralización do desenvolvemento. Con todo, a infraestrutura do futuro estaba feita.

A Segunda Guerra Mundial significou o segundo boom (sen repouso significativo ata o de agora). Os soldados substituíron aos turistas.

Un feito importante produciuse nos anos sesenta: 200.000 refuxiados da Cuba castrista fan de Miami o seu fogar de acollida. Dende entón, a cidade comezou a se converter na cidade hispana dos Estados Unidos de América, cosmopolita e multicultural. A importante colonia cubana concéntrase en Little Havana, barrio ao oeste do centro.

Lingua

Na cidade fálase, alén do inglés, o español, debido á cantidade de hispanoamericanos que viven en Miami. Tamén se falan linguas menos comúns entre os habitantes como son o crioulo haitiano, o francés, o portugués, o alemán, o italiano, o árabe, o chinés e o grego. A rexión tamén conta cunha colonia xudía numerosa.

Economía

Miami é unha das cidades máis visitadas polos turistas nos Estados Unidos, frecuentadas polos snow birds, termo usado para describir os habitantes da rexión norte dos Estados Unidos de América, que pasan o inverno neste estado (e principalmente nos arredores desta cidade), para fuxiren da neve e do frío.

Clima

O clima de Miami é un clima tropical, con veráns calorosos e húmidos, e con invernos tépedos e secos, e normalmente con temperaturas non máis baixas de 10 °C. Miami está considerada unha das cidades con máis calor do país, chegando a ter 3.000 horas de sol ó ano.

Barrios

A cidade de Miami está dividida en trece barrios, o barrio central da cidade, é o Downtown Miami. No norte atópase Midtown, un barrio no que hai diversas culturas de diferentes países. O do sur é Coral Way no cal a súa arquitectura colonial española é o máis destacado, e tamén o Coconut Grove. No lado oeste sitúase Little Habana, West Flagler e Flagami.

Música popular

A música en Miami é variada. As diversas culturas trouxeron a Miami varios tipos de bailes. Os cubanos, a conga e a rumba. Os de Porto Rico, o actual Reggaeton. Os dominicanos fixerón o mesmo coa bachata e o merengue. Os que máis contribuíron foron os caribeños, que engadiron a esa lista o reggae, o soca, o kompa, o zouk, o calipso e o steelpan. A cidade de Miami tamén está considerada a mellor do mundo no freestyle, un estilo de música dance, desta cidade saíu moita xente que se fixo famosa con este tipo de música, como o caso de Stevie B ou Exposé. Grazas a que Miami tamén é unha gran potencia na música techno, organízanse festas en grandes discotecas como Mansion ou Opium Garden.

Medios de comunicación

Os destacados, Miami Herald en inglés e El Nuevo Herald en español, son os máis comúns na parte de periódicos, seguido de periódicos para estudantes que son menos lidos. Miami é a cidade de produción de moitas cadeas televisivas como o caso de Telemundo ou Mega TV. Tamén a radio ten unha grande achega no país, polo alto porcentaxe de oíntes que hai.

Deportes

Miami ten catro equipos de diversos deportes, como poden ser os Miami Heat de baloncesto, os Miami Dolphins da NFL, os Florida Marlins da MLB e os Florida Panthers da NHL. O American Airlines Arena é o estadio dos Miami Heat, campións no 2012, é o único estadio que está situado no centro de Miami. O Dolphin Stadium, campo de fútbol americano que xa se sitúa nas aforas de Miami, foi varias veces o escenario das finais da Super Bowl.

Notas

  1. http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/miami_fl_1919.jpg

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Miami

O aeroporto internacional de Miami (IATA: MIA, OACI: KMIA), tamén coñecido como MIA e historicamente como aeródromo Wilcox, é o principal aeroporto que serve á área de Miami. O aeroporto é unha área non incorporada no condado de Miami-Dade County, e atópase a 13 km do centro da cidade de Miami. Opera voos de pasaxeiros e carga a cidades en América, Europa e Asia.

É o principal aeroporto do sur de Florida para voos internacionais de longo alcance e un centro de conexións no sueste dos Estados Unidos. Tamén é un dos oito únicos aeroportos do país con voos regulares operados con Airbus A380. O aeroporto é a principal porta de entrada de American Airlines a Latinoamérica, xunto cun centro de conexións doméstico para a súa afiliada rexional American Eagle.

Entre as aeroliñas de carga que operan en Maiami están Atlas Air, Centurion Air Cargo, FedEx Express, IBC Airways e UPS Airlines. Tamén hai varias aeroliñas chárter que serven Miami, como Eastern Air Lines, Miami Air e Xtra Airways. O aeroporto serve como cidade focal para Avianca e LATAM, tanto para operacións de pasaxeiros como de carga.

Miami é a principal porta de entrada entre os Estados Unidos e Latinoamérica, e é un dos principais centros de conexións do país debido á súa proximidade con lugares turísticos, ao crecemento da economía local, á grande cantidade de habitantes latinoamericanos e europeos, e á súa situación estratéxica para poder manexar o tráfico aéreo entre Norteamérica, Suramérica e Europa.

No ano 2010 foi o primeiro aeroporto estadounidense en porcentaxe de voos internacionais e o segundo en volume de pasaxeiros internacionais, despois do aeroporto JFK de Nova York. NO ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 44 350 247 pasaxeiros, converténdoo no 23º máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. Nos Estados Unidos é o 10º aeroporto máis concorrido e é o maior do estado de Florida.

Chabuca Granda

María Isabel Granda Larco, máis coñecida como Chabuca Granda, nada en Cotabambas en 1920 e finada en Miami en 1983, foi unha cantautora e folclorista peruana. Creou e interpretou un gran número de valses crioulos e valeuse para tal efecto dos ritmos afroperuanos. O seu tema máis coñecido no mundo é "La flor de la canela", reversionada entre outros artistas por María Dolores Pradera.

Conferencia Leste da NBA

A Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA) componse de 15 franquías, e organízase en tres divisións de 5 equipos cada unha.

Os tres gañadores de división cualifícanse primeiro, segundo e terceiro para os playoffs ordenándose polo seu récord, co resto de cualificados para os playoffs ordenados de cuarto a oitavo. Isto quere dicir que é posíbel que o cuarto teña un mellor récord que o terceiro cualificado. Por outra parte, a vantaxe de cancha decídese polo récord, non por cualificación, así que se o terceiro e o cuarto enfróntanse nunha rolda de playoffs no que o cuarto ten mellor balance que o terceiro, será o cuarto o que terá a vantaxe de cancha.

Os playoffs da Conferencia Leste divídense en tres roldas, e o gañador enfróntase ó gañador da Conferencia Oeste nas finais da NBA para determina-lo campión final. Tódalas roldas son ó mellor de sete partidos.

A actual división dos equipos adoptouse ó comezo da tempada 2004-2005, cando os Charlotte Bobcats entraron na NBA, converténdose na franquía número trinta. Isto fixo necesario o cambio dos New Orleans Hornets dende a División Central da Conferencia Leste á nova División Sueste da Conferencia Oeste.

Dexter Pittman

Dexter Jerome Pittman, nado o 2 de marzo de 1988 en Rosenberg, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

División Sueste da NBA

A División Sueste é unha división da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Está formada por cinco equipos os Atlanta Hawks, os Charlotte Bobcats, os Miami Heat, os Orlando Magic e os Washington Wizards.

A división foi creada ó comezo da tempada 2004-05, cando a liga aumentou o número de equipo de 29 a 30 coa chegada dos Charlotte Bobcats, e quedou con tres divisións en cada conferencia. A División Sueste comezou cos Hawks, os Bobcats, os Heat, os Magic e os Wizards. Os Hawks chegaron da División Central, mentres que os Heat, os Magic e os Wizards uníronse dende a División Atlántico.

Dende a súa creación, só os Heat e os Magic gañaron algún título da División Sueste, ambos equipos do estado de Florida.

Dwyane Wade

Dwyane Tyrone Wade, Jr., nado o 17 de xaneiro de 1982 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Debutou en 2003 cos Miami Heat, sendo elixido no Draft da NBA dese mesmo ano na primeira rolda, no posto número 5. Xogou os trece primeiros anos da súa carreira na NBA nos Miami Heat, onde acadou tres campionatos da NBA, en 2006, en 2012 e en 2013.

Florida, Estados Unidos de América

Florida é un estado da rexión Sur dos Estados Unidos, o máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte con Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas.

Florida foi inicialmente explorada e colonizada por España. Os españois descubriron Florida na estación da Pascua, que se chama Pascua Florida en castelán, de aí o nome do estado. Florida foi controlada polos españois ata 1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.

Jarvis Varnado

Jarvis Lamar Varnado, nado o 1 de marzo de 1988 en Brownsville, Tennessee, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente xoga para o Tecnyconta Zaragoza da Liga ACB. Xogou para Mississippi na universidade antes de converterse en profesional.

LeBron James

LeBron Raymone James, nado o 30 de decembro de 1984 en Akron, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga en Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Coñecido coma "King James", foi seleccionado na primeira posición do draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Foi nomeado Rookie do Ano na tempada 2003-04, MVP da tempada da NBA nas tempadas 2008-09, 2009-10, 2011-12 e 2012-13, MVP das Finais da NBA nas 2011-12 e 2012-13, e foi All-Star todas as tempadas dende 2005.

En 2010, rematou nos Miami Heat tras unha proceso de axente libre con moita publicidade. Alí, chegou tres veces ás Finais da NBA, de 2011 a 2013, e conseguiu os seus dous aneis da NBA. Na tempada 2011-12, conseguiu o primeiro despois da vitoria de Miami por 4-1 contra os Oklahoma City Thunder, e foi elixido MVP das Finais. Na seguinte tempada, os Heat gañaron por 4-3 ós San Antonio Spurs, e LeBron James conseguiu o seu segundo campionato e o seu segundo galardón de MVP das Finais da NBA.

Miami Heat

Os Miami Heat son un equipo de baloncesto da NBA, na cidade de Miami (Florida). Xogan os seus partidos como locales no American Airlines Arena, e forman parte da División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA).

O equipo foi fundado en 1987 grazas á expansión da NBA en 1988 e nas súas ringleiras xogaron estrelas da liga coma Alonzo Mourning, Glen Rice, Tim Hardaway, Shaquille O'Neal, Dwyane Wade ou LeBron James. Os Heat gañaron o seu primeiro título de campión na tempada 2005-06, tras vencer a Dallas Mavericks por 4-2. Seis tempadas máis tarde, os Heat conseguiron o seu segundo campionato, na tempada 2011-12, tras gañar ós Oklahoma City Thunder por 4-1, repetindo ao ano seguinte ante San Antonio Spurs por 4-3. Miami apareceu en playoffs en 19 das 28 tempadas nas que participou na NBA. Ademais do anel, os Heat contan con 13 títulos de división, a maioría deles logrados nas tres épocas máis gloriosas da franquía: de 1997 a 2000, e de 2005 a 2007, e de 2011 a 2014.

Moonlight (filme)

Moonlight é un filme estadounidense de drama dirixido e escrito por Barry Jenkins, baseado na obra In Moonlight Black Boys Look Blue de Tarell Alvin McCraney. O filme está protagonizado por Trevante Rodas, Andre Holland, Janelle Monáe, Naomie Harris e Mahershala Ali.

A rodaxe do filme comezou o 14 de outubro de 2015, en Miami. A estrea mundial deuse no Festival de Cine de Telluride o 2 de setembro de 2016 e estreouse en Estados Unidos o 21 de outubro de 2016, por A24. En Galiza a estrea foi o 27 de xaneiro de 2017 coa dobraxe en castelán.

Gañou o Óscar ao mellor filme na 89ª edición dos Óscar.

Shaquille O'Neal

Shaquille Rashaun O'Neal, nado en Newark (Nova Jersey) o 6 de marzo de 1972, alcumado como Shaq, é un ex-xogador profesional estadounidense de baloncesto, sendo o seu último equipo os Boston Celtics da NBA, onde xogaba como pivote. Está considerado como un dos xogadores máis dominantes da historia da NBA. O'Neal gañou catro campionatos da NBA, tres con Los Angeles Lakers e un con Miami Heat, ademais de finalizar subcampión con Orlando Magic en 1995. En canto a galardóns individuais, O'Neal logrou tres MVP das Finais, un MVP da tempada en 2000, tres MVP do All-Star Game (o último deles, compartido co seu ex-compañeiro dos Los Angeles Lakers Kobe Bryant) e o Rookie do Ano.

Fixo oficial a súa retirada o 1 de xuño de 2011. Coa selección estadounidense cultivou o ouro olímpico en Atlanta 1996 e no Mundial de 1994 en Canadá. Fóra do mundo do baloncesto, sacou á venda catro álbums de música rap, converténdose o primeiro deles en disco de platino. Ademais ten feito aparición en numerosos filmes, chegando a portagonizar os seus propios reality show, Shaq's Big Challenge e Shaq Vs.

Tempada 2005-06 da NBA

A tempada 2005-06 da NBA foi a sexaxésima na historia da NBA. Deu comezo o 1 de novembro de 2005 e rematou o 19 de abril de 2006. Os playoffs comezaron o 22 de abril de 2006 e remataron o 20 de xuño de 2006 coa coroación de Miami Heat coma campións da NBA tras derrotar a Dallas Mavericks por 4-2.

Tempada 2008-09 da NBA

A tempada 2008-09 da NBA foi a sexaxesimoterceira da historia da competición norteamericana de baloncesto. Foi a primeira en 42 anos que non contou cunha franquía na cidade de Seattle. Os Sonics trasladáronse en xullo de 2008 a Oklahoma City, que comeza a súa andadura na NBA herdando toda a infraestrutura de Seattle, pero con diferente alcume e cores, preservando a historia dos Sonics por un hipotético regreso.

Os Phoenix Suns foron os anfitrións do All-Star Game da NBA 2009, que se celebrou o 15 de febreiro de 2009.

Tempada 2010-11 da NBA

A tempada 2010-11 da NBA foi a 65ª na historia da liga. A tempada rematou cos Dallas Mavericks como campións tras gañar aos Miami Heat por 4-2.

Tempada 2011-12 da NBA

A tempada 2011-12 da NBA foi a 66ª na historia da liga. Comezou coa sinatura dun novo acordo colectivo entre os propietarios dos 30 equipos e os xogadores. O anterior acordo rematou o 1 de xullo de 2011 ás 12:01, e como resultado houbo un lockout. Co novo acordo en marcha, a tempada regular foi máis curta do normal, pasando de 82 a 66 partidos, debido aos dous meses de inactividade. A tempada regular comezou o 25 de decembro de 2011, e rematou o 26 de abril de 2012. Os Playoffs comezaron o 28 de abril, e remataron o 21 de xuño. Os Miami Heat conseguiron o seu segundo campionato tras derrotar aos Oklahoma City Thunder por 4-1.

Tempada 2012-13 da NBA

A tempada 2012-13 da NBA foi a 67ª na historia da National Basketball Association (NBA). A tempada regular comezou o 30 de outubro de 2012, e rematou o 17 de abril de 2013. O All-Star Game da NBA xogouse o 17 de febreiro de 2013 no Toyota Center de Houston, Texas. Os Playoffs comezaron o 20 de abril de 2013, e remataron o 20 de xuño de 2013.

Os Miami Heat conseguiron o seu segundo anel consecutivo ó gañar por 4-3 ós San Antonio Spurs. LeBron James conseguiu tamén o seu segundo MVP das Finais da NBA consecutivo.

Tempada 2013-14 da NBA

A tempada 2013-14 da NBA é a 68ª na historia da National Basketball Association (NBA). A tempada regular comezou o 29 de outubro de 2013, e rematou o 16 de abril de 2014. O All-Star Game da NBA disputouse o 16 de febreiro de 2014 no New Orleans Arena de Nova Orleáns (Luisiana). Os Playoffs comezaron o 19 de abril de 2014, e remataron co derradeiro partido das Finais da NBA o 15 de xuño de 2014. Os San Antonio Spurs proclamáronse campións ó derrotar nas Finais ós Miami Heat por 4-1.

Universal Music Group

Universal Music Group ou UMG, antigamente MCA Music Entertainment, é a segunda maior gravadora da industria da música, cunha cota do 25,5% no mercado, entrando polo tanto no grupo das catro maiores gravadoras do mundo. A súa dona é a empresa Vivendi. O seu catálogo inclúe algúns dos maiores artistas da actualidade como Amy Winehouse, Selena Gomez, Demi Lovato, Bon Jovi ou Lady Gaga.

Universal Music Group posúe unha editora musical, Universal Music Publishing Group, que se converteu na máis grande do mundo despois de adquirir BMG Music Publishing en maio do 2007.

As oficinas centrais de Vivendi atópanse en París, pero o cuartel xeral de UMG está en Santa Monica (California) e mais en Nova York. As oficinas de Nova York adícanse principalmente á distribución internacional de Universal Records, mentres que as de Santa Monica supervisa o traballo da compañía no Canadá e nos Estados Unidos. Estas últimas son tamén a sede de Interscope Records. Tamén ten oficinas en Nashville e Miami, no Reino Unido traballa dende Londres e Romford, e no Xapón a súa sede está en Minato, Tokio.

Temas
Sociedade
Rexións
Áreas metropolitanas
Cidades máis poboadas
Condados
Flag of Florida.svg Alcaldes das cidades con máis de 100 000 habitantes en Florida Flag of Florida.svg
As 100 cidades máis poboadas dos Estados Unidos e Porto Ricoa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.