Menorca

Menorca é a illa máis setentrional das Illas Baleares. Ten unha extensión de 701 km², situada no medio do Mediterráneo occidental, equidistante de África, a península itálica e a Península Ibérica.

Conta con 82.872 habitantes distribuídos nos oito concellos da illa. A capital é Maó. O seu nome provén de Minorica, que se debe a que é máis pequena que a illa de Mallorca.

Menorca
Menorca
Bandeira da illa de Menorca
Escudo de Menorca


Localització de Menorca respecte les Illes Balears
Localización nas Illas Baleares
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaFlag of the Balearic Islands.svg Illas Baleares
ArquipélagoIllas Baleares
MarMediterráneo
Coordenadas39°29′N 4°03′L / 39.48, 4.05
Xeografía
Superficie701,80 km²
Punto máis alto358 m (Monte Toro)
Demografía
CapitalMaó
Poboación91.601 hab. (1-1-2016)
Densidade130,53 hab./km²
XentilicioMenorquino, -na
Lingua propiaCatalán

Historia

A unha primeira etapa de civilización primitiva, seguiu outra moi brillante durante a Idade de Bronce, coñecida como talaiótica, caracterizada por construcións ciclópeas similares ás de Mallorca, Sardeña ou Malta, aínda que con características orixinais.

Visitado por fenicios, gregos e cartaxineses (estes últimos fundaron, no século -VII os enclaves de Jamma, actual Ciutadella, e Maghen, actual Maó. A cultura talaiótica perduraría en Menorca máis aló de que Quinto Cecilio Metelo (que recibiría máis tarde o sobrenome de Balearicus), conquistada a illa para a república romana no ano -123 (xunto co resto das Baleares).

No ano 427 a illa viviu a conquista dos vándalos. É de supor que Menorca converteuse en territorio bizantino á caída do reino vándalo, conquistado por Belisario. En calquera caso, seguen séculos de escuridade e illamento, nos que a illa foi atacada por normandos e árabes.

Os árabes non se asentaron definitivamente en Menorca ata o ano 903, en que foi conquistada e unida ao Califato de Córdoba. A pesar da tardía conquista, a islamización da illa foi intensa. En 1232, tres anos logo da conquista de Mallorca por Xaime I o Conquistador, a Menorca musulmá fíxose tributaria da Coroa de Aragón, permanecendo cunha importante autonomía medio século máis.

Calan Turqueta
Cala Turqueta
La Vall
La Vall
Cala Trebalúger
Cala Trebalúger
Menorca-Barranc d Algendare
Barranco de Algendar

A illa foi conquistada por Afonso III de Aragón o 17 de xaneiro de 1287 (esta é a razón de que o 17 de xaneiro sexa o día de Menorca), o cal procedeu á deportación e venda como escravos da poboación musulmá que residía na illa e a súa repoboación con colonos cataláns. O seu sucesor Xaime II o Xusto cédella a Xaime II de Mallorca tras o tratado de Anagni (1295), pasando a formar parte do Reino de Mallorca. En 1343, Pedro o Cerimonioso arrebata Menorca ao rei de Mallorca, Xaime III (paso previo á propia desaparición do reino, anexionado á Coroa de Aragón).

A Menorca aragonesa beneficiouse do esplendor marítimo e comercial do reino, pero a partir de finais do século XIV, a illa experimenta un drástico proceso de despoboamento e decadencia económica. Este proceso alcanzou cotas alarmantes nos séculos XV e XVI, debido a unha pluralidade de motivos. Fundamentalmente as loitas sociais entre o campesiñado e a aristocracia, similares e coetáneas ás Xermanías do reino de Valencia e de Mallorca ou ás da revolta catalá contra Xoán II. Tamén influíron os ataques otománs, que saquearon e destruíron Maó (1535, polo corsario otomán Aruj, gobernador de Alxer para a Sublime Porta así como irmán do que foi o almirante otomán Jeireddín Barbarroja) e a entón capital Ciutadella (1558, polo corsario otomán Piali), o que ameazou co despoboamento case absoluto da illa.

Capturada polos británicos en 1708 durante a guerra de sucesión española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital da illa converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Ciutadella, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía.

Durante a guerra dos Sete Anos, Menorca foi tomada por Francia (1756). Con todo, o Tratado de París (1763) devolveu o control da illa a Gran Bretaña. Durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, que tamén involucrou a Francia e a España, forzas franco-españolas derrotaron ás forzas británicas e capturaron a illa o 5 de febreiro de 1782, pero foi recobrada polos británicos en 1798, durante as guerras contra a Francia revolucionaria. Foi cedida a España final e permanentemente en virtude do Tratado de Amiens en 1802. A puxanza marítima de Maó prolongouse durante os primeiros anos do século XIX, aínda logo de reverter a dominio español.

Durante a guerra civil española, Menorca permaneceu fiel ao goberno da República, en tanto que Mallorca uníase ao bando sublevado. O brigada republicano Pedro Marqués, tras conseguir que o xeneral Bosch rendese o mando da illa, erixiuse na máxima autoridade militar de Menorca e foi o responsable das matanzas realizadas durante o 2 e 3 de agosto de 1936 na fortaleza de La Móla de Maó, nas que que se asasinou a máis dun centenar de mandos militares nacionais prisioneiros. Tamén durante o seu mandato foron asasinados outros moitos civís e clérigos afectos á causa nacional, entre eles o sacerdote Joan Huguet. Porén, non se desenvolveron combates na illa coa excepción dun bombardeo a cargo da aviación italiana e ao final da guerra (1939), a mariña británica supervisou unha transferencia pacífica de poder en Menorca e procedeu á evacuación dalgúns refuxiados políticos.

Monumentos

Existen na illa gran cantidade de monumentos megalíticos (navetas, talaiots) e taulas da época talaiótica. Atopáronse importantes sitios arqueolóxicos nos poboados prehistóricos de Trepucó e Talatí, a naveta des Tudons, entre Ciutadella e Ferreries. Tamén existe unha basílica paleocristiá na proximidade da praia de Son Bou e os restos dunha fortaleza no monte de Santa Águeda, o último punto de resistencia dos musulmáns antes da súa conquista por Afonso III.

Pratos típicos

Municipios

Mapa Menorca Municipis
Municipios de Menorca

Os municipios principais da illa son Ciutadella de Menorca, antiga capital, e Maó, centro administrativo e actual capital. A illa divídese, administrativamente, nos seguintes municipios:

Linguas

En Menorca, como no resto das Illas Baleares, as dúas linguas oficiais son o catalán e o castelán. O dialecto local do catalán que se fala en Menorca é o menorquino, variante do balear ou "catalán oriental". É parecido ao mallorquino e máis semellante ao "Eivisenco", destacando como diferenzas que do mesmo xeito que en Barcelona neutralizan a o átona en u, ou que non se fai uso dos artigos "salgados" xo e sos, e si en cambio do "sa" e "es" (artigos a e o). Debido á conquista británica consérvanse un grande número de anglicismos tales como "grevi" (salsa, tomado de "gravy"), ou "bòtil" (botella, tomado de "bottle"), "xoc" (xiz, en inglés "chalk")

Véxase tamén

Ligazóns externas

Consello Insular de Menorca (en catalán, castelán, inglés, francés e alemán

17 de xaneiro

O 17 de xaneiro é o décimo sétimo día do ano do calendario gregoriano. Quedan 348 días para rematar o ano e 349 nos anos bisestos.

Aeroporto de Londres-Stansted

O Aeroporto de Londres–Stansted (IATA: STN, OACI: EGSS) é un aeroporto internacional situado en Stansted Mountfitchet, no distrito de Uttlesford do condado de Essex, en Inglaterra. Está a 48 km do centro de Londres e a 1,5 km do límite con Hertfordshire.

Stansted é unha base para un gran número de compañías de baixo custo europeas, sendo a maior base para a compañía de baixo custo Ryanair, con máis de 100 destinos operados pola aeroliña. En 2013 foi o cuarto aeroporto máis ocupado do Reino Unido, despois de Heathrow, Gatwick e Manchester. A pista de Stansted é tamén utilizada por empresas privadas, como a terminal de Harrods Aviation que se atopa fronte ao edificio principal da terminal e ocúpase de jets privados e algunhas visitas de estado.

O aeroporto é propiedade e está operado por Manchester Airports Group (MAG), que tamén é propietaria e opera outros tres aeroportos no Reino Unido.

Aeroporto de Menorca

O Aeroporto de Menorca (en catalán: Aeroport de Menorca) (IATA: MEH, OACI: LEMH) é un aeroporto internacional que serve á illa de Menorca nas Illas Baleares no mar Mediterráneo, preto da costa de España. O aeroporto está localizado a 4,5 km ao suroeste de Maó, e foi inaugurado o 24 de marzo de 1969, cando todos os servizos civís foron trasladados do veciño Aeródromo de San Luis. Agora ten 16 portas ligadas por pasarelas ao edificio principal da terminal, e no ano 2011 serviu a 2 576 209 de pasaxeiros.

Aeroporto de Milán-Malpensa

O aeroporto de Milán-Malpensa (IATA: MXP, ICAO: LIMC), antigamente aeroporto cidade de Busto Arsizio, é o aeroporto internacional máis grande da área metropolitana de Milán, no norte de Italia. Serve aos 15 millóns de habitantes de Lombardía, Piemonte e Liguria, ademais dos que vivén na rexión suíza do cantón de Ticino. O aeroporto está situado a 49 km ao noroeste do centro de Milán, próximo ao río Ticino, que divide Lombardía e Piemonte. Ten dúas terminais e dúas pistas de aterraxe ademais dunha terminal dedicada á carga.

No ano 2016 pasaron por Malpensa 19 320 546 pasaxeiros e foi o 29º aeroporto máis concorrido de Europa en termo de viaxeiros. Ata 2008 Malpensa foi un centro de conexións principal para a aeroliña nacional Alitalia. Malpensa é o segundo aeroporto italiano con máis tráfico internacional, despois de Roma-Fiumicino, e é o máis concorrido en termos de carga. Polas súas instalacións pasan 500 000 toneladas de carga anualmente.

O primeiro aeroporto industrial foi aberto en 1909 preto de Cascina Malpensa, unha vella granxa, por Giovanni Agusta e Gianni Caproni para probar os seus prototipos de avións. Ese aeroporto foi aberto para operacións civís en 1948 durante o período de reconstrución tras a guerra co obxectivo de servir á área norte de Milán.

Aeroporto de Roma-Fiumicino

O aeroporto de Roma-Fiumicino, chamado oficialmente aeroporto internacional Leonardo da Vinci, (IATA: FCO, ICAO: LIRF) é un aeroporto internacional en Roma e o principal aeroporto de Italia. É un dos máis concorridos de Europa en número de pasaxeiros, con 41,7 millóns no ano 2016. Está situado en Fiumicino, a 35 km ao oeste do centro histórico de Roma.

O aeroporto serve como principal centro de conexións de Alitalia, a aeroliña italiana máis grande, e tamén é un centro de conexións de Vueling. En número de pasaxeiros é o oitavo aeroporto máis concorrido de Europa e no ano 2015 situouse no posto 36 de todo o mundo.

Alaior

Alaior é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 110 km² onde no ano 2017 vivían 9.097 habitantes, sendo o terceiro concello máis poboado da illa.

As súas principais actividades son o turismo, a industria de calzado, os queixos e os materiais de construción. En Alaior atópase tamén o campus menorquino da Universidade das Illas Baleares.

Ciutadella de Menorca

Ciutadella de Menorca é un concello español situado no oeste da illa de Menorca, nas Illas Baleares. En 2011 tiña 29.315 habitantes, sendo o concello máis poboado da illa.

Situada no extremo oeste de Menorca, é a sede do bispado da illa. Rexentou a capitalidade da illa ata a ocupación inglesa en 1714. A finais do 2009 Ciutadella superou en número de habitantes a Maó, antes concello máis poboado de Menorca e no que se encontra o Consello Insular.

Es Castell

Es Castell é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 11.66 km² onde no ano 2007 vivían 7.629 habitantes.

Es Mercadal

Es Mercadal é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 136.93 km² onde no ano 2007 vivían 4.838 habitantes.

Es Migjorn Gran

Es Migjorn Gran é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 32 km² onde no ano 2007 vivían 1.518 habitantes.

Ferreries

Ferreries é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 66 km² onde no ano 2007 vivían 4.563 habitantes.

Illas Baleares

As Illas Baleares (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no Mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da península Ibérica. A súa capital é Palma de Mallorca, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes:

As Gimnesias: Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos.

As Pitiusas: Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean.Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Liga LEB

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Mallorca

Mallorca (do latín insula maior, posteriormente Maiorica "illa maior") é a illa maior do arquipélago balear, sendo este arquipélago a comunidade autónoma máis oriental de España, comunidade autónoma de carácter uniprovincial. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).

A capital da illa (e tamén da comunidade autónoma das Illas Baleares) é Palma ou como a coñecen os habitantes da "Part Forana" (a parte da illa que non é a capital): Ciutat. O arquipélago de Cabrera pertence administrativamente ao municipio de Palma.

Mar Balear

O mar Balear ou mar Baleárico é un mar litoral do mar Mediterráneo que se atopa fronte á costa oriental da Península Ibérica, entre o arquipélago balear e a costa do Levante.

Maó

Maó (en castelán: Mahón, oficialmente Maó-Mahón) é unha cidade balear, capital administrativa da illa de Menorca, a segunda en tamaño das illas Baleares, sede do Consello Insular de Menorca. Comprende un concello cunha área de 116,98 km², ao que segundo datos do ano 2008 lle correspondía unha poboación de 28.904 habitantes.

Sant Lluís

Sant Lluís é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 34.75 km² onde no ano 2007 vivían 6.414 habitantes.

Xaime I de Aragón

Xaime I de Aragón, o Conquistador, nado en Montpellier o 2 de febreiro de 1208 e finado en Valencia o 27 de xullo de 1276, foi rei de Aragón, de Valencia (1239-76) e de Mallorca (1229-1276), conde de Barcelona (1213-1276), señor de Montpellier (1219-1276) e doutros feudos en Occitania.

Illas Baleares Illas Baleares  · Concellos de Menorca

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.