Mesolítico

O Mesolítico (pedra intermedia) é un período da prehistoria situado entre o Paleolítico e o Neolítico, e presente (ou polo menos, con duración razoábel) apenas nalgunhas rexións do mundo onde non houbo transición directa entre os dous períodos citados. As rexións que sufriran maiores efectos das glaciacións tiveren Mesolíticos máis evidentes.

Iniciouse co fin do Plistoceno, a preto de 10 mil anos atrás, e rematou coa introdución da agricultura, en épocas que varían de acordo coa rexión.

Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade de Ferro
  Bronce final  
  Bronce medio
  Bronce antigo
Idade de Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico superior  
    Paleolítico medio
    Paleolítico inferior
  Paleolítico
Idade de Pedra

Culturas mesolíticas

Culturas mesolíticas son as que xorden na transición entre as que aínda representan unha economía de produción. Un fenómeno que aparece con carácter xeral nas culturas mesolíticas é a tendencia para as formas microlíticas e xeométricas na industria lítica e a desaparición gradual da industria ósea. Estas culturas non xorden en todo o lado ao mesmo tempo nin teñen idéntica duración. Na Europa continental e nórdica o desenvolvemento das culturas mesolíticas procede da degradación gradual da cultura magdalenense do Paleolítico final, á medida que as novas condicións climáticas orixinaban unha diminución e transformación da fauna ao ritmo da diminución progresiva do glaciar escandinavo. As culturas mesolíticas do norte da Europa son en grande parte tributarias da anterior tradición magdalenense.

Enterro de Theviec - Museo de Toulouse

En Francia, o proceso de degradación do Paleolítico dá lugar á aparición da cultura acilense na zona pirenaica, con extensión pola zona cantábrica da Península Ibérica, cultura de transición sen grandes novidades e que continúa as antigas técnicas paleolíticas. Porén, en Francia pódense atopar vestixios da cultura tardenoisense (nome derivado de Tardenois, onde se sitúa o xacido de Fère), característica dos terreos baixos e zonas de dunas. No Mesolítico grande importancia adquiren os concheiros portugueses das marxes do Texo, onde está asente unha poboación que vai evolucionando lentamente e na cal aparecen xa moitos elementos raciais mistos. Os principais xacidos son Cabezo da Amoreira, Cova da Onza e Fonte do Padre Pedro. A este ciclo cultural pertencen tamén as oficinas de traballo manual de sílex, ao ar libre, que existen na rexión tarraconense.

Galería de imaxes

Sépulture de Teviec Global
Sépulture de Teviec (5)
Sépulture de Teviec (2)
Téviec Crane Profil Droit II
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Apicultura

A apicultura é unha actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas. En Europa a abella máis empregada é a do xénero Apis, normalmente Apis mellifera, con diferentes subespecies ou variantes rexionais. A cría e explotación de melipónidos (abellas sen aguillón produtoras de mel) que se da nas rexións tropicais e subtropicais denomínase meliponicultura.

Caza-recolección

Coñécese como caza-recolección o sistema económico do paleolítico e mesolítico, practicado aínda por algúns pobos. A caza-recolección foi a primeira adaptación da humanidade que levou a cabo con éxito, ocupando polo menos o 90% da historia da humanidade.Soamente algunhas sociedades contemporáneas foron clasificadas como sociedades cazadoras-recolectoras, e complementan a súa actividade coa horticultura e o coidado dos animais.

Covas de Valdavara

As covas de Valdavara (Vadevara 1, Valdevara 2 e Valdavara 3) son simas situadas no concello de Becerreá, que se achan no carso da marxe dereita do río Cruzul, un dos afluentes pola esquerda do río Navia, entre os 120 e os 220 m sobre a corrente do río. Forman parte dun sistema de covas en formacións de pedra calcaria denominada Calcarias de Vegadeo, do cámbrico inferior-medio.

Devon

Devon (Dewnens en córnico) é un condado situado na rexión do Suroeste de Inglaterra, que limita con Cornualles ao oeste e con Dorset e Somerset ao leste. O nome Devonshire utilizouse durante un tempo aínda que na actualidade caeu en desuso e utilízase só para algúns nomes oficiais como o de Duque de Devonshire. A súa capital é Exeter.

Epipaleolítico

Epipaleolítico, que quere dicir Por Encima do Paleolítico, é un vocábulo acuñado a principios do século XX para definir unha fase da Idade de Pedra que ata entón se denominou Mesolítico. Este novo termo intentaba remarcar a continuidade cultural que se demostrou que existía entre ambos os períodos, moi afastada da percepción de ruptura e decadencia que ata entón se tivo desta época.

Historia

Historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica). Pola contra, o propósito da ciencia histórica é a fixación fiel dos feitos e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexa posible son en si mesmos obxectos de debate.

En medicina utilízase o concepto de historia clínica para o rexistro de datos sanitarios significativos dun paciente, que se remontan ata o seu nacemento ou ata a súa herdanza xenética.

Á súa vez, chamamos historia ao pasado mesmo, e, ata, pode falarse dunha historia natural na que a humanidade non estaba presente (termo clásico xa en desuso, que se utilizaba para referirse non só á xeoloxía e a paleontoloxía senón tamén a moitas outras ciencias naturais -as fronteiras entre o campo ao que se refire este termo e o da prehistoria e a arqueoloxía son imprecisas, a través da paleoantropoloxía-, e que se pretende actualizar como "gran historia" ou "historia profunda").Ese uso do termo historia faino equivalente a cambio no tempo. Nese sentido contraponse ao concepto de filosofía, equivalente a esencia ou permanencia (o que permite falar dunha filosofía natural en textos clásicos e na actualidade, sobre todo en medios académicos anglosaxóns, como equivalente á física). Para calquera campo do coñecemento, pódese ter unha perspectiva histórica -o cambio- ou ben filosófica -a súa esencia-. De feito, pode facerse iso para a historia mesma (véxase tempo histórico) e para o tempo mesmo (véxase A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) de Stephen Hawking, libro de divulgación sobre cosmoloxía).

Historia do mundo

A historia universal, historia do mundo, historia mundial ou historia da humanidade é o conxunto de acontecementos e procesos que se desenvolveron arredor do ser humano, desde a súa aparición ata a actualidade.Unha característica para diferenciar o momento en que se inventa a escritura, porque esta fixo posible difundir e preservar o coñecemento adquirido. Nalgúns casos, a escritura, á súa vez, converteuse nunha necesidade fundamental desde a aparición da agricultura.Esta historia está marcada tanto por unha sucesión gradual de migracións, intercambios culturais, descubrimentos e inventos, como por desenvolvementos moi acelerados ligados a cambios de paradigma e a períodos revolucionarios.

Holoceno

O Holoceno (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro" e καινός kainós, "novo", "recente", isto é, "a era totalmente recente"), é unha época da escala temporal xeolóxica, a última e actual época xeolóxica do período cuaternario. Comprende os últimos 11 784 anos da historia do noso planeta, desde a fin da última glaciación (a glaciación de Würm).

É un período interglaciar no que a temperatura se fixo máis suave e a capa de xeo fundiu, o que provocou un ascenso do nivel do mar, que fixo que, por exemplo, Indonesia, Xapón e Taiwán se separasen de Asia; Gran Bretaña, da Europa continental e Nova Guinea e Tasmania, de Australia. Ademais, produciu a formación do estreito de Bering.

Dentro do cadro da escala dos tempos xeolóxicos sitúase no período cuaternario da era cenozoica, do eón fanerozoico, sucedendo a época do plistoceno. O límite con esta época (o plistoceno) definiuse sobre a base da desintegración do 14C (un isótopo radioactivo do carbono) e coincide aproximadamente co final da última glaciación. Por convención, o límite púxose 10 000 anos antes do 1950 (a súa duración, expresada en millóns de anos, é de 0,01143 ± 0,00013 Ma.

A única especie humana que viviu nesta época foi o Homo sapiens, que durante estes últimos milenios desenvolveu a agricultura e a civilización, ocasionando importantes cambios nos ecosistemas.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Neolítico

O Neolítico, Nova Idade de Pedra, (do grego néos "novo" e lithos "pedra"), por contraposición a Paleolítico ou Vella Idade de Pedra, é un dos períodos en que se considera dividida a Prehistoria. Inicialmente déuselle este nome en razón dos achados de ferramentas de pedra puída que parecían acompañar ó desenvolvemento e expansión da agricultura. Hoxe en día defínese o neolítico precisamente en razón do coñecemento e uso da agricultura ou da gandaría. Normalmente, pero non necesariamente, vai acompañado polo traballo da olería.

Orcadas

As Illas Orcadas (gaélico escocés: Arcaibh, en inglés e escocés Orkney) son un arquipélago habitado do Mar do Norte, moi próximo á costa setentrional de Escocia, a tan só 16 quilómetros, e que na actualidade constitúen unha área municipal de seu. atópase ao norte da costa de Caithness e comprende aproximadamente 70 illas, das cales 20 están habitadas. A illa máis grande Mainland refírese a miúdo como "o continente". Ten unha superficie de 523 km², polo que é a sexta maior illa escocesa e a décima illa máis grande as Illas británicas. O asentamiento máis grande e o centro administrativo é Kirkwall.Unha forma do nome data da época pre-romana, as illas habitáronse desde fai polo menos 8500 anos, orixinalmente ocupadas por tribos do Mesolítico e neolítico e logo polos pictos. Orkney foi invadido e anexada a forza por Noruega en 875 e colonizada polos nórdicos. O Parlamento escocés re-anexionou o condado á Coroa escocesa en 1472, trala falta de pago dunha dote a James III tralo seu matrimonio con Margarita de Dinamarca Orkney contén algúns dos sitios neolíticos máis antigos e mellor conservados de Europa, e o "Corazón neolítico das Orcadas" é Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Orkney é unha das 32 áreas de consello de Escocia, unha circunscrición do Parlamento de Escocia, unha área municipal e un condado tradicional. O consello local é Orkney Islands Council, un dos tres Consellos en Escocia cunha maioría dos membros elixidos que son independentes. Os outros son Shetland e Comhairle nan Eilean Siar. Moray está dirixido por unha coalición conservadora / Independente.Ademais da illa grande, a maior parte das illas atópanse en dous grupos, as illas Norte e Sur, todas as cales teñen unha base xeolóxica subxacente de arenisca vermella antiga. O clima é tépedo e os chans son extremadamente fértiles, a maior parte da terra cultívase. A agricultura é o sector máis importante da economía. Os significativos recursos de enerxía eólica e mariña son cada vez máis importantes, e a illa xera máis da súa demanda total de electricidade anual utilizando enerxías renovables. Os residentes locais son coñecidos como orcadianos e teñen un distintivo dialecto orcadian do escocés e unha rica herdanza de folclore. Hai abundancia de fauna mariña e aviar.

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Paleolítico

O Paleolítico ("pedra antiga" do grego παλαιός "antigo" e λίθος "pedra") é un período prehistórico correspondente ao intervalo que se estende entre a primeira utilización de utensilios de pedra polo ser humano (preto de 2 millóns de anos atrás) ata o comezo do Neolítico (arredor do 10000 a.C.).

Este gran período histórico subdivídese en Paleolítico Inferior (ata hai 300 mil anos atrás) e Paleolítico Superior (ata 10 mil a.C.). (Na Europa e en lugares onde houbo glaciacións, entre o Paleolítico e o Neolítico intercálase o chamado Mesolítico). O Paleolítico coincide co final da época xeolóxica Plistoceno do período xeolóxico Neoxeno. Hai certa discordancia entre os estudosos en canto a esa división, intercalando algúns un Paleolítico Medio entre o Inferior e mais o Superior.

O termo Paleolítico empregouno pola primeira vez polo historiador John Lubbock. Antes do Paleolítico houbo un período prehistórico que algúns historiadores chaman de Eolítico.

Paleolítico medio

O Paleolítico medio é un período da prehistoria caracterizado polo predominio da cultura musteriense e da técnica Levallois, que consisten en obter unha ou varias lascas de forma predeterminada, a partir dunha preparación particular do núcleo lítico. Abrangue aproximadamente entre os anos 130000 e 33000 a.C.

Paleolítico superior

O Paleolítico superior é o período da Prehistoria caracterizado polo dominio do home moderno en Europa (Homo sapiens), con desenvolvemento de novas técnicas (láminas líticas, industria ósea) e a explosión da arte prehistórica. Cronoloxicamente o seu inicio sitúase arredor de 40.000 a.n.e. e o seu final sobre 9.000 a.n.e.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Protohistoria

A Protohistoria é un período da historia da humanidade posterior á prehistoria e anterior á historia propiamente dita.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.