Metro

O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.

Platinum-Iridium meter bar
Metro patrón en platino iridiado

Múltiplos e submúltiplos

No Sistema Internacional de Unidades (SI) son usados múltiplos e divisións do metro:

1 metro equivale a
10−24 yottámetros 101 decímetros
10−21 zettámetros 102 centímetros
10−18 exámetros 103 milímetros
10−15 petámetros 106 micrómetros
10−12 terámetros 109 nanómetros
10−9 gigámetros 1010 ångströms
10−6 megámetros 1012 picómetros
10−4 miriámetros 1015 femtómetros
10−3 quilómetros 1018 attómetros
10−2 hectómetros 1021 zeptómetros
10−1 decámetros 1024 yoctómetros

Algunhas destas unidades son moi usuais mentres que outras se empregan máis raramente. Así, as distancias moi longas adoitan expresarse en quilómetros, unidades astronómicas (149.6 Gm), anos luz (10 Pm) ou parsecs (31 Pm), máis que en Mm, Gm, Tm, Pm, Em, Zm ou Ym; tamén é máis común empregar "30 cm", "30 m" e "300 m" que "3 dm", "3 dam" e "3 hm".

A palabra micra emprégase en ocasións en lugar de micrómetro (μm), mais esta práctica está oficialmente rexeitada.[1][2]

Equivalencias

Historia da definición do metro

Kilometre definition
Definición antiga do metro como a dezmillonésima parte da metade dun meridiano terrestre.

Durante toda a historia leváronse a cabo intentos de unificación das distintas medidas co obxecto de simplificar os intercambios, facilitar o comercio e o cobro xusto dos impostos. Na Revolución Francesa, xunto con outros desafíos considerados necesarios para os novos tempos, nomeáronse comisións de científicos para uniformar os pesos e as medidas, entre os que está a lonxitude. A tarefa foi ardua e complexa. Considerouse empregar como padrón a lonxitudo do péndulo nun segundo a unha latitude de 45°, pero acabou descartándose por non ser un modelo completamente obxectivo.[3] Finalmente acordouse medir un arco de meridiano para establecer sobre el e polo tanto sobre a propia Terra o padrón do metro. Os encargados de facer esta medida foron Jean Baptiste Joseph Delambre e Pierre Méchain, que a estableceron entre 1791 e 1798 mediante un sistema de triangulación dende Dunkerque a Barcelona.[4]

Inicialmente esta unidade de lonxitude foi creada en 1792 pola Academia de Ciencias de Francia e definida como a dezmillonésima parte da distancia que separa o polo da liña do ecuador, a través da superficie terrestre. Se este valor se expresase de xeito análogo a como se define a milla náutica, corresponderíase coa lonxitude de meridiano terrestre que forma un arco de 1/10 de segundo de grao centesimal.

O 28 de setembro de 1889 a Comisión Internacional de Pesos e Medidas adoptou novos prototipos para o metros e, despois, para o quilogramo, que se materializaron nun metro padrón de platino e iridio depositado en cofres situados nos subterráneos do pavillón de Breteuil en Sèvres, Oficina de Pesos e Medidas, nos arredores de París.[4]

A XI Conferencia de Pesos e Medidas adoptou unha nova definición de metro en 1960: 1. 650. 763,73 veces a lonxitude de onda no baleiro da radiación laranxa do átomo de cripton 86. A precisión era cincuenta veces superior á do padrón de 1889.[4]

A definición dada na XVII Conferencia Xeral da Oficina Internacional de Pesas e Medidas, vixente dende 1983, é a seguinte:[4]

A precisión desta definición é trinta veces superior á do prototipo de 1960.[4]

Liña de tempo

A liña do tempo amósanos como foi mudando a definición do metro en distintas épocas:
  • 21 de outubro de 1983: defínese o metro coma a distancia percorrida pola luz no baleiro durante 1/299 792 458 segundos.
  • 20 de outubro de 1960: a XI Conferencia Xeral de Pesas e Medidas define o metro como 1 650 763,73 oscilacións no baleiro da onda da radiación emitida polo salto cuántico entre 2p10 e 5d5 dun átomo de 86cripton.
  • 6 de outubro de 1927: a VII Conferencia Xeral de Pesas e Medidas define o metro como a distancia entre as dúas marcas do padrón de platino cun 10% de iridio a 0 °C e 1 atmosfera.
  • 28 de setembro de 1889: a I Conferencia Xeral de Pesas e Medidas define o metro como a distancia entre as dúas marcas do padrón de aliaxe de platino cun 10 % de iridio a 0 °C.
  • 10 de decembro de 1799: defínese o metro cun padrón de prata (o primeiro padrón, construído o 23 de xuño dese mesmo ano).
  • 1795: créase un padrón provisional de latón.
  • 30 de marzo de 1791: defínese o metro como a dez millonésima parte dun meridiano dentro dun cuadrante (un cuarto da circunferencia polar da terra).
  • 8 de maio de 1790: defínese o metro coa distancia percorrida por un péndulo determinado que ten un hemiperíodo dun segundo.

Unidades derivadas

O metro dá orixe a diversas unidades compostas ou derivadas, como:

Notas

  1. Taylor & Thompson 2003, p. 11.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micra.
  3. Estrada, H. Ruiz, J. Triana, J. El origen del metro y la confianza en la matemática, 2011, ISSN 0120-6788, págs. 89-101.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Denis Guedj, El metro del mundo, Anagrama, Barcelona, 2000, ISBN 84-339-7018-6, págs. 330-331
  5. A BIPM non fai distinción entre baleiro cuántico e espazo baleiro. Resolution 1 of the 17th CGPM (CGPM, 1984), recuperado da base de datos da BIPM (BIPM, n.d.) o 24 de agosto de 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Barcelona

Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.

Cunha poboación de 1.620.809 habitantes, é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².Foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.Na actualidade, é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016.

Bilbao

Bilbao (en éuscaro: Bilbo) é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade poboacional de 8 300 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto dun millón de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da la procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.

Budapest

Budapest é a capital de Hungría e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. Ten 1,7 millóns de habitantes segundo o censo de 2005 (unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns con que contaba a mediados dos anos 80), que representan un quinto da poboación total do país. É a sétima cidade en tamaño da Unión Europea.

A cidade de Budapest é o resultado da unificación en 1873, ocupando ambas as dúas beiras do Danubio, das cidades de Buda e Óbuda, na beira dereita, e Pest, na esquerda.

Centímetro

O centímetro é unha unidade de lonxitude, equivalente á centésima parte dun metro.

1 cm = 0,01 m = 10-2 mTrátase dunha unidade de lonxitude derivada no Sistema Internacional de Unidades, ao mesmo tempo que é a unidade de lonxitude básica no Sistema Cegesimal de Unidades.

Glasgow

Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses. A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.

Joule

O joule (de símbolo J) é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s−2 = 1 N × m = 1 W × s.

Dito doutras formas, a unidade joule pode definirse como:

Pode utilizarse para medir calor, a cal é enerxía cinética (movemento en forma de vibracións) a escala atómica e molecular dun corpo.

Toma o seu nome (pronunciado yul) do físico James Prescott Joule. Tamén pode escoitarse dicirlle xulio.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Metro-Goldwyn-Mayer

Metro-Goldwyn-Mayer Inc. (ou simplemente MGM) é unha gran compañía, involucrada principalmente na produción e distribución de películas de cine e programas de televisión. Os seus principais subsidiarios foron MGM Studios Inc., United Artists Corporation e Orion Pictures Corporation (adquirida en 1997). Nunha importante operación mercantil, a empresa foi vendida a un grupo de compañías encabezadas por Sony Pictures Entertainment que é tamén propietaria de Columbia Pictures. MGM ten a súa sede en Beverly Hills dende o 22 de agosto de 2011. Antes desta data, MGM tiña a súa sede na MGM Tower de Century City, Os Ánxeles.O nome nace das tres compañías que formaron unha fusión corporativa para crear MGM Studios en 1924; Metro Picture Corporation (fundada en 1915), Goldwyn Pictures Corporation (fundada en 1923), e Louis B. Mayer Pictures (fundada en 1918). Louis B. Mayer converteuse no xefe do estudio e Irving Thalberg en xefe de produción. O seu lema é Ars Gratia Artis (arte pola arte mesma) e o seu emblema, creado en 1928, é un característico león.

Metro-Goldwyn-Mayer non está afiliado con MGM Mirage, MGM Distribution, MGM Resorts, MGM Grand Garden Arena nin con MGM Grand Las Vegas.

A empresa declarouse en bancarrota e botou o peche o 30 de xuño de 2010, tras non poder pagar unha débeda duns 3.500 millóns de dólares, o que significaba a fin dunha traxectoria de case 90 anos de existencia, éxito e filmes como Foise co vento (1939), Singin' in the Rain, 2001: A Space Odyssey, The Wizard of Oz (1939) ou Ben-Hur (1959). A MGM informou o 14 de xullo do 2010 que obtivo unha nova prórroga para pagar parte da débeda de 3.700 millóns. O 11 de novembro do 2010, Metro-Goldwyn-Mayer declárase en quebra, presentando a declaración de insolvencia ante un Tribunal de Manhattan. Baixo a protección da Lei de Quebras estadounidense, MGM poderá liberarse das súas deudas, que ascendían a preto de 4.000 millóns de dólares por JP Morgan.

Metro cadrado

Enténdese por metro cadrado a superficie que ocupa un cadrado que mide un metro de cada lado. Representado co símbolo m² é a unidade básica do Sistema Internacional de Unidades para a superficie, sendo derivada da unidade básica metro.En agrimensura, utilízanse algunhas unidades derivadas do metro cadrado, como a área (equivalente a 100 metros cadrados, 1 decámetro cadrado) e a hectárea (equivalente a 10.000 metros cadrados, 1 hectómetro cadrado). De aquí sae a sinonimia entre centiárea e metro cadrado, que son o mesmo.

Micrómetro

O micrómetro é unha unidade do SI correspondente a 10−6m. O nome formouse a partir do prefixo micro-, que representa a millonésima parte, e a unidade metro.

Milímetro

O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm.

1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro.

O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións. Aínda que a chuvia medida corresponde a unha unidade de volume e non de lonxitude, a expresión desta medida baséase na cantidade de chuvia caída nunhna superficie dun metro cadrado. A altura dese volume corresponde á medición da precipitación en milímetros, é dicir, 1 mm de precipitacións significa que nunha superficie dun metro cadrado caíu un litro de auga de chuvia.

Moscova

Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12.5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia. Tamén é considerada a cidade máis populosa de Europa. Foi a capital da antiga Unión Soviética e da Rusia pre-imperial. En Moscova atópase o famoso Kremlin que actualmente serve como residencia do xefe de goberno. O xentilicio é moscovita.

A arquitectura e cultura de Moscova teñen sona mundial, Moscova tamén é coñecida pola famosa catedral de San Basil, coas súas elegantes cúpulas douradas, do mesmo xeito que tamén é coñecida a Catedral de Cristo Salvador. O Patriarcado de Moscova, cuxa residencia é o Mosteiro de Danilov, serve como cabeceira da Igrexa Ortodoxa Rusa. Moscova tamén segue sendo o centro económico e o fogar dunha longa lista de Billonarios; así mesmo é considerada unha das cidades más caras de todo o mundo, e é o fogar de multitude de institucións culturais e científicas, xunto con importantes instalacións deportivas. A cidade posúe un complexo sistema de transporte e un dos metros máis densamente utilizados, famoso pola súa arquitectura. Moscova tamén acolleu os Xogos Olímpicos de verán de 1980.

Paramount Pictures

Paramount Pictures Corporation é unha empresa de produción e distribución de cine e televisión clasificado constantemente como un dos estudos máis grandes e con maior recadación. Paramount forma parte da Viacom , e foi creado na década de 1910 co inicio da historia do cine, xunto con outros estudos importantes como 20th Century Fox, United Artists, Warner Bros, Metro-Goldwyn-Mayer, Columbia Pictures e RKO.

Durante a década de 1930 esta política de estudos consolidouse e iso significou o auxe do cine estadounidense. Paramount decidiu neste momento glorios polas super-producións históricas de Cecil B. DeMille como The Sign of the Cross (1932) e Cleopatra (1934), pola alta comedia representada por Ernst Lubitsch (Trouble in Paradise, 1932; The Merry Widow, 1934) e polo suspense e filmes de terror de Rouben Mamoulian (City Streets, 1931; Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1932). Por outra banda, os musicais non podían compararse cos de Metro.

Picómetro

O picómetro é unha unidade de lonxitude do sistema Internacional de Unidades que equivale á billonésima parte dun metro. A súa abreviatura é pm.

1 pm = 1x10-12 m.

Emprégase para medir distancias de escala atómica, aínda que é máis común usar o angström (Å). Os diámetro atómicos posúen entre 50 pm a 600 pm.

Quilómetro

Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros.

O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.

O vocábulo está constituído polo prefixo quilo (k), que en grego antigo significaba "mil", e metro, que significaba "medir".

É unha unidade de medida derivada das dimensións da terra e recoñecida polo sistema internacional de unidades que define o patrón de metro. Algúns países, como os EUA, aínda non o adoptaron, preferindo usar outras unidades, como a milla terrestre, que corresponde a 1,60934 km.

Como unidade derivada, úsase o km/h para medir a velocidade.

Segundo

O segundo (símbolo no SI: s) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día), mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.

A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

Varsovia

Varsovia (en polaco: Warszawa, [varˈʂava] (AFI), escoitar; en alemán: Warschau) é a capital e cidade máis poboada de Polonia. A cidade atópase na chaira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos.

A súa poboación no ano 2017 era de 1 753 977 persoas, cunha área metropolitana de preto de 3,1 millóns de persoas. A área total da cidade abrangue 519,9 km2, e a aglomeración 6.100,43 km2 (Área metropolitana de Varsovia, Obszar Metropolitalny Warszawy). Varsovia é a oitava maior cidade da Unión Europea.

A cidade ten numerosas industrias, entre elas de manufacturados, enxeñaría eléctrica e automóbil, é sede de 66 institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Varsovia e a Universidade Tecnolóxica de Varsovia, a Escola Superior de Negocios, e unha Academia Médica. En Varsovia hai máis de 30 teatros, entre eles o Teatro e Ópera Nacionais e a Orquestra Filharmónica Nacional.

O nome da cidade deu lugar ao Pacto de Varsovia, á Convención de Varsovia, ao Tratado de Varsovia e ao chamado Levantamento de Varsovia.

Óscar á mellor curtametraxe animada

O Oscar á mellor curtametraxe animada (Academy Award for Animated Short Film) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Oscar. Entrégase dende a 5ª edición dos Óscar. A Academia define curtametraxe como un filme de "non máis de corenta minutos, incluíndo todos os créditos".A categoría foi coñecida como "Short Subjects, Cartoons" (“Curtametraxes, animación”) dende 1932 a 1970 e como "Short Subjects, Animated Films" (“Curtametraxes, filmes animados”) dende 1971 a 1973, recibindo dende 1974 o nome actual. Na categoría destaca Walt Disney, xa que recibiu nela doce dos seus vinte e dous Oscar, incluíndo un premio póstumo en 1968. Ademais, Disney recibiu once dos doce primeiros premios. As series Silly Symphonies, de Disney, e Tom and Jerry, de Metro-Goldwyn-Mayer, foron as máis premiadas, cada unha con sete premios.

Ata 1952 só eran candidatas curtametraxes estadounidenses. Durante as primeiras cinco décadas o premio entregábase ao produtor, mais na actualidade entrégase á "persoa individual máis directamente responsable do concepto e da execución creativa do filme. No caso de que máis dun individuo estea involucrado direcamente e de xeito importante nas decisións creativas, pode entregarse unha segunda estatua".

Óscar ó mellor filme

O Óscar ó mellor filme é un dos premios entregados anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas ós produtores cinematográficos da industria, e está considerado como o premio máis importante dos Óscar, xa que representa a dirección, a actuación, a música, a edición e tódolos outros esforzos postos nun único filme.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.