Mercedes Fernández

María Mercedes Fernández González, coñecida como Cherines, nada en Xixón o 4 de agosto de 1960, é unha avogada, profesora universitaria e política española. É titora de Dereito Procesal do centro asociado da UNED en Asturias.[1]

María Mercedes Fernández González

People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Presidenta do PP de Asturias
Actualmente no cargo
Dende o 14 de febreiro de 2012
Precedido por Ovidio Sánchez

12 de maio de 2000 – 30 de abril de 2004
Precedido por Fernando Fernández Noval
Sucedido por Antonio Trevín

13 de decembro de 2011 – 24 de abril de 2012

6 de xuño de 1993 – 12 de maio de 2000

Actualmente no cargo
Dende o 27 de abril de 2012

7 de maio de 1983 – 12 de maio de 2000

Datos persoais
Nacemento 4 de agosto de 1960
Xixón, Principado de Asturias Asturias
Partido Partido Popular
Profesión avogada

Biografía

Estudou no Colexio do Santo Anxo da Garda e licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia.[2]

Traxectoria política

Presidiu o Partido Popular de Xixón entre 1989 e 2000.

Concelleira

Foi concelleira no Concello de Xixón entre 1983 e 1993. Regresou en 1995, retomando a súa función de portavoz municipal.

Deputada

Foi deputada en Cortes Xerais nas lexislaturas V e VI.

Outros cargos

Foi Delegada do Goberno entre 2000 e 2004, e síndica de contas do Principado de Asturias.

Candidatura á Presidencia de Asturias

Foi cabeza de lista do Partido Popular por Asturias nas eleccións xerais de España de 2011 sendo a lista máis votada, ocupando así o cargo de deputada no Congreso. En 2012, Mercedes foi elixida candidata á presidencia do Principado de Asturias polo Partido Popular nas eleccións do 25 de marzo de 2012, que foron anticipadas debido á disolución da Xunta Xeral do Principado de Asturias anunciada por Francisco Álvarez-Cascos oito meses despois de saír o seu partido, Foro Asturias, gañador das anteriores eleccións autonómicas.[3] O PP mantívose nos 10 escanos que obtivo nos comicios de 2011.

Notas

  1. María Mercedes Fernández González en discursia.com[Ligazón morta] Consultado o 31 de xullo de 2013.
  2. "El retorno de «Cherines»" La Nueva España. Consultado o 31 de xullo de 2013.
  3. "Mercedes Fernández será la candidata del PP en las elecciones asturianas" La Nueva España. Consultado o 31 de xullo de 2013.

Vexase tamén

Predecesor:
Fernando Fernández Noval
Escudo de España (mazonado).svg
Delegada do Goberno de España en Asturias

2000-2004
Sucesor:
Antonio Trevín
Predecesor:
Ovidio Sánchez
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Presidenta do PP de Asturias

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Isabel Pérez-Espinosa
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Portavoz do Grupo Popular na
Xunta Xeral do Principado de Asturias

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Antonio Trevín

Antonio Ramón María Trevín Lombán, nado en Avilés o 27 de febreiro de 1956, é un político socialista español. Foi presidente do Principado de Asturias entre 1993 e 1995 e foi o cabeza de lista do Partido Socialista Obrero Español nas xerais por Asturias.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 celebráronse o 25 de marzo de 2012 para elixir os 45 deputados da IX lexislatura asturiana. Coincidiron coas eleccións andaluzas. O presidente do Principado de Asturias, Francisco Álvarez-Cascos, no cargo desde xullo de 2011, comunicou o adianto das eleccións o 30 de xaneiro de 2012, tras ter estado seis meses no Goberno.As anteriores eleccións foran convocadas en maio de 2011, podendo o Goberno resultante exercer a súa función como máximo até 2015.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015 celebráronse o 24 de maio de 2015 para elixir os 45 deputados da X lexislatura asturiana. As eleccións celebráronse coincidindo coas doutras 12 comunidades autónomas, así como coas Eleccións municipais de España de 2015.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido Popular de Asturias

O Partido Popular de Asturias é a delegación asturiana do Partido Popular e fundouse en 1989 co nacemento do partido, herdeiro de Alianza Popular.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.