Miño

Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñense».

Coordenadas: 43°20′51″N 8°12′23″O / 43.34750, -8.20639

Miño
Escudo de Miño
Casa do Concello de Miño
Casa do concello.
Situacion Miño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación6.056 hab. (2018)
Área33,0 km²
Densidade183,52 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloA Carreira
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Vázquez Faraldo (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais en Miño
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes36,34%
Na rede
concellodemino.com
alcaldia@mino.dicoruna.es

Xeografía

Situación

O concello, de 32,97 km² , abrangue oito parroquias que son Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova. Limita ao norte con Pontedeume, ao leste con Vilarmaior, ao sur con Paderne e Irixoa, e ao oeste coa ría de Betanzos. Está situado a 25 km da capital da provincia, e a 72 km de Santiago de Compostela.

O concello está atravesado pola Vía inglesa do Camiño de Santiago.

Hidrografía

Polo municipio pasan o río Lambre, que tras cruzar a ponte do Porco forma a praia da Alameda, o río Xarío, que atravesa as parroquias de Vilanova e Perbes e desauga a carón da praia Grande, e o río Baxoi, que tamén desauga na praia Grande e recibe este nome polo seu paso pola Ponte Baxoi. Alí se atopa na súa beira unha fonte gótica e un merendeiro para o descanso dos peregrinos que se dirixen a Compostela.

Demografía

Censo total 2014 5.838 habitantes
Menores de 15 anos 798 (13.67 %)
Entre 15 e 64 anos 3.651 (62.54 %)
Maiores de 65 anos 1.389 (23.79 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística INE, 1857-2011

Evolución da poboación de Miño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.923 5.326 5.823 5.476 5.089 5.488 5.760 5.739 5.786 5.838 {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Os vestixios máis antigos atopados en Miño corresponden á era castrexa e aos restos do porto romano de Miño. En 1916 foron atopadas 1500 moedas romanas, o Tesouro de Algar[4]. O concello constituíuse como tal trala fin do Antigo Réxime a comezos do século XIX. Até 1919 o municipio levou o nome de Castro, parroquia na que estivo a capital até entón[5].

Cultura

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Da cultura castrexa consérvase o castro de Loios, castro de Ombre, Centroña, Insua, Santa María de Castro, Carantoña e Leiro[4][6]

Patrimonio arquitectónico

A igrexa de San Xoán de Vilanova é de orixe románica. Comezou a construírse no ano 1040, sendo a portada reconstruída no século XVIII. A súa ábsida semicircular foi restaurada. A igrexa de Santa María de Castro é do século XVI.

Sobre os ríos Lambre e Vixoi (hoxe río Baxoi), hai dúas pontes do século XV, mandadas construír por Fernán Peres de Andrade o Boo, señor de Pontedeume. A que cruza o río Lambre, cun só arco de estilo oxival, é coñecida como Ponte do Porco, por ter esculpido un xabaril, símbolo da casa de Andrade. En Bañobre está o pazo dos Condes de Vigo, que conserva na fachada elementos orixinais do século XVIII.

Etnografía

Festas e celebracións

Santa María de Miño

  • 27 ou 29 de xuño: Festas en honra a San Pedro. Parte da poboación miñense cre que San Pedro é o patrón, mais en realidade a parroquia de Miño é Sta. Maria, polo que non ten patrón, senón patroa: a Virxe da Asunción. A festividade de San Pedro débese a unha decisión estratéxica pola condición de municipio turístico de Miño que depende da tempada estival, dado que a festividade da Virxe da Asunción coincide con festas locais noutras vilas (15 de agosto), optouse por festexar San Pedro ao ser o 29 de xuño unha data máis propicia para atraer visitantes no verán. [Cómpre referencia][7]
  • 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros. Nesta festividade unha procesión coa imaxe da Virxe parte da igrexa parroquial de Santa María, baixando ata o porto, lugar onde se oficia unha misa cantada, polo xeral, a cargo da Rondalla e Coral da ACRD O´Castro. O alcalde e un membro da confraría de pescadores botan á auga unha gran coroa de loureiro, en memoria dos mariñeiros mortos no mar. Finalizada a cerimonia, a imaxe da Virxe do Carme regresa de novo en procesión ata a igrexa.
  • 31 de agosto: Romaría de San Ramón no lugar de Bra.
  • 23 de xuño: Festa da noite de San Xoán.
  • Primeiro fin de semana de agosto: Feira da Cebola chata de Miño.

Ponte do Porco

Bemantes

Callobre

  • Primeiro domingo despois do 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme.
  • 24 de xuño: Festa de San Xoán

Carantoña

  • Primeiro domingo de xuño: Festa de Santa Isabel

Leiro

Bañobre

Castro

Viadeiro

  • 20 de xaneiro: Festa de San Sebastián

Perbes

  • xuño: Festa do Corpus Christi
  • Principios de agosto: Festa do Turista

San Xoán de Vilanova

  • 24 de xuño: Festa de San Xoán

Economía

Infraestruturas de transporte

O concello está comunicado a través da estrada nacional N-651 que vai de Betanzos a Ferrol e pola autoestrada AP-9 con acceso directo, que conecta coas cidades da franxa atlántica. Está atravesado pola liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos Infesta que liga coa que vai da Coruña a Lugo, conta coa estación de Miño e coa estación de Perbes.

Deporte

No concello teñen a súa sede os seguintes clubs deportivos:

  • Asociación Deportiva Miño
  • Bemantes C.F.
  • Club de Fútbol Sala Alameda-Xarío
  • Sociedad Deportiva Miño
  • Club Deportivo Comarca Lambre-Mandeo
  • Club Deportivo Náutico de Miño
  • Judo Club Bemantes

Asociacións

No concello teñen a súa sede as seguintes asociacións:

  • ACRD O´Castro.
  • Asociación de Empresarios de Miño
  • Ardobriga. Asociación cultural para a protección do patrimonio
  • Asociación Cultural Arruallo
  • Asociación Española Contra o Cáncer - Xunta local de Miño
  • Asociación A Irmandade
  • Asociación Amas de Casa Consumidores e Usuarios de Miño
  • Asociación Camiño
  • A.VV. Xarío
  • A.VV. San Xulián de Carantoña
  • A.VV. Anduriña de Callobre
  • A.VV. Santa María de Castro
  • Asociación de Mulleres Rurais Divino Salvador de Leiro
  • Asociación Cultural A Inmaculada de Bañobre
  • Asociación Cultural Mulleres de Bemantes

Miño na literatura popular

Pasei a ponte do Porco,
paseille a man polo lombo,
meu divino San Andrés
o voso camiño é longo
[8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Miño.
Miño dende Sada - Galiza

Miño dende Sada.

Playa de Sumiño, Miño

Praia da Ribeira.

Praia Grande de Miño

Praia Grande.

Praia de Perbes

Praia de Perbes.

Igrexa de San Xoán de Vilanova, Miño

Igrexa de San Xoán de Vilanova.

Ponte Baxoi

Camiño inglés de Santiago.

Muiño de vento de Boucelo

Muíño de vento de Boucelo.

Escudo de armas dos Condes de Vigo

Escudo de armas na igrexa de Castro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. 4,0 4,1 PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.
  5. "El cambio del ayuntamiento de Castro para Miño", artigo de José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro en Betanzos e a súa Comarca, 1 de xullo de 2000.
  6. Miño. O Noso Patrimonio
  7. http://www.paxinasgalegas.es/catolica-parroquias-iglesias-mi%C3%B1o-2337ep_49ay.html
  8. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 405. Refírese ó paso dos peregrinos pola Ponte do Porco (Miño) camiño de Santo André de Teixido.

Véxase tamén

Bibliografía

  • PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Guarda

A Guarda é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 10.133 habitantes (4.937 homes e 5.196 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guardés.

As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

Castrelo de Miño

Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Comarca do Baixo Miño

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Miño de Medinaceli

Miño de Medinaceli é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 81 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 56,25 km².

Miño de San Esteban

Miño de San Esteban é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 66 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 1,35 km².

Nogueira de Miño, Chantada

Santa María de Nogueira de Miño é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 144 habitantes segundo datos do INE e do IGE deles 70 eran homes e 74 eran mulleres. Isto supón unha diminución respecto o ano 2007 tiña 150 habitantes, deles 75 eran homes e 75 eran mulleres.

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Río Sil

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Tomiño

Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés/tomiñesa.

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.