Mercosur

Mercosul ou Mercosur (en portugués: Mercado Comum do Sul; en español: Mercado Común del Sur; en guaraní: Ñemby Ñemuha; en galego: Mercado Común do Sur) é o programa de integración económica de cinco países da América do Sur: Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai e Venezuela.

MERCOSUR+Candidate countries (orthographic projection)
Mercosur
Flag of Mercosur
Mercosul-04-jul-2005.jpeg
Mercosur 2005
Mercosul-Bandeira
Cerimonia de hasteamento da bandeira do Mercosur, no Palacio do Itamaraty (Brasilia). Marcello Casal Xr/ABr.

Historia e características

As discusións para a constitución dun mercado económico rexional para a América Latina remontan ao tratado que estableceu a Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC) desde a década de 1960. Ese organismo foi sucedido pola Asociación Latinoamericana de Integración (ALADI) na década de 1980. Nesa época, a Arxentina e o Brasil fixeran progresos na materia, asinando a Declaración de Iguazú (1985), que establecía unha comisión bilateral, á cal seguiu unha serie de acordos comerciais no ano seguinte. O Tratado de Integración, Cooperación e Desenvolvemento asinado entre ambos os países en 1988 fixou como meta o establecemento dun mercado común, ao cal outros países latinoamericanos poderían se unir.

Coa adhesión do Paraguai e do Uruguai, os catro países tornáronse signatarios do Tratado de Asunción (1991) que establecía o Mercado Común do Sur, unha alianza comercial tendente a dinamizar a economía rexional, facendo circular entre si mercadorías, persoas, forza de traballo e capitais.

Inicialmente estableceuse unha zona de libre comercio, onde os países signatarios non tributarían ou restrinxirían as importacións recíprocas. A partir do 1 de xaneiro de 1995, esta zona de libre comercio converteuse nunha unión aduaneira, na cal todos os signatarios poderían cobrar as mesmas cotas nas importacións dos demais países (Tarifa Externa Común). No ano seguinte, Bolivia e Chile adquiriron o status de membros asociados. Chile atópase en proceso de adquisición do status de membro pleno despois de resolver algúns problemas territoriais coa Arxentina. Outras nacións latinoamericanas, como Venezuela, manifestaron interese en entrar no grupo, o que aínda non se concretou.

As institucións integrantes do Mercosur, definidas polo Tratado de Asunción, foron revistas polo Protocolo de Ouro Preto, en 1994. Por el, cada país membro ten un voto e as decisións necesitan ser unánimes. Tres son as instancias decisorias: un Consello (con funcións políticas), un Grupo (con funcións executivas) e unha Comisión Técnica.

Moitos suramericanos ven o Mercosur como unha arma útil contra a influencia dos Estados Unidos na rexión, tanto na forma da Área de Libre Comercio das Américas como na de tratados bilaterais. Mais o Mercosur foi significativamente enfraquecido polo colapso da economía arxentina en 2002. Algúns críticos consideran que a negativa de axuda do goberno Bush á Arxentina estivo baseada no seu desexo de acabar co Mercosur, xa que, teoricamente, os EUA ven a iniciativa deste mercado como un problema para a súa estratexia político-económica para a América Latina. Porén, é máis probábel que os Estados Unidos non axudasen a Arxentina, pois o país latinoamericano non tiña confiabilidade nos mercados internacionais, dando calotes regularmente.

A partir de xullo de 2004 tivo lugar unha nova rolda de negociacións, na que se discutiron, entre outros asuntos, a entrada de México no grupo. Como resultado, o 8 de decembro de 2004 os países membros asinaron a Declaración de Cuzco, que lanzou as bases da Comunidade Suramericana de Nacións, entidade que unirá o Mercosur e o Pacto Andino nunha zona de libre comercio continental.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Bolivia

Bolivia (en quechua: Bulibiya Suyu, aimará: Bulibiya, Buliwya; guaraní: Volívia) é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Comprende parte importante tanto da cordilleira dos Andes e o seu Altiplano como da selva amazónica e do Gran Chaco. É, canda Paraguai, un dos dous países de Sudamérica sen litoral marítimo. É tamén o oitavo máis extenso no continente americano e o vixésimo sétimo a nivel mundial. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz.

Brasil

O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 204 450 649 (2015), así como en territorio. Porén, presenta un dos máis baixos índices de densidade de poboación. A súa capital é a cidade de Brasilia, a cal substituíu a Río de Xaneiro en 1960. Antes da cidade fluminense a primeira capital do país fora Salvador.

O Brasil comparte fronteiras con tódolos países suramericanos exceptuando Chile e Ecuador. Así, ao norte limita con Colombia, Venezuela, a Güiana, Suriname e a Güiana Francesa, ao sur coa Arxentina, o Uruguai e Paraguai e ao oeste con Bolivia e o Perú. Ao leste, durante 7.491 km, o país está bañado polas augas do océano Atlántico. Ademais do territorio continental, o Brasil posúe grandes grupos de illas no Atlántico, por exemplo o Arquipélago de San Pedro e San Paulo, Atol das Rocas, Fernando de Noronha, territorio especial do estado de Pernambuco, e Trindade e Martim Vaz en Espírito Santo. Conta tamén cun complexo de pequenas illas e corais chamado Atol das Rocas, que pertence ao estado de Río Grande do Norte.

Habitado orixinariamente polos amerindios, o Brasil converteuse nunha colonia do Reino de Portugal tralo seu descubrimento da man de Pedro Álvares Cabral no ano 1500 e o Tratado de Tordesillas. No ano 1815, foi elevado á categoría de Reino, aínda que xa perdera os seus lazos coloniais varios anos antes, en 1808, despois da invasión portuguesa de Napoleón. O país obtivo a súa completa independencia o 7 de setembro de 1822, constituíndose como un estado unitario gobernado baixo unha monarquía constitucional e un sistema parlamentario. Anos despois, en 1889, un golpe de estado militar proclamou a República. A súa última Constitución, formulada en 1988, define ao país como unha república federal.

Climaticamente é un país tropical, xa que se atopa sobre a liña ecuatorial, abarcando partes tanto no hemisferio sur como no hemisferio norte, con todo as estacións climáticas non se senten dun xeito radical. Parte do seu territorio está cuberto pola selva tropical amazónica, que con 3,6 millóns de km² é a máis grande do mundo. Grazas a todo isto é o país con máis especies de animais distintas no mundo. Demograficamente, a maior parte da súa poboación concéntrase ao longo do litoral, mentres o interior está marcado por enormes baleiros demográficos. A nivel lingüístico, o Brasil é o único país de lingua portuguesa do continente, aínda que tamén son faladas outras moitas linguas. A relixión con máis seguidores é o catolicismo, sendo o país con maior número de católicos nominais do mundo. A sociedade brasileira é unha das máis multiétnicas do planeta, formada por descendentes de europeos, indíxenas, africanos e asiáticos.

A economía brasileira é a maior de América Latina e do hemisferio Sur, así como a sétima maior do mundo polo seu Produto Interior Bruto nominal e por paridade de poder adquisitivo. É ademais unha das principais economías con máis rápido crecemento económico. O país é membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da que é membro fundador, G20, Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), Unión Latina, Organización dos Estados Americanos (OEA), Organización dos Estados Iberoamericanos (OEI), Mercado Común do Sur (Mercosur) e da Unión de Nacións Suramericanas (Unasur), ademais de ser un dos países BRICS, xunto coa China, a India, Rusia e Suráfrica.

Confederación General del Trabajo de la República Argentina

A Confederación General del Trabajo de la República Argentina (CGT) é a central sindical histórica da Arxentina. Fundada en 1930 como consecuencia dun acordo entre socialistas, comunistas e independentes para xerar unha central sindical unitaria e plural, tivo maioría socialista ata 1945 e peronista desde entón. Actualmente é a central maioritaria e volveuse autónoma dos partidos políticos. Internacionalmente está afiliada á CIOSL (mundial), á CIOSL-ORIT (América), e á CCSCS (Mercosur).

Confederación Suramericana de Fútbol

A Confederación Suramericana de Fútbol, en portugués Confederação Sul-Americana de Futebol, ou coñecida tamén cos acrónimos CONMEBOL ou CSF, é a confederación de asociacións nacionais de fútbol de América do Sur e unha das seis de carácter continental que compoñen a FIFA.

A CONMEBOL foi fundada en 1916 por iniciativa do uruguaio Héctor Rivadavia Gómez e composta nun primeiro momento polas asociacións nacionais da Arxentina, Chile, Uruguai e Brasil. Posteriormente fóronse unindo as restantes federacións até sumar as dez actuais, que fan desta confederación a máis pequena da FIFA por número de integrantes. Paraguai uniuse en 1921, Perú en 1925, Bolivia en 1926, Ecuador en 1927, Colombia en 1936 e por último Venezuela en 1952. Ademais, aínda que a Güiana, o Suriname e a Güiana francesa pertenzan ao continente suramericano, debido a razóns históricas, culturais e deportivas decidiron unirse á CONCACAF.

Xunto coa UEFA, a CONMEBOL é unha das confederacións dominantes na FIFA, tendo gañado nove dos dezaoito Mundiais de Fútbol da FIFA, a pesar de só ter organizado catro. Así mesmo é a única Confederación que foi quen de gañar un Mundial fora do seu propio continente (de feito, fixoo en todos os continentes nos que se leva disputado). Dentro da CONMEBOL destacan dúas seleccións por enriba das demais son Brasil, que é a selección que conta cun maior número de títulos mundiais, e a Arxentina. Estas dúas seleccións, ademais de acaparar títulos mundiais (cinco e dous respectivamente) e continentais (oito e catorce respectivamente), permanecen ano tras ano nos postos de cabeza da clasificacións elaboradas pola FIFA e os seus clubs acaparan éxitos a nivel continental e global. Outra selección que tamén ten destacado é a do Uruguai, sobre todo nos seus inicios con dous títulos e dous cuartos postos en mundiais, e catorce títulos da Copa América. A nivel de clubs a Confederación tamén obtivo éxitos importantes acadando un total de vinte e dúas Copas Intercontinentais.

A Confederación organiza diferentes torneos entre os que destacan a nivel de clubs a Copa Libertadores (análoga á Copa de Europa da UEFA) e a Copa Suramericana (semellante á [Copa da UEFA]), ademais da Copa América a nivel de seleccións nacionais.

Foro de diálogo IBSA

O Foro de diálogo IBSA (India, Brasil, Suráfrica) foi creado en 2003 como resultado do fracaso das negociacións da Organización Mundial do Comercio en Cancún. O seu obxectivo é o de promover a cooperación en comercio, investimento e diplomacia económica entre tres dos principais polos políticos e económicos dos países en vías de desenvolvemento.

O 13 de setembro de 2006 levouse a cabo en Brasilia o primeiro cume do foro IBSA coa asistencia dos presidentes de Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, o presidente de Suráfrica, Thabo Mbeki e o Primeiro Ministro da India Manmohan Singh. Nesa ocasión os tres líderes emitiron unha declaración conxunta:

Os líderes acordan explorar abordaxes para a cooperación pacifica nos usos de enerxía nuclear baixo as salvagardas apropiadas.

Tamén deciden establecer un grupo de traballo que se enfoque nas modalidades dun acordo de comercio trilateral entre India, MERCOSUR e a Unión Surafricana de Aduanas.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Lingua guaraní

O guaraní, facendo referencia exclusiva á variedade coñecida como guaraní paraguaio (avañe'ẽ 'a lingua da xente), é unha lingua indíxena de América do Sur que pertence á subfamilia Tupí-guaraní das linguas tupís. É unha das linguas oficiais de Paraguai (xunto co español), onde non é falada só polo pobo guaraní, senón pola maioría da poboación, e onde a metade da poboación rural é monolingüe. É falada por outras comunidades en países veciños, incluíndo partes do noroeste da Arxentina, sueste de Bolivia e suroeste do Brasil, e é a segunda lingua oficial da provincia arxentina de Corrientes dende 2004; tamén é lingua oficial de Mercosur.O guaraní é unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única entre cuxos falantes hai unha gran cantidade de non indíxenas. É un caso insólito en América, onde a substitución lingüística cara as linguas coloniais europeas (neste caso o español) non se produciu, e foi acollida como un elemento máis da cultura e da identidade dos "mestizos" (xente de antergos españois e guaranís).

O sacerdote xesuíta Antonio Ruiz de Montoya, quen publicou en 1639 a primeira gramática do guaraní nun libro chamado Tesoro de la lengua guaraní, describiuna como unha lingua "tan completa e elegante que pode competir coa máis famosa [das linguas]."

O nome "guaraní" adoita empregarse para a lingua oficial do Paraguai. Porén, é parte dun continuo dialectal, a maioría dos cales tamén son chamados guaraní.

Lista de países por PIB (PPA)

Listaxe de países do mundo ordenados segundo o Produto Interior Bruto (PIB) a valores de paridade de poder adquisitivo (PPA), a suma de tódolos bens e servizos finais producidos por un país nun ano.

Os 40 países con maior PIB (PPA) segundo o Banco Mundial (2005) son:

Fonte: Banco Mundial

O PIB (PPA) segundo o Fondo Monetario Internacional no 2006, e estimacións para o 2007, dos 180 países que conforman o FMI:

Fonte: Fondo Monetario Internacional, World Economic Outlook Database, abril de 2007 [1] [2] (Aclaración: As celdas coreadas indican estimacións do FMI)

A continuación, unha listaxe dos 10 países con maior PIB ppa da Unión Europea en millóns de euros, segundo o Eurostat.Fonte: Eurostat

Lista de países por PIB (PPA) per cápita

Esta é unha listaxe de países do mundo ordenados segundo o seu Produto Interior Bruto (PIB) a valores de paridade de poder adquisitivo (PPA) per cápita significando a suma de todos os bens e servizos finais producidos por un país nun ano, dividido pola poboación media do mesmo ano.

Fontes: Fondo Monetario Internacional, World Economic Outlook Database, abril de 2007 [1] [2] (Aclaración: As celas coreadas indican estimacións do FMI)

Montevideo

Montevideo é a capital e cidade máis grande de Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.

Organización Internacional

Un organismo internacional ou organización intergobernamental (OIG) é aquel que ten como membros estados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termo organización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de natureza pública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termos organismo internacional gobernamental ou organismo internacional público.

Paraguai

Paraguai (en guaraní: Paraguái), oficialmente a República de Paraguai (en castelán: República del Paraguay; en guaraní: Tetã Paraguái) é un país do centro da América do Sur, limitado ó norte e oeste por Bolivia, ó norte e leste polo Brasil e ó sur e oeste pola Arxentina. A súa capital é a cidade de Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o outro Bolivia. Por mor da súa localización central en América do Sur, tamén é coñecido como o Corazón de Suramérica.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Porto Alegre

Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur. Tiña unha poboación de 1.440.939 habitantes en 2006. A súa superficie total é de 497 km².

San Juan, Arxentina

San Juan é unha cidade da Arxentina, capital da provincia homónima. Está situada no centro norte do Val do Tulum e a unha altitude de 650 msnm. É o centro administrativo e comercial do aglomerado urbano do Gran San Juan, que, para o ano 2010, contaba cun total de 471.389 habitantes e está situado entre os dez maiores aglomerados do país.

Foi fundada o 13 de xuño de 1562 polo conquistador español Juan Jufré baixo o nome de San Juan de la Frontera, a través do mandato da antiga Capitanía Xeneral de Chile. A finais de 1593, Luis Jufré traslada a cidade á súa localización actual.

A súa fisonomía urbana está caracterizada por unha arquitectura contemporánea, onde destacan amplas rúas, avenidas e vereas excelentemente trazadas cunha espléndida e frondosa vexetación de árbores de distintas especies irrigadas mediante canles, sendo o motivo polo cal se coñece co sobrenome de "cidade oasis", xa que a arrodea un espazo árido. Aspecto que nace tras a destrución masiva provocada polo terremoto de 1944.

É cidade natal de Domingo Faustino Sarmiento, quen foi un destacado político, escritor, docente, e Presidente da República Arxentina, recoñecido pola súa incansable loita na educación pública arxentina.

Conta cunha importante infraestrutura de aloxamento e transporte, e nas proximidades destacan atractivos como Encoro e dique Ullum, a Quebrada de Zonda, termas, museos e é punto de partida para a Rutas do viño de San Juan.

Esta cidade foi, para agosto de 2010, sede do XXXIX Cumio de Mercosur. Tamén para setembro de 2011 foi elixida sede do Campionato mundial de hóckey sobre patíns

Santiago de Chile

Santiago de Chile, oficialmente Santiago, é a capital da República de Chile. Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura.

A cidade de Santiago comprende a conurbación da Grande Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias e regulatorias correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.

A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 6,4 millóns de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada do Chile, o que resultou nun medre sen planificación, e que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.

Uruguai

O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico.

O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.

Segundo as Nacións Unidas é o país de Latinoamérica co nivel de alfabetización máis alto.

Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), é o terceiro país de Latinoamérica (despois da Arxentina e de Chile), que posúe o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Tamén é o país de Latinoamérica (xunto con Costa Rica), coa distribución de ingreso máis equitativa, tomando a relación entre o ingreso do 10% máis rico e o do 10% máis pobre da poboación; o quinto, (despois de Cuba, Costa Rica, Chile e Ecuador, coa esperanza de vida máis alta, respectivamente; e o terceiro, despois da Arxentina e Chile, co PIB per cápita máis alto, e o décimo país de Latinoamérica co PIB máis alto.

Segundo o informe do ano 2009 de "Reporteiros sen fronteiras", o Uruguai é o país onde máis liberdade de prensa hai en Sudamérica. Así mesmo é o país máis democrático de toda Latinoamérica, segundo o "Índice de Democracia" de The Economist, sendo xunto a Costa Rica os únicos países latinoamericanos considerados como unha 'democracia completa'. O Uruguai foi o primeiro país latinoamericano, e o segundo en todo o continente americano, en recoñecer e legalizar a unión civil, incluíndo parellas homosexuais.

Venezuela

Venezuela é un país federal suramericano, limitado ao norte polo mar Caribe, ao leste polo océano Atlántico e pola Guïana, ao sur polo Brasil e ao oeste por Colombia. O país, alén da porción continental, inclúe tamén un número elevado de illas nas Pequenas Antillas que constitúen dúas divisións administrativas diferentes: o estado de Nova Esparta e as Dependencias Federais. Ten fronteira marítima cos territorios autónomos neerlandeses de Aruba, e das Antillas Holandesas, e tamén con Trinidad e Tobago. Desde 2005, é un membro efectivo do Mercosur. A súa capital é Caracas.

Mercado Común do Cono Sur (Mercosur)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.