Metal de transición

Os metais de transición son un conxunto de elementos químicos situados na parte central do sistema periódico, que teñen como principal característica a inclusión na súa configuración electrónica de orbital d parcialmente cheos de electróns.

Esta definición pode ampliarse considerando como elementos de transición aqueles que na súa química usan electróns aloxados en orbital d (como os elementos de grupo 11, que nos seus estados de oxidación posúen orbitais d semiocupados). A IUPAC define un metal de transición como "un elemento cuxo átomo ten unha subcapa d incompleta ou que pode dar lugar a catións cunha subcapa d incompleta".

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Ferro

O ferro (do latín ferrum) é un elemento químico, símbolo Fe, de número atómico 26 (26 protóns e 26 electróns ) e masa atómica 56 u. A temperatura ambiente, o ferro atópase en estado sólido.

É extraído da natureza baixo a forma de mineral de ferro que, despois de distintos procesos de transformación, é usado na forma de lingotes. Se se engade carbono dáse orixe a varias formas de aceiro.

Este metal de transición atópase no grupo 8B da Clasificación Periódica dos Elementos. É o cuarto elemento máis abundante da codia terrestre (aproximadamente 5%) e, entre os metais, soamente o aluminio é máis abundante. Tamén é un dos elementos máis abundantes do Universo. O núcleo da Terra está formado principalmente por ferro e níquel (NiFe), xerando un campo magnético.O ferro foi historicamente importante, e un período da historia recibiu o nome de Idade de Ferro.

Actualmente é utilizado para a fabricación de ferramentas, máquinas, vehículos de transporte (automóbeis, navios etc.), como elemento estrutural de pontes, edificios, e infinidade doutras aplicacións.

Hafnio

O hafnio é un elemento químico de número atómico 72 que se atopa no grupo 4 da táboa periódica dos elementos e simbolízase como Hf.

É un metal de transición, brillante, gris-prateado, quimicamente moi parecido ao circonio, atopándose nos mesmos minerais e compostos, e sendo difícil separalos. Úsase en aliaxes con volframio en filamentos e en eléctrodos. Tamén se utiliza como material de barras de control de reactores nucleares debido á súa capacidade de absorción de neutróns.

Iridio

O iridio é un elemento químico de número atómico 77 que se sitúa no grupo 9 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ir. Foi descuberto en 1803 polo químico Smithson Tennant. Trátase dun metal de transición, duro, fráxil, pesado, de cor branco prateada. Emprégase en aliaxes de alta resistencia que poden soportar altas temperaturas. É un elemento pouco abundante e atópase na natureza en aliaxes con platino e osmio. É o elemento máis resistente á corrosión. Emprégase en contactos eléctricos, aparatos que traballan a altas temperaturas, e como axente endurecedor do platino.

Manganeso

O manganeso é un elemento químico de número atómico 25 e símbolo Mn. Está situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos e pertence ó grupo dos metais de transición.

Níquel

O níquel é un elemento químico de número atómico 28 e símbolo Ni situado no grupo 10 da táboa periódica dos elementos.

Osmio

O osmio é un elemento químico de número atómico 76 que se atopa no grupo 8 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Os.

Trátase dun metal de transición branco agrisado, fráxil e duro. Clasifícase dentro do grupo do platino, e emprégase nalgúns aliaxes con platino e iridio. Atópase aliado en minas de platino e o seu tetraóxido, OsO4.

Emprégase tamén en síntese orgánica (como oxidante) e no proceso de coloración de tecidos (para a súa fixación), para a súa observación mediante microscopia electrónica, e noutras técnicas biomédicas. As aliaxes de osmio empréganse en contactos eléctricos, puntas de bolígrafos e outras aplicacións nas que é necesaria unha gran dureza e durabilidade.

Ouro

O ouro é un elemento químico de número atómico 79 situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e á auga rexia. O metal atópase normalmente en estado puro e en forma de pebidas e depósitos aluviais e é un dos metais tradicionalmente empregados para cuñar moedas. O ouro utilízase na ourivaría, a industria e a electrónica.

Paladio

O paladio é un elemento químico de número atómico 46 situado no grupo 10 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Pd. É un metal de transición do grupo do platino, brando, dúctil, maleable e pouco abundante. Parécese quimicamente ao platino e extráese dalgunhas minas de cobre e níquel. Emprégase principalmente como catalizador e en xoiería.

Platino

O platino é un elemento químico de número atómico 78 situado no grupo 10 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Pt. Trátase dun metal de transición branco agrisado, precioso, pesado, maleable e dúctil. É resistente á corrosión e atópase en distintos minerais, frecuentemente xunto con níquel e cobre; tamén pode atoparse como metal. Emprégase en xoiería, equipamento de laboratorio, contactos eléctricos, empastes e catalizadores de automóbiles.

Prata

A prata é un elemento químico de número atómico 47 situado no grupo 11 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ag. É un metal de transición branco e brillante, e posúe unha alta ductilidade e maleabilidade.

Presenta as maiores condutividades térmica e eléctrica de tódolos metais, e atópase formando parte de distintos minerais (xeralmente en forma de sulfuro) ou como prata libre.

Renio

O renio é un elemento químico de número atómico 75 situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos que ten como símbolo Re.

É un metal de transición branco prateado, pesado, que se atopa raramente na natureza. O renio obtense como subproduto do tratamento de minerais de molibdeno. Foi o último elemento que se atopou na natureza. Emprégase principalmente formando parte en catalizadores.

Rodio

O rodio é un elemento químico de número atómico 45 situado no grupo 9 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Rh. É un metal de transición pouco abundante. Atópase normalmente en minas de platino e emprégase como catalizador nalgúnhas aliaxes de platino.

Rutenio

O rutenio é un elemento químico de número atómico 44 situado no grupo 8 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ru. É un metal de transición, pouco abundante, do grupo do platino. Atópase normalmente en minas de platino e emprégase como catalizador nalgunhas aliaxes de platino. Descubriuno en 1844 Karl Ernst Claus, un alemán do Báltico e deulle o nome derivándoo de Rutenia, unha forma latina de Rusia.

Rutherfordio

O rutherfordio (anteriormente chamado kurchatovio e unnilquadio) é un elemento químico da táboa periódica dos elementos de símbolo Rf e número atómico 104. O seu nome foi elixido en honra do barón Ernest Rutherford, científico colaborador do modelo atómico e física nuclear.

Seaborgio

O seaborgio (anteriormente chamado unnilhexio) é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Sg e número atómico 106. O seu nome homenaxea o químico Seaborg.

Tecnecio

Este é un artigo sobre química. Para a técnica de imaxe ver Tomografía computarizada (TC).O tecnecio é un elemento químico de número atómico 43 situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos. Simbolízase como Tc.

Trátase dun metal de transición, gris prateado, radioactivo, que só se atopou en moi pequenas cantidades na natureza (nun principio pensouse que non existía na natureza) e que se obtén de forma sintética. A súa principal aplicación é en medicina, para técnicas de diagnóstico.

Terbio

O terbio é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Tb, sólido metálico de cor branca e brillo prateado. O seu número atómico é 65, cunha masa atómica de 158,9.

Ten unha densidade de 8,3 g/cm³, cun punto de fusión de 1.360 °C e un punto de ebulición de 3.041 °C. É un metal de transición interna da familia dos lantánidos. Este elemento químico foi descuberto por Carl Gustaf Mosander en 1843 e illado por Georges Urbain en 1905. Atópase habitualmente coma óxido nas terras raras. Forma sales trivalentes de cor branco con solucións incoloras.

Tántalo

O tántalo é un elemento químico de número atómico 73 que se sitúa no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ta. Trátase dun metal de transición raro, azul agrisado, duro, presenta brillo metálico e resiste moi ben a corrosión. Atópase no mineral tantalita. É fisioloxicamente inerte, polo que, entre as súas variadas aplicacións, pódese empregar para a fabricación de instrumentos cirúrxicos e en implantes.

Vanadio

O vanadio é un elemento químico de número atómico 23 situado no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é V. É un metal dúctil, brando e pouco abundante. Atópase en distintos minerais e emprégase principalmente nalgunhas aliaxes. O nome procede da deusa da beleza Vanadis na mitoloxía escandinava.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.