Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

O Mercado de Abastos ou Praza de Abastos de Santiago de Compostela é un mercado localizado na zona vella da capital galega, concretamente no distrito denominado Altamira.

Acceso principal abastos
Acceso central ao mercado.

Historia e características

Abastos triptico
Tres fotografías da Praza un sábado de abril de 2018.

As instalación actuais, ideadas polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios[1] e que seguen “os gustos estéticos neorrománicos do novo réxime”[2], substituíron o desaparecido Mercado da Cidade, que fora derrubado catro anos antes, en 1937[3]. A función mercantil da zona remóntase ao século XVIII. A construción do mercado primitivo proxectouse en 1870 e concluíu en 1874, namentres que as obras do actual (conformado por un total de seis naves) comezaron en 1938 e remataron en 1945[4]. Está localizado xunta a igrexa de San Fiz de Solovio.

É o lugar máis visitado do municipio despois da catedral de Santiago[5].

Diversos produtos frescos tales como queixo, chacina, peixe, marisco, verdura ou carne están á venda tanto nos locais habilitados nas distintas naves coma nos arredores.

Notas

  1. Mercado de Abastos. Santiago de Compostela Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine., por Juan Ignacio Robles, profesor de Antropoloxía Social na Universidad Autónoma de Madrid (en castelán).
  2. VVAA. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. 2003. Ed. Universidade Santiago de Compostela. coord. Ermelindo Portela Silva, páx. 576.
  3. Historia do Mercado na páxina web Santiagoturismo.com.
  4. Historia e futuro da Praza de Abastos, nova en El Correo Gallego o 24 de decembro de 2014.
  5. Información sobre a Praza no sitio web do Concello de Santiago..

Véxase tamén

Ligazóns externas

Festa do melindre de Melide

A Festa do melindre e da repostaría tradicional é unha festa gastronómica organizada no concello de Melide, co obxecto de homenaxear a repostaría tradicional da vila. Ten lugar o segundo domingo de maio. En 2013 foi declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Joaquín Vaquero Palacios

Joaquín Vaquero Palacios, nado en Oviedo o 9 de xuño en 1900 e finado en Madrid o 28 de outubro de 1998, foi un arquitecto e pintor asturiano.

Premio Manuel Beiras

O Premio Manuel Beiras ten carácter anual, impulsado polo Concello Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio compostelá no ano 2000, recoñece o emprego habitual do galego no ámbito empresarial e comercial.O Premio Manuel Beiras recibe o nome de Manuel Beiras García.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.