Metalurxia

Metalurxia designa un conxunto de procedementos e técnicas para extracción, fabricación, fundición e tratamento dos metais e as súas ligas.

Até a aparición da metalurxia utilizábanse obxectos ornamentais de metais preciosos e de ferro procedente de meteoritos, mais o uso extensivo dos metais non foi posíbel até que se puido reducir os minerais que se encontran na natureza (en forma oxidada) en metal máis ou menos puro por procesos metalúrxicos.

Adolf Friedrich Erdmann von Menzel 021
Metalurxia (1875)

Historia da metalurxia

Co dominio do lume, xurdía a posibilidade da metalurxia. Con excepción do ouro e, eventualmente, da prata, do cobre, do platino e do mercurio, todos os metais practicamente existen na natureza apenas na forma de minerios, isto é, combinados con outros elementos químicos e na forma oxidada, e para extraelo e "purificalo" (iso significa separar o metal da súa combinación inicial e transformar este en substancia simple) podemos ter como auxilio o proceso de oxi-redución (electrólise industrial).

A palabra "metal" vén do grego e significa "procurar, sondar". O ouro compón 1/200 000 000 da codia terrestre, e é un dos metais máis raros. Mais probabelmente foi o primeiro metal en ser descuberto, por existir case sempre en forma de pebida, cuxa cor é un amarelo bonito e que chama a atención. Era extremadamente pesado, podía ser usado como ornamento por ser brillante e podía ser moldeado nas máis variadas formas, pois non era moi duro. Alén diso, era permanente, unha vez que non oxidaba nin deterioraba.

É probábel que o ser humano teña iniciado o traballo co ouro hai máis de dez mil anos. O ouro e, até certo punto, a prata e o cobre eran valiosos por mor da súa beleza e rareza e tornáronse un medio de troco e unha óptima maneira de se almacenar riquezas. Por volta de 640 a.C., os lidios da Ásia Menor inventaran as moedas, pedazos de liga de ouro e prata con peso determinado, cuñados cun brasón do goberno para garantir a súa autenticidade.

Probabelmente, a primeira produción de metal foi obtida accidentalmente, ao se colocar certos minerios de estaño ou de chumbo nunha fogueira. A calor dunha fogueira (por volta de 200 °C) e o carbón son suficientes para derreter e purificar estes minerios, producindo un pouco de metal. Despois, o estaño e o chumbo tamén poden ser derretidos e moldeados nunha fogueira común.

As primeiras contas de chumbo coñecidas actualmente foron encontradas en Çatallüyük, na Anatolia (actual Turquía), tendo sido datadas de 6500 a.C. Non está claro sobre cando os primeiros artefactos de estaño foron moldeados, pois este é un metal moito máis raro que o chumbo. Os primeiros moldes de estaño poderían ter sido tamén reutilizados máis tarde en mesturas con outros metais e, así, térense perdido os seus rexistros.

Aínda que o chumbo sexa un metal relativamente común, é moi brando para ter grande utilidade, de modo que o início da metalurxia do chumbo non tivo impacto significativo no mundo antigo. Para servir como ferramenta cumpría outro metal máis duro e así xurdiu o cobre.

O cobre

Cuivre Michigan
Cobre

O período calcolítico -ou Idade do Cobre-, fica entre a Idade da Pedra polida -ou Neolítico-, e a Idade de Bronce.

O cobre nativo era coñecido por algunhas das máis antigas civilizacións das que se ten noticia e ten sido utilizado hai polo menos dez mil anos (onde actualmente é o norte do Iraq foi encontrado un colar de cobre de 8700 a.C). Porén, o descubrimento accidental do metal pode ter ocorrido hai varios milenios .

Había algúns argumentos de que o cobre sería o primeiro metal en ter sido obtido accidentalmente en fogueiras, mais iso parece improbábel, unha vez que as fogueiras non son o suficientemente quentes para derreter minerios de cobre nin cobre metálico. Un camiño máis probábel pode ter sido a través dos fornos de cerámica, inventados na Persia (Irán) por volta de 6000 a.C. Os fornos de cerámica, alén de -loxicamente- produciren cerámica, tamén podían derreter certos cuarzos de diferentes cores para vitrificar e facer vasos de cerámica coloridos; acontece que a malaquita (un minerio de cobre oxidado) é unha pedra verde colorida, e un oleiro que tentase producir algún vidro con malaquita acabaría obtendo cobre metálico. Así pode ter iniciado a metalurxia do cobre.

O primeiro artefacto de cobre moldado coñecido é a cabeza dun martelo encontrada en Can Hassan, Turquía Central, e datada de 5000 a.C.

Aínda que na época fose un metal raro, hai indicios que apuntan que o cobre foi utilizado no leste da Anatolia en 6500 a.C. en Alaca, necrópole prehititas. En diversos sitios daquela rexión existen obxectos que representan touros e cervos de metal. Tamén foron encontradas obras de xoiaría e ourivaría, que se presumen ter a mesma datación.

En 3500 a.C. aproximadamente, acredítase que teña habido un rápido desenvolvemento da metalurxia na rexión da Mesopotamia e que este pode ter proporcionado o crecemento tecnolóxico daquela rexión.

Existen indicios en diversos sitios de que en aproximadamente 3000 a.C., utensilios de cobre se diseminaron polo Oriente Medio chegando a atinxir culturas neolíticas na rexión da Europa.

En España e na Hungría, rexións en que o cobre é abundante, as tribos nómades facían uso de obxectos daquel metal, difundíndoo pola rexión.

O cobre xerou algún impacto no mundo antigo, pois producía boas armas e armaduras razoábeis, mais aínda era moi brando para producir ferramentas de corte útiles. Consecuentemente, a metalurxia do cobre non substituíu a manufactura de armas e ferramentas de pedra, que aínda producían láminas superiores.

Bronce

Bronze age weapons Romania
Armas e ornamentos de bronce

O bronce é unha liga de cobre cun metaloide chamado arsénico ou de cobre con estaño. A adición de arsénico ou de estaño no cobre aumentou considerabelmente a súa dureza, producindo armas e armaduras excelentes. O coñecemento da metalurxia do bronce permitiu aos reis superaren os seus inimigos e causou tal revolución que marcou o fin da Idade da Pedra e o comezo da Idade de Bronce. Entre tanto, pasarán milenios até que o bronce poida ser usado por soldados comúns e por cidadáns, tendo sido, por moito tempo, artigo de luxo da nobreza.

Os primeiros bronces de cobre/arsénico son da Asia Menor e datan de 4200 a.C. Foron usados por moito tempo até seren substituídos polos bronces modernos de cobre/estaño por volta de 1500 a.C. Non se sabe de certo se os ferreiros que producían bronce de cobre/arsénico adicionaban conscientemente minerios de arsénico ou se explotaban minas de cobre que afortunadamente contiñan arsénico como contaminante.

Os primeiros bronces de cobre/estaño datan de 3200 a.C., novamente da Asia Menor. Os bronces de cobre/estaño son máis duros e durábeis que os de cobre/arsénico e, alén diso, o traballo con arsénico non é seguro, unha vez que o arsénico é un elemento velenoso, podendo ter sido o primeiro “mal industrial” a atormentar o home. Todo iso contribuíu para tornar obsoleto o bronce de cobre/arsénico.

Como os ferreiros aprenderon a producir bronce con cobre e estaño tamén é un misterio. Tal coñecemento probabelmente xurdiu por un feliz accidente: pola contaminación de estaño en minerais de cobre, ainda que, sobre o 2000 a.C., saibamos que o estaño xa era utilizado para a produción de bronce. Isto é sorprendente, visto que o estaño é un metal semi-raro, e mesmo un mineral rico en estaño, como a casiterita, contén só un 5% del. Igualmente, a casiterita parece unha rocha común, sendo necesarias habilidades especiais (ou instrumentos especiais) para encontrala. Mais calquera que fosen os pasos para aprender o uso do estaño, este xa era ben coñecido no 2000 a.C.

Entre as máis notábeis reliquias da Idade de Bronce están as escrituras épicas Ilíada e Odisea, nas cales os guerreiros loitaban con armaduras de bronce e con lanzas cuxas puntas eran de bronce.

O minerio de cobre non é común, e as civilizacións que usaron o bronce intensamente esgotaron a oferta local, tendo que importar grandes cantidades doutros países. O minerio de estaño era aínda peor. O cobre xa non é un compoñente común da codia terrestre, mas o estaño aínda o é menos. Aliás, o estaño é quince veces máis raro que o cobre. Iso quería dicir que polo ano 2500 a.C., tempo en que aínda se encontraba o cobre en varios lugares do Oriente Medio, a reserva local de estaño parecía terse esgotado completamente.

Foi a primeira vez na historia que os homes enfrontaron o esgotamento dun recurso natural; non apenas un esgotamento temporal, como o do alimento en tempos de seca, senón permanente. As minas de estaño baleiráranse e nunca máis tornarían a se encher.

Minoan copper ingot from Zakros, Crete
Lingote de cobre encontrado en Creta

A menos que o ser humano pretendese conformarse co bronce existente, habería que atopar novas reservas de estaño nalgún lugar. A busca continuou por áreas cada vez máis amplas e, por volta de 1000 a.C., os navegadores fenicios ultrapasaban a rexión mediterránea e talvez xa chegaran a rexións tan distantes canto India, África e Europa.

Porén, nese ínterim, desenvolvérase unha técnica de obtención do ferro a partir dos seus minerios en 1300 a.C., na Asia Menor. O ferro era de purificación máis difícil. Exixía unha temperatura máis alta, e a técnica da utilización do carbón vexetal para ese propósito levou algún tempo para se desenvolver.

Algúns afirman que a Idade de Bronce comeza no período calcolítico, porén a liga nesta época era pouco utilizada. A división do período aínda é polémica, por mor da diversidade cultural dos pobos das máis diversas rexións.

Para minimizar esta polémica foi dividiuse a Idade de Bronce en tres períodos: Idade (Período) de bronce antigo, (Período) Idade de bronce media e Idade (Período) de bronce recente.

Idade de bronce antigo

Na idade ou período de bronce antigo as culturas da rexión do mar Exeo foron encontrados sitios que contiñan vasos e xoiaría de ouro, prata, bronce e estaño datadas torno de 2500 a.C. Na rexión de Creta e nas Cíclades, a época chamada de período de bronce antigo iníciase en 2700 a.C. e termina en 2100 a.C. Na rexión continental o período de bronce antigo iníciase en 2500 a.C. indo até 1900 a.C.

Idade de bronce medio

  • Este período de bronce medio iníciase cara o 2700 a.C. na rexión de Creta e en 2000 a.C. na rexión continental, indo até 1600 a.C. en ambas. Nesta época a metalurxia tivo predominancia de vasos, pezas de arte e utensilios. As armas presentaban grandes dimensións.

Idade de bronce recente

  • A época do bronce recente iniciouse cara o 1600 a.C., estendéndose até 1200 a.C., nos sitios foron encontradas armas de formas e tamaños diversos, alén de obxectos de arte e utensilios.

Outra aliaxe metálica importante surxida no período entre 1600 e 600 a.C. é unha mestura de cobre e cinc, chamada latón. Esta foi utilizada máis recentemente polos romanos na cuñaxe de moedas. Puído, e dependendo de súa composición, o latón ten coloración practicamente idéntica a certas ligas de ouro-prata, diferindo apenas na súa masa.

Ferro

Hématite Rose de Fer
Hematita

Como a maioría dos metais, o ferro non é encontrado na codia terrestre no seu estado elementar, e si combinado con osíxeno ou con xofre. Os seus minerios máis comúns son a hematita (Fe2O3) e a pirita (FeS2). O ferro funde á temperatura de 1 370 °C e, en estado puro, é un metal relativamente brando.

Encontra maior utilidade en ferramentas na forma de aceiro, unha liga de ferro con carbono variando entre 0,02 e 1,7%. Cando se funde en presenza de carbono, o ferro disolve, ao contrario do cobre, considerábeis cantidades de carbono, ás veces chegando ao 6%. Tal cantidade de carbono no ferro tórnao quebradizo, e tales ligas non poden ser chamadas de aceiro.

A extracción de ferro dos seus minerios ocorre coa ligazón das impurezas (osíxeno ou xofre) co carbono. Como a propia taxa de oxidación aumenta rapidamente alén dos 800 °C, é importante que a fundición ocorra nun ambiente con pouco osíxeno.

Pyrite elbe
Un aglomerado de cristais de pirita, 12 cm

O artefacto de ferro máis antigo do mundo é un instrumento de catro lados datado de aproximadamente 5000 a.C. Foi encontrado nunha sepultura de Samarra, norte do Iraq. Apenas outros trece obxectos de ferro son máis antigos que 3000 a.C., todos encontrados en tres sitios do Oriente Medio: tres esferas pequenas foron encontradas no nivel de habitacións en Tepe Sialk, norte do Irán, datado de 4600-4100 a.C., nove contas foron encontradas nas sepulturas do Gerceh (cemiterio do período predinástico), Exipto, datado de 3500-3100 a.C. e un anel aproximadamente desta mesma idade foi encontrado nunha sepultura de Armant, tamén no Exipto.

A produción deste ferro podería, entre tanto, terse iniciado antes destas datas, unha vez que a mala conservación das pezas de ferro supón que outras máis antigas, que poderían ter existido, non terían chegado ao noso tempo. Co tempo, o ferro transfórmase en ferruxe e acaba desfaceéndose en po.

Entre 3000 a.C. e 2000 a.C. un crecente número de obxectos de ferro forxado (distinto do ferro meteórico pola falta de níquel) xorde na Asia Menor, Exipto e Mesopotamia.

Na Asia Menor, ocasionalmente usábase ferro forxado para armas ornamentais: un puñal con lámina de ferro e cabo de bronce foi recuperado dun túmulo hático de 2500 a.C. O rei exipcio Tutankhamon, que morreu en 1323 a.C., foi enterrado cun puñal de ferro con cabo de ouro. En Ugarit, antiga cidade na actual Siria, recuperouse unha antiga espada exipcia co nome do faraón Merneptah (que reinou de 1213 a.C. a 1203 a.C.), así como un machado de batalla con lámina de ferro e cabo de bronce decorado de ouro. Sábese que os antigos hititas trocaran ferro por prata (o ferro valía 40 veces máis que a prata) coa Asiria.

Mais o ferro non substituíu o bronce como principal metal usado para armas e ferramentas, a pesar dalgunhas tentativas. A metalurxia do ferro exixía máis combustíbel e traballo que a metalurxia do bronce, e a calidade do ferro producido polos primeiros ferreiros pode ter sido inferior á do bronce como material para ferramentas. Porén, entre 1200 e 1000 a.C., ferramentas e armas de ferro substituíran as de bronce en todo Oriente Medio. Este proceso parece ter comezado no Imperio Hitita en torno de 1300 a.C., ou talvez no Chipre e sur da Grecia, onde artefactos de ferro dominan o rexistro arqueolóxico após 1050 a.C. Por volta de 900 a.C., a Mesopotamia estaba totalmente na Idade de Ferro, e a Europa Central por volta de 800 a.C. A razón para esta adopción repentina do ferro segue sendo un tópico do debate entre arqueólogos. Unha teoría preeminente é que as guerras e as macizas migracións que se iniciaran ao redor 1200 a.C. terían interrompido o comercio rexional de estaño, forzando a mudanza do bronce para o ferro. O Exipto, entre tanto, non experimentou unha transición tan rápida do bronce ao ferro: aínda que os metalúrxicos exipcios producisen artefactos de ferro, o bronce continuou difundido até após a súa conquista pola Asiria, en 663 a.C.

Aceiro

O termo aceiro serve comunmente para denominar, en enxeñaría metalúrxica, a unha mestura de ferro cunha cantidade de carbono variable entre o 0,008 % e o 2,11 % en masa da súa composición, dependendo do grao. Se a aliaxe posúe unha concentración de carbono maior do 1,8 %, prodúcense fundicións que, en oposición ao aceiro, son moito máis fráxiles e non é posible forxalas, senón que teñen que ser moldeadas.

Non se debe confundir o aceiro co ferro, que é un metal duro e relativamente dúctil, con diámetro atómico (dA) de 2,48 Å, con temperatura de fusión de 1535 °C e punto de ebulición 2740 °C. Pola súa banda, o carbono é un non metal de diámetro menor (dA = 1,54 Å), brando e fráxil na maioría das súas formas alotrópicas (excepto na forma de diamante). A difusión deste elemento na estrutura cristalina do anterior lógrase grazas á diferenza en diámetros atómicos, formándose un composto intersticial.

A diferenza principal entre o ferro e o aceiro áchase na porcentaxe do carbono: o aceiro é ferro cunha porcentaxe de carbono de entre o 0,03 % e o 1,075 %; a partir desta porcentaxe considéranse outras aliaxes con ferro.

Cabe destacar que o aceiro posúe diferentes constituíntes segundo a súa temperatura, concretamente, de maior a menor dureza, perlita, cementita e ferrita; ademais da austenita (para maior información consultar o artigo Diagrama ferro-carbono).

O aceiro conserva as características metálicas do ferro en estado puro, pero a adición de carbono e doutros elementos tanto metálicos como non metálicos mellora as súas propiedades físico-químicas.

Existen moitos tipos de aceiro en función do elemento ou os elementos aleantes que estean presentes. A definición en porcentaxe de carbono corresponde aos aceiros ó carbono, nos cales este non metal é o único aleante, ou hai outros pero en menores concentracións. Outras composicións específicas reciben denominacións particulares en función de múltiples variables por exemplo os elementos que predominan na súa composición (aceiros ó silicio), da súa susceptibilidade a certos tratamentos (aceiros de cementación), dalgunha característica potenciada (aceiros inoxidables) e mesmo en función do seu uso (aceiros estruturais). Usualmente estas aliaxes de ferro englóbanse baixo a denominación xenérica de aceiros especiais, razón pola que aquí se adoptou a definición dos comúns ou "ao carbono" que ademais de ser os primeiros fabricados e os máis empregados, serviron de base para os demais. Esta gran variedade de aceiros levou a Siemens a definir o aceiro como «un composto de ferro e outra substancia que incrementa a súa resistencia».O aceiro é o material mais importante da nosa civilización e del están feitas a maior parte das ferramentas e máquinas.

Aceiro inoxidábel

O aceiro inoxidábel é unha aliaxe de ferro e cromo que presenta propiedades físico-químicas superiores aos aceiros comúns, sendo a alta resistencia á oxidación atmosférica a súa principal característica.

Para que un aceiro sexa denominado inoxidábel ten que ter un contido de cromo na matriz metálica superior ao 11%. Isto non coincide exactamente co contido en peso no total da aliaxe, pois o cromo pode formar compostos co carbono ou con outros materiais da aliaxe ou estar segregado nos bordos dos graos. O cromo confire a estes materiais unha excelente resistencia á corrosión cando comparados cos aceiros carbono. A pesar do seu nome estas aliaxes son na realidade oxidábeis. Isto é, o cromo presente na liga oxídase en contacto co osíxeno do ar, formando unha película protectora, moi fina e estábel, de óxido de cromo —Cr2O3— que se forma na superficie exposta ao medio. Ë chamada de camada pasiva e ten a función de protexer a superficie do aceiro contra procesos corrosivos. Para isto, é necesario unha cantidade mínima de cromo de cerca de 12,5% en masa. Esta película é adherente e impermeábel, isolando o metal abaixo dela do medio agresivo. Así, débese ter coidado para non reducir localmente o teor de cromo dos aceiros inoxidábeis durante o procesamento. Este proceso é coñecido en metalurxia como pasivación. Por ser moi fina — cerca de 100 angstrons — a película ten pouca interacción coa luz e permite que o material continúe presentando o seu brillo característico.

Alquimia

A alquimia é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte. Practicouse no Antigo Exipto, na India, na China, na Grecia Antiga e no Imperio Romano, no Imperio Islámico, e despois en Europa ata o século XIX, nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2.500 anos.

Arame

Chámase arame a todo tipo de fío delgado que se obtén por estiramento dos diferentes metais de acordo coa propiedade de ductilidade que posúen os mesmos. Os principais metais para a produción de arame son: ferro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros. Porén, antigamente chamábase arame ó cobre e as súas aliaxes de bronce e latón. Caracterízase por ser un bo condutor da electricidade, ademais de ser un bo condutor da calor.

Calcaria

A calcaria (do latín calx, calcis , "cal") é unha rocha sedimentaria composta principalmente por carbonato cálcico (CaCO3), adoitando presentarse en forma de calcita, aínda que pode ser dolomita, aragonita. A súa natureza intrínseca xeralmente é heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio, así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area.

Casa de moeda

"Ceca" redirixe aquí. Para outros usos véxase: Ceca (homónimos).

Unha casa de moeda, coñecida tamén como ceca (do árabe: sikkah, "casa de moeda") ou obradoiro monetario, entre outros, é un establecemento fabril dedicado á fabricación de moeda, habitualmente polo método da cuñaxe, ben dun xeito artesanal ou ben de maneira Industrial, en función da época.

Cromo

O cromo é un elemento químico de número atómico 24 que se atopa no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cr. É un metal que se emprega especialmente en metalurxia.

Cuñaxe

No ámbito numismático, a cuñaxe é o proceso de fabricación de moedas mediante estampaxe de metais utilizando cuños, que poden ser utilizados á man ou mediante maquinaria. Oponse, xa que logo, á obtención de moeda en moldes con fundición do metal, característica das emisións dos primeiros séculos.Un cuño monetario é cada unha das dúas pezas metálicas utilizadas para a cuñaxe de moeda, unha para os motivos do anverso e outra para os do reverso, que aparecen impresos en negativo.Os cuños actuais, elaborados con aceiro endurecido, son capaces de cuñar centos de milleiros de pezas antes de seren retirados pola súa deformación.

Ferro fundido

Chámase ferro fundido a unha aliaxe de Ferro e Carbono con contido deste superior ao 2%.

Este límite indica que esta aliaxe non se pode forxar e polo tanto non se considera un aceiro. O uso fundamental do ferro fundido é a produción de pezas de forma complexa e que non van ser sometidas a grandes esforzos (radiadores, cociñas, pezas ornamentais..).

Forxa

A forxa é un proceso de conformado de materias férreos por medio do uso combinado de calor e presión. Este procedemento provoca un aliñamento das impurezas do material mellorando as súas propiedades na dirección perpendicular ao esforzo. Tradicionalmente a peza de ferro ou aceiro previamente aquecida na fragua era sostida polo ferreiro coas pinzas e golpeada cun martelo contra a bigornia. Isto hoxe só se fai en produción artesanal: o máis normal é utilizar prensas hidráulicas. Os procesos de embutido e laminación tamén se basean neste principio.

Fíbula celta

As fíbulas celtas, tamén chamadas broches penanulares, son tipos de broches fixadores da roupa. Están especialmente asociados co comezo da Alta Idade Media en Irlanda e Britania, malia ter sido atopados noutros tempos e lugares, como por exemplo, formando parte do vestido feminino tradicional en áreas da moderna norte de África.

Eran útiles propios da Idade de Ferro e da era romana, e están especialmente asociadas cos broches ornamentados producidos en metal precioso para as elites de Irlanda e Escocia (anos 700-900). Son os obxectos máis importantes da metalurxia medieval de alta calidade, e forman parte da arte celta e da arte insular.

Idade de Bronce

A Idade de Bronce é un período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da mestura de cobre e estaño. O bronce foi inventado en oriente medio cara ao IV milenio a. C. substituíndo ao cobre, que dera lugar ao período Calcolítico, aínda que noutros lugares esta última idade foi descoñecida e o bronce substituíu directamente ao período Neolítico. Na África negra o Neolítico foi seguido da Idade de Ferro.

A data de adopción do bronce varía segundo as culturas:

Na Asia central o bronce chega ao redor do 2000 a.C. en Afganistán, Turkmenistán e Irán.

Na China adóptao a dinastía Shang (1766 a.C.- 1122 a.C.).

Idade de Ferro

A Idade de Ferro é a época final do sistema de tres idades, precedida polas Idades de Pedra (Neolítico) e de Bronce. É unha era arqueolóxica na Prehistoria e na Protohistoria de Europa e do Oriente Próximo, e por analoxía tamén é usado para noutras partes do Vello Mundo. O sistema de tres idades foi introducido na primeira metade do século XIX para arqueoloxía europea en particular, pero na segunda metade dese século estendeuse tamén á arqueoloxía de Oriente Próximo. Como suxire o seu nome, é o período en que se desenvolveu a produción de ferramentas e armas mediante a metalurxia do ferro. O ferro é superior ao bronce en relación á dureza e abundancia de xacementos.

A duración da Idade de Ferro varía dependendo da rexión en cuestión. Está definida pola convención arqueolóxica, e a mera presenza de ferro fundido ou ferro forxado non é abondo para representar unha cultura da Idade de Ferro; máis ben, o termo implica que a produción de aceiro ao carbono estaba tan perfeccionada que era posible a produción masiva de ferramentas e armas superiores ás equivalentes en bronce. No antigo Oriente Próximo, esta transición prodúcese no chamado colapso da Idade de Bronce, no século -XII. A tecnoloxía espallouse axiña pola rexión do Mediterráneo e o sur de Asia. Tamén o fixo de xeito máis serodio en Asia central, o leste e centro de Europa, e aínda máis tarde na rexión do norte de Europa, arredor do ano -500.

A Idade de Ferro remata, segundo as convecións, co comezo do rexistro historiográfico. Isto non adoita representar unha diferenza clara no rexistro arqueolóxico. No antigo Oriente Medio remata co estabelecemento do Imperio Aqueménida no -550, (considerado histórico en virtude do rexistro de Heródoto) en Europa central e occidental remata coa conquista romana no século -I. A Idade de Ferro Xermánica de Escandinavia remata arredor do ano 800, co comezo da Era viquinga.

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Lingote

Chámase lingote a unha peza de metal en bruto obtida depositando o metal líquido nun molde (lingoteira) para que ao arrefriar teña unha forma aproximadamente prismática. Non todos os materiais tratados en estado fundido se transforman en ligotes, nos sistemas de produción modernos (principalmente de aceiro e aluminio) utilízase o lingotamento continuo, onde se obtén un perfil continuo que despois se vai cortando en tarugos.

Santa Coloma de Cervelló

Santa Coloma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado na marxe dereita do río Llobregat, ao pé da montaña de Montpedrós, e esténdese ata os contrafortes orientais do macizo do Garraf.

O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Boi de Llobregat, Torrelles de Llobregat, Sant Vicenç dels Horts, Sant Feliu de Llobregat e Sant Joan Despí. Ten unha poboación de 8.082 habitantes (2017) agrupados en dúas entidades de poboación: Santa Coloma de Cervelló e la Colònia Güell.

Na parte chaira do concello, xunto ao río Llobregat, predominan os cultivos de regadío, mentres que na zona de montaña altérnanse bosques e cultivos de secaño. Non obstante, a súa economía baséase nunha variada industria con sectores como a metalurxia, a química e tamén a construción.

Siderurxia

A siderurxia é a técnica do tratamento do mineral de ferro para obter diferentes tipos deste ou das súas aliaxes. O proceso de transformación do mineral de ferro comeza na extracción nas minas. O ferro atópase na natureza en forma de óxidos, hidróxidos, carbonatos, silicatos e sulfuros. Os máis usados pola siderurxia son os óxidos, hidróxidos e carbonatos.

Óxidos -> Hematites (Fe2O3) e a magnetita (Fe3O4)

Hidróxidos -> Limonita

Carbonatos -> Siderita ou carbonato de ferro (FeCO3)

Os primeiros altos fornos privados xurdiron en Lugo.[Cómpre referencia] Concretamente en 1794 en Sargadelos.

Témpera (metalurxia)

A témpera é un arrefecemento brusco dunha peza. É utilizado na química de polímeros e na ciencia dos materiais para evitar procesos que se dan en temperaturas máis baixas, tales como transformacións de fase. Impedindo que o material permaneza moito tempo nas condicións de formación de estruturas non desexadas favorécese a formación das fases procuradas.

En metalurxia, é mais frecuentemente usado no endurecemento de aceiro ao introducir martensita, sometendo ó aceiro a un arrefecemento brusco e obrigándoo a pasar polo seu punto eutectoide, a temperatura onde a austenita se encontra inestábel.

Óxido de aluminio

A alúmina ou óxido de aluminio é unha substancia obtida da bauxita e utilizada principalmnete para a obtención de aluminio, aínda que polo seu carácter abrasivo úsase tamén para puír.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.