Mercedes Queixas

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora e escritora galega.

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas (AELG)-7
Mercedes Queixas no 2011.
Nacemento22 de xullo de 1968
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía Hispánica

Traxectoria

Estudou no IES de Monelos e licenciouse en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. En 1996 aprobou as oposicións de secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura. Exerceu o primeiro ano no IES Monelos e logo no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxinou desde 2005 coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Entre 2007 e 2010 foi coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística.[1] Entre 1995 e 2000 foi coordinadora da editorial Laiovento. Dende decembro de 2018 é membro correspondente da Real Academia Galega.[2][3]. Ademais formou parte da cerna de ProLingua[4], e é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega[5].

Publicou colaboracións en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Sermos Galiza etc.

Obras

Vitoriamoreno.14.5.18
Presentando un traballo sobre María Victoria Moreno, 14/05/2018

Ensaio

  • Os trobadores do Reino de Galiza: Martín Códax, Mendiño, Xoán de Cangas (1997), A Nosa Terra, 61 páx. ISBN 9788489976085.[6]
  • Breve historia da literatura galega (1999), A Nosa Terra, 62 páx. ISBN 9788489976740.
  • Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Laiovento, 113 páx. ISBN 8484870065
  • Lingua e Literatura: 1º ESO (2003), A Nosa Terra, 198 páx. ISBN 8496202011.[7]
  • Lingua e Literatura: 2º ESO (2003), A Nosa Terra, 202 páx. ISBN 8496203018.
  • Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Laiovento, 157 páx. ISBN 9788498653588.
  • Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg, (2011), Galaxia, 266 páx.
  • Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011), Laiovento, 87 páx. ISBN 9788484872054.
  • Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María (2016), Galaxia, 186 páx. ISBN 9788498656763.
  • Manuel María, palabra viva de amor e afirmación (2016), La Voz de Galicia, 141 páx. ISBN 9788497573030.[8]
  • De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal. Breve historia da literatura galega (2016), Xerais, 228 páx. ISBN 9788499149837.

Literatura infanto-xuvenil

  • Xandra, a landra que quería voar (2017), Urco Editora. Ilustracións de Paula Pereira. ISBN 9788416121953. [9]

Poesía

Partituras (2019), con Xoán Carlos Domínguez Alberte. Laiovento. 134 páxs. ISBN 84-8487-448-5.[10]

Traducións

Edicións

Obras colectivas

Premios

Notas

  1. "Los coordinadores de los equipos de normalización plantan a la Xunta". Consultado o 2018-12-16.
  2. Nota de prensa. "Mercedes Queixas Zas, nova académica correspondente". www.academia.gal. Consultado o 2018-12-15.
  3. Membros correspontes da RAG
  4. "As familias do Presidente, ulas?". porolingua.gal. Consultado o 17/12/2018.
  5. "Membros do Consello da Cultura Galega". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-17.
  6. "Os trovadores do Reino de Galiza". mercedesqueixas.wordpress.com. Consultado o 17/12/2018.
  7. "Mercedes Queixas". catalgo.bne. Consultado o 17/12/2018.
  8. "O periplo vital de Manuel María". La Voz de Galicia. Consultado o 17/12/2018.
  9. Nicolás, Ramón. "Xandra, a landra que quería voar". cadernodacritica. Consultado o 17/12/2018.
  10. "Edicións Laiovento - PARTITURAS". www.laiovento.com. Consultado o 2019-08-17.

Véxase tamén

Ligazóns externas

22 de xullo

O 22 de xullo é o 203º día do ano do calendario gregoriano e o 204º nos anos bisestos. Quedan 162 días para finalizar o ano.

Anxo Gómez Sánchez

Anxo Gómez Sánchez é un filólogo galego.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Edicións Embora

Edicións Embora é unha empresa editorial fundada en Ferrol, en 1993, por Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Tovar Porta.

Gala do Libro Galego

A Gala do Libro Galego é un evento cultural de carácter anual que ten por finalidade premiar as mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido). Os convocantes son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Gonzalo Constenla

Gonzalo Constenla Bergueiro, nado na Estrada en 1965, é profesor, escritor e ex-político galego vinculado ao BNG e, posteriormente, a Compromiso por Galicia.

Libro aberto

Libro aberto é un programa literario emitido na TVG. A súa primeira emisión tivo lugar o 26 de setembro de 2006.

Manolo Romón é o presentador do espazo, que nos seus case dous anos de emisión ten recibido a moitas das principais figuras do mundo das letras galegas, como é o caso de Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Carlos G. Reigosa, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto ou Agustín Fernández Paz entre outros.

Dirixido por Luís Rei Núñez, Libro aberto conta cun equipo de colaboradores especializados en distintas áreas: Armando Requeixo (literatura insólita), Ramón Nicolás (andel de novidades), Xesús Fraga (letras inglesas), Miguel Anxo Fernández (libros de cine), Susana Cendán (libros de arte) e Mercedes Queixas (historia das nosas letras).

Literatura occitana

A literatura occitana é aquela que se escribe en lingua occitana, tivo a súa orixe na poesía dos trobadores dos séculos XII e XIII que acadou prestixio na Europa Occidental e fixo agromar unha importante literatura noutras linguas vernáculas, influíndo tamén na xénese da literatura galega medieval, que se apropiou das súas formas.

María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015, foi unha escritora galega.

Pilar García Negro

María del Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

ProLingua

ProLingua é unha plataforma a prol da lingua galega, estabelecida a nivel fiscal en calidade de asociación cultural. Celebrou a súa primeira asemblea o 3 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela.

Xoán Carlos Domínguez Alberte

Xoán Carlos Domínguez Alberte, nado en Escudeiros (Ramirás) o 24 de xullo de 1966, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.