Mexillón

O mexillón (Mytilus galloprovincialis, Lamarck, 1819) é un molusco bivalvo comestible, moi apreciado polo seu interese económico e gastronómico, provisto dunha cuncha de cor negra azulada, formada por dúas valvas simétricas.

En condicións naturais medra formando colonias numerosas apegadas ás rochas, sempre en zonas de pouca profundidade e no límite das mareas, de modo que queda ó descuberto na baixamar. Actualmente é obxecto de cultivo cada vez más tecnificado, nuns artefactos flotantes chamados bateas.

Mytilus galloprovincialis
Cunchas de mexillón.

Cunchas de mexillón.
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Mytiloida
Familia: Mytilidae
Xénero: Mytilus
Especie: Mytilus galloprovincialis
Nome binomial
Mytilus galloprovincialis
Lamarck, 1819

Taxonomía

Blue mussel Mytilus edulis
Mexillóns nas rochas.

Os mexillóns, como xénero, foron descritos por Carl von Linné en 1758. Ata finais do século XX admitíase a presenza en Europa de tres especies diferentes nas súas características morfolóxicas:

  • Mytilus edulis (mexillón azul ou mexillón atlántico).
  • Mytilus galloprovincialis (mexillón mediterráneo)
  • Mytilus trossulus (do mar Báltico).

Noutras zonas do mundo estaban presentes outras especies, como o Mytilus californianus, en Estados Unidos) ou o Mytilus chilensis (en Sudamérica).

Xa no 1957, Hepper identificou o M. galloprovincialis na costa sur de Inglaterra, identificación que foi confirmada por outros autores. No caso concreto do mexillón galego, estudios xenéticos levados a cabo por investigadores das universidades de Santiago e de Vigo a partir de 1970 corroboraron que a especie presente nas nosas costas –coma no resto das costas españolas- era o M. galloprovincialis e non M. edulis como se admitía ata entón[1].

A nova distribución das tres especies de mexillón sitúa o límite entre o M. edulis e o M. galloprovincialis no sur de Inglaterra, aínda que, coma sempre pasa en bioloxía, as áreas de distribución se superpoñen na zona de confluencia. O mexillón do Báltico só está presente nesas augas, probablemente polo seu carácter pechado, aínda que se detectaron pequenas poboacións desta especie no Xapón.

Realmente, as diferenzas morfolóxicas son escasas, máis de matiz que de fondo: o extremo anterior é máis puntiagudo e curvado no M. galloprovincialis que no M. edulis; as bandas violáceas daquel son menos patentes que neste; o bordo púrpura violáceo do manto daquel é dunha cor máis viva ca deste. Tamén se comprobou que o primeiro é moito máis resistente a un parasito específico do mexillón (Pinnotheres pisum) que o segundo, cun grao de infestación do 30,3% no M. edulis fronte a un 1,4% no M. galloprovincialis. En calquera caso, a verdadeira diferenciación baséase en estudios bioquímicos e xenéticos.

Descrición

Cooked mussels DSC09244
Mexillón cocido.

A cuncha é fina e quebradiza, de cor negra azulada, practicamente lisa aínda que se aprecian unhas liñas concéntricas (que son as estrías de crecemento) pouco marcadas. Está formada por dúas valvas simétricas artelladas mediante a charneira, situada nas proximidades do extremo máis afiado. A cuncha é de forma máis ou menos triangular, apuntada, rematando nunha punta roma no extremo anterior (ápice ou umbo), e ancheando nun arco arredondado e cortante no extremo posterior.

Sobre a cuncha é común atopar diversas incrustacións, como os tubos calcáreos de certos anélidos (sérpulas, potamoceros etc), que dan lugar a un debuxo que se coñece como risco. Tamén poden atoparse arneiros.

A cara interna da cuncha é de superficie nacarada e de cor branca azulada. Poden apreciarse a marca do manto paralela ó bordo: impresión paleal, e as marcas dos músculos adductores, maior o posterior (na zona máis ancha).

Anatomía

Como tódolos moluscos, o corpo do mexillón, denominado vianda, está dividido en cabeza, pé e masa visceral, coa particularidade de que a cabeza non está diferenciada da masa visceral. Esta consta dunha lámina externa, dobre, que se chama manto, de cor amarela abrancazada ata laranxa, segundo o estado sexual das gónadas: cando están sexualmente activas son de cor laranxa forte, perdendo cor no momento de repouso sexual; nos machos, o manto adoita ser abrancazado.

As dúas láminas do manto están soldadas polos bordos, excepto na zona ventral (a oposta á charneira) na que deixan unha abertura para o pé e o biso. Nesa zona ventral, nos bordos do manto apréciase unha banda muscular festoneada, de cor violeta escura.

O manto delimita unha cavidade interna, a cavidade paleal, que contén no seu interior as vísceras. Entre elas cabe destaca-lo hepatopáncreas, de forma globosa e cor verde ou negra, apreciable incluso a través do manto. Na parte posterior da zona dorsal (na parte máis ancha do mexillón, no mesmo bordo cá charneira) apréciase un orificio, o ollal, equivalente ó sifón exhalante doutros moluscos, coma as ameixas, por onde expulsa a auga tralo filtrado polas branquias, xunto ás feces resultantes da dixestión.

O hepatopáncreas é unha grándula dobre que almacena glicóxeno, como reserva enerxética (actuando así coma un fígado) e posúe células dixestivas, secretoras de enzimas.

No mexillón, o pé perdeu a función locomotriz propia deste órgano. Serve para colocarse sobre o substrato no momento da fixación co biso e tamén, ó ser elástico e muscular, permítelle realizar algún desprazamento, moi limitado.

Bioloxía

Como outros moluscos bivalvos, o mexillón aliméntase por filtración: ó abri-las valvas aspira a auga, que é canalizada a través das branquias, nas que quedan retidas as partículas orgánicas que leve en suspensión, é dicir, o plancto, que será dirixido cara o seu aparato dixestivo.

Son animais sésiles, é dicir, viven fixados ó substrato mediante o biso, unha especie de barbas que lle saen do extremo agudo. Este mesmo sistema de fixación mantén suxeito ó mexillón ás cordas das bateas nas que se cultivan.

En condicións naturais, son obxecto de depredación por parte da estrela de mar e algúns gasterópodos mariños, coma o Nucella lapillus. Outros predadores posibles son os cangrexos, aves mariñas e incluso algún peixe, como a dourada.

O mexillón é un animal de sexos separados (aínda que morfoloxicamente idénticos, hai mexillóns machos e mexillóns femias). As gónadas están constituídas por numerosos folículos xerminais diseminados por todo o corpo, dos que saen os condutos foliculares que verten os óvulos ou os espermatozoides na cavidade paleal. A formación das células sexuais do mexillón ten lugar durante o inverno ata a primavera, momento no que alcanzan a madurez sexual e se produce a ovulación (ou desove), coincidindo co aumento das temperaturas da auga. En ocasións pode haber unha segunda época de reprodución, entre outubro e novembro.

No momento do desove, machos e femias expulsan á auga os seus gametos, producíndose a fecundación tanto nas augas libres como no interior da cavidade paleal das femias, que reteñen os espermatozoides presentes na auga que filtran para logo expulsa-los óvulos xa fecundados. Calcúlase que o número de ovos liberados oscila entre o medio millón e o millón por femia.

Trala fecundación, nun ou dous días fórmase a larva trocófora, que muda a larva veliger. A fase larvaria, que dura entre 2 e 4 semanas, é planctónica, de modo que as larvas son arrastradas polas correntes mariñas. Ó acadar un tamaño duns 0,5 mm nace o biso e prodúcese a fixación ó substrato. É posible que ó cabo do tempo se solten e pasen por sucesivas fases migratorias e fixacións secundarias.

Distribución xeográfica

Como dixemos, o mexillón medra no nivel litoral e intermareal, o que implica quedar exposto ó aire libre durante a baixamar. O límite de distribución dependerá da supervivencia que permita a duración da fase seca e o grao de humidade dispoñible nesa fase. Tamén poden colonizar fondos mariños, sempre de pouca profundidade. Prefire zonas batidas e con abundante circulación de auga, pero o crecemento redúcese segundo aumenta a forza do mar e das ondas, xa que nestas circunstancias ten que utiliza-las súas reservas na formación de biso e fortalecemento da cuncha. De aí que o mexillón de rocha sempre sexa menor có mexillón de batea, ademais de estar máis engrosado e te-los bordos máis romos.

Soporta sen problemas amplas variacións de temperatura, e pode crecer en augas entre 0 °C e 27 °C, cun óptimos entre 10 °C e 20 °C. Tamén resiste amplas variacións de salinidade, cun nivel óptimo de 30-35 por mil. Por debaixo de 24 por mil o crecemento se ralentiza sensiblemente, cesando a niveis inferiores a 19 por mil.

As diferentes especies de mexillón están distribuídas amplamente, tanto nos mares circumpolares como en augas máis tépedas. É moi abundante na costa de tódalas rías galegas. Canto ó seu cultivo, tamén se dá con facilidade variable en tódalas rías, destacando a de Arousa.

Cultivo

Artigo principal: Miticultura.

Mexillón de Galicia

Artigo principal: Denominación de Orixe Mexillón de Galicia.

Gastronomía

Festas gastronómicas

Galería de imaxes

Elaboracion conserva de mexillón

Elaboración da conserva de mexillón

Vilanova de Arousa.Galicia.41

Máquina das embarcacións para limpar mexillóns

A Illa de Arousa.Galicia.19

Barco disposto a descargar mexillón na Illa de Arousa

Alimentando gaivotas com mexillón nas Rías Baixas

Alimentando gaivotas con mexillón nas Rías Baixas

Notas

  1. Ignacio Ramos Martínez: El estudio de la biología de “Mytilus”: Un ejemplo en investigación y desarrollo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

A Illa de Arousa

A Illa de Arousa é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2015 tiña 4956 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán/arousana.

Acuicultura

A acuicultura (do latín aqua: auga; e -cultura: cultivo) é a cría ou cultivo de organismos acuáticos, especialmente peixes, crustáceos, moluscos e algas, destinados á alimentación humana ou animal. Tamén se pode dedicar á produción de especies ornamentais para a acuariofilia, ou o cultivo de especies para a posterior elaboración de materias primas para a industria, repoboación e conservación de especies ameazadas, produción de perlas etc.

Castro, Boiro

Santa María de Castro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.302 habitantes (1.103 homes e 1.199 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.537 habitantes.

Un dos principais lugares desta parroquia, e do mesmo concello, é Cabo de Cruz, onde se celebra desde hai anos, o 16 de agosto, unha festa de exaltación do mexillón.

Na parroquia está a praia de Carragueiros.

Castro dos Prados

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á Cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Comarca do Morrazo

A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Festa do mexillón de Redondela

A festa do mexillón é unha festa gastronómica anual celebrada na parroquia de Chapela, no concello de Redondela a primeira ou a segunda fin de semana de setembro. A festa consiste nunha degustación de mexillón en diferentes modalidades, e un concurso gastronómico.

Gaivota

As gaivotas son aves mariñas da familia Laridae, estreitamente relacionadas coas dos membros da familia Sternidae. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.

Mar Negro

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.

Marisco

O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.

Mexillón cebra

O mexillón cebra (Dreissena polymorpha) é un molusco bivalvo de auga doce e salobre. Aliméntase de plancto e materia orgánica en suspensión. Está incluído na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Miticultura

A miticultura ou mitilicultura é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas.

Moaña

Moaña é un concello da provincia de Pontevedra, situado na península que dá nome á comarca do Morrazo. O seu xentilicio é moañés. É un concello pequeno (35,1 km²) que no 2016 tiña unha poboación de 19 458 habitantes, cunha alta densidade de poboación (554,35 hab./km²).

Muxe

O nome de muxe, munxe ou muxo designa varias especies de peixe, esencialmente Mugil sp, dentro da familia dos Muxílidos (Mugilidae). Tamén se aplica a outros peixes das familias Cyprinidae, Lebiasinidae ou Polynemidae.

Ostra

O nome de ostra é usado para grupos diferente de moluscos que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde Ostreoida, familia Ostreidae.

Algunhas subespecies son capaces de producir perlas no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.

A ostra é un prato común na cociña litoral galega e doutros sitios da Europa Atlántica, onde se serven crúas cun pouco limón. Salientan Vigo e Arcade (do concello de Soutomaior) como vilas tradicionalmente ostreiras .

Ourizo de mar

O ourizo do mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á clase Echinoidea dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel"). Existen aproximadamente 940 especies que habitan todos os océanos, ata os 5000 metros de profundidade .

Outubro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario .

Setembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de setembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

O mes tamén se coñece co nome de San Miguel.

Principais especies comerciais da industria pesqueira
Salvaxes
Cultivados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.