Mesía

Mesía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.700 habitantes (1.342 homes e 1.358 mulleres) (2.918 no 2010, 3.102 no 2006, 3.174 no 2005, 3.216 no 2004, 3.240 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mesiense».

Coordenadas: 43°4′48.2″N 8°14′18.69″O / 43.080056, -8.2385250

Mesía
Escudo de Mesía
Mesía, Xanceda 01-04
Casa do concello.
Situacion Mesía
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación2.582 hab. (2018)
Área106,8 km²
Densidade24,18 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloO Campo das Mentiras
Política (2019[2])
AlcaldeMariano Iglesias Castro (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais en Mesía
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes89,08%
Na rede
www.concellodemesia.gal
correo@concellodemesia.es

Demografía

Censo total 2016 2.795 habitantes
Menores de 15 anos 223 (7.98 %)
Entre 15 e 64 anos 1.661 (59.43 %)
Maiores de 65 anos 911 (32.59 %)
Evolución da poboación de Mesía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.198 5.318 6.046 4.410 3.216 2.918 2.879 2795 2.700 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Mesia concello
Mapa do Concello de Mesía

Mesía limita cos concellos de Frades, Boimorto, Curtis, Vilasantar, Oza-Cesuras, Abegondo, Ordes e Carral. A súa capital é o lugar de Xanceda, situado a 42 km de Santiago de Compostela e a 46 da Coruña.

Ten unha altitude media de 400 m, sendo máis accidentada cara ao norte. Os seus cumios máis altos son Picoi (546 m), Montouto (542 m), a Cova (488 m), Rozamonde (462 m) e Teixoeiras (427 m). O curso fluvial máis importante é o río Tambre, que pasa pola parroquia de Castro. Afluentes deste son o Maruzo e mailo río Samo, que nace en Picoi, nos montes da Tieira, e percorre o concello polo norte facendo, en certos tramos, de límite co concello de Frades.

O concello está atravesado no suroeste pola estrada AC-524, que une o concello coa capital comarcal, e no centro pola AC-223 (As Travesas-Xanceda), que atravesa o concello e o une coa estrada das Travesas. A AP-9 cruza o municipio nun tramo pola parroquia de Visantoña.

Historia

En Mesía consérvanse restos de varios poboados castrexos[4]: Castiñeiras (Albixoi), A Roda (Fieiteira-Albixoi), Pereira (Pereira-Albixoi), A Roda (Xestosa-Albixoi), Monteiro (Campo-Bascoi), A Torre (Tamarín-Bascoi), O Castro (O Castro-Boado), Couto do Castro (Receá-Castro), Castrillón, Pousada e Rodas (Fontefría-Cumbraos), Castiñeiras (Castiñeiras-Mesía), A Pobra ou Castelo de Mesía (A Pobra-Mesía), Mesía (Mesía), Soutelo (Soutelo-Olas), Brea (A Brea-Visantoña), Visantoña (Ricos-Visantoña), Os Castriños e Xanceda.

Torque Xanceda I (29922683255)

Torque que data do ano 200-50 a.C. e que se atopou no Castro de Xanceda en 1974 durante as labores de labradío e que forma parte do chamado tesouro de Xanceda.[5]

Torque Xanceda II (29923134825)

Outro dos torques do tesouro de Xanceda, que se garda no Museo do Castelo de San Antón, na Coruña.[5]

As terras de Mesía eran lugar de paso na Idade Media entre Santiago de Compostela e as vilas do norte, como Betanzos, A Coruña e a zona da Mariña, o que deu pé á vía inglesa do Camiño de Santiago. Desta época é a torre de Mesía, fortaleza dos séculos XIII e XIV, na actualidade en ruínas.

No Antigo Réxime as parroquias dependían da xurisdición de Mesía, da provincia de Santiago de Compostela, que acollía en total 45 freguesías. A parroquia de Cabrui dependía do mosteiro de Sobrado dos Monxes, da provincia de Betanzos.

O 13 de febreiro de 1809, durante a guerra da Independencia Española, as tropas francesas arrasaron e queimaron a capela de Arxán, amais de fusilar trece veciños, que foron soterrados nunha foxa dentro da igrexa.

Coa chegada da división en concellos, Mesía contaba con once parroquias e dependía do partido xudicial de Poulo. En 1822 pasou a pertencer á provincia da Coruña. En 1835 pasou a formar parte do partido xudicial de Ordes. Entre abril e xuño de 1836 foille adscrita a parroquia de San Pedro de Ardemil.

A localización da capital sufriu modificacións. No 1860 estaba na Pobra, no 1900 na Vila, no 1910 en Xancedavella, e entre 1920 e 1981 de novo na Pobra. Se ben na actualidade o xulgado e a casa consistorial están en Xanceda, oficialmente a capital segue na Pobra, ao non estar tramitado o expediente de cambio.

O edificio consistorial foi inaugurado en 1955 no lugar de Campo das Mentiras, en Xanceda. É un edificio de planta cadrada e cuberta a catro augas. A escaleira de acceso ten dous andares, o primeiro con pórtico de dobre arco de medio punto á fronte e un arco de medio punto en cada lateral, e o segundo co balcón municipal, con varanda de ferro e decoración xeométrica. No alto do edificio hai un pequeno ático co escudo coroado, nun frontón triangular.

No escudo do concello, xa existente en 1838, aparece a torre do castelo de Mesía.

Patrimonio

Amais dos edificios relixiosos, existen diferentes construcións civís destacables. A torre fortaleza de Mesía está no lugar da Pobra (Bascoi). O pazo de Recelle foi construído no século XVII por Antonio Varela do Barreiro e Inés Fernández Marzoa. A Casa Grande de Xanceda é de estilo barroco, e orixinalmente tiña un torreón e unha pequena capela baixo a advocación á Virxe do Rosario. Pertenceu ao marquesado de San Martiño de Ombreiro. O pazo de Lago, do século XVIII, pertence aos Verea e Aguiar. É un edificio rectangular de cachotería cunha cheminea de grandes proporcións. A Casa do Coronel, na parroquia de Cabrui, acolle unha casa de turismo rural, e foi deseñada polo arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mesía.
Igrexa de Albixoi

Igrexa de Albixoi.

Hospital de Bruma 1

Albergue en Hospital de Bruma.

Igrexa de San Lourenzo de Bruma 3

Ermida de San Lourenzo de Bruma.

Igrexa de Cabrui

Igrexa de Cabrui.

Igrexa de Cumbraos - Mesía - Galiza

Retablo na igrexa de Cumbraos.

Igrexa de Mesía

Igrexa de Mesía.

Igrexa de Visantoña

Igrexa de Visantoña.

Lugares de Mesía

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mesía vexa: Lugares de Mesía.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Castros de Galicia/Galiza Mesía onosopatrimonio.blogspot.com.es
  5. 5,0 5,1 Ladra Fernández, Xosé Lois (2004). "Os torques do Castro de Xanceda (Xanceda, Mesía, A Coruña)" (PDF). Anuario brigantino: 91–116. ISSN 1130-7625.
A Uceira, Bascoi, Mesía

A Uceira é un lugar da parroquia de Bascoi no concello coruñés de Mesía na comarca de Ordes. Tiña 2 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE, que eran unha muller e un home.

Albixoi, Mesía

Santa Mariña de Albixoi é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 140 habitantes (72 mulleres e 78 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.

Augusto Assía

Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita o 1 de maio de 1904 e finado en Xanceda (Mesía) o 2 de febreiro de 2002, foi un escritor e xornalista galego.

Bascoi, Mesía

Santiago de Bascoi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 161 habitantes (79 mulleres e 82 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 219 habitantes.

Benigno Andrade García

Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz casada en segundas nupcias e que xa tiña un fillo. Foucellas tiña dous irmáns: Consuelo (falecida antes de 1952) e José Couceiro García (residente dende 1952 en Arxentina). Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española e arxentina. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous que foron criados por María Novo García, curmán de Foucellas: Benigno e Carmen que vivían en Ru, Vilasantar. Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa, en Oza-Cesuras nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas medía 1,67 metros de estatura, tiña o pelo negro, ollos castiñeiro, boca regular, barba pechada, cara alongada e nariz regular. Segundo descrición da Garda Civil.

Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia. Foi condeado en consello de guerra sumarísimo a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de Franco, Carmen Franco. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".

Boado, Mesía

Santiago de Boado é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 146 habitantes (68 homes e 78 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 215 habitantes.

Bruma, Mesía

San Lourenzo de Bruma é unha parroquia exclave do concello de Mesía, que linda con Ardemil (Ordes), Beira (Carral) e Vizoño, (Abegondo). A súa única aldea é o Hospital, que se lle chama así xa que nel se atopaba unha pousada e hospital de peregrinos. A Bruma chega o camiño inglés de Santiago, xusto cando as súas dúas variantes da Coruña e Ferrol e Neda se unen. O antigo hospital é agora un albergue do camiño. Bruma, segundo o padrón municipal de 2017, tiña 41 habitantes (19 homes e 22 mulleres) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 54 habitantes.

Cabrui, Mesía

San Martiño de Cabrui é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 195 habitantes (109 mulleres e 86 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 236 habitantes.

Castelo de Mesía

O castelo de Mesía, ou Torre-Fortaleza de Mesía é unha fortificación de finais do século XIII ou comezo do século XIV construída á beira do río Samo na Pobra, en Bascoi no concello de Mesía. Dende o século XV, durante o antigo réxime, exerceuse desde este castelo a xurisdición de Mesía para o bispo de Santiago de Compostela.

Castro, Mesía

San Sebastián de Castro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 107 habitantes (49 homes e 45 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Comarca de Ordes

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Cumbraos, Mesía

Santa María de Cumbraos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 228 habitantes (111 mulleres e 117 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 262 habitantes.

Igrexa

O termo igrexa, da voz grega ἐκκλησία (tr. ekklesia), a través do latín ecclesia, co significado de "asemblea", pode referirse a:

Igrexa, conxunto de fieis que segue algunha das doutrinas do cristianismo, organizadas de xeito xerárquico:

A Igrexa primitiva, dos primeiros tempos do cristianismo.

O concepto de verdadeira e única Igrexa, co que se identifican algunhas das igrexas cristiás máis importantes.

O concepto de Igrexa cristiá, sostido por algunhas denominacións cristiás como conxunto dos crentes cristiáns.

A Igrexa católica, apocopada como "A Igrexa", ao ser historicamente a confesión maioritaria en Galicia;

Igrexa, o templo relixioso.O topónimo galego Igrexa, especialmente con artigo A Igrexa, é o nome de lugar máis común de toda España, con 300 lugares con ese nome. Pode referirse a:

Igrexa, lugar da parroquia de Couto, no concello de Taboada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cos, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia das Oiras, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Agrón, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Biduído, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Covas, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ortoño, no concello de Ames;

A Igrexa, lugar da parroquia de Aranga, no concello de Aranga;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas, no concello de Aranga;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabeiras, no concello de Arbo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cequeliños, no concello de Arbo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Brandeso, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Branzá, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Burres, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Campo, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Dodro, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Maroxo, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia da Mella, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pantiñobre, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa María de Arzúa, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilantime, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Viñós, no concello de Arzúa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona;

A Igrexa, lugar da parroquia de Calvos, no concello de Bande;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabanas, no concello de Baña;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos, no concello de Barreiros;

A Igrexa, lugar da parroquia de Perdecanai, no concello de Barro;

A Igrexa, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Boimil, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cardeiro, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sendelle, no concello de Boimorto;

A Igrexa, lugar da parroquia de Abanqueiro, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bealo, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cespón, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cures, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Macenda, no concello de Boiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bastavales, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Boullón, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Brión, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Luaña, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ons, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Viceso, no concello de Brión;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cesullas, no concello de Cabana de Bergantiños;

A Igrexa, lugar da parroquia de Irís, no concello de Cabanas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Saiar, no concello de Caldas de Reis;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Clemente de Cesar, no concello de Caldas de Reis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Andeiro, no concello de Cambre;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cela, no concello de Cambre;

A Igrexa, lugar da parroquia da Franqueira, no concello da Cañiza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oroso, no concello da Cañiza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Parada das Achas, no concello da Cañiza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Caaveiro, no concello da Capela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabalar, no concello da Capela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ardaña, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Berdillo, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carballo, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Entrecruces, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goiáns, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oza, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota;

A Igrexa, lugar da parroquia da Azúmara, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Balmonte, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Duancos, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Duarría, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goberno, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mondriz, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ramil, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia de Triabá, no concello de Castro de Rei;

A Igrexa, lugar da parroquia da Ameixenda, no concello de Cee;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cerceda, no concello de Cerceda;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Cervo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santiago de Arriba, no concello de Chantada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Traba, no concello de Coristanco;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xaviña, no concello de Coristanco;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goá, no concello de Cospeito;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xermar, no concello de Cospeito;

A Igrexa, lugar da parroquia de Maceira, no concello de Covelo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cequeril, no concello de Cuntis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Cuntis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Dodro, no concello de Dodro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Laíño, no concello de Dodro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baloira, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Berres, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cereixo, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Liripio, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Orazo, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Paradela, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rubín, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Xiao de Vea, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Toedo, no concello da Estrada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Visuña, no concello de Folgoso do Courel;

A Igrexa, lugar da parroquia de Fornelos de Montes, no concello de Fornelos de Montes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Aiazo, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Añá, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Céltigos, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Gafoi, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ledoira, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Moar, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Papucín, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vitre, no concello de Frades;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chaín, no concello de Gondomar;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilaza, no concello de Gondomar;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pígara, no concello de Guitiriz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goiás, no concello de Lalín;

A Igrexa, lugar da parroquia de Gaxate, no concello de Lama;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xende, no concello de Lama;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Igrexa, lugar da parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón;

A Igrexa, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Covas, no concello de Meaño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lores, no concello de Meaño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Simes, no concello de Meaño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Meis, no concello de Meis;

A Igrexa, lugar da parroquia de Albixoi, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Boado, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabrui, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castro, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cumbraos, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mesía, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Olas, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Visantoña, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xanceda, no concello de Mesía;

A Igrexa, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Mondariz;

A Igrexa, lugar da parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilachá, no concello de Monfero;

A Igrexa, lugar da parroquia das Nocedas, no concello de Monforte de Lemos;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Moraña;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Xusta de Moraña, no concello de Moraña;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tameiga, no concello de Mos;

A Igrexa, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Mugardos;

A Igrexa, lugar da parroquia de Irixoa, no concello de Muras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Silán, no concello de Muras;

A Igrexa, lugar da parroquia do Viveiró, no concello de Muras;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Xiao de Narón, no concello de Narón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Trasancos, no concello de Narón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Liñares, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rubiós, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Setados, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tortoreos, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vide, no concello das Neves;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia de Nigrán, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia de Parada, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia da Ramallosa, no concello de Nigrán;

A Igrexa, lugar da parroquia de Argalo, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia do Obre, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Roo, no concello de Noia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mougás, no concello de Oia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Beán, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lesta, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Mercurín, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Cruz de Montaos, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilamaior, no concello de Ordes;

A Igrexa, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Calvente, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Deixebre, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia da Gándara, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oroso, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pasarelos, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Senra, no concello de Oroso;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia dos Freires, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Loiba, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Luía, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Salvador de Couzadoiro, no concello de Ortigueira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ambosores, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bravos, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Merille, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Miñotos, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ourol, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol;

A Igrexa, lugar da parroquia de Borrifáns, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carres, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cutián, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Dordaño, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Filgueira de Traba, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Paderne, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Salto, no concello de Oza-Cesuras;

A Igrexa, lugar da parroquia de Adragonte, no concello de Paderne;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carcacía, no concello de Padrón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Herbón, no concello de Padrón;

A Igrexa, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Pantón;

A Igrexa, lugar da parroquia da Aguarda, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bretoña, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Fomiñá, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Reigosa, no concello da Pastoriza;

A Igrexa, lugar da parroquia de Amoedo, no concello de Pazos de Borbén;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arca, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castrofeito, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Gonzar, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lardeiros, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pastor, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pereira, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia do Pino, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Mamede de Ferreiros, no concello de Pino;

A Igrexa, lugar da parroquia de Raxó, no concello de Poio;

A Igrexa, lugar da parroquia de Samieira, no concello de Poio;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Ponteareas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cristiñade, no concello de Ponteareas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Guillade, no concello de Ponteareas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Pontedeume;

A Igrexa, lugar da parroquia de Trado, no concello de Pontedeva;

A Igrexa, lugar da parroquia do Deveso, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia do Freixo, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goente, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Somede, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilavella, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bora, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa María de Xeve, no concello de Pontevedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pontellas, no concello do Porriño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Briallos, no concello de Portas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Goiáns, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Nebra, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no concello de Porto do Son;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabeiro, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chapela, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Negros, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Trasmañó, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilar de Infesta, no concello de Redondela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cedofeita, no concello de Ribadeo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sisán, no concello de Ribadumia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Barrantes, no concello de Ribadumia;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira;

A Igrexa, lugar da parroquia de Aldurfe, no concello de Riotorto;

A Igrexa, lugar da parroquia das Eiras, no concello do Rosal;

A Igrexa, lugar da parroquia de Entenza, no concello de Salceda de Caselas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Soutelo, no concello de Salceda de Caselas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Alxén, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arantei, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Meder, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Porto, no concello de Salvaterra de Miño;

A Igrexa, lugar da parroquia da Barciela, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Busto, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cesar, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia da Enfesta, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Laraño, no concello de Santiago de Compostela;

A Igrexa, lugar da parroquia de Adina, no concello de Sanxenxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Nantes, no concello de Sanxenxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Noalla, no concello de Sanxenxo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilasante, no concello de Saviñao;

A Igrexa, lugar da parroquia de Carelle, no concello de Sobrado;

A Igrexa, lugar da parroquia da Ciadella, no concello de Sobrado;

A Igrexa, lugar da parroquia de Recemel, no concello das Somozas;

A Igrexa, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bamonde, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cacheiras, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Luou, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Reis, no concello de Teo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Estás, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Figueiró, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Pinzás, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tebra, no concello de Tomiño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santa Eufemia do Monte, no concello de Toques;

A Igrexa, lugar da parroquia de Beseño, no concello de Touro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada;

A Igrexa, lugar da parroquia da Valboa, no concello de Trabada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilaformán, no concello de Trabada;

A Igrexa, lugar da parroquia de Berreo, no concello de Trazo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Campo, no concello de Trazo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Morlán, no concello de Trazo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Baldráns, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Guillarei, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Paramos, no concello de Tui;

A Igrexa, lugar da parroquia de Arabexo, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Niveiro, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Val do Dubra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Moucide, no concello do Valadouro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Loira, no concello de Valdoviño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño;

A Igrexa, lugar da parroquia de Illobre, no concello de Vedra;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabanas, no concello do Vicedo;

A Igrexa, lugar da parroquia do Vicedo, no concello do Vicedo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Alcabre, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cabral, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Candeán, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Castrelos, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Coruxo, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Navia, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Oia, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santo André de Comesaña, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Teis, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Valadares, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Zamáns, no concello de Vigo;

A Igrexa, lugar da parroquia de Bascuas, no concello de Vila de Cruces;

A Igrexa, lugar da parroquia de Cornazo, no concello de Vilagarcía de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia do Alba, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Distriz, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Gondaísque, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Noche, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Soexo, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Tardade, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia do Xoibán, no concello do Vilalba;

A Igrexa, lugar da parroquia de András, no concello de Vilanova de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa;

A Igrexa, lugar da parroquia de Chavín, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Landrove, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Magazos, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro;

A Igrexa, lugar da parroquia de Miraz, no concello de Xermade;

A Casa da Bouza - A Igrexa, lugar da parroquia do Freixo, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Igrexa de San Vicente, lugar da parroquia de San Vicente de Vigo, no concello de Carral;

A Igrexa Pequena, lugar da parroquia de Lanzós, no concello de Vilalba;

A Igrexa Vella, lugar da parroquia de Petán, no concello da Cañiza.

Lanzá, Mesía

San Mamede de Lanzá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 142 habitantes (69 homes e 73 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 221 habitantes.

Manuel Pena Camino

Manuel Pena Camino, coñecido como Flores, nado en Castro (Mesía) en 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Mesía, Mesía

San Cristovo de Mesía é unha parroquia do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 409 habitantes (225 homes e 184 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 531 habitantes.

Olas, Mesía

San Lourenzo de Olas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 282 habitantes (144 mulleres e 138 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.

Visantoña, Mesía

San Martiño de Visantoña é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 533 habitantes (263 mulleres e 270 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 649 habitantes.

Xanceda, Mesía

San Salvador de Xanceda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 329 habitantes (157 homes e 172 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha constante diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 389 habitantes, e ao ano 1999, con 407 habitantes.

A capital municipal localízase no lugar do Campo das Mentiras.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.